1444

1444
Calendario gregoriano1444
MCDXLIV
Ab urbe condita2197
Calendario armenio893
Calendario chinés4140 – 4141
Calendario hebreo5204 – 5205
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1499 – 1500
 ·  Shaka Samvat1366 – 1367
 ·  Kali Yuga4545 – 4546
Calendario persa822 – 823
Calendario musulmán848 – 849
Calendario rúnico1694
Década de 1440
1440 1441 1442 1443 1444 1445 1446 1447 1448

Acontecementos

  • Batalla de Varna: un exército húngaro-polaco, dirixido por Jan Hunyadi, é derrotado polos turcos otománs, nas proximidades de Varna (Bulgaria actualmente), que acudían en auxilio de Bizancio.
  • Vlad Dracul, príncipe de Valaquia, prisoeiro dos otománs desde 1442 recupera o seu trono nos comezos deste ano. Seus fillos Vlad e Radu son enviados como reféns ao sultán Murad II.
  • Suíza - Batalla de Saint Jakob: derrrota do exército da Liga perpetua (cantóns de Uri, Schwyz, Unterwalten) fronte ao exército aliado do emperador alemán, Francia e Zúric.
  • Portugal: fundación da Compañía de Lagos, á que se asigna o monopolio do comercio luso con África.

Arte e literatura

Nacementos

Mortes

  • Leonardo Bruni, humanista italiano (n. 1369).
  • Joseph Albo, filósofo xudeu (n. 1380)
  • Robert Campin, tamén coñecido como Mestre de Flemalle, pintor flamengo (n ca. 1378)

Outros

Historia ano a ano

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Antonio de Nebrija

Antonio Martínez de Cala e Hinojosa, coñecido como Elio Antonio de Nebrija, nado en Lebrija en 1441 e finado en Alcalá de Henares o 5 de xullo de 1522, foi un humanista castelán do século XV.

Bandeira de Albania

A bandeira de Albania (en albanés: Flamuri i Shqipërisë) é unha bandeira vermella cunha aguia bicéfala negra no centro. Ten a súa orixe nun selo similar de Gjergj Kastriot Skanderbeg, un albanés do século XV que conduciu a revolta contra o Imperio Otomán, e que acabou nunha breve independencia para Albania entre 1443 e 1478. Gjerg Kastriot adoptou o selo e a bandeira do Imperio Bizantino.

Casa de l'Ardiaca

A Casa de l'Ardiaca atópase no medio do Barri Gòtic de Barcelona a carón da catedral de Santa Eulàlia. A estrutura, globalmente, é de carácter gótico flamíxero, aínda que os detalles esculturais conteñen motivos do renacemento italiano.

Éntrase pola rúa de Santa Llúcia núm. 1. Ó longo dos anos sufriu diversas remodelacións e agora atópase integrada coa Casa del Degà, un pazo renacentista que dá ó pla de la Catedral. Orixinaria do século XII, foi reformada por Lluís Desplà i d'Oms (1444-1524), arcediácono maior de Barcelona e presidente da Generalitat, no estilo dos pazos contemporáneos (1510).

Donato Bramante

Donato d'Augnolo, Donato dei Pascuccio d'Antonio ou Donato dei Angelo dei Antonio, coñecido como Bramante e Bramante Lazzari, nado en Fermignano en 1443 ou 1444 e finado en Roma o 11 de marzo de 1514, foi un pintor e arquitecto italiano que introduciu o estilo do Primeiro Renacemento en Milán e o Alto Renacemento en Roma, onde a súa obra máis famosa foi o proxecto da basílica de San Pedro.

Tivo unha formación quattrocentista pero a súa plenitude artística alcanzouna no século XVI. A súa arquitectura está caracterizada pola severidade e o uso de planta central cuberta con cúpula.

Década de 1440

A década de 1440 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1440 e remata o 31 de decembro de 1449.

International Plant Names Index

O International Plant Names Index (IPNI, Índice de Nomes de Plantas Internacional) descríbese el mesmo como "unha base de datos dos nomes e detalles bibliográficos básicos asociados de plantas con sementes, fentos e licófitas." A cobertura que fai dos nomes de plantas é mellor no nivel de especie e xénero. Inclúe detalles bibliográficos básicos asociados cos nomes, e os seus obxectivos son eliminar a necesidade de facer repetidas referencias ás fontes primarias para dar información bibliográfica básica sobre nomes de plantas.O IPNI tamén mantén unha lista de abreviacións dos nomes de autores estandarizadas. Estas estaban inicialmente baseadas en Brummitt & Powell (1992), pero estanse a engadir decote novos nomes e abreviacións.

Robert Campin

Robert Campin (1375 – 1444) está considerado como o primeiro gran mestre da pintura flamenga. Aínda que a súa personalidade aínda resulta discutida, boa parte dos historiadores da arte actuais consideran que el é o Mestre de Flemalle.

Campin era desde 1418 xefe de obradoiro pictórico en Tournai, cidade buguesa por excelencia e centro da escultura funeraria. As súas pinturas representan con fidelidade os cuartos dos burgueses que con realismo amosa os seus obxectos cotiáns, aínda que os pregues da roupa estean pintados cunha certa dureza.

Século XV

século XIV < século XV > século XVI

Tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 1401 e o 31 de decembro de 1500. É o derradeiro século da Idade Media e o primeiro da Idade Moderna.

Acontecementos importantes

Revoltas irmandiñas en Galicia.

Caída de Constantinopla, os turcos conquistan Constantinopla. Fin do Imperio Romano de Oriente.

Fin da reconquista en España

Fin da guerra dos cen anos entre Inglaterra e Francia.

Renacemento e Quattrocento italiano.

Johannes Gutenberg inventa a imprenta.Personaxes destacadas

Os Reis Católicos de España.

Leonardo da Vinci en Italia.

Xacobe II de Escocia

Xacobe II, nado en Edimburgo, o 16 de outubro de 1430, e finado en Roxburgo o 3 de agosto de 1460, foi o rei de Escocia dende 1437 até a súa morte. Era fillo de Xacobe I e Xoana Beaufort, ascendendo ó trono ós seis anos, após o asasinato do seu pai.

Tivo unha minoría de idade moi axitada, cos rexentes William Crichton e Alexander Livingstone, que se viu marcada pola execución en 1440 de William e David Douglas por Crichton, que despois foi declarado proscrito por Livingston e William Douglas, nomeados lugartenentes do reino. En 1444, formouse unha liga entre William Douglas, conde de Crawford, e John, conde de Ross e señor das Illas, pero en 1452 morreu polo rei en 1455 exiliando o seu fillo James a Inglaterra.

Trasladou definitivamente a capital escocesa de Perth a Edimburgo e en 1450 fundou unha nova universidade en Glasgow baixo o patrocinio do chanceler James Kennedy, bispo de Saint Andrew. Naquela época, o parlamento escocés foi complementado por institucións como o Consello Xeral e a Convention of Estates, parlamentarios sen poderes xudiciais. En 1448, venceu os ingleses en Sark. Ademais, apoiou os nobres ingleses da casa de Lancaster contra a casa rival de York na Guerra das Dúas Rosas, o cal provocou a súa morte no asedio de Roxburgh en 1460.

En 1449, casou con María de Gelderland.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.