1461

1461
Calendario gregoriano1461
MCDLXI
Ab urbe condita2214
Calendario armenio910
Calendario chinés4157 – 4158
Calendario hebreo5221 – 5222
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1516 – 1517
 ·  Shaka Samvat1383 – 1384
 ·  Kali Yuga4562 – 4563
Calendario persa839 – 840
Calendario musulmán865 – 866
Calendario rúnico1711
Década de 1460
1457 1458 1459 1460 1461 1462 1463 1464 1465

Acontecementos

Ciencia e tecnoloxía

Nacementos

Mortes

Outros

Historia ano a ano

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
4 de marzo

O 4 de marzo é o 63º día do ano do calendario gregoriano e o 64º nos anos bisestos. Quedan (302) días para finalizar o ano.

Afonso I, Duque de Braganza

Afonso I de Braganza, nado talvez en Veiras (Alentejo) en 1377 e finado en 1461, foi o 8.º conde de Barcelos, 2.º conde de Neiva e o 1.º Duque de Braganza. Foi fillo natural do rei Xoán I e de Inés Pires.

Carlos de Viana

Carlos de Trastámara e Évreux, nado en Peñafiel (Castela) o 29 de maio de 1421 e finado en Barcelona o 23 de setembro de 1461, foi infante de Aragón e de Navarra, príncipe de Viana e de Xirona (1458–1461), duque de Gandía (1439–1461) e de Montblanc (1458–1461)

Carlos de Viana foi fillo do infante Xoán de Aragón, irmán menor de Afonso V, e a partir de 1458, coroado rei de Aragón, co nome de Xoán II, e da raíña Branca I de Navarra (m. en 1441), filla e herdeira de Carlos III o Nobre (m. en 1425). O príncipe de Viana é coñecido polos seus enfrontamentos dinásticos co seu pai e por ser mecenas da cultura e as artes.

Década de 1460

A década de 1460 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1460 e remata o 31 de decembro de 1469.

Henrique VI de Inglaterra

Henrique VI de Inglaterra, nado no Castelo de Windsor en Berkshire o 6 de decembro de 1421 e finado na Torre de Londres o 21 de maio de 1471, foi Rei de Inglaterra entre 1422 a 1461 (aínda que coma rexente até 1437). Era o único fillo de Henrique V e de Catarina de Francia.

Imperio de Trebisonda

O Imperio de Trebisonda foi un Estado cristián medieval de cultura grega, xurdido da descomposición do Imperio Bizantino e fundado en 1204, pouco antes da toma de Constantinopla polos cruzados. Estaba localizado na costa suroriental do Mar Negro, coa súa capital na cidade de Trebisonda, e mantívose como estado independente ata o ano 1461, en que foi conquistado polos turcos otománs.

Os monarcas de Trebisonda levaron o título de Gran Comneno (Megas Komnenos) e de emperadores ata o fin do seu estado, en 1461. O estado denomínase tamén, en ocasións, Imperio Comneno, xa que a dinastía reinante descendía de Aleixo I Comneno.

Luís XI de Francia

Luís XI de Francia, coñecido coma o prudente (1423-1483) foi rei de Francia entre o 1461 e o 1483.

Século XV

século XIV < século XV > século XVI

Tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 1401 e o 31 de decembro de 1500. É o derradeiro século da Idade Media e o primeiro da Idade Moderna.

Acontecementos importantes

Revoltas irmandiñas en Galicia.

Caída de Constantinopla, os turcos conquistan Constantinopla. Fin do Imperio Romano de Oriente.

Fin da reconquista en España

Fin da guerra dos cen anos entre Inglaterra e Francia.

Renacemento e Quattrocento italiano.

Johannes Gutenberg inventa a imprenta.Personaxes destacadas

Os Reis Católicos de España.

Leonardo da Vinci en Italia.

Xénova

Xénova (Zena en lígur e xenovés, Genova en italiano) é unha cidade do norte da Italia no litoral da rexión da Liguria, capital da provincia homónima, presentando na súa costa o principal porto marítimo da Italia. Esténdese por unha área de 243 km², cunha poboación de 618.438 (2006) habitantes e tendo unha densidade de poboación de 2.484 hab./km².

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.