14 de abril

O 14 de abril é o 104º día do ano do calendario gregoriano (105º nos anos bisestos). Quedan 261 días para finalizar o ano.

<< Abril >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30
2019
Todos os días

Acontecementos

Nacementos

Christiaan-huygens4
Christiaan Huygens.

Mortes

Haendel
Georg Friedrich Haendel.
Majakovskij.face
Vladimir Maiakovski.

Festas e celebracións

  • Festa do deus Vishu, na India.

Outros

  • Santoral: San Xulio, San Tiburcio.

Os 366 días do ano

Notas

  1. Alexandre Reimúndez
  2. "A historia do "Galician Programme" da BBC, a primeira programación radiofónica estable en galego - Benvida - Real Academia Galega". academia.gal. Consultado o 15 de abril de 2019.
  3. Fernández, Javier, ed. (14 de abril de 1947). "Galician Programme I (copia arquivada)" (PDF). Real Academia Galega. Arquivado (PDF) dende o orixinal o 15 de abril de 2019. Consultado o 15 de abril de 2018.
1926

1926 foi Ano Santo Xacobeo.

1982

1982 foi Ano Santo Xacobeo.

Alan MacDiarmid

Alan Graham MacDiarmid, nado o 14 de abril de 1927 en Masterton, Nova Zelandia e finado o 7 de febreiro de 2007 en Drexel Hill, Pensilvania (USA), foi un químico e profesor universitario estadounidense de orixe neozelandesa galardoado co Premio Nobel de Química do ano 2000.

Eladio Rodríguez González

Eladio Rodríguez González, nado en San Clodio o 24 de xullo de 1864 e finado na Coruña o 14 de abril de 1949, foi un lexicógrafo, xornalista e escritor galego. Foi un dos corenta membros numerarios fundadores da Real Academia Galega, a cal presidiu entre 1926 e 1934; tamén é autor dun dicionario, ó que lle dedicou toda a súa vida, moi valorado polo seu contido etnográfico, que foi editado postumamente.

Filipe III de España

Filipe III de España e II de Portugal, tamén coñecido como Filipe III de Habsburgo, nado en Madrid o 14 de abril de 1578 e finado o 31 de marzo de 1621, foi rei de Castela, Aragón e Portugal.

Promissio Carisiaca

A Promissio Carisiaca (en latín Promesa de Quierzy), coñecida tamén como Donatio Carisiaca, doazón de Pipino, tratado de Quierzy ou doazón de Quierzy, tería sido un acto (testemuñado por algunhas fontes, pero dunha existencia incerta) co cal Pipino o Breve no 754 tería prometido ao papa Estevo III a restitución das terras tomadas ao Imperio bizantino polo rei longobardo Aistolfo. O territorio en cuestión correspondía na súa maioría ao Exarcado e á Pentápole.

Os termos do acordo:

Pipino comprometíase a deter coas armas os longobardos e a obrigar ao seu rei a restituir as terras antes pertencentes ao Exarcado de Rávena e ao Ducado romano.

O Papa Estevo III consagraba solemnemente a dinastía carolinxia e concedía a Pipino o título de Patricius Romanorum (protector de Roma).O futuro rei dos francos e o Pontífice xa tiveran anteriormente outros encontros, nun intento de persuadir a Aistolfo a restituír os territorios sen recorrer ás armas. Unha primeira asemblea de grandes notábeis tivera lugar en Braisne-sur-Vesle (nas Ardenas, 1 de marzo de 754) e unha segunda en Quierzy (en Picardía), o 14 de abril, día de Pascua, na cal se decidiu facerlle a guerra cos longobardos.

As terras que foron reconquistadas foron despois efectivamente doadas á Igrexa en 756, sancionando a creación do Estado Pontificio, de facto xa instituído pola doazón de Sutri.

O adxectivo carisiaca deriva do nome latino de Quierzy (Carisium).

Segunda República Española

A Segunda República Española foi o réxime político polo que se rexeu España no período que vai dende o 14 de abril de 1931, data de proclamación da mesma, até o 1 de abril de 1939, data da vitoria definitiva do bando autoproclamado nacional (é dicir, o dos alzados contra a República os días 17 e 18 de xullo de 1936, chamados así en oposición ós leais a ela, que eran coñecidos como republicanos).

Serxio III, papa

Serxio III, nado en Roma e falecido o 14 de abril de 911, foi o 119º papa da Igrexa católica, entre o 29 de xaneiro de 904 e a súa morte.

William Lipscomb

William Nunn Lipscomb, Jr, nado o 9 de decembro de 1919 en Cleveland, Ohio, (EUA) e finado o 14 de abril de 2011, é un químico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1976.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.