1355

1355
Calendario gregoriano1355
MCCCLV
Ab urbe condita2108
Calendario armenio804
Calendario chinés4051 – 4052
Calendario hebreo5115 – 5116
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1410 – 1411
 ·  Shaka Samvat1277 – 1278
 ·  Kali Yuga4456 – 4457
Calendario persa733 – 734
Calendario musulmán756 – 757
Calendario rúnico1605
Década de 1350
1351 1352 1353 1354 1355 1356 1357 1358 1359

Acontecementos

Nacementos

Mortes

Historia ano a ano

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
1976

1976 foi Ano Santo Xacobeo.

7 de xaneiro

O 7 de xaneiro é o 7º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 358 días para finalizar o ano, 359 nos anos bisestos.

Carlos IV de Luxemburgo

Carlos IV (en alemán: Karl IV, en checo: Karel IV, en latín: Carolus IV) nado en Praga o 14 de maio de 1316 e finado na mesma cidade o 29 de novembro de 1378, foi un emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, da Casa de Luxemburgo, e rei de Alemaña, Bohemia, Borgoña e Italia.

Década de 1350

A década de 1350 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1350 e remata o 31 de decembro de 1359.

Esaú de' Buondelmonti

Esaú de' Buondelmonti (en italiano: Esaù de' Buondelmonti, grego: Ησαύ Μπουοντελμόντι), nado probabelmente en Florencia sobre o 1355 e finado o 6 de febreiro de 1411, foi o gobernante de Ioánnina e os seus arredores (Epiro central) desde 1385 até a súa morte, co título bizantino de déspota.

Estevo Uroš IV Dušan

Estevo Uroš IV Dušan o Poderoso (en serbio latino Stjepan Uroš IV Dušan Silni, serbio cirílico Стефан Урош IV Душан Силни) nado aproximadamente en 1308 e finado o 20 de decembro de 1355, foi rei de Serbia desde o 8 de setembro de 1331 e emperador dos Serbios e os Gregos desde o 16 de abril de 1346 até a súa morte.

Dušan logrou conquistar gran parte do Europa, converténdose nun dos monarcas máis poderosos do seu tempo. Promulgou a Constitución do Imperio serbio no Código de Dušan, unha das obras máis importantes da Serbia medieval.

Promoveu a Igrexa Ortodoxa serbia dun arcebispado a un patriarcado, terminou a construción do mosteiro de Visoki Dečani e fundou o mosteiro dos Santos Arcanxos, así como outros.

Baixo o seu goberno Serbia chegou ao seu cénit territorial, económico, político e cultural, e a súa morte en 1355 está considerada como o fin da resistencia cristiá ao avance do Imperio otomán, e da caída posterior da Igrexa Ortodoxa oriental na rexión.

A súa coroa gárdase actualmente no mosteiro de Cetinje, en Montenegro.

A vida súa como gobernante transcorreu nun panorama político complicado e turbulento. Os serbios vivían o avance dos turcos otománs por Anatolia cara aos restos do decadente imperio de Constantinopla, herdeiro do Imperio bizantino.

Ao mesmo tempo, no norte, os húngaros aparecían como unha nación emerxente en Europa, até o punto de competir, e mesturarse, co Sacro Imperio Romano Xermánico.

O resto dos Balcáns era un caos político, dividido en catro potencias principais: o Despotado de Epiro, os antigos ducados francos de Acaia e Atenas, o Imperio búlgaro e as posesións venecianas.

Morea e Tracia seguían pertencendo ao imperio grego, mentres que o norte de Macedonia disputábase entre os bizantinos, os búlgaros e os serbios.

Federico III de Sicilia

Federico III de Sicilia, nado o 1 de setembro de 1341 e finado o 27 de xaneiro de 1377, alcumado como o Sixelo ou o Simple, foi Rei de Sicilia desde 1355 até 1377 (desde 1372, rei de Tricarnia), e duque de Atenas e de Neopatria desde 1355 até a súa morte.

Adoita confundirse co seu antepasado Federico II, que escolleu chamarse Federico III por ser o terceiro fillo de Pedro III de Aragón.

Inés de Castro

Inés Pires de Castro, nada no reino de Galicia en 1320 ou 1325 na comarca da Limia e finada o 7 de xaneiro de 1355 en Coímbra,[Cómpre referencia] foi unha nobre galega amante e talvez esposa do futuro Pedro I de Portugal, sendo executada ás ordes do pai deste, Afonso IV.

Miguel de Trebisonda

Miguel de Trebisonda ou Miguel Comneno (en grego: Μιχαήλ Μέγας Κομνηνός, Mikhaēl Mégas Komnēnós), nado en 1285 e finado despois de 1355, foi emperador de Trebisonda.

Pedro I de Portugal

Pedro I, nado en Coimbra o 8 de abril de 1320 e finado en Estremoz o 18 de xaneiro de 1367, foi o oitavo Rei de Portugal.

Mereceu o alcume de O Xusticeiro (xunto con O Cruel, O Cru ou O Vingativo), pola enerxía posta en vingar o asasinato de Inés de Castro.

Teodoro I Paleólogo

Teodoro I Paleólogo (en grego: Θεόδωρος Α΄ Παλαιολόγος, Theódōros I Palaiológos), nado aprox. en 1355 e finado o 24 de xuño de 1407, foi déspota de Morea desde 1383 até a súa morte.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.