1356

1356
Calendario gregoriano1356
MCCCLVI
Ab urbe condita2109
Calendario armenio805
Calendario chinés4052 – 4053
Calendario hebreo5116 – 5117
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1411 – 1412
 ·  Shaka Samvat1278 – 1279
 ·  Kali Yuga4457 – 4458
Calendario persa734 – 735
Calendario musulmán757 – 758
Calendario rúnico1606
Década de 1350
1352 1353 1354 1355 1356 1357 1358 1359 1360

Acontecementos

Europa

Nacementos

Mortes

  • Zheng Yunduan, poeta chinés (n. ca. 1327).

Historia ano a ano

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
19 de setembro

O 19 de setembro é o 262º día do ano do calendario gregoriano e o 263º nos anos bisestos. Quedan 103 días para finalizar o ano.

1 de outubro

O 1 de outubro é o 274º día do ano do calendario gregoriano (275ºnos anos bisestos). Quedan 91 días para finalizar o ano.

Bonifacio IX, papa

Bonifacio IX, nado co nome de Pietro Tomacelli en Nápoles cara a 1356 e finado en Roma o 1 de outubro de 1404, foi un nobre napolitano e Papa nº 203 da Igrexa católica, entre 1389 e o seu falecemento. Foi o segundo Papa do Cisma de Occidente.

Década de 1350

A década de 1350 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1350 e remata o 31 de decembro de 1359.

Electorado de Saxonia

O electorado de Saxonia (en alemán: Kurfürstentum Sachsen) foi un antigo Estado alemán formado a partir do ducado de Saxonia-Wittenberg tras a dieta de Núremberg, na que o emperador alemán Carlos IV estableceu a organización do Sacro Imperio Romano Xermánico por medio da Bula de Ouro de 1356.

Este documento concedeu aos duques Ascanios de Saxonia-Wittenberg o privilexio electoral, é dicir, que tiñan voto na Dieta Imperial para elixir aos novos emperadores.

Martiño I de Aragón

Martiño I de Aragón, coñecido tamén como Martiño I o Humano ou Martiño o Vello, nado en Xirona en 1356 e finado en Barcelona en 1410, foi rei de Aragón, de Valencia, de Mallorca, de Sardeña e conde de Barcelona entre 1396 e 1410. Igualmente foi rei de Sicilia entre 1409 e 1410.

Nicéforo II Orsini

Nicéforo II Orsini (en grego: Νικηφόρος Β΄ Δούκας, Nikēphóros II Dúkas), foi o gobernante de Epiro desde 1335 até 1338 e desde 1356 até a súa morte en 1359, ademais de gobernante de Tesalia na segunda época do seu reinado.

Principado de Zeta

Zeta (en montenegrino cirílico Зета, en monternegrino latino Zeta) foi un principado medieval, establecido en 1360 e extinguido en 1421, cuxo territorio abarcaba aproximadamente o actual Montenegro. Debe o seu nome ao río Zeta.

A súa primeira aparición foi como estado vasalo de Rascia, onde gobernaban os herdeiros ao trono da dinastía serbia dos Nemanjić. O seu fundador, Estevo Nemanja, converteuse en Gran Zupan de Rascia, unificando todas as tribos serbias, e o feudo de Zeta pasou a depender da segunda liña de sucesión ao trono, como vasalo do Reino de Serbia.

Zeta converteuse nun feudo independente en 1356, durante a desintegración gradual do Imperio Serbio que seguiu á morte do tsar Estevo Uroš IV Dušan Nemanjić (Dušan o Poderoso) en 1355. A partir de 1421 integrouse no Despotado de Serbia.

A finais do século XV Zeta comenzou a ser máis coñecido como Montenegro, a partir de "Montaña negra" en idioma veneciano ou véneto. Despois da súa época no Despotado foi sucedido polo Principado teocrático de Montenegro e despois polo dominio (máis ben teórico) do Imperio otomán.

Tenay

Tenay é unha vila francesa do departamento do Ain, na rexión de Ródano-Alpes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.