1511

1511
Calendario gregoriano1511
MDXI
Ab urbe condita2264
Calendario armenio960
Calendario chinés4207 – 4208
Calendario hebreo5271 – 5272
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1566 – 1567
 ·  Shaka Samvat1433 – 1434
 ·  Kali Yuga4612 – 4613
Calendario persa889 – 890
Calendario musulmán917 – 918
Calendario rúnico1761
Década de 1510
1507 1508 1509 1510 1511 1512 1513 1514 1515

Acontecementos

América

  • Creación da Audiencia de Santo Domingo, a primeira no Novo Mundo.
  • Os colonizadores españois vencen a Agueibana, derradeiro cacique que resistía na illa de Porto Rico.

Asia

Europa

  • V Concilio de Letrán.

Oceanía

  • O navegante portugués Antonio de Abreu descobre Nova Guinea.

Arte e cultura

HolbeinErasmusFollymarginalia
Páxina de Laus stultitiae, segundo Holbein (1515)

.

Nacementos

Mortes

  • Diego de Nicuesa, explorador español.

Outros

Historia ano a ano

24 de agosto

O 24 de agosto e o 236º día do ano do calendario gregoriano e o 237º nos anos bisestos. Quedan 129 días para finalizar o ano.

30 de xullo

O 30 de xullo é o 211º día do ano do calendario gregoriano e o 212º nos anos bisestos. Quedan 154 días para finalizar o ano.

Década de 1510

A década de 1510 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1510 e remata o 31 de decembro de 1519.

Escultura

A escultura (do latín sculptūra) é unha das belas artes que representa imaxes plásticas de relevancia total ou parcial. Existen varias técnicas de traballar os materiais para a creación dun obxecto. A diferenza da pintura, a cal se crea nun plano -un espazo ficticio de dúas dimensións-, a escultura é unha forma de expresión artística en tres dimensións o vulto redondo, ou de relevo, altorrelevo ou baixorrelevo, todo empregando o espazo real. O escultor actúa sobre diferentes materiais que transforma mediante procesos de talla e modelaxe, que son os métodos tradicionais. O emprego de diferentes combinacións de materiais e medios orixinou un novo repertorio artístico que comprende procesos co construtivismo e ensamblado. As técnicas escultóricas consisten principalmente en retirar ou xuntar ou moldear materia ou ben dando forma a un obxecto, sexa cal for a súa dimensión ou material usado. Nun sentido xenérico, enténdese por escultura a obra de arte plástica feita polo escultor.

Giorgio Vasari (1511-1573), empeza Le vite de' più eccellenti pittori, scultori e architettori cun prólogo técnico que fala de arquitectura, escultura e pintura, unhas disciplinas agrupadas baixo a denominación de «artes do deseño». A obra é un tratado informativo e valioso sobre as técnicas artísticas empregadas na época. En referencia á escultura comeza así:

Dende tempos remotos o home tivo a necesidade de esculpir. Ao principio fíxoo cos materiais máis simples e que tiña máis á man: pedra, arxila e madeira. Despois empregou ferro, bronce, chumbo, cera, xeso, plastilina, resina de poliéster e plásticos con reforzo de fibra de vidro, formigón, a cinética e a reflexión da luz, entre outros. A escultura tivo no seu principio unha única función, o seu uso inmediato; posteriormente engadiuse unha función ritual, máxica, funeraria e relixiosa. Esta funcionalidade foi cambiando coa evolución histórica, adquirindo unha principalmente estética ou simplemente ornamental e chegou a ser un elemento duradeiro ou efémero.

Giorgio Vasari

Giorgio Vasari, nado en Arezzo o 30 de xullo de 1511 e finado en Florencia o 27 de xuño de 1574, foi un escritor, pintor e arquitecto italiano. Nacido nunha familia modesta, foi autor dunha aprezada escolma biográfica titulada Vida dos máis excelentes pintores, escultores e arquitectos (Le vite de' più eccellenti pittori, scultori e architettori) (1560-1570). Esta obra ten importancia, pois nela puxo as bases das primeiras aproximacións metodolóxicas da Historia da arte.

A partir de 1553 traballa na corte dos Medicis en Florencia e funda a Academia de debuxo en 1562. En 1564, proxecta, sempre en Florencia, o "corredor" que une o Palazzo Vecchio con o Pazo Pitti, que constrúe en 5 meses, baixo encargo de Cosme I. Permitiu que os Médicis circulasen sen baixar á rúa para atravesar o Arno pola Ponte Vella (Ponte Vecchio), cheo de admirábeis cadros (moitos autorretratos). Realizaría amais a reforma de Santa Maria Novella. En 1574 comezou a decoración da cúpula de Santa Maria del Fiore, a catedral florentina, realizando as figuras próximas á lanterna, pero a súa morte fixo que a obra fose rematada por Federico Zuccaro. Fóra de Florencia, traballou en Pistoia (Santa María da Humildade) e Pisa (pazo dos Cabaleiros de Santo Estevo).

XIII
 
XIV
 
XV
 
Século XVI
 
XVII
 
XVIII
 
XIX
Década de 1600
Década de 1590
Década de 1580
Década de 1570
Década de 1560
Década de 1550
Década de 1540
Década de 1530
Década de 1520
Década de 1510
Década de 1500

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.