1515

1515
Calendario gregoriano1515
MDXV
Ab urbe condita2268
Calendario armenio964
Calendario chinés4211 – 4212
Calendario hebreo5275 – 5276
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1570 – 1571
 ·  Shaka Samvat1437 – 1438
 ·  Kali Yuga4616 – 4617
Calendario persa893 – 894
Calendario musulmán921 – 922
Calendario rúnico1765
Década de 1510
1511 1512 1513 1514 1515 1516 1517 1518 1519

Acontecementos

África

  • Batalla de Mamora - Expedición portuguesa enviada por Manuel I con a misión de construír en Mamora e Anafé, na costa de Marrocos (preto da actual Casablanca), dúas fortalezas. O exército e a frota portuguesa son destruídos polos marroquinos. As perdas portuguesas son elevadísimas: 4.000 homes mortos, 100 barcos perdidos, e os prisioneiros vendidos como escravos.

América

  • Moctezuma II, emperador azteca, emprende unha campaña contra os zapotecas, aos que vence, saqueando as súas terras.

Asia

América

Europa

Arte e cultura

  • Fúndase a escola de Manchester de gramática.
  • Durero grava o Rinoceronte.
  • Miguelanxo esculpe o Moisés.
Dürer rhino
Rhinoceronte, Albrecht Dürer, 1515

.

Nacementos

Mortes

Outros

Historia ano a ano

Alonso de Ojeda

Alonso de Ojeda, nado en Torrejoncillo del Rey, Cuenca en 1468 e finado en Santo Domingo en 1515, foi un navegante, gobernador e conquistador español. Percorreu as costas da Güiana, Venezuela, Trinidad, Tobago, Curaçao, Aruba e Colombia. É famoso por dar o nome Venezuela á rexión que explorou nas súas dúas primeiras viaxes e por descubrir o lago de Maracaibo e fundar Santa Cruz (La Guairita).

Década de 1510

A década de 1510 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1510 e remata o 31 de decembro de 1519.

Fernando II de Aragón e V de Castela

Fernando "o Católico", V de Castela, II de Aragón, Valencia e Barcelona, III de Sicilia e I de Navarra, nado en Sos del Rey Católico (Zaragoza) o 10 de maio de 1452 e finado en Madrigalejo (Cáceres) o 22 de xaneiro de 1516, foi rei de Aragón, Valencia, Mallorca, Sicilia (1468-1516), Castela (1474-1504), Sardeña (1479-1516), de Nápoles (1503-1516) e Navarra (1512-1515); rexente de Castela (1507-1516); Príncipe de Xirona e Duque de Montblanc (1472-1478); Conde de Barcelona e de Ribagorza (1458-1469).

Francisco I de Francia

Francisco I de Francia, nado en Cognac o 12 de setembro de 1494 e finado en Rambouillet o 31 de marzo de 1547, foi rei de Francia desde o 25 de xaneiro de 1515 ata a súa morte.

Gonzalo Fernández de Córdoba

Gonzalo Fernández de Córdoba, nado en Montilla o 1 de setembro de 1453 e finado en Granada o 2 de decembro de 1515, foi un militar español, alcumado O Gran Capitán. Loitou na conquista de Granada e na Guerra de Nápoles ás ordes dos Reis Católicos, e está considerado o inventor da guerra moderna.

Luís XII de Francia

Luís XII de Francia ou Luís de Orleans, tamén alcumado co nome de Pai do pobo, foi un monarca da Casa de Valois quen gobernou como rei de Francia desde 1498 ata 1515 e como rei de Nápoles desde 1501 ata 1504, nado en Blois (Francia) o 27 de xuño de 1462 e finado en París o 1 de xaneiro de 1515. Fillo de Carlos I de Orleans e María de Clèves. É coroado como rei de Francia tras falecer o seu primo Carlos VIII e sen deixar descendencia. Estivo casado con Xoana de Valois, con Ana da Bretaña, con quen tivo dúas fillas, a futura raíña de Francia Claudia (1499-1524) e Renata (1510-1575), e con María Tudor.

Tareixa de Ávila

Tareixa de Ávila ou Tareixa de Xesús, nada como Teresa de Cepeda y Ahumada en Ávila o 28 de marzo de 1515, e finada en Alba de Tormes o 4 de outubro de 1582, foi unha relixiosa, doutora da Igrexa católica, mística e escritora española. Foi a fundadora da Orde dos Carmelitas Descalzos.

Xunto con san Xoán da Cruz, é considerada o cumio da mística experimental cristiá e unha das grandes mestras da vida espiritual da Igrexa católica.

XIII
 
XIV
 
XV
 
Século XVI
 
XVII
 
XVIII
 
XIX
Década de 1600
Década de 1590
Década de 1580
Década de 1570
Década de 1560
Década de 1550
Década de 1540
Década de 1530
Década de 1520
Década de 1510
Década de 1500

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.