1477

1477
Calendario gregoriano1477
MCDLXXVII
Ab urbe condita2230
Calendario armenio926
Calendario chinés4173 – 4174
Calendario hebreo5237 – 5238
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1532 – 1533
 ·  Shaka Samvat1399 – 1400
 ·  Kali Yuga4578 – 4579
Calendario persa855 – 856
Calendario musulmán882 – 883
Calendario rúnico1727
Década de 1470
1473 1474 1475 1476 1477 1478 1479 1480 1481

Acontecementos

Arte e cultura

  • "Frederico de Montefeltro e os seu fillo", óleo de Pedro Berruguete.

Ciencia e tecnoloxía

Nacementos

Outros

Historia ano a ano

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Ana da Bretaña

Ana da Bretaña (en bretón: Anna Breizh; francés: Anne de Bretagne), nada en Nantes (Ducado da Bretaña) o 25 de xaneiro de 1477 e finada en Blois o 9 de xaneiro de 1514, foi unha nobre francesa, duquesa da Bretaña e dúas veces raíña de Francia.

Beariz

Beariz é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. Segundo o Padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2018 era de 973 persoas (1477 en 2003). Limita cos concellos de Forcarei e A Lama na provincia de Pontevedra e Boborás, O Irixo e Avión na provincia de Ourense. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é bearizao ou bearicense.

Carlos o Temerario

Carlos I de Valois-Borgoña,, chamado Carlos o Temerario (en francés Charles le Téméraire), e tamén o Audaz (en francés: Charles le Hardi), nado en Dijon o 10 ou o 11 de novembro de 1433, e finado en Nancy o 5 de xaneiro de 1477), foi o último duque de Borgoña, de Brabante, de Limburgo e de Luxemburgo, entre outros títulos do chamado Estado borgoñón.

Casa de Borbón

A casa de Borbón (en francés: Bourbon, en italiano: Borbone) é unha casa real de orixe francesa (aínda que a primeira coroa á que accedeu foi a do Reino de Navarra), actual casa reinante en España e no Gran Ducado de Luxemburgo. Gobernaron primeiro en Navarra e Francia, pero para o século XVIII os membros da casa de Borbón chegaron aos tronos de España e sur de Italia, destacando o Reino das Dúas Sicilias, ademais de varios pequenos ducados e condados.

Ducado de Borgoña

O Ducado de Borgoña foi un dos estados máis importantes da Europa medieval, que foi practicamente independente entre 880 e 1477.

Non debe ser confundido co condado de Borgoña, outro territorio de Francia.

A partir de 1006, o ducado foi un apanaxe (feudo concedido a un príncipe, en compensación de que só o primoxénito herdaría a coroa) gobernado sucesivamente por dúas liñaxes de sangue real, Capetos directos e Valois.

Como consecuencia do matrimonio do duque Filipe II o Atrevido con Margarida de Flandres, os Valois-Borgoña deron tal extensión ás súas posesións nos Países Baixos entre 1363 e 1477 que fixo que pretenderan converter ao seu Estado borgoñón nun estado independente. Porén, este crecemento tan rápido conduciu á formación dunha coalición encabezada pola Confederación Suíza e o duque de Lorena que infrinxiu unha serie de derrotas ao último duque Carlos o Temerario, quen finalmente encontrou a morte baixo as murallas de Nancy.

A Borgoña propiamente dita convértese incluso nun Goberno e unha Xeneralidade do reino de Francia. O seu territorio correspondía principalmente aos actuais departamentos de:

Côte-d'Or, con Dijon e Beaune,

Saona e Loira (Saône-et-Loire), con Chalon-sur-Saône,

e unha parte de Yonne, con Auxerre.O seu territorio aumentaría coa adición de Bresse e do Bugey, cando Savoia cedeu a Henrique de Borbón, rei de Francia e de Navarra, as súas posesións na beira dereita do Ródano.

En canto ás posesións dos duques de Borgoña nos Países Baixos, foi Carlos V, neto de Carlos o Termerario, quen fará deles unha entidade política independente.

Grazas á súa riqueza e vasto territorio, o ducado foi tanto política como economicamente moi importante. Tecnicamente eran vasalos do rei de Francia, pero os duques de Borgoña souberon manter unha política propia.

Década de 1470

A década de 1470 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1470 e remata o 31 de decembro de 1479.

Holanda (rexión)

Holanda é unha rexión histórica no centro-oeste dos Países Baixos.

Ten unha superficie de 5.488 km2 e unha poboación de 6 065 459 habitantes (2006), que lle dá unha alta densidade de poboación, 1.105,22 hab/km2.

O termo Holanda utilízase a miúdo para o conxunto do reino dos Países Baixos, que é xeralmente aceptado en varios contextos, pero molesto para unha parte dos neerlandeses, especialmente nas outras provincias do reino.

Foi un condado do Sacro Imperio Romano Xermánico que, en 1477, pasou a formar parte das Dezasete Provincias dos Habsburgo (Países Baixos españois). Máis tarde sería o principal Estado da República das Sete Provincias Unidas dos Países Baixos (1581 - 1795).

Na actualidade a rexión está dividida en dúas provincias: Holanda do Norte (Noord-Holland) e Holanda do Sur (Zuid-Holland), creadas en 1840.

María de Borgoña

María I de Borgoña, nada en Bruxelas (ducado de Brabante) o 13 de febreiro de 1457 e finada en Bruxas (Flandres) o 27 de marzo de 1482), foi duquesa titular de Borgoña e dos demais territorios do Estado borgoñón: duquesa de Brabante, da Baixa Lorena, de Güeldres, e Limburgo e de Luxemburgo; Condesa palatina de Borgoña, de Artois, do Charolais, de Flandres, de Hainaut, de Holanda, de Zelandia, de Namur e de Zutphen; marquesa do Santo Imperio señora de Fisia, de Malinas e de Salines.

Filla única do duque de Borgoña Carlos o Temerario (1433-1477), e de Isabel de Borbón (1437-1465), pasou a maior parte do seu reinado (1477-1482) defendendo os seus dereitos á herdanza do seu pai, disputada polo rei de Francia.

O seu matrimonio, en 1477, co arquiduque Maximiliano de Austria, futuro emperador do Sacro Imperio Romano, deu paso a case dous séculos de hexemonía dos Habsburgo na xeopolítica de Europa.

Foi a nai de Filipe o Fermoso e, polo tanto, avoa de Carlos V (ao que ela non chegou a coñecer).

Maximiliano I de Habsburgo

Maximiliano I de Habsburgo, nado en Wiener Neustadt o 22 de marzo de 1459 e falecido o 12 de xaneiro de 1519 en Wels, foi emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico desde 1508 (de facto, a partir de 1493) até á súa morte.

Norte-Paso de Calais

Norte-Paso de Calais (en francés: Nord-Pas-de-Calais, en picardo: Nord-Pas-d'Calés, en flamengo occidental: Noord-Nauw van Cales) foi unha das 27 rexións de Francia ata a reforma territorial francesa de 2014. Estaba constituída polos departamentos de Norte e de Paso de Calais, e situada ao norte da Francia metropolitana, compartindo fronteira con Bélxica. A súa capital fora Lille.

A maior parte da rexión formara parte dos Países Baixos do Sur, un territorio da rexión histórica dos Países Baixos baixo o Sacro Imperio Romano Xermánico e gobernado por Borgoña, e posteriormente por España e Austria. Gradualmente se tornou parte de Francia entre 1477 e 1678, especialmente durante o reinado de Luís XIV. As históricas provincias de Francia no seu territorio eran as de Artois, o Flandres Francés e o Hainaut Francés.

A área está densamente poboada, cunha proporción duns 330,8 h/km2 e con arredor de 4,1 millóns de habitantes, o 7% do total de Francia. Ademais de Lille, a capital, outra cidade de importancia foi Calais, que serve de nó de conexións económicas con Dover, na Gran Bretaña.

Roque de Montpellier

Roque de Montpellier, nado segundo a tradición en Montpellier cara a 1348 (antigamente críase que cara a 1295) e finado en Voghera (Italia) o 15 ou 16 de agosto de 1376 ou 1379 (antigamente críase que en Montpellier en 1327), foi un peregrino francés que se dirixiu a Roma.

Percorreu a península Itálica curando infectados pola peste, e faleceu querido coma un santo. A súa devoción estendeuse rapidamente a partir do século XV. Desde Venecia propagouse o culto cara ao mundo xermánico e os Países Baixos. En 1477, por mor doutra epidemia de peste, fundouse en Venecia unha confraría baixo a súa advocación (Confraternità o Scuole di San Rocco), dedicada á hospedaxe de enfermos de peste. Esta agrupación fomentou a devoción ao santo construíndo capelas e máis centros de acollida por toda Italia. Unha das igrexas máis coñecidas dedicadas a este santo está en París, preto do museo do Louvre, ordenada edificar por Luís XIV en 1563. Actualmente a súa devoción esténdese por toda Europa e Latinoamérica.

O santoral da Igrexa Católica celebra o seu día o 16 de agosto. Santo protector ante a peste e epidemias, a súa intervención foi solicitada polos habitantes de moitas aldeas que, logo de desaparecer o mal, recoñecían a intervención do Santo, polo que era nomeado Santo patrón da localidade.

Represéntase vestido de peregrino (con bordón e cabaza), cunha ferida na perna e acompañado dun can que o auxiliaba. É patrón dos peregrinos, dos cans, dos contaxiados por epidemias (especialmente a peste e o cólera), dos falsamente acusados, dos inválidos e dos cirurxiáns.

Século XV

século XIV < século XV > século XVI

Tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 1401 e o 31 de decembro de 1500. É o derradeiro século da Idade Media e o primeiro da Idade Moderna.

Acontecementos importantes

Revoltas irmandiñas en Galicia.

Caída de Constantinopla, os turcos conquistan Constantinopla. Fin do Imperio Romano de Oriente.

Fin da reconquista en España

Fin da guerra dos cen anos entre Inglaterra e Francia.

Renacemento e Quattrocento italiano.

Johannes Gutenberg inventa a imprenta.Personaxes destacadas

Os Reis Católicos de España.

Leonardo da Vinci en Italia.

Universidade de Tubinga

A Universidade de Tubinga (en alemán: Eberhard Karls Universität Tübingen) é a universidade da Tubinga. Foi fundada en 1477 polo Eberhard I. de Württemberg (Eberhard im Bart).

Uppsala

Uppsala é unha cidade situada no centro de Suecia, atópase a 70 km ó norte de Estocolmo. Uppsala é a cuarta cidade sueca en poboación, no censo do 2015 tiña 149 245 habitantes; cos arrabaldes, a área metropolitana de Uppsala ten unha poboación de 216 000 habitantes (2017).Uppsala é a capital do Condado de Uppsala (Uppsala Län) e o centro eclesiástico de Suecia, sendo a sé do arcebispado dende o ano 1164. A cidade de Uppsala é famosa pola súa universidade, a máis vella de Escandinavia, fundada en 1477. Nesta universidade estudou Carl von Linné e foi profesor de botánica.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.