1473

1473
Calendario gregoriano1473
MCDLXXIII
Ab urbe condita2226
Calendario armenio922
Calendario chinés4169 – 4170
Calendario hebreo5233 – 5234
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1528 – 1529
 ·  Shaka Samvat1395 – 1396
 ·  Kali Yuga4574 – 4575
Calendario persa851 – 852
Calendario musulmán878 – 879
Calendario rúnico1723
Década de 1470
1469 1470 1471 1472 1473 1474 1475 1476 1477

Acontecementos

Arte e cultura

Nacementos

Mortes

Outros

Historia ano a ano

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
24 de maio

O 24 de maio é o 144º día do ano do calendario gregoriano e o 145º nos anos bisestos. Quedan (221) días para finalizar o ano.

Década de 1470

A década de 1470 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1470 e remata o 31 de decembro de 1479.

Nicolao Copérnico

Nicolao Copérnico, nado o 19 de febreiro de 1473 en Toruń e falecido o 24 de maio de 1543, foi un astrónomo e matemático que viviu a cabalo dos séculos xv e xvi e que revolucionou a concepción do universo grazas á súa teoría heliocéntrica do Sistema Solar, que desprazou a Terra coma centro do universo, concibida en primeira instancia por Aristarco de Samos. O seu libro de referencia, De Revolutionibus Orbium Coelestium (Sobre as revolucións das esferas celestes), onde expresa a súa débeda coas obras de Azarquiel e al Battani, publicado en 1543, pouco antes da súa morte, adoita ser considerado como o punto inicial ou fundador da astronomía moderna, ademais de ser unha peza clave no que se chamou a revolución científica na época do Renacemento. Copérnico pasou preto de vinte e cinco anos traballando no desenvolvemento do seu modelo heliocéntrico do universo. Naquela época resultou difícil que os científicos a aceptasen, xa que supoñía unha auténtica revolución.

Copérnico foi matemático, astrónomo, xurista, físico, gobernador, diplomático e economista, estudoso dos clásicos, tradutor e artista. ademais de políglota multilingüe tamén foi clérigo católico e líder militar. Xunto coas súas extensas responsabilidades, a astronomía figuraba como pouco máis ca unha distracción, con todo, foi neste campo no que marcou un fito para a humanidade. Pola súa enorme contribución á astronomía, en 1935 déuselle o nome «Copernicus» a un dos maiores cráteres lunares, situado no Mare Insularum.Ata Copérnico, a ciencia e a Igrexa consideraban que a Terra estaba no centro do universo. Copérnico revitalizou as antigas teorías sobre o heliocentrismo pero, ademais, realizou as demostracións e cálculos astronómicos que apoiarían esta hipótese. A teoría heliocéntrica, que publicou en 1543, o ano da súa morte, é considerada unha das teorías máis importantes na historia da ciencia occidental.

Copérnico é considerado o fundador da astronomía moderna, por canto estableceu as bases que permitirían a Galileo e Isaac Newton culminar a revolución astronómica —ao pasar dun universo xeocéntrico a un cosmos heliocéntrico— e cambiar de forma irreversible a visión do cosmos prevalecente ata entón, tendo a admiración das autoridades eclesiásticas da Igrexa católica; porén, os seus libros serían incluídos no Index Librorum Prohibitorum, moitos anos despois da súa morte, co caso Galileo.

Paisaxe do Val do Arno (Leonardo)

A Paisaxe do Val do Arno, é un debuxo (19 x 28,5 cm), feito con pluma e tinta autenticada de escritura empregada por Leonardo da Vinci. Sinalou, el mesmo na esquina superior esquerda, o día en que o deseño foi executado o 5 de agosto de 1473, o día da festa de Santa María das Neves (di di Santa Maria delle Neve addi 5 daghosto 1473).

Século XV

século XIV < século XV > século XVI

Tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 1401 e o 31 de decembro de 1500. É o derradeiro século da Idade Media e o primeiro da Idade Moderna.

Acontecementos importantes

Revoltas irmandiñas en Galicia.

Caída de Constantinopla, os turcos conquistan Constantinopla. Fin do Imperio Romano de Oriente.

Fin da reconquista en España

Fin da guerra dos cen anos entre Inglaterra e Francia.

Renacemento e Quattrocento italiano.

Johannes Gutenberg inventa a imprenta.Personaxes destacadas

Os Reis Católicos de España.

Leonardo da Vinci en Italia.

Xacobe IV de Escocia

Xacobe IV, nado o 17 de marzo de 1473, e finado o 9 de setembro de 1513 foi rei de Escocia dende o 11 de xuño de 1488 até a súa morte. Ascendeu ó trono despois da morte do seu pai, Xacobe III, na batalla de Sauchieburn, unha rebelión na que o mozo Xacobe tivo un papel indirecto. É considerado como o máis exitoso dos monarcas estuardos de Escocia, mais o seu reinado rematou nunha desastrosa derrota na batalla de Flodden Field, converténdose no derradeiro, non só de Escocia senón de toda Gran Bretaña, en morrer en batalla.

XII
 
XIII
 
XIV
 
Século XV
 
XVI
 
XVII
 
XVIII
Década de 1500
Década de 1490
Década de 1480
Década de 1470
Década de 1460
Década de 1450
Década de 1440
Década de 1430
Década de 1420
Década de 1410
Década de 1400

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.