1412

1412
Calendario gregoriano1412
MCDXII
Ab urbe condita2165
Calendario armenio861
Calendario chinés4108 – 4109
Calendario hebreo5172 – 5173
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1467 – 1468
 ·  Shaka Samvat1334 – 1335
 ·  Kali Yuga4513 – 4514
Calendario persa790 – 791
Calendario musulmán815 – 816
Calendario rúnico1662
Década de 1410
1408 1409 1410 1411 1412 1413 1414 1415 1416

Acontecementos

  • 22 de marzo-24 de xuño: Compromiso de Caspe : morto Martiño I de Aragón, en 1410, sen herdeiros, o príncipe castelán Fernando de Antequera, da liñaxe dos Trastámara, é elixido rei da Coroa de Aragón.
  • 28 de xuño: Fernando de Antequera sobe ao trono da coroa de Aragón como Fernando I de Aragón (até 1416), inaugurando a dinastía de Trástamara en Aragón.
  • Ordenamento sobre o encerramento dos xudeus, decreto emitido, en Valladolid, pola rexente Catalina, durante a minoría de idade do rei Xoán II de Castela, que obriga aos xudeus a vivir apartados do resto da poboación, recluídos nos seus proios barrios ou xuderías.
    • O Ordenamento completábase con outros artigos antisemitas nos reinos casteláns, que prohiben o acceso dos xudeus a cargos dependentes do goberno, como recadadores de impostos, ou oficios como físicos, cirurxiáns ou boticarios; que comesen con os cristiáns ou criasen os fillos destes etc.

Nacementos

Mortes

Outros

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
28 de outubro

O 28 de outubro é o 301º día do ano do calendario gregoriano (302º nos anos bisestos). Quedan 64 días para finalizar o ano.

30 de maio

O 30 de maio é o 150º día do ano do calendario gregoriano e o 151º nos anos bisestos. Quedan 215 días para finalizar o ano.

Béon, Ain

Béon é unha vila francesa do departamento do Ain, na rexión de Ródano-Alpes.

Casa de Trastámara

A casa de Trastámara foi unha dinastía de reis de orixe castelá. Os seus membros reinaron na coroa de Castela (de 1369 até 1504), en Aragón (de 1412 até 1516), en Navarra (de 1425 até 1479), e en Nápoles (de 1458 até 1501).

A casa colle o seu nome do condado de Trastámara, no noroeste de Galiza, título que tiña antes o rei Henrique II de Castela.

A casa de Trastámara reinou en Aragón polo Compromiso de Caspe (1412) e substituíu a casa de Aragón despois da morte de Martiño I o Humano cando houbo un período de interregno onde se puido chegar a unha guerra civil.

A derradeira raíña desta casa en gobernar na coroa de Castela foi a raíña Xoana I "a Tola", que polo seu matrimonio con Filipe I e a través do fillo dos dous, Carlos I, deu paso ao goberno dos reinos da coroa de Castela e Aragón por reis da casa de Habsburgo.

Compromiso de Caspe

O Compromiso de Caspe foi un acordo asinado en Caspe o 25 de xuño de 1412 entre os reinos de Aragón e Valencia e o principado de Cataluña para designar sucesor no trono, trala morte en 1410 de Martiño I de Aragón. Foi elixido como herdeiro da Coroa de Aragón Fernando de Antequera, da Casa de Trastámara, co nome de Fernando I de Aragón.

Década de 1410

A década de 1410 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1410 e remata o 31 de decembro de 1419.

Fernando I de Aragón

Fernando I de Aragón, nado en Medina del Campo o 27 de novembro de 1380 e finado en Igualada o 2 de abril de 1416, chamado tamén Fernando de Trastámara, Fernando de Antequera, Fernando o Xusto e Fernando o Honesto, foi infante de Castela, rei de Aragón, de Valencia, de Mallorca, de Sicilia, de Sardeña e de Córsega; duque de Neopatria e de Atenas; conde de Barcelona, de Rosellón e de Cerdaña; e rexente de Castela. Foi o primeiro monarca aragonés da dinastía castelá dos Trastámara, aínda que era Aragón (como o resto dos pretendentes ao trono no Compromiso de Caspe) pola rama materna, pois a súa nai Leonor de Aragón era irmá de Martiño I de Aragón, chamado o Humano.

Margarida I de Dinamarca

Margarida Valdemarsdotter, nada en Søborg (actual Dinamarca) en 1353 e finada en Flensburgo (Holstein) en 1412, foi raíña de Dinamarca e Noruega (entre 1387 e 1412), e de Suecia (de 1389 a 1412). Fundadora do pacto de unión coñecido como a Unión de Kalmar, foi o primeiro monarca que gobernou os tres reinos nórdicos (incluíndo Groenlandia, Islandia, as Illas Feroe e as Orcadas, entón pertencentes a Noruega, e Finlandia, que formaba parte de Suecia). É unha das figuras máis destacadas de toda a historia dos países nórdicos.

En 1363 casou co rei Haakon VI Magnusson de Noruega e Suecia, dando a luz a Olav (1370-1387), rei de Dinamarca de 1376 a 1387 e rei de Noruega de 1380 a 1387.

Quipile

Quipile é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca, que se atopa na Provincia do Tequendama, a 83 km de Bogotá.

Século XV

século XIV < século XV > século XVI

Tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 1401 e o 31 de decembro de 1500. É o derradeiro século da Idade Media e o primeiro da Idade Moderna.

Acontecementos importantes

Revoltas irmandiñas en Galicia.

Caída de Constantinopla, os turcos conquistan Constantinopla. Fin do Imperio Romano de Oriente.

Fin da reconquista en España

Fin da guerra dos cen anos entre Inglaterra e Francia.

Renacemento e Quattrocento italiano.

Johannes Gutenberg inventa a imprenta.Personaxes destacadas

Os Reis Católicos de España.

Leonardo da Vinci en Italia.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.