1389

1389
Calendario gregoriano1389
MCCCLXXXIX
Ab urbe condita2142
Calendario armenio838
Calendario chinés4085 – 4086
Calendario hebreo5149 – 5150
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1444 – 1445
 ·  Shaka Samvat1311 – 1312
 ·  Kali Yuga4490 – 4491
Calendario persa767 – 768
Calendario musulmán791 – 792
Calendario rúnico1639
Década de 1380
1385 1386 1387 1388 1389 1390 1391 1392 1393

Acontecementos

Europa

Battle of Kosovo, Adam Stefanović, 1870
Batalla do Kosovo, cadro de Adam Stefanovic, 1870

Oriente Próximo

Nacementos

Mortes

Outros

Véxase tamén

Outros artigos

15 de xuño

O 15 de xuño é o 166º día do ano do calendario gregoriano e o 167º nos anos bisestos. Quedan 199 días para finalizar o ano.

28 de xuño

O 28 de xuño é o 179º día do ano do calendario gregoriano e o 180º nos anos bisestos. Quedan 186 días para finalizar o ano.

Batalla de Kosovo Polje

A Batalla de Kosovo Polje, tamén coñecida como Batalla de Kosovo (en serbio: Kosovska bitka; en cirílico: Косовска битка; en turco: Kosova Meydan Muharebesi) foi unha batalla librada en 1389, o día 15 de xuño, festividade de San Vito, entre o principado serbio rexido por Lazar Hrebeljanović e o exército invasor do Imperio otomán, baixo a dirección do sultán Murad I.A batalla tivo lugar no Campo dos merlos, a uns 5 km o noroeste da moderna Priština. Os relatos históricos fiábeis sobre a batalla son escasos; os máis críbels obtivéronse a través de comparacións críticas con batallas históricas contemporáneas (como as de Angora ou Nicópolis), que permitiron unha reconstrución fiábel.A batalla finalizou con vitoria otomán, con grandes perdas en ambos os bandos.

A Batalla de Kosovo ten particular importancia no concepto serbio da historia, a tradición e a identidade nacional.

O exército de Murad comprendía entre 27 000 e 40 000 combatentes. Entre eles estaban incluídos de 2 000 a 5 000 jenízaros, 2 500 membros da garda de cabalería de Murad, 6 000 ispahís, 20 000 azaps e akincis e 8 000 dos seus vasalos de Germiyan, Saruhan, o Imperio bizantino, Bulgaria, os principados do sur de Serbia en Macedonia (as terras de Constantino Dragaš e o príncipe Marko) eAlbania.O exército de Lazar estaba composto por de 12 000 e 33 000 soldados. Deles, entre 12 000 e 15 000 estaban baixo o mando de Lazar, entre 5 000 e 10 000 correspondían a Vuk Branković, un nobre serbio de Kosovo e xenro de Lazar, e un grupo menor ao nobre bosnio Vlatko Vuković. O exército mixto de Vuković incluía un continxente de Cabaleiros Hospitalarios, a quen o cabaleiro croata Xoán de Palisna levara desde Vrana, en Dalmacia. Varios miles eran cabaleiros. Como aliados dos cristiáns ía tamén un número indeterminado de cabaleiros polacos e húngaros.

A batalla de Kosovo considérase unha vitoria das forzas otománs. Debido á súa derrota, Serbia foi convertida nun Estado vasalo cuxos nobres debían pagar tributo e subministrar soldados aos otománs.

Por outra parte, como consecuencia da presión turca, algúns nobres serbios accederon a casar ás súas fillas con mandatarios turcos, incluída a filla do knez Lazar, que casou cunha filla do sultán Bayezid I.A raíz destes matrimonios, Stefan Lazarević, o fillo e herdeiro de Lazar, converteuse nun fiel aliado de Beyazid, achegando forzas importantes para moitos dos seus futuros enfrontamientos militares, incluíndo a Batalla de Nicópolis, que marcou a última cruzada a grande escala na Idade Media.

Como compensación por esta alianza, Stefan recibiu do Sultán as posesións de Vuk Branković en Kosovo.Finalmente, o Despotado de Serbia, único reduto que resistiu aos otománs despois da batalla, foi conquistado definitivamente por estes en 1459.

A batalla de Kosovo chegou a ser vista como un símbolo do patriotismo serbio e o desexo de independencia co auxe do nacionalismo baixo o dominio otomán. A súa importancia para o nacionalismo serbio recobrou prominencia durante a disolución de Yugoslavia e a guerra de Kosovo, sendo invocada por Slobodan Milošević en 1989 nun célebre discurso durante os actos de celebración do 600º aniversario da batalla.

Bonifacio IX, papa

Bonifacio IX, nado co nome de Pietro Tomacelli en Nápoles cara a 1356 e finado en Roma o 1 de outubro de 1404, foi un nobre napolitano e Papa nº 203 da Igrexa católica, entre 1389 e o seu falecemento. Foi o segundo Papa do Cisma de Occidente.

Cosme de Medici

Cosimo di Giovanni de' Medici (en italiano) ou Cosme o Vello (Pai da Patria), nado en Florencia o 27 de setembro de 1389 e finado en Careggi o 1 de agosto de 1464, foi un político e banqueiro italiano, fundador da dinastía dos Medici, dirixentes efectivos de Florencia durante unha boa parte do Renacemento italiano.

Década de 1380

A década de 1380 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1380 e remata o 31 de decembro de 1389.

Murad I

Murad I, chamado Hüdavendiğar, "o Divino", nado posiblemente en Bursa en 1319/26 e finado en Kosovo Polje o 15 de xuño de 1389, foi Bey (príncipe) do Imperio Otomán entre 1359 e 1383, e sultán desde 1383 ata a súa morte. Fillo de Orhan I Gazi e a princesa bizantina Nilüfer Hatun.

Casou coa princesa bizantina Helena Paleóloga e coa princesa Tamara de Bulgaria e tivo catro fillos e dúas fillas:

Yakub Celebi (¿? - 1389);

Bayezıd Yıldırım (1354 - 1403);

Savci Bey;

Ibrahim;

¿?;

¿?.

Universidade de Chicago

A Universidade de Chicago é unha das universidades de investigación máis recoñecidas no mundo, fundada en 1890 polo magnate do petróleo John D. Rockefeller. Abriu o seu primeiro curso o 1 de outubro de 1892.

Ten un total de setenta e cinco premios Nobel (a segunda institución logo da Universidade de Cambridge).

A Universidade de Chicago, é máis coñecida polas seus Premios Nobel en Economía , en especial a Escola de Economía de Chicago xa que conta cunha total de 9 Premios Nobel.

Algúns dos seus departamentos son importantes e coñecidos como Escola de Chicago, por exemplo a Escola de Socioloxía.

A universidade alberga tamén a editorial máis grande de todas as universidades nos Estados Unidos, a University of Chicago Press.

Urbano VI, papa

Urbano VI, nado Bartolomeo Prignano en Nápoles, ca. 1318 e falecido en Roma o 15 de outubro de 1389, foi Papa da Igrexa católica entre 1378 e a súa morte.

Xoán V da Bretaña

Xoán V da Bretaña tamén coñecido como Xoán V ou VI o Anglófilo, O Sabio ou O Prudente, nado o 24 de decembro de 1389 no castelo de l'Hermine en Vannes e finado o 29 de agosto de 1442 no Manoir de la Touche preto de Nantes. Foi o terceiro fillo, o primeiro varón, do duque Xoán IV da Bretaña e da súa terceira esposa Xoana de Navarra. Á morte do seu pai, o 9 de novembro de 1399, converteuse en duque da Bretaña. Chamou ao valenciano Vicente Ferrer para predicar no ducado e no seu goberno publicáronse algúns escritos en lingua bretoa.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.