1404

1404
Calendario gregoriano1404
MCDIV
Ab urbe condita2157
Calendario armenio853
Calendario chinés4100 – 4101
Calendario hebreo5164 – 5165
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1459 – 1460
 ·  Shaka Samvat1326 – 1327
 ·  Kali Yuga4505 – 4506
Calendario persa782 – 783
Calendario musulmán806 – 807
Calendario rúnico1654
Década de 1400
1400 1401 1402 1403 1404 1405 1406 1407 1408

Nacementos

Mortes

  • Alberte IV de Austria

Outros

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
1982

1982 foi Ano Santo Xacobeo.

Argovia

Argovia (en alemán: Aargau, en francés: Argovie, en italiano: Argovia, en romanche: Argovia) é un cantón de Suíza, localizado no norte do país, facendo fronteira con Alemaña. Nos seus 1404 km² viven 581.562 habitantes, divididos en 232 concellos, Aarau é a súa capital. É un dos cantóns menos montañosos de Suíza, xa forma parte dun gran val ao norte dos Alpes e ao leste da cordilleira do Xura, comprendendo a parte baixa do río Aare, que lle dá o nome ao cantón, que significa Distrito do Aare. Forma parte oficialmente da confederación dende 1803.

Bonifacio IX, papa

Bonifacio IX, nado co nome de Pietro Tomacelli en Nápoles cara a 1356 e finado en Roma o 1 de outubro de 1404, foi un nobre napolitano e Papa nº 203 da Igrexa católica, entre 1389 e o seu falecemento. Foi o segundo Papa do Cisma de Occidente.

Carlos III de Navarra

Carlos III de Navarra, chamado o Nobre, nado en Mantes-la-Jolie, Illa de Francia, Reino de Francia o 22 de xullo de 1361 , e finado en Olite, Reino de Navarra o 8 de setembro de 1425 , foi rei de Navarra (1387-1425), conde de Evreux (1387-1404) e duque de Nemours (1404-1425).

Foi fillo e sucesor de Carlos II o Malo e de Xoana de Valois.

Constantino XI

Constantino XI Paleólogo (ás veces numerado Constantino XII ou Constantino XIII), tamén coñecido como Constantino Dragases, nado en Constantinopla o 8 de febreiro de 1404 e finado na mesma cidade o 29 de maio de 1453, foi o último emperador reinante do Imperio Bizantino desde 1449 ata a súa morte.

Década de 1400

A década de 1400 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1400 e remata o 31 de decembro de 1409.

Inocencio VII, papa

Inocencio VII, nado en Sulmona sobre o 1336 e finado en Roma o 6 de novembro de 1406), foi o Papa nº 204 da Igrexa católica de 1404 a 1406 e o terceiro papa do período dominado polo Cisma de Occidente.

Leon Battista Alberti

Leon Battista Alberti, nado en Xénova en 1404 e finado en Roma en 1472, foi un arquitecto, pintor, matemático, poeta, lingüista, filósofo, músico e arqueólogo italiano. Trátase dunha das figuras máis representativas do ideal do home do Renacemento xunto a Leonardo da Vinci. A súa biografia está descrita no libro de Giorgio Vasari, Vite.

O Porto de Santa Cruz, Liáns, Oleiros

O Porto de Santa Cruz é unha vila costeira da parroquia de Liáns no concello de Oleiros, na provincia da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE) en 2012 tiña 2596 habitantes (1192 homes e 1404 mulleres).

Século XV

século XIV < século XV > século XVI

Tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 1401 e o 31 de decembro de 1500. É o derradeiro século da Idade Media e o primeiro da Idade Moderna.

Acontecementos importantes

Revoltas irmandiñas en Galicia.

Caída de Constantinopla, os turcos conquistan Constantinopla. Fin do Imperio Romano de Oriente.

Fin da reconquista en España

Fin da guerra dos cen anos entre Inglaterra e Francia.

Renacemento e Quattrocento italiano.

Johannes Gutenberg inventa a imprenta.Personaxes destacadas

Os Reis Católicos de España.

Leonardo da Vinci en Italia.

Örebro

Örebro é unha cidade situada no centro de Suecia. A cidade ten unha poboación de 98.237 habitantes (2005), 128.689 cos arrabaldes. A cidade é a capital do Condado de Örebro, cunha poboación de 274.000 habitantes. Örebro atópase a uns 200 km de Estocolmo e 300 das cidades de Gotemburgo e Oslo.

A cidade de Örebro recibiu o carácter oficial de cidade en 1404, sendo capital da antiga provincia de Närke.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.