1495

1495
Calendario gregoriano1495
MCDXCV
Ab urbe condita2248
Calendario armenio944
Calendario chinés4191 – 4192
Calendario hebreo5255 – 5256
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1550 – 1551
 ·  Shaka Samvat1417 – 1418
 ·  Kali Yuga4596 – 4597
Calendario persa873 – 874
Calendario musulmán900 – 901
Calendario rúnico1745
Década de 1490
1491 1492 1493 1494 1495 1496 1497 1498 1499

Acontecementos

América

Europa

Ciencia e tecnoloxía

Nacementos

Mortes

Outros

Historia ano a ano

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Década de 1490

A década de 1490 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1490 e remata o 31 de decembro de 1499.

Fernando de Acuña

Fernando de Acuña y de Herrera, falecido en Sicilia en 1495, foi o primeiro gobernador e xustiza maior do reino de Galicia entre 1480 e 1484, nomeado polos reis Católicos co obxectivo de pacificar un reino conflitivo e permanentemente en pé de guerra. A súa decisión máis discutida e aínda hoxe non aclarada foi a de executar o mariscal Pardo de Cela en 1483.

Hititas

Os hititas foron un pobo indoeuropeo que habitou a Asia Menor durante a Antigüidade. Invadiron a Asia Menor central sobre o 2500 a.C.. Someteron o pobo autóctono, os hattis dos que tomaron prestados varios deuses, mitos e ritos e parte da súa lingua.

Manuel I de Portugal

Manuel I de Portugal, nado en Alcochete o 31 de maio de 1469 e finado en Lisboa o 13 de decembro de 1521, foi Rei de Portugal. Alcumado de "O Venturoso", "O Benaventurado" ou "O Afortunado", polos acontecementos felices que o levaron ao trono e que ocorreron no seu reinado, concretamente o descubrimento do camiño marítimo para a India e Brasil. Foi o primeiro rei a asumir o título de pela Graça de Deus, Rei de Portugal e dos Algarves, d'Aquém e d'Além-Mar em África, e Senhor da Guiné, e do Comércio, Conquista e Navegação da Arábia, Pérsia e Índia... (pola Graza de Deus, Rei de Portugal e do Algarve, d'aquém e d'Alén-Mar en África, Señor do Comercio, da conquista e da Navegación de Arabia, Persia e India).

San Petronio (Michelangelo)

O San Petronio é unha escultura xuvenil de Michelangelo, executada entre 1494 e 1495 atopándose colocada na Arca de san Domingos na basílica de san Domingos en Boloña.

Sandro Botticelli

Sandro Botticelli, nado en Florencia en 1447 e finado na mesma cidade en 1510, foi un pintor renacentista italiano. O seu nome real era Allessandro di Mariano Filipepi, pero chamouse Botticelli debido a que foi aprendiz do pintor e artesán Botticello. Non se coñece demasiado da vida de Botticelli debido á falta de documentación e a que resgardou a súa vida privada. Sábese que foi acollido polos Medici e por outras prominentes familias florentinas entre 1483 e 1500. Botticcelli non asinou a maior parte dos seus cadros, polo que non podemos saber a súa orde cronolóxica máis que pola vellez da tea en que foran plasmadas as súas obras.

Século XV

século XIV < século XV > século XVI

Tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 1401 e o 31 de decembro de 1500. É o derradeiro século da Idade Media e o primeiro da Idade Moderna.

Acontecementos importantes

Revoltas irmandiñas en Galicia.

Caída de Constantinopla, os turcos conquistan Constantinopla. Fin do Imperio Romano de Oriente.

Fin da reconquista en España

Fin da guerra dos cen anos entre Inglaterra e Francia.

Renacemento e Quattrocento italiano.

Johannes Gutenberg inventa a imprenta.Personaxes destacadas

Os Reis Católicos de España.

Leonardo da Vinci en Italia.

Württemberg

O topónimo Württemberg pode referirse a:

Monte Württemberg, monte dunha altitude de 400 m próximo á cidade alemá de Stuttgart;

Baden-Württemberg, Land (estado federado) da República Federal de Alemaña;

Estado de Württemberg, estado histórico ao suroeste de Alemaña que engloba as seguintes entidades:Condado de Württemberg (1083-1495), estado vasalo do Sacro Imperio Romano Xermánico;

Ducado de Württemberg (1495-1803), estado vasalo do Sacro Imperio Romano Xermánico;

Electorado de Württemberg (1803-1806), electorado do Sacro Imperio Romano Xermánico;

Reino de Württemberg (1806-1918), monarquía asociada ao Imperio alemán;

Estado Libre Popular de Württemberg (1918-1945), estado da República de Weimar;

Württemberg-Baden (1945-1952), estado federado xurdido tras a ocupación aliada de Alemaña tras a derrota da Alemaña nazi na Segunda Guerra Mundial;

Württemberg-Hohenzollern (1945-1952), estado federado xurdido tras a ocupación aliada de Alemaña;Casa de Württemberg, antigos soberanos do estado histórico antecitado;

Castelo de Württemberg, lugar de residencia dos antigos soberanos de Wurtemberg;

Mausoleo Württemberg, monumento situado na cidade alemá de Stuttgart.

Rexión vinícola de Württemberg, rexión vinícola de Alemaña;

Xoán II de Portugal

Xoán II, nado en Lisboa o 3 de maio de 1455 e morto en Alvor o 25 de outubro de 1495, foi un rei de Portugal. Alcumado O Príncipe Perfeito. Fillo do rei Afonso V de Portugal e de Isabel de Coimbra. Recibiu unha coidada instrución civil e militar.

Subiu ao trono no ano 1481. Durante o seu reinado produciuse unha das etapas de maior desenvolvemento da exploración portuguesa. Foi un dos asinantes do Tratado de Tordesillas, o 7 de xuño de 1497 entre Castela e Portugal

Foi home de espírito tolerante que acolleu no seu país aos xudeus expulsados de España. Casou con Leonor de Viseu e con Leonor de Lancaster.

O seu corpo descansa no Mosteiro de Santa Maria da Vitória, na Batalha. Morreu sen herdeiros lexítimos escollendo a Manuel de Viseu, Duque de Beja, o seu primo e cuñado, como sucesor.

Xoán de Deus

Xoán de Deus, nado en Montemor Portugal o 8 de marzo 1495 (algúns consideran que foi en Toledo) e finado o 5 de marzo de 1550, foi o inspirador da Orde dos irmáns hospitalarios.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.