14 de febreiro

O 14 de febreiro é o 45º día do ano do calendario gregoriano . Quedan 320 días para finalizar o ano, 321 nos anos bisestos.

<< Febreiro >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29
2019
Todos os días

Acontecementos

Nacementos

Thomas Robert Malthus
Thomas Malthus.

Mortes

James Cook's portrait by William Hodges
James Cook.

Festas e celebracións

Outros

Os 366 días do ano

1976

1976 foi Ano Santo Xacobeo.

2004

2004 foi ano santo xacobeo.

Alejandro de la Sota

Alejandro de la Sota Martínez, nado en Pontevedra o 20 de outubro de 1913 e falecido o 14 de febreiro de 1996, foi un arquitecto galego.

Arizona

Arizona é un estado dos Estados Unidos de América unido á Unión en 1912, só por diante de Hawaii e Alasca, sendo o derradeiro dos estados contiguos estadounidenses en adxuntarse. Sitúase na rexión do suroeste e limita ó S con México, cunha fronteira de 626 km cos estados de Sonora e Baixa California. É un dos chamados "Estados das Catro Esquinas", limitando con Novo México, Utah, Nevada e California, tocando Colorado.A súa capital é Phoenix. Outro centro urbano importante é Tucson. Ten case 300.000 km² e máis de cinco millóns de habitantes (2000), estando a maioría do territorio escasamente habitado. O estado consta fundamentalmente de planicies a grande altura (de 1.500 a 2.700 metros), rotas por canóns como o Gran Canón ou o Canón de Chelly. O seu río máis importante é o río Colorado.

O alcume de Arizona é The Grand Canyon State, polo senlleiro Gran Canón. Outro alcume de Arizona é The Copper State (O Estado do Cobre), pois ten grandes depósitos de cobre, sendo tradicionalmente e incluso actualmente a minaría de cobre unha importante fonte de ingresos de Arizona.

Miles de anos antes da chegada dos primeiros europeos, nativos americanos vivían na rexión onde actualmente se acha Arizona. Aínda existe unha poboación importante estimándose que uns 280.000 nativos viven en Arizona, repartidos por reservas indias do estado.

Nun principio, Arizona fora colonizada por España, e pasara a control mexicano en 1821, cando México se independizou de España. En 1848, coa fin da intervención estadounidense en México, a maior parte de Arizona (ao norte do río Gila) pasou a mans estadounidenses. O presidente Santa Anna de México vendeu parte do sur do Estado na Vena da Mesilla en 1853. O 14 de febreiro de 1912, Arizona adquiriu o estatuto de estado.

Centro Democrático y Social

O Centro Democrático y Social (CDS) é un partido español de centro promovido por Adolfo Suárez trala súa marcha da UCD en xuño de 1982 para concorrer ás eleccións de 1982, conseguindo 2 escanos. En 1991 Adolfo Suárez deixou a presidencia do partido e acabou converténdose nun partido residual que entre 1995 e 2002 mudou a súa denominación pola de Unión Centrista

En novembro de 2005 o CDS decidiu integrarse no Partido Popular, un sector descontento con esta decisión constituíu o Centro Democrático Liberal o 14 de febreiro de 2006 e outro sector alegando defectos de forma refundou o partido en febreiro de 2007.

Charles Thomson Rees Wilson

Charles Thomson Rees Wilson, nado o 14 de febreiro de 1869 e finado o 15 de novembro de 1959, foi un físico escocés.

Herbert A. Hauptman

Herbert Aaron Hauptman, nado o 14 de febreiro de 1917 en Nova York e finado en Buffalo o 23 de outubro de 2011, é un matemático americano galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1985.

José Espinosa Rodríguez

José Espinosa de los Monteros y Rodríguez, nado no Porriño o 14 de febreiro de 1880 e finado en Vigo o 13 de decembro de 1966, foi un farmacéutico e historiador galego, cronista oficial de Vigo desde 1937.

Leandro Carré Alvarellos

Leandro Carré Alvarellos, nado na Coruña o 30 de agosto de 1888 e finado na mesma cidade o 14 de febreiro de 1976, foi un escritor galego..

Premio Bill Russell ao MVP das Finais da NBA

O Premio Bill Russell ao mellor xogador das Finais da NBA (en inglés: Bill Russell NBA Finals Most Valuable Player Award) concédese ao mellor xogador da serie de partidos das Finais da NBA. Habitualmente concédese o premio a un xogador do equipo vencedor, habendo unicamente unha excepción, cando en 1969 foille outorgado a Jerry West, de Los Angeles Lakers, que ese ano perdeu a final contra Boston Celtics. Coñecido anteriormente como Premio ao mellor xogador das Finais da NBA, dende o 14 de febreiro de 2009 cambiou de denominación como homenaxe a Bill Russell, 11 veces campión da NBA.

Ramón López de Vicuña

Ramón López de Vicuña, nado en Manila, Filipinas, o 14 de novembro de 1852 e finado en Madrid o 14 de febreiro de 1909, foi un profesor e escritor galego.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.