1438

1438
Calendario gregoriano1438
MCDXXXVIII
Ab urbe condita2191
Calendario armenio887
Calendario chinés4134 – 4135
Calendario hebreo5198 – 5199
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1493 – 1494
 ·  Shaka Samvat1360 – 1361
 ·  Kali Yuga4539 – 4540
Calendario persa816 – 817
Calendario musulmán842 – 843
Calendario rúnico1688
Década de 1430
1434 1435 1436 1437 1438 1439 1440 1441 1442

Acontecementos

América

Europa

Arte e literatura

Nacementos

  • Melozzo da Forli, pintor italiano (m. 1494).

Mortes

Outros

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
31 de outubro

O 31 de outubro é o 304º día do ano do calendario gregoriano (305º nos anos bisestos). Quedan 61 días para finalizar o ano.

9 de setembro

O 9 de setembro é o 252º día do ano do calendario gregoriano e o 253º nos anos bisestos. Quedan 113 días para finalizar o ano.

Afonso V de Portugal

Afonso V, nado en Sintra o 15 de xaneiro de 1432 e finado na mesma vila a 28 de agosto de 1481, foi o décimo segundo Rei de Portugal (terceiro da dinastía de Avis). Alcumado o Africano polas conquistas que fixo no norte de África, era fillo do rei Duarte de Portugal e da súa muller, a princesa Leonor de Aragón. Afonso V sucedeu a seu pai en 1438, con apenas seis anos.

Duarte de Portugal

Duarte I de Portugal, nado en Viseu o 31 de outubro de 1391 e finado en Tomar o 9 de setembro de 1438, foi rei de Portugal.

Era fillo de Xoán I de Portugal e da súa muller Filipa de Lencastre. Sucedeu a seu pai en 1433.

Foi alcumado O Elocuente, polo verbo empregado nas obras que escribiu, é tamén como O Rei filósofo, e formou parte dos chamados príncipes da "Ínclita Xeración".

Recibiu o seu nome en homenaxe ao avó de súa nai, o rei Eduardo III de Inglaterra.

Década de 1430

A década de 1430 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1430 e remata o 31 de decembro de 1439.

Kazán

Kazán (en ruso: Казань, Kazan; en tártaro: Казан, Qazan) é a capital e cidade máis poboada da República de Tatarstán, na Federación Rusa. A cidade atópase á beira do río Volga, na converxencia co río Kazanka, e ten unha poboación de 1 143 546 (segundo o censo preliminar de 2010), o que a converte na oitava cidade máis poboada de Rusia, cunha área metropolitana de 1,57 millóns.

A cidade foi fundada polos búlgaros do Volga en 1005 como un forte fronteirizo no norte. En 1438, foi capturada polas Hordas de Ouro e creouse o Khanato tártaro de Kazán. Unha serie de guerras co principado de Moscova levou finalmente á toma de Kazán polas tropas de Iván o Terrible en 1552, seguido da destrución de gran parte da cidade e a reubicación dos tártaros nas beiras pantanosas do lago Kaban. Kazán sufriu numerosos incendios graves e despois dun deles, en 1579, descubríuse o ícono de Nosa Señora de Kazán.

Kazán é un dos principais centros económicos, políticos, científicos, educativos, culturais e deportivos do país. O «Complexo histórico e arquitectónico do Kremlin de Kazán» está incluído pola UNESCO dentro do Patrimonio da Humanidade. A cidade desfruta dunha multietnicidade famosa pola convivencia entre musulmáns e cristiáns, que é tamén recoñecida pola UNESCO, o que se reflicte nunha variada riqueza arquitectónica propia de cada confesión, como a mesquita Qul Sharif, unha das mesquitas meirandes de Europa. Dende abril de 2009, leva legalmente o título de "Terceira Capital de Rusia".

Reino de Portugal

Reino de Portugal foi a denominación de Portugal baixo a gobernación dun réxime monárquico, e ao comezo aínda sen o Reino dos Algarves.

Este reino localizábase no oeste da Península Ibérica, Europa. Existiu de 1139 a 1910, tendo 771 anos de duración, 35 monarcas e 4 dinastías, tendo a primeira (Afonsina ou Borgonha): 9; a de Avis: 9; a Filipina: 3 e a de Bragança: 14.

Tras a proclamación da república portuguesa o 5 de outubro de 1910, foi substituído por unha república, pola Primeira República Portuguesa que tiña dato os primeiros pasos para a súa implantación co rexicidio de 1908 e, definitivamente implantada, tras a revolución do 5 de outubro de 1910.

Século XV

século XIV < século XV > século XVI

Tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 1401 e o 31 de decembro de 1500. É o derradeiro século da Idade Media e o primeiro da Idade Moderna.

Acontecementos importantes

Revoltas irmandiñas en Galicia.

Caída de Constantinopla, os turcos conquistan Constantinopla. Fin do Imperio Romano de Oriente.

Fin da reconquista en España

Fin da guerra dos cen anos entre Inglaterra e Francia.

Renacemento e Quattrocento italiano.

Johannes Gutenberg inventa a imprenta.Personaxes destacadas

Os Reis Católicos de España.

Leonardo da Vinci en Italia.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.