1455

1455
Calendario gregoriano1455
MCDLV
Ab urbe condita2208
Calendario armenio904
Calendario chinés4151 – 4152
Calendario hebreo5215 – 5216
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1510 – 1511
 ·  Shaka Samvat1377 – 1378
 ·  Kali Yuga4556 – 4557
Calendario persa833 – 834
Calendario musulmán859 – 860
Calendario rúnico1705
Década de 1450
1451 1452 1453 1454 1455 1456 1457 1458 1459

Acontecementos

Nacementos

Mortes

Outros

Historia ano a ano

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
23 de febreiro

O 23 de febreiro é o 54º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 311 días para finalizar o ano, 312 nos anos bisestos.

Calisto III, papa

Calisto III, nado co nome de Alonso de Borja i Llanço en Torreta de Canals (actual barrio de Canals), no Reino de Valencia, o 31 de decembro de 1378 e finado en Roma o 6 de agosto de 1458, foi o papa n.º 209 da Igrexa católica, desde 1455 a 1458.

As profecías de San Malaquías refírense a este papa como Bos pascens ('o boi que pace'), facendo referencia ao escudo de armas da súa familia, os Borgia, no que aparece un boi dourado pacendo.

Década de 1450

A década de 1450 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1450 e remata o 31 de decembro de 1459.

Fra Angelico

Fra Angelico, nado c. 1395 e finado o 18 de febreiro de 1455, foi un pintor do primeiro Renacemento italiano, referido no libro Le vite de' più eccellenti pittori, scultori e architettori de Vasari como posuidor dun «raro e perfecto talento».

Lorenzo Ghiberti

Lorenzo Ghiberti, nado en Florencia no 1378 e finado na mesma cidade o 1 de decembro de 1455, foi un escultor, ourive, arquitecto e escritor de arte italiano do Quattrocento.

Nicolao V, papa

Tommaso Parentucelli, nado cara a 1398 en Sarzana (Italia) e finado en Roma en marzo 1455, baiso o nome Nicolao V, foi o papa n.º 208 da Igrexa católica de 1447 a 1455.

Puxo fin ao cisma do antipapa Fiz V. Libre de todo nepotismo, era pequeno e de frouxa constitución física. A súa mirada aguda non xeraba a obediencia; era máis un home de letras que home de acción. A súa gran xenerosidade, o seu gusto pola arte e as súas eleccións políticas difíciles válenlle non obstante de ser considerado como un dos papas máis brillantes.

Susa

Susa foi unha antiga cidade, que foi capital de Elam e residencia do Señor Supremo do país. Está situada ao sueste de Irán, e hoxe en día é unha cidade en ruínas, a pesar de que moi preto hai unha cidade moderna co mesmo nome.

Século XV

século XIV < século XV > século XVI

Tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 1401 e o 31 de decembro de 1500. É o derradeiro século da Idade Media e o primeiro da Idade Moderna.

Acontecementos importantes

Revoltas irmandiñas en Galicia.

Caída de Constantinopla, os turcos conquistan Constantinopla. Fin do Imperio Romano de Oriente.

Fin da reconquista en España

Fin da guerra dos cen anos entre Inglaterra e Francia.

Renacemento e Quattrocento italiano.

Johannes Gutenberg inventa a imprenta.Personaxes destacadas

Os Reis Católicos de España.

Leonardo da Vinci en Italia.

Xacobe II de Escocia

Xacobe II, nado en Edimburgo, o 16 de outubro de 1430, e finado en Roxburgo o 3 de agosto de 1460, foi o rei de Escocia dende 1437 até a súa morte. Era fillo de Xacobe I e Xoana Beaufort, ascendendo ó trono ós seis anos, após o asasinato do seu pai.

Tivo unha minoría de idade moi axitada, cos rexentes William Crichton e Alexander Livingstone, que se viu marcada pola execución en 1440 de William e David Douglas por Crichton, que despois foi declarado proscrito por Livingston e William Douglas, nomeados lugartenentes do reino. En 1444, formouse unha liga entre William Douglas, conde de Crawford, e John, conde de Ross e señor das Illas, pero en 1452 morreu polo rei en 1455 exiliando o seu fillo James a Inglaterra.

Trasladou definitivamente a capital escocesa de Perth a Edimburgo e en 1450 fundou unha nova universidade en Glasgow baixo o patrocinio do chanceler James Kennedy, bispo de Saint Andrew. Naquela época, o parlamento escocés foi complementado por institucións como o Consello Xeral e a Convention of Estates, parlamentarios sen poderes xudiciais. En 1448, venceu os ingleses en Sark. Ademais, apoiou os nobres ingleses da casa de Lancaster contra a casa rival de York na Guerra das Dúas Rosas, o cal provocou a súa morte no asedio de Roxburgh en 1460.

En 1449, casou con María de Gelderland.

Xoán II de Portugal

Xoán II, nado en Lisboa o 3 de maio de 1455 e morto en Alvor o 25 de outubro de 1495, foi un rei de Portugal. Alcumado O Príncipe Perfeito. Fillo do rei Afonso V de Portugal e de Isabel de Coimbra. Recibiu unha coidada instrución civil e militar.

Subiu ao trono no ano 1481. Durante o seu reinado produciuse unha das etapas de maior desenvolvemento da exploración portuguesa. Foi un dos asinantes do Tratado de Tordesillas, o 7 de xuño de 1497 entre Castela e Portugal

Foi home de espírito tolerante que acolleu no seu país aos xudeus expulsados de España. Casou con Leonor de Viseu e con Leonor de Lancaster.

O seu corpo descansa no Mosteiro de Santa Maria da Vitória, na Batalha. Morreu sen herdeiros lexítimos escollendo a Manuel de Viseu, Duque de Beja, o seu primo e cuñado, como sucesor.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.