1512

1512
Calendario gregoriano1512
MDXII
Ab urbe condita2265
Calendario armenio961
Calendario chinés4208 – 4209
Calendario hebreo5272 – 5273
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1567 – 1568
 ·  Shaka Samvat1434 – 1435
 ·  Kali Yuga4613 – 4614
Calendario persa890 – 891
Calendario musulmán918 – 919
Calendario rúnico1762
Década de 1510
1508 1509 1510 1511 1512 1513 1514 1515 1516

Acontecementos

  • 25 de xullo - Tropas do rei Fernando o Católico, mandadas polo duque de Alba toman e ocupan a cidade de Pamplona, capital do reino de Navarra.

Arte e cultura

Nacementos

Mortes

Outros

Historia ano a ano

Amerigo Vespucci

Amerigo Vespucci, nacido o 9 de marzo de 1451 en Florencia e finado o 22 de febreiro de 1512 en Sevilla, foi un navegante florentino que traballou ao servizo do reino de Portugal e da Coroa de Castela. Está considerado o primeiro europeo en comprender que as terras descubertas por Cristovo Colón conformaban un novo continente. Por esta razón, o cartógrafo Martin Waldseemüller no seu mapa de 1507 utilizou o nome de "América" na súa honra como designación para o Novo Mundo. O relato a miúdo fantasioso e contraditorio das súas viaxes situárono como unha das figuras máis controvertidas da era dos descubrimentos.

Bóveda da Capela Sistina

A bóveda da capela Sistina é coñecida pola decoración pictórica que o papa Xulio II lle encargou a Michelangelo no ano 1508. Debía substituír a pintura que xa había na parte da bóveda da capela Sistina, na Cidade do Vaticano, que consistía nun fondo azul con estrelas douradas, obra realizada por Piero Matteo d'Amelia, que seguía a tradición dos templos paleocristiáns.Na bóveda de canón rebaixada, o artista deseñou unha complexa arquitectura, onde incluíu o desenvolvemento das historias da Xénese narradas dende o cabo do altar até a porta de entrada da capela, nunha superficie de máis de cincocentos metros cadrados. Michelangelo traballou nela dende 1508 até o outono de 1512, e fíxoo el só, sen axudantes. O 1 de novembro de 1512, coa bóveda rematada, celebrouse a primeira misa.

Casa de Trastámara

A casa de Trastámara foi unha dinastía de reis de orixe castelá. Os seus membros reinaron na coroa de Castela (de 1369 até 1504), en Aragón (de 1412 até 1516), en Navarra (de 1425 até 1479), e en Nápoles (de 1458 até 1501).

A casa colle o seu nome do condado de Trastámara, no noroeste de Galiza, título que tiña antes o rei Henrique II de Castela.

A casa de Trastámara reinou en Aragón polo Compromiso de Caspe (1412) e substituíu a casa de Aragón despois da morte de Martiño I o Humano cando houbo un período de interregno onde se puido chegar a unha guerra civil.

A derradeira raíña desta casa en gobernar na coroa de Castela foi a raíña Xoana I "a Tola", que polo seu matrimonio con Filipe I e a través do fillo dos dous, Carlos I, deu paso ao goberno dos reinos da coroa de Castela e Aragón por reis da casa de Habsburgo.

Célebes

Célebes tamén coñecida, en especial ultimamente, co nome indonesio de Sulawesi (pronunciado "sulavesi", pois utilizan a versión holandesa do "w"). É unha das catro Illas maiores da Sonda e a undécima illa máis grande do mundo por superficie, está illa de Indonesia esta situada ao leste de Borneo, ao oeste das Illas Molucas e ao sur de Mindanao e o arquipélago de Sulu. En Indonesia, só Sumatra, Borneo e Papúa son máis grandes en territorio, e só Xava e Sumatra teñen poboacións maiores.

Os primeiros europeos en chegar á illa foron navegantes portugueses en 1512. Desde o século XVII a illa foi parte das Indias Orientais Neerlandesas, como era coñecido o que actualmente é Indonesia baixo o goberno colonial dos Países Baixos.

Década de 1510

A década de 1510 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1510 e remata o 31 de decembro de 1519.

Fernando II de Aragón e V de Castela

Fernando "o Católico", V de Castela, II de Aragón, Valencia e Barcelona, III de Sicilia e I de Navarra, nado en Sos del Rey Católico (Zaragoza) o 10 de maio de 1452 e finado en Madrigalejo (Cáceres) o 22 de xaneiro de 1516, foi rei de Aragón, Valencia, Mallorca, Sicilia (1468-1516), Castela (1474-1504), Sardeña (1479-1516), de Nápoles (1503-1516) e Navarra (1512-1515); rexente de Castela (1507-1516); Príncipe de Xirona e Duque de Montblanc (1472-1478); Conde de Barcelona e de Ribagorza (1458-1469).

Florencia

Florencia (en italiano: Firenze) é unha cidade italiana, capital da provincia homónima e da rexión da Toscana. Ten 356.118 habitantes, e abrangue 102 km², cunha densidade de 3.453 hab./km². Fai fronteira con Bagno a Ripoli, Campi Bisenzio, Fiesole, Impruneta, Scandicci e Sesto Fiorentino. Por ela pasa o río Arno.

Foi capital de Italia no período de unificación de Italia entre (1865-1871). Durante o dominio da familia Medici (1434-1494, 1512-1527 e 1530-1737), Florencia era un importante centro comercial e financeiro na Europa medieval.

Considérase o lugar de nacemento do Renacemento. O centro histórico da cidade foi declarado patrimonio da humanidade pola UNESCO.

Célebre por ser a cidade natal de Dante Alighieri, autor da Divina Comedia, que é un referente da literatura universal. Neste Poema el describe a cidade de Florencia en moitas pasaxes, así como algúns dos seus contemporáneos florentinos célebres, que tamén son personaxes da obra.

Gerardus Mercator

Xerardo Mercator, con frecuencia citado en latín como Gerardus Mercator, de nome real Gerhard de Cremere ou Gerhard Kremer, nado o 5 de marzo de 1512 en Rupelmonde, Flandres, e falecido o 2 de decembro de 1594 en Duisburgo, Alemaña, foi un matemático e xeógrafo flamengo, inventor da proxección cartográfica que leva seu nome.

Henrique I de Portugal

Henrique I de Portugal, nado en Lisboa o 31 de xaneiro de 1512 e finado en Almeirim o 31 de xaneiro de 1580, foi un relixioso portugués, Rei de Portugal, tendo gobernado entre 1578 e a súa morte, 1580. Ás veces é chamado de Henrique II por algúns autores, en virtude de ser o segundo xefe de estado de Portugal chamado Henrique, téndose en liña de conta o Conde Henrique, por aqueles chamado Henrique I. É coñecido polos alcumes de O Casto (debido á súa función eclesiástica, que o impediu ter descendencia lexítima), O Cardeal-Rei (igualmente por ser eclesiástico) ou O Eborense/O de Évora (por ter sido tamén arcebispo daquela cidade e aí ter pasado moito tempo, e mesmo fundou a primeira Universidade de Évora, entregado á custodia dos Xesuítas), transformando Évora nun centro cultural importante.

Xacobe V de Escocia

Xacobe V, nado o de 10 de abril de 1512, e finado o 14 de decembro de 1542, foi rei de Escocia dende o 9 de setembro de 1513 até a súa morte, que se produciu na derrota escocesa da batalla de Solway Moss. A súa única filla sobrevivente, e lexítima herdeira, María I, sucedeuno cando só tiña seis días de idade.

XIII
 
XIV
 
XV
 
Século XVI
 
XVII
 
XVIII
 
XIX
Década de 1600
Década de 1590
Década de 1580
Década de 1570
Década de 1560
Década de 1550
Década de 1540
Década de 1530
Década de 1520
Década de 1510
Década de 1500

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.