1457

1457
Calendario gregoriano1457
MCDLVII
Ab urbe condita2210
Calendario armenio906
Calendario chinés4153 – 4154
Calendario hebreo5217 – 5218
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1512 – 1513
 ·  Shaka Samvat1379 – 1380
 ·  Kali Yuga4558 – 4559
Calendario persa835 – 836
Calendario musulmán861 – 862
Calendario rúnico1707
Década de 1450
1453 1454 1455 1456 1457 1458 1459 1460 1461

Acontecementos

Arte e literatura

Nacementos

Mortes

  • Ladislao Póstumo. (Soberano de Bohemia).
  • Lorenzo Valla, humanista e filósofo italiano.
  • Andrea del Castagno, pintor renacentista italiano.

Outros

Historia ano a ano

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
28 de xaneiro

O 28 de xaneiro é o 28º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 337 días para finalizar o ano, 338 nos anos bisestos.

Década de 1450

A década de 1450 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1450 e remata o 31 de decembro de 1459.

Habsburgo

A casa de Habsburgo (en alemán Hapsburg), tamén chamada casa de Austria, e a súa familia sucesora en Austria, os Habsburgo-Lorena (Habsburg Lothringen), é unha das familias máis importantes da Historia de Europa, que gobernou sobre varios países. A familia tivo a súa orixe no século XII e o nome deriva de Habichtsburg, o castelo do falcón, a súa morada oficial, construído no 1020, na actual Suíza. En tempos actuais, o cabeza da dinastía foi o príncipe Otón de Habsburgo (1912-2011), e o xefe da casa, o seu fillo o arquiduque Carlos de Habsburgo-Lorena, desde 2007.

Os Habsburgo foron:

Soberanos de Austria (como duques 1282-1453, arquiduques 1453-1804 e emperadores 1804-1918),

Soberanos de Alemaña como reis de romanos e emperadores do Sacro Imperio Romano Xermánico (1273-1308 e 1440-1806),

reis de Hungría (1437-1439, 1445-1457, 1526-1918),

reis de Croacia (1437-1439, 1445-1457, 1526-1918),

reis de Bohemia (1306-1307, 1437-1439, 1453-1457, 1526-1918),

reis de España (1516-1700),

reis de Portugal (1580-1640),

reis de Galicia e Lodomeria (1772-1918),

grandes príncipes de Transilvania (1690-1867),

grandes duques de Toscana (1737-1801; 1814-1860).Outras coroas controladas brevemente pola casa foron:

rei de Sardeña (1713-1720),

duque de Parma (1814-1847),

duque de Módena (1814-1859),

emperador de México (1864-1867).

Henrique VII de Inglaterra

Henrique VII de Inglaterra, nado o 28 de xaneiro de 1457 e finado o 21 de abril de 1509, foi rei de Inglaterra e señor de Irlanda desde o 22 de agosto de 1485 ata a súa morte, fundou a Casa de Tudor.

María de Borgoña

María I de Borgoña, nada en Bruxelas (ducado de Brabante) o 13 de febreiro de 1457 e finada en Bruxas (Flandres) o 27 de marzo de 1482), foi duquesa titular de Borgoña e dos demais territorios do Estado borgoñón: duquesa de Brabante, da Baixa Lorena, de Güeldres, e Limburgo e de Luxemburgo; Condesa palatina de Borgoña, de Artois, do Charolais, de Flandres, de Hainaut, de Holanda, de Zelandia, de Namur e de Zutphen; marquesa do Santo Imperio señora de Fisia, de Malinas e de Salines.

Filla única do duque de Borgoña Carlos o Temerario (1433-1477), e de Isabel de Borbón (1437-1465), pasou a maior parte do seu reinado (1477-1482) defendendo os seus dereitos á herdanza do seu pai, disputada polo rei de Francia.

O seu matrimonio, en 1477, co arquiduque Maximiliano de Austria, futuro emperador do Sacro Imperio Romano, deu paso a case dous séculos de hexemonía dos Habsburgo na xeopolítica de Europa.

Foi a nai de Filipe o Fermoso e, polo tanto, avoa de Carlos V (ao que ela non chegou a coñecer).

Século XV

século XIV < século XV > século XVI

Tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 1401 e o 31 de decembro de 1500. É o derradeiro século da Idade Media e o primeiro da Idade Moderna.

Acontecementos importantes

Revoltas irmandiñas en Galicia.

Caída de Constantinopla, os turcos conquistan Constantinopla. Fin do Imperio Romano de Oriente.

Fin da reconquista en España

Fin da guerra dos cen anos entre Inglaterra e Francia.

Renacemento e Quattrocento italiano.

Johannes Gutenberg inventa a imprenta.Personaxes destacadas

Os Reis Católicos de España.

Leonardo da Vinci en Italia.

Toquio

Toquio ou Tokio (en xaponés 東京, とうきょう (Tōkyō) pronunciación (lit. capital do leste), oficialmente 東京都, とうきょうと (Tōkyō-to) (Metrópole de Toquio), é a capital e unha das 47 prefecturas do Xapón. Situase en Honshu, a maior illa do arquipélago. A prefectura ten 12.064.101 habitantes, preto do 10% da poboación do país, e a súa área metropolitana 31.2 millóns. Toquio é famosa pola Torre de Toquio. Foi fundada en 1457, co nome de Edo ou Yedo. Tornouse a capital do imperio no 1868 coa actual designación. Sufriu grande destrución dúas veces; unha no 1923, cando foi atinxida por un terremoto; e outra no 1944 e 1945, cando bombardeos americanos destruíron grande parte da cidade e mataron máis de 150 mil persoas.

Aínda que Toquio sexa considerada unha das cidades máis importantes, movimentadas e densamente habitadas do mundo, ela non é, tecnicamente, unha cidade. Non hai no Xapón unha cidade chamada "Toquio". Na verdade, Toquio é designada como unha metrópole (都 - to), similar a unha prefectura do Xapón (県 - ken), e é constituída de 23 barrios (区 - ku), 26 cidades primarias (市 - shi), 5 cidades secundarias (町 - cho ou machi) e oito vilas diferentes (村 - son ou mura). Cada unha delas posúe un goberno que opera a nivel rexional. É parte de Toquio tamén pequenas illas no Océano Pacífico, localizadas a máis de mil km sur, nos subtrópicos.

Máis de 8 millóns de persoas viven nos 23 distritos autónomos que constitúen a parte central de Toquio. Estes 23 distritos definen a "Cidade de Toquio", na opinión da maioría dos especialistas e outras persoas. Estes 23 distritos posúen 8.340.000 habitantes. A poboación de Toquio aumenta en 2,5 millóns ao longo do día, debido aos estudantes e traballadores de prefecturas veciñas, que van á Toquio para estudar e traballar. A poboación total dos barrios de Chiyoda, Chūō e Minato, que compón a rexión central de Toquio, e onde está localizado o principal centro financeiro do país, é de menos de 300 mil habitantes; porén, máis de 2 millóns de persoas traballan na rexión.

Toquio é o principal centro político, financeiro, comercial, educativo e cultural do Xapón. Así sendo, Toquio posúe a maior concentración de sedes de empresas comerciais, institucións de ensino superior, teatros e outros establecementos comerciais e culturais do país. Toquio tamén posúe un sistema de transporte público altamente desenvolvido, con numerosas liñas de trens, metro e de autobuses, así como o Aeroporto Internacional de Toquio.

Universidade Albert Ludwig de Friburgo

A Universidade Albert Ludwig de Friburgo (en alemán: Albert-Ludwigs-Universität Freiburg), localizada en Friburgo (Alemaña) foi fundada o 21 de setembro de 1457 polo arquiduque Alberte VI de Austria. É especialmente recoñecida en áreas como medicina, ciencias forestais, bioloxía, intelixencia artificial e tecnoloxía de microsistemas[Cómpre referencia].

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.