1392

1392
Calendario gregoriano1392
MCCCXCII
Ab urbe condita2145
Calendario armenio841
Calendario chinés4088 – 4089
Calendario hebreo5152 – 5153
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1447 – 1448
 ·  Shaka Samvat1314 – 1315
 ·  Kali Yuga4493 – 4494
Calendario persa770 – 771
Calendario musulmán794 – 795
Calendario rúnico1642
Década de 1390
1388 1389 1390 1391 1392 1393 1394 1395 1396

Acontecementos

Asia

  • Go-Komatsu tórnase o 100º emperador do Xapón (até 1412).
  • Tamerlán toma a cidade persa de Tabriz.

Europa

  • Asedio turco a Bizancio, as tropas venecianas acoden en auxilio, mais en pago apodéranse de Durrës en Albania.
    • Os turcos apodéranse de Skopje, na Macedonia.
    • Os otománs emprenden a conquista de Bulgaria (até 1396).
  • No Sur de Rusia, Tamerlán ataca o territorio da Horda de Ouro.
  • Mohamed VII ascende ao trono nazarí do Reino de Granada (até 1408).
Durres
Vista aérea de Durrës, Albania
  • Vidautas o Grande convértese en Gran Duque de Lituania

Nacementos

Mortes

Historia ano a ano

1943

1943 foi Ano Santo Xacobeo.

1971

1971 foi Ano Santo Xacobeo.

Almazán

Álmazán é un concello español da provincia de Soria (Castela e León). A súa poboación é de 5.861 habitantes (INE 2012) e ocupa unha superficie de 166,53 km².

As Somozas

As Somozas é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrol. Segundo o INE en 2014 tiña 1211 habitantes (1382 no 2009, 1392 no 2006, 1411 no 2005, 1403 no 2004, 1407 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é somocense.

Dinastía Joseon

A Dinastía Joseon (en coreano: 조선, 朝鮮; tamén Chosŏn, Choson, Chosun, Cho-sen) foi un reino coreano fundado por Taejo Yi Seong-gye que durou aproximadamente cinco séculos, dende xullo de 1392 até outubro de 1897. Foi fundado despois da caída da dinastía Goryeo no que hoxe é actual cidade de Kaesong. As fronteiras do norte foron expandidas até os límites naturais dos ríos Amnok e Duman despois da subxugación dos jurchens. Joseon foi a derradeira dinastía na historia de Corea e a máis duradeira dinastía confucianista.

Década de 1390

A década de 1390 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1390 e remata o 31 de decembro de 1399.

Pedro de Portugal

Pedro de Portugal, duque de Coímbra (Lisboa 1392 - 1449) infante de Portugal e rexente (1439-1448).

Desde o seu nacemento Pedro foi un dos fillos favoritos do rei Xoán I. O seu pai dotouno dunha educación excepcional. En 1415 viaxou á beira do seu pai e os seus irmáns na expedición portuguesa contra Ceuta, e foi nomeado cabaleiro ese ano. Foi entón cando o seu pai lle concedeu o ducado de Coímbra a el e o ducado de Viseu ó seu outro irmán, Henrique o navegante.

Cando o seu irmán Duarte I de Portugal morreu o 1438, o seu fillo Afonso V ascendeu ao trono, baixo a rexencia da súa nai Leonor de Aragón. Pero a rexencia estivo marcada polo conflito debido á súa impopularidade polo feito de ser muller e estranxeira. Así o 1439, Xoán de Portugal, duque de Aveiro, solicitou a xuntanza das Cortes que designaron Pedro rexente do reino, unha opción que satisfixo o pobo e a burguesía. Pero unha parte da nobreza, a que se atopaba ao redor de Afonso de Portugal, medio irmán de Pedro e conde de Barcelos, preferiu Leonor. Comezou unha guerra de influencias e poucos anos máis tarde Afonso logrou ter ó seu sobriño Afonso V de Portugal baixo o seu dominio político, converténdose no tío preferido do rei.

En 1443, nunha postura de reconciliación, Pedro nomeou ó seu medio irmán Afonso, primeiro duque de Braganza. No 1445 Afonso oféndese pola elección dunha filla de Pedro como dona de Afonso V. Indiferente ás intrigas Pedro continuou a súa rexencia, o país prospera e concédense as primeiras axudas para a exploración do océano Atlántico feita por Henrique o navegante.

O 9 de xuño de 1448 Afonso V accedeu a maioría de idade polo que Pedro renunciou a rexencia O rei Afonso V por influencia do seu tío Afonso anula tódalas leis e editos de Pedro. Por unha falsa acusación o rei amosa inimizade co seu tío e sogro, declarándoo rebelde ao reino. Na batalla de Alfarrobeira do 20 de maio de 1449, preto de Alverca, Pedro de Portugal resultou derrotado e morto.

Sainte-Euphémie

Sainte-Euphémie é unha vila francesa do departamento do Ain, na rexión de Ródano-Alpes.

Xoán VIII Paleólogo

Xoán VIII (16 de decembro de 1392 - Constantinopla, 31 de outubro de 1448), alcumado Paleólogo foi emperador bizantino e fillo maior de Manuel II. En 1425 pasou a ser emperador en solitario. Casou dúas veces: primeiro con Ana, filla do Gran duque Basilio I de Moscova, en 1414; e logo con Sofía de Montferrato en 1421, cando foi nomeado co-emperador xunto ao seu pai. Non tivo fillos de ningún dos dous matrimonios.

Para buscar protección fronte á ameaza dos turcos otománs, visitou o Papa e aceptou a unión das igrexas grega e latina, o que se ratificou en Florencia en 1439. En devandita viaxe estivo acompañado por Xurxo Gemisto Pletón, un filósofo neoplatónico que tería unha grande influencia sobre o mundo académico italiano, así como sobre o Renacemento en toda Europa occidental. A unión da igrexas fracasou, pero grazas á súa prudente política ante o Imperio otomán logrou conservar Constantinopla e en 1432 resistiu un asedio do sultán Murad II.

Designou o seu irmán Constantino XI como sucesor, e, malia as intrigas dos seus irmáns menores, Demetrio e Tomé, a súa nai, Helena Dragas, conseguiu asegurarse a sucesión de Constantino.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.