1371

1371
Calendario gregoriano1371
MCCCLXXI
Ab urbe condita2124
Calendario armenio820
Calendario chinés4067 – 4068
Calendario hebreo5131 – 5132
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1426 – 1427
 ·  Shaka Samvat1293 – 1294
 ·  Kali Yuga4472 – 4473
Calendario persa749 – 750
Calendario musulmán772 – 773
Calendario rúnico1621
Década de 1370
1367 1368 1369 1370 1371 1372 1373 1374 1375

Acontecementos

Nacementos

  • Leopoldo IV de Austria

Mortes

Historia ano a ano

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
1993

1993 foi Ano Santo Xacobeo.

Casa de Estuardo

A Casa de Estuardo (Stuart ou Stewart en inglés) é o nome dunha dinastía de soberanos que reinaron en Escocia entre 1371 e 1714, e en Inglaterra, Irlanda e o País de Gales entre 1603 e 1714. O fundador da casa Estuardo foi un emigrante bretón, Alan Fitzflaald, que morreu cara a 1114. Este permaneceu fiel ao futuro rei de Inglaterra Guillerme o Conquistador. O rei de Escocia, David I (1124-1153) deulle o título de "gran stewart", ou senescal, ao neto de Fitzflaald, Walter. Á morte deste, en 1177, o título pasou de pai a fillos e aos poucos converteuse nun apelido que se transformou en "Stuart".

O primeiro Estuardo en subir ao trono de Escocia foi Roberto II Estuardo, sobriño do rei precedente, David II Bruce (1329-1371), en 1371, fundando así a dinastía dos Estuardo.

Casa de Nemanjić

A dinastía Nemanjić (en serbio cirílico Немањићи, en serbio latino Nemanjić, pronuncia Nemáñich) foi a dinastía real da Serbia medieval, que gobernou o país entre 1166 e 1371.

Os gobernantes da casa adoptaron, sucesivamente, os títulos de Veliki Župan (Gran Župan, Gran Príncipe), Kralj (Rei) e Car (Tsar, Emperador).

Foi iniciada por Stefan Nemanja, sendo o seu último monarca Stefan Uroš V.

Cromalveolados

Os cromalveolados ou Chromalveolata é un supergrupo de eucariotas proposto por Thomas Cavalier-Smith como un refinamento do seu reino Chromista, que fora proposto en 1981. Propúxose que as Chromalveolata representan o resultado dun só episodio de endosimbiose secundaria entre unha liña que descendía dun biconto e unha alga vermella que orixinaría os plastos que conteñen c. Nunha das principais clasificacións dos eucariotas realizadas en 2005, Chromalveolata era considerado un dos seis maiores grupos de eucariotas.Porén, o carácter monofilético de Chromalveolata foi cada vez máis posto en dúbida. Dúas publicacións aparecidas en 2008 presentaron árbores filoxenéticas nas cales os Chromalveolata non se consideraban e eran divididos en dous grupos, e estudos recentes seguen apoiando esta idea. Por tanto, Chromalveolata está desaparecendo de moitas clasificacións recentes.

David II de Escocia

David II (gaélico medieval: Daibhidh a Briuis, gaélico moderno: Dàibhidh Bruis) nado en 1324 e finado 1371. Foi rei de Escocia entre 1329 e 1371.

Década de 1370

A década de 1370 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1370 e remata o 31 de decembro de 1379.

Lista de reis de Escocia

O rei de Escocia era o xefe do estado no reino de Escocia. Segundo a tradición, o primeiro rei dos escoceses (en escocés medio: King of Scottis, en escocés moderno: King o Scots, en gaélico escocés: Rìghrean Albannaich) foi Kenneth MacAlpin (Cináed mac Ailpín), que fundou o estado no ano 843. A distinción entre o reino de Escocia e o reino dos pictos é o produto dun mito medieval posterior e á confunsión no cambio de nomenclatura ex. Rex Pictorum (rei dos pictos) convértese en Rí Alban (rei de Alba) baixo Donald II cando os anais cambiaron dende o latín á lingua vernácula arredor de finais do século IX, xa que daquela a verba Alba en gaélico chegara a referirse ó reino dos pictos máis que a Gran Bretaña (o seu significado anterior).

Roberto II de Escocia

Roberto II, chamado Estuardo (Stewart, que significa o Senescal ou o Administrador, un título que deu nome á Casa Estuardo), nado a comezos de 1316 e finado o 19 de abril de 1390, foi rei de Escocia, gobernando dende 1371 ata a súa morte.

Roberto era fillo único de Walter Estuardo, 6o Alto Administrador de Escocia (morto en 1326) e María Bruce, filla do rei Roberto I Bruce e da súa primeira esposa Isabella de Mar. Naceu por cesárea, sobrevindo a súa nai poucas horas ao seu nacemento.

En 1318 o parlamento escocés decretou que se o rei Roberto I morría sen fillos a coroa debería pasar ao fillo de María, pero o nacemento dun fillo varón (que despois sería David II) de Roberto I de Escocia en 1324 pospuxo o acceso de Roberto durante case corenta e dous anos. O Rei David II chegou ao trono en 1329, e a partir de entón, Estudardo comezaría a tomar parte máis activa da política do Reino de Escocia. Foi un dos comandantes que lideraron ao exército escocés na batalla de Halidon en xullo de 1333; e tras algúns éxitos dos partidarios do pretendente ao trono escocés, Eduardo Balliol, no oeste de Escocia, el e John Randolph, 3º Conde de Moray (m. 1346), foron escollidos como os rexentes do reino, mentres David buscaba a seguridade en Francia.

Casado en primeiras nupcias con Isabel Mure Rowallan, filla do señor Adán Mure Rowallan, en 1336. pero como o matrimonio fora cualificado coma non canónico, volveu casar con ela en 1349. Tiveron polo menos dez fillos:

Xoán Estuardo (1340- 1406), Conde de Carrick e rei de Escocia, co nome de Roberto III.

Alexandre Estuardo, o Lobo de Badenoch (¿?- 1405), Conde de Buchan.

Roberto Estuardo (¿?- 1420), Conde de Fife e Duque de Albany. Rexente do reino (1401- 1420).

Margarida Estuardo, casada con Xoén de Islay, Señor das Illas.

María Estuardo, casada con Xoén Dunbar, 5º Conde de Moray, e volve casar con Alexandre Keith.

Johanna Estuardo, casou en 1373 con Sir Xoén Keith, en 1379 con Sir Xoén Lyon i en 1384 con Sir Xacobe Sandilands.

Isabella Estuardo, casou con Xacobe Douglas, 2º Conde de Douglas, e despois con David Edmondstone.

Catalina Estuardo.De unións extramatrimoniais naceron:

Tomás Estuardo, Archidean e Bispo de Saint Andrews.

Xoán de Bute, cuxos descendentes serían os Condes e marqueses de Bute.

Xoán "o roxo" de Dundonald.

Serbia (homónimos)

Serbia, ou República de Serbia refírese usualmente a un país mediterráneo (sen saída ao mar) situado entre a Europa central e a meridional, inderpendente desde o ano 2006.

Pero Serbia tamén pode referirse a estoutras entidades antecesoras do Estado actual:

Serbia Branca ( ? - 610)

Principado de Serbia (768-969)

Principado serbio de Dukjla ou, simplemente, Dukjla (960–1101)

Gran Principado de Serbia, ou Rascia (Raška) (1090-1217)

Reino de Serbia (1217-1346)

Imperio serbio (1346–1371)

Serbia do Morava (1371–1403)

Despotado de Serbia (1403–1540)

Reino de Serbia, provincia da monarquía dos Habsburgo (1718–1739)

Principado de Serbia (1815-1882)

Voivodina serbia, provincia serbia autónoma do Imperio austríaco proclamada no curso da revolución de 1848, e que existiu até 1849 cando pasou a integrar a nova provincia do Voivodato de Serbia e Banato de Temesvar.

Voivodato de Serbia e Banato de Temesvar, provincia (ducado) do Imperio austríaco (1849-1860).

Reino de Serbia (1882-1918)

Unha parte do Estado dos Eslovenos, Croatas e Serbios (1918)

Unha parte do Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos (1918-1929), despois coñecido como Reino de Iugoslavia (1929-1945)

Serbia de Nedić (1941-1944)

República Popular de Serbia (1943-1963), unha das entidades que formaron a República Federal Popular de Iugoslavia

República Socialista de Serbia (1963-1992), unha das entidades que formaron a República Federal Socialista de Iugoslavia

Unha das entidades federais da República Federal de Iugoslavia (1992-2003)

Unha das dúas entidades federais do Estado de Serbia e Montenegro (2003-2006)

Uberon

Uberon é unha ontoloxía de anatomía comparada que representa unha gran variedade de estruturas atopadas en animais, como pulmóns, músculos, ósos, plumas e aletas. Estas estruturas están conectadas a outras estruturas vía relacións como meronimia e "desenvolvido dende". Un dos usos desta ontoloxía é o de integrar datos dende bases de datos biolóxicas diferentes, e dende outras ontoloxías específicas de especies como o Foundational Model of Anatomy.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.