1442

1442
Calendario gregoriano1442
MCDXLII
Ab urbe condita2195
Calendario armenio891
Calendario chinés4138 – 4139
Calendario hebreo5202 – 5203
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1497 – 1498
 ·  Shaka Samvat1364 – 1365
 ·  Kali Yuga4543 – 4544
Calendario persa820 – 821
Calendario musulmán846 – 847
Calendario rúnico1692
Década de 1440
1438 1439 1440 1441 1442 1443 1444 1445 1446

Acontecementos

Alfonso-V-el-Magnanimo
Afonso V, por Juan de Juanes

Ciencia e tecnoloxía

  • Érguese o antigo observatorio astronómico de Pequín.

Arte e literatura

Nacementos

Mortes

Outros

Historia ano a ano

1993

1993 foi Ano Santo Xacobeo.

2019

2019 (MMXIX) é un ano común do calendario gregoriano dentro do século XXI.

Biscaia

Biscaia (en éuscaro e oficialmente: Bizkaia; en castelán: Vizcaya) é unha provincia de Euskadi, ademais de ser unha das sete provincias do histórico País Vasco. Dá nome ao Golfo de Biscaia e situase ao norte da Península Ibérica, limitando ao norte co Mar Cantábrico, ao sueste coa provincia de Burgos, ao sur con Áraba, ao leste coa Guipúscoa e ao oeste coa de Cantabria. A súa capital é Bilbao.

A provincia esténdese por unha superficie de 2217 km², e no ano 2006 contaba cunha poboación de 1 139 863 habitantes, polo que ofrecía unha elevada densidade de cerca de 514 hab/km².

Casa de Trastámara

A casa de Trastámara foi unha dinastía de reis de orixe castelá. Os seus membros reinaron na coroa de Castela (de 1369 até 1504), en Aragón (de 1412 até 1516), en Navarra (de 1425 até 1479), e en Nápoles (de 1458 até 1501).

A casa colle o seu nome do condado de Trastámara, no noroeste de Galiza, título que tiña antes o rei Henrique II de Castela.

A casa de Trastámara reinou en Aragón polo Compromiso de Caspe (1412) e substituíu a casa de Aragón despois da morte de Martiño I o Humano cando houbo un período de interregno onde se puido chegar a unha guerra civil.

A derradeira raíña desta casa en gobernar na coroa de Castela foi a raíña Xoana I "a Tola", que polo seu matrimonio con Filipe I e a través do fillo dos dous, Carlos I, deu paso ao goberno dos reinos da coroa de Castela e Aragón por reis da casa de Habsburgo.

Cáucaso

Este artigo trata sobre a rexión xeográfica do Cáucaso. Para a cordilleira vexa cordilleira do Cáucaso

A rexión do Cáucaso atópase en Asia occidental, entre o mar Negro e o mar Caspio. Hoxe compoñen esta rexión as repúblicas independentes de Xeorxia, Armenia e Acerbaixán, con Rusia ó norte e Turquía e Irán ó sur. No entanto, son numerosas as nacións que viven dentro destes estados, moitas delas en territorios con grandes autogobernos, noutros casos con azos de alcanza-la independencia, o que fai desta rexión un punto quente de violencia a nivel mundial.

A cordilleira do Cáucaso na que se asentan Xeorxia, Acerbaixán e Armenia acotío é chamada Transcaucasia; hai maior intrincamento lingüístico e cultural na zona norte dependente da Federación rusa.

Á parte dos mencionados países, existen estoutras nacións non independentes:

Alania (Osetia do Norte)

Osetia do Sur

Calmuquia

Carachai-Circasia

Cabardino-Balcaria

Alto Karabakh (Nagorno Karabakh)

Ingushetia

Chechenia

DaguestánAsí mesmo existen numerosas minorías entre as que se poden incluír: cumuquios, avaros, tátaros, bielorrusos, alemáns, ucraínos, e naturalmente rusos, que son unha importante minoría en todas estas repúblicas ex-soviéticas. No sur, sobre todo en Armenia, hai importantes grupos de presión turcománs, iranianos, curdos e árabes.

Década de 1440

A década de 1440 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1440 e remata o 31 de decembro de 1449.

Reino de Nápoles

O Reino de Nápoles foi un reino que ocupou os territorios da Italia meridional (Nápoles) e durante algúns períodos tamén a illa de Sicilia. En 1442 Afonso V, rei de Aragón, conquistou Nápoles que foi un dominio da dinastía Anxevina dende o ano 1266. Dende o século XV, Nápoles estivo en poder tanto de Aragón, Francia (durante un curto prazo), España e Austria e finalmente independente dende 1734 ata 1860, ano no que quedou incorporado ao proceso de unificación de Italia. Respecto de Sicilia foi un dominio da dinastía normanda de Hauteville desde o ano 1071, pasou a ser dominio dos Hohenstaufen en 1194, da dinastía Anxevina en 1266 e dominio aragonés dende 1282.

Reino de Sicilia

O Reino de Sicilia (en latín, Regnum Siciliae; en italiano, Regno di Sicilia) foi un estado que existiu desde o principio da Baixa Idade Media até o Congreso de Viena, despois da caída do emperador Napoleón Bonaparte.

A súa orixe remóntanse ao ano 1130, en que foi creado, para Roger II, polo antipapa Anacleto II, un reino que comprendía, ademais da illa de Sicilia, os territorios da península Itálica de Calabria, Puglia e Campania, onde se encontraba a cidade de Nápoles (que foi capital do reino durante vinte anos, entre 1266 e 1282).

Século XV

século XIV < século XV > século XVI

Tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 1401 e o 31 de decembro de 1500. É o derradeiro século da Idade Media e o primeiro da Idade Moderna.

Acontecementos importantes

Revoltas irmandiñas en Galicia.

Caída de Constantinopla, os turcos conquistan Constantinopla. Fin do Imperio Romano de Oriente.

Fin da reconquista en España

Fin da guerra dos cen anos entre Inglaterra e Francia.

Renacemento e Quattrocento italiano.

Johannes Gutenberg inventa a imprenta.Personaxes destacadas

Os Reis Católicos de España.

Leonardo da Vinci en Italia.

Xoán V da Bretaña

Xoán V da Bretaña tamén coñecido como Xoán V ou VI o Anglófilo, O Sabio ou O Prudente, nado o 24 de decembro de 1389 no castelo de l'Hermine en Vannes e finado o 29 de agosto de 1442 no Manoir de la Touche preto de Nantes. Foi o terceiro fillo, o primeiro varón, do duque Xoán IV da Bretaña e da súa terceira esposa Xoana de Navarra. Á morte do seu pai, o 9 de novembro de 1399, converteuse en duque da Bretaña. Chamou ao valenciano Vicente Ferrer para predicar no ducado e no seu goberno publicáronse algúns escritos en lingua bretoa.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.