1387

1387
Calendario gregoriano1387
MCCCLXXXVII
Ab urbe condita2140
Calendario armenio836
Calendario chinés4083 – 4084
Calendario hebreo5147 – 5148
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1442 – 1443
 ·  Shaka Samvat1309 – 1310
 ·  Kali Yuga4488 – 4489
Calendario persa765 – 766
Calendario musulmán789 – 790
Calendario rúnico1637
Década de 1380
1383 1384 1385 1386 1387 1388 1389 1390 1391

Acontecementos

  • Fundación da cidade chinesa de Anshan

Nacementos

Mortes

Véxase tamén

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
2009

2009 (MMIX) comezou un xoves no calendario gregoriano o designado ano do boi, segundo o horóscopo chinés.

Antrain

Antrain (Entraven en bretón, Antrein en galó) é unha vila francesa do departamento de Ille e Vilaine, na rexión de Bretaña, en Francia.

Carlos III de Navarra

Carlos III de Navarra, chamado o Nobre, nado en Mantes-la-Jolie, Illa de Francia, Reino de Francia o 22 de xullo de 1361 , e finado en Olite, Reino de Navarra o 8 de setembro de 1425 , foi rei de Navarra (1387-1425), conde de Evreux (1387-1404) e duque de Nemours (1404-1425).

Foi fillo e sucesor de Carlos II o Malo e de Xoana de Valois.

Carlos II de Navarra

Carlos II de Navarra, nado en Évreux o 10 de outubro de 1332 e finado en Pamplona o 1 de xaneiro de 1387, coñecido tamén como Carlos II de Évreux ou Carlos o Malo (le Mauvais en francés), foi conde de Évreux dende o 23 de setembro de 1343 ata 1378, momento en que o condado lle é incautado por parte do rei de Francia Carlos V. Foi rei de Navarra dende o 6 de outubro de 1349 ata a súa morte.

Década de 1380

A década de 1380 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1380 e remata o 31 de decembro de 1389.

Henrique V de Inglaterra

Henrique V de Inglaterra foi un rei inglés nado no castelo de Monmouth o 16 de setembro de 1387, como segundo fillo -o primoxénito, Eduardo, morreu ó nacer en 1382- de Henrique, duque de Lancaster -despois Henrique IV- e de María de Bohun. Ó acceder ó trono seu pai, tras depoñer a Ricardo II (1399), converteuse en príncipe de Gales e herdeiro do trono inglés.

Henrique V foi nomeado cabaleiro en dúas oportunidades. A primeira foi ós 12 anos de idade, en medio dun campo de batalla irlandés (1399), pola espada de Ricardo II. O rei inglés levaba ó xove Henrique ó combate en calidade de refén para garantir o bo comportamento do seu pai Henrique de Lancaster, opositor político da coroa. Prisioneiro e todo, o rapaz demostrou o seu valor contra os rebeldes irlandeses, o que lle valeu este primeiro espaldarazo. A segunda oportunidade foi polo seu pai Henrique IV (que xa derrocara e fixera asasinar a Ricardo II e usurpara o trono), un día antes da coroación de aquel e da súa propia ascensión ó Principado de Gales.

Ó ano seguinte, 1400, Henrique IV mandou ó seu fillo a reprimir unha gran rebelión dun xefe galés que reclamaba para si o principado. En menos de dous anos, o xove conseguiu sufocar a rebelión, incluíndo os exércitos de dous xefes ingleses que se pregaran a ela. Dos guerreiros galeses aprendería o xove Henrique as tácticas guerrilleiras que máis tarde aplicaría en Francia.

Margarida I de Dinamarca

Margarida Valdemarsdotter, nada en Søborg (actual Dinamarca) en 1353 e finada en Flensburgo (Holstein) en 1412, foi raíña de Dinamarca e Noruega (entre 1387 e 1412), e de Suecia (de 1389 a 1412). Fundadora do pacto de unión coñecido como a Unión de Kalmar, foi o primeiro monarca que gobernou os tres reinos nórdicos (incluíndo Groenlandia, Islandia, as Illas Feroe e as Orcadas, entón pertencentes a Noruega, e Finlandia, que formaba parte de Suecia). É unha das figuras máis destacadas de toda a historia dos países nórdicos.

En 1363 casou co rei Haakon VI Magnusson de Noruega e Suecia, dando a luz a Olav (1370-1387), rei de Dinamarca de 1376 a 1387 e rei de Noruega de 1380 a 1387.

Montblanc, Tarragona

Montblanc é un concello de Cataluña, pertencente á provincia de Tarragona. Está localizado na comarca de Conca de Barberà, da cal é capital. Posúe o título de Vila Ducal desde o 1387, e a zona vella foi declarada Conxunto Histórico-Artístico en 1948.

Montblanc está no sur da comarca, ao centro da depresión formada polos ríos Anguera e Francolí. Está situada aos pés do pequeno monte coñecido como Pla de Santa Bárbara, preto da unión dos ríos Francolí e Anguera.

Olav II de Dinamarca

Olav IV Haakonsson, tamén coñecido como Oluf II de Dinamarca e Olav IV en Noruega, nado na fortaleza de Akershus de Oslo, en decembro de 1370 e finado no castelo de Falsterbo, en Skåne (actual Suecia), o 3 de agosto de 1387, foi rei de Dinamarca entre 1376 e 1387 e rei de Noruega de 1380 a 1387. Tamén foi rei de Suecia, en oposición a Alberto de Mecklemburgo.

Pedro IV de Aragón

Pedro IV de Aragón, nado en Balaguer o 5 de setembro de 1319 e finado en Barcelona o 5 de xaneiro de 1387, alcumado o Cerimonioso (en catalán: el Cerimoniós) ou El del Punyalet ("un dos poucos con puñal"), foi rei de Aragón, rei de Sardeña e Córsega (como Pedro I), rei de Valencia (como Pedro II), e Conde de Barcelona (e no resto do Principado de Cataluña como Pedro III), de 1336 até á súa morte. Foi deposto por Xaime III de Mallorca e fíxose rei de Mallorca en 1344. O seu reinado foi estivo marcado polas tentativas de reforzar a unión da coroa de Aragón, con constantes revoltas e guerras co estranxeiro, en Sardeña, Sicilia, no Mezzogiorno, en Grecia, e nas Baleares. A súa guerra en Grecia fíxoo "Duque de Atenas e de Neopatria", en 1381.

Príncipe de Asturias

Príncipe de Asturias é o principal dos títulos que ostenta o herdeiro da Coroa Española. Na actualidade é Leonor de Borbón. Regulados polo Real Decreto dende 1977 os títulos históricos dos herdeiros ao trono nos diferentes reinos hispanos son:

Príncipe de Asturias, como herdeiro do Reino de Castela e León con orixe en 1388;

Príncipe de Xirona, como herdeiro do Reino de Aragón con orixe en 1351;

Príncipe de Viana, como herdeiro do Reino de Navarra con orixe en 1423;

Duque de Montblanc, como herdeiro do Principado de Cataluña con orixe en 1387;

Conde de Cervera, como herdeiro do Reino de Valencia con orixe en 1351;

Señor de Balaguer, como herdeiro do Reino de Mallorca con orixe en 1413.Ademais por medio da fundación homónima, cuxa presidencia ostenta, entréganse anualmente os prestixiosos Premios Príncipe de Asturias nun solemne acto en Oviedo, capital do Principado de Asturias.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.