1431

1431
Calendario gregoriano1431
MCDXXXI
Ab urbe condita2184
Calendario armenio880
Calendario chinés4127 – 4128
Calendario hebreo5191 – 5192
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1486 – 1487
 ·  Shaka Samvat1353 – 1354
 ·  Kali Yuga4532 – 4533
Calendario persa809 – 810
Calendario musulmán834 – 835
Calendario rúnico1681
Década de 1430
1427 1428 1429 1430 1431 1432 1433 1434 1435

Acontecementos

Arte e cultura

Nacementos

Mortes

Outros

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
1982

1982 foi Ano Santo Xacobeo.

2009

2009 (MMIX) comezou un xoves no calendario gregoriano o designado ano do boi, segundo o horóscopo chinés.

24 de xuño

O 24 de xuño é o 175º día do ano do calendario gregoriano e o 176º nos anos bisestos. Quedan 190 días para finalizar o ano.

30 de maio

O 30 de maio é o 150º día do ano do calendario gregoriano e o 151º nos anos bisestos. Quedan 215 días para finalizar o ano.

Alexandre VI, papa

Alexandre VI, nado en Xàtiva (Reino de Valencia) o 1 de xaneiro de 1431 e finado en Roma (Estados Pontificios) o 18 de agosto de 1503, foi o papa n.º 214 da Igrexa católica entre 1492 e 1503. Nado Roderic de Borja i Borja, italianizado en Borgia, máis coñecido como papa Borgia.

Roderic Borja alcanzou o poder grazas ao nepotismo e mantívoo por el, conseguindo o seu ascenso dentro da xerarquía da Igrexa católica grazas á súa relación co papa Calisto III, de quen era sobriño. Esta relación familiar facilitoulle o acceso a Cardeal diácono e o desempeño de numerosos cargos de grande importancia dentro e fóra da Curia Romana, que lle permitiron facerse coas influencias políticas e o prestixio que, finalmente, o levaron ao solio pontificio en 1492. Unha vez elixido papa como Alexandre VI, desencadeou e involucrouse en decenas de situacións políticas, envolvido en intrigas e nas tormentosas e traizoeiras relacións entre os poderes internacionais. Buscou a través de alianzas políticas e conspiracións facer que a súa familia se consolidase dentro da nobreza italiana e acrecentar en toda posible ocasión o seu poderío, tarefa que emprendeu en conxunto cos seus fillos, Xoán, César, Lucrezia e Jofre, os cales serviron como instrumentos das súas maquinacións políticas.A través da guerra italiana de 1494-1498 e a guerra de Nápoles (1501-1504) enxeñouse para non só asegurar o seu poderío, senón para acrecentalo, valéndose das rivalidades entre as potencias da época e as tensións políticas entre as familias da aristocracia europea, conseguindo durante os 11 anos que durou o seu papado impulsarse ata a cima do poder na península itálica.Traxicamente, as mesmas intrigas e poderes que lle serviron para levar á Casa de Borgia á cima, aseguraron a súa destrución, pois todo o poder que os Borgia obtiveran, inclusive o éxito militar de César Borgia, xiraba en torno aos Estados Pontificios e polo tanto dependía da permanencia de Alexandre VI no poder, polo cal a vasta rede de condados, principados e territorios que os Borgia puxeran aos seus pés, sucumbiu ipso facto coa súa morte, selando o destino de César Borgia, quen morrería catro anos despois en 1507, e sepultando a era dos Borgia e a súa dinastía.

Concilio de Basilea-Ferrara-Florencia-Roma

O décimo sétimo concilio ecuménico da Igrexa católica comezou en Basilea o 23 de xullo de 1431. Trasladado por Uxío IV a Ferrara en 1437 após a Florencia en 1439, terminose en Roma en 1441.

Década de 1430

A década de 1430 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1430 e remata o 31 de decembro de 1439.

Irmandiños

Na Galicia medieval, os irmandiños eran os membros das Irmandades constituídas para a defensa dos seus intereses fronte aos abusos dos señores.

No século XIV entrou en Galiza unha nobreza moi guerreira e que atacaba os mosteiros, os bispos, os burgueses e os campesiños. Esta nobreza xurdira despois das loitas de Pedro I "o Cruel" e Henrique II. Eran os Osorio en Lemos e Sarria, os Andrade en Pontedeume, os Sarmiento, os Ulloas, os Soutomaior... Loitaban contra as institucións e despoxábanas violentamente das riquezas que lles pertencían. A época conflitiva en Galicia foi no século XV. Dos constantes conflitos sociais salientan as "Guerras Irmandiñas" que foron dúas: a primeira por parte da “Irmandade Fusquenlla” (1431), e a segunda denominada “Gran Guerra Irmandiña” (1467-1469).

As primeiras irmandades formáronse contra o bispo Diego Xelmírez[Cómpre referencia], contra quen se levantaron varias veces os burgueses e parte do clero de Compostela (1116 e 1140).

Martiño V, papa

Martiño V nado en Genazzano, Roma, c. 1368 e finado en Roma o 20 de febreiro de 1431) foi o papa n.º 206 da Igrexa católica, entre 1417 e 1431.

De nome Oddone Colonna, era fillo de Agapito Colonna e Caterina Conti, o que o convertía en membro dunha das familias aristocráticas romanas máis antigas e con maior influencia da súa época.

Estudou na Universidade de Perugia, tras o cal entrou na curia romana, onde en 1402 foi nomeado cardeal diácono de San Jorge por Bonifacio IX, e foi un dos cardeais que fuxiu de Lucca, onde os recluíu o papa Gregorio XII, para organizar o Concilio de Pisa en que tomará parte na elección de Alexandre V e de Xoán XXIII, como medio para reconciliar ás Igrexas de Avignon e Roma e acabar así co Cisma de Occidente.

Nuno Freire de Andrade, o Mao

Nuno Freire de Andrade ( n. ? - m. 1431), dito O Mao, foi un nobre galego baixomedieval, señor de Pontedeume, Ferrol e Vilalba. A inicios da terceira década do século XV tivo que facer fronte ao levantamento dos vasalos das súas terras, acontecemento coñecido na historiografía como Irmandade Fusquenlla ou primeira revolta irmandiña.

Nuno Álvares Pereira

Nuno Álvares Pereira, nado en Cernache do Bonjardim ou en Flor da Rosa o 24 de xuño de 1360 e finado en Lisboa o 1 de novembro de 1431, foi un militar portugués, tamén coñecido como o Santo Condestábel ou Beato Nuno de Santa Maria. Desempeñou un papel fundamental na crise de 1383-1385, onde Portugal xogou a súa independencia contra o reino de Castela. Nuno Álvares Pereira foi tamén conde de Arraiolos, de Barcelos e de Ourém.

A vitoria atinxida, dirixindo campesiños (batalla dos Atoleiros, no Alentexo), levouno a ser nomeado condestábel do exército, á fronte do cal logrou a decisiva vitoria de Alxubarrota (14 de agosto de 1385) contra as tropas castelán-francesas, aliadas á súa vez con parte da nobreza lusa, asegurando o trono portugués para o Mestre de Avis.

Século XV

século XIV < século XV > século XVI

Tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 1401 e o 31 de decembro de 1500. É o derradeiro século da Idade Media e o primeiro da Idade Moderna.

Acontecementos importantes

Revoltas irmandiñas en Galicia.

Caída de Constantinopla, os turcos conquistan Constantinopla. Fin do Imperio Romano de Oriente.

Fin da reconquista en España

Fin da guerra dos cen anos entre Inglaterra e Francia.

Renacemento e Quattrocento italiano.

Johannes Gutenberg inventa a imprenta.Personaxes destacadas

Os Reis Católicos de España.

Leonardo da Vinci en Italia.

Uxío IV, papa

Uxío IV C.R.S.A., nado en Venecia en 1383 e finado en Roma o 23 de febreiro de 1447, foi o papa n.º 207 da Igrexa católica de 1431 a 1447.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.