1462

1462
Calendario gregoriano1462
MCDLXII
Ab urbe condita2215
Calendario armenio911
Calendario chinés4158 – 4159
Calendario hebreo5222 – 5223
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1517 – 1518
 ·  Shaka Samvat1384 – 1385
 ·  Kali Yuga4563 – 4564
Calendario persa840 – 841
Calendario musulmán866 – 867
Calendario rúnico1712
Década de 1460
1458 1459 1460 1461 1462 1463 1464 1465 1466

Acontecementos

Ciencia e tecnoloxía

Nacementos

Mortes

Outros

Historia ano a ano

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
27 de xuño

O 27 de xuño é o 178º día do ano do calendario gregoriano e o 179º nos anos bisestos. Quedan 187 días para finalizar o ano.

Afonso de Albuquerque

Afonso de Albuquerque, nado posibelmente en Alhandra en 1462 e finado en Goa o 16 de decembro de 1515, foi un militar e político portugués e unha das principais figuras da expansión portuguesa no Oriente e da afirmación de Portugal como gran potencia asiática en tanto gobernador da India. Foi alcumado O Grande, César de Oriente, León dos Mares, O Terribel e O Marte Portugués.

Cuiabá

Cuiabá é a capital do Estado brasileiro de Mato Grosso. Forma unha conurbación co veciño municipio de Várzea Grande. Está localizada a 1133 km de Brasilia e 1462 km de Porto Velho, sendo importante punto de pasaxe entre o sueste do Brasil e a rexión Amazónica.

A orixe do seu nome é a palabra indíxena Ikuiapá. Ikuia significa "arpón"; pá significa "lugar". Ou sexa, o lugar dende o que se pesca con arpón.

Década de 1460

A década de 1460 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1460 e remata o 31 de decembro de 1469.

Escudo de Rusia

O escudo de Rusia ten as súas orixes no antigo Imperio Ruso, e foi restablecido despois da caída da Unión Soviética. A pesar de que sufriu varias modificacións dende o reinado de Iván III (1462-1505), como o cambio da cor da aguia de negro a ouro e a eliminación dos escudos dos territorios dominados por Rusia que rodeaban ó brasón central, o escudo actual deriva directamente das diferentes versións anteriores. O deseño cromático xeral corresponde ó do estandarte usado no século XV, e a forma da aguia remóntase á época de Pedro o Grande (Pedro I).

Consiste nun campo de goles cun aguia bicéfala de ouro, coas ás despregadas. Sobre o seu peito atópase o escudo de Moscova, o cal tamén presenta un campo de goles onde se sitúa un xinete de prata cunha capa de azur, montado sobre un cabalo tamén de prata, matando coa súa lanza a un dragón de cor sabre. Tradicionalmente, o xinete representa a San Xurxo. A aguia sostén nas súas gadoupas un orbe e un cetro, e as súas testas están coroadas cada unha con coroas imperiais, e entre estas, sitúase outra meirande, unidas as tres por unha cinta.

Os dous maiores elementos representativos dos símbolos do Estado ruso (a aguia bicéfala e San Xurxo matando ó dragón) son anteriores a Pedro o Grande. O Selo de Estado de Iván III, Duque de Moscova, presentaba un xinete matando (ou loitando) a un dragón. A figura non foi identificada oficialmente como San Xurxo até 1730, cando foi descrito como tal nun decreto imperial. A forma antiga (un asasino de dragóns montado coñecido como San Xurxo o Vitorioso, en ruso Победоносец) sempre estivo asociada co Gran Ducado de Moscova, converténdose máis tarde no escudo de armas oficial da cidade de Moscova. A representación gráfica máis antiga dun xinete con lanza (1390) figura nun selo do príncipe Vasiliy Dmitriyevich. A serpe ou dragón foi engadida durante o mandato de Iván III. San Xurxo converteuse dende aquela no patrón de Moscova (e, por extensión, de Rusia).

Luís XII de Francia

Luís XII de Francia ou Luís de Orleans, tamén alcumado co nome de Pai do pobo, foi un monarca da Casa de Valois quen gobernou como rei de Francia desde 1498 ata 1515 e como rei de Nápoles desde 1501 ata 1504, nado en Blois (Francia) o 27 de xuño de 1462 e finado en París o 1 de xaneiro de 1515. Fillo de Carlos I de Orleans e María de Clèves. É coroado como rei de Francia tras falecer o seu primo Carlos VIII e sen deixar descendencia. Estivo casado con Xoana de Valois, con Ana da Bretaña, con quen tivo dúas fillas, a futura raíña de Francia Claudia (1499-1524) e Renata (1510-1575), e con María Tudor.

Século XV

século XIV < século XV > século XVI

Tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 1401 e o 31 de decembro de 1500. É o derradeiro século da Idade Media e o primeiro da Idade Moderna.

Acontecementos importantes

Revoltas irmandiñas en Galicia.

Caída de Constantinopla, os turcos conquistan Constantinopla. Fin do Imperio Romano de Oriente.

Fin da reconquista en España

Fin da guerra dos cen anos entre Inglaterra e Francia.

Renacemento e Quattrocento italiano.

Johannes Gutenberg inventa a imprenta.Personaxes destacadas

Os Reis Católicos de España.

Leonardo da Vinci en Italia.

Xoana a Beltranexa

A infanta Xoana de Castela, nada en Madrid o 28 de febreiro de 1462 e finada en Lisboa en 1530, foi unha infanta castelá, raíña proclamada de Castela e de León e raíña consorte de Portugal. Destituída do seu rango, tivo que renunciar por tratado a todos os seus títulos e señoríos, ata á súa calidade de infanta castelá e de alteza, tralo cal foi chamada oficialmente, por real decreto portugués, «a Excelente Senhora» ata o final da súa longa vida no exilio de Portugal. Foi a única filla e herdeira de Henrique IV e da súa segunda esposa a raíña Xoana de Portugal, filla de Duarte I de Portugal. Unha parte da nobreza castelá non a aceptou como filla biolóxica do rei, seu pai, a quen acusou de obrigar á raíña –a súa muller– a ter un fillo co seu favorito, Beltrán de la Cueva, primeiro duque de Alburquerque, malia que ambos xuraran solemnemente que non fora así. Beltrán non se atopaba en lugar necesario para iso nas datas concretas. Había sospeitas sobre a impotencia de Henrique IV, xa que previamente estivera casado coa infanta Branca de Navarra e o matrimonio declarouse nulo porque nunca chegou a consumarse. Ademais, Henrique IV non tivo máis fillos nin coa súa muller nin con ningunha dos seus amantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.