1328

1328
Calendario gregoriano1328
MCCCXXVIII
Ab urbe condita2081
Calendario armenio777
Calendario chinés4024 – 4025
Calendario hebreo5088 – 5089
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1383 – 1384
 ·  Shaka Samvat1250 – 1251
 ·  Kali Yuga4429 – 4430
Calendario persa706 – 707
Calendario musulmán728 – 729
Calendario rúnico1578
Década de 1320
1324 1325 1326 1327 1328 1329 1330 1331 1332

Acontecementos

Nacementos

Mortes

Historia ano a ano

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
1909

1909 foi Ano Santo Xacobeo.

Andrónico II Paleólogo

Andrónico II Paleólogo (1260 - 13 de febreiro de 1332), emperador bizantino, foi o fillo maior de Miguel VIII Paleólogo, a quen sucedeu en 1282. Reinou ata 1328.

Bieito XIII, antipapa

Pedro Martínez de Luna, nado en Illueca (actual provincia de Zaragoza) en 1328 e finado en Peñíscola (actual provincia de Castelló en 1423, máis coñecido co alcume de Papa Luna, foi papa na obediencia de Avignon co nome de Bieito XIII, e cardeal desde decembro de 1375. Actualmente está considerado como antipapa.

Carlos IV de Francia

Carlos IV, nado en Clermont o 18/19 de xuño de 1294 e finado en Vincennes o 1 de febreiro de 1328, alcumado o Fermoso (francés: le Bel) foi conde de Champagne, rei de Navarra (como Carlos I) e rei de Francia, o derradeiro da liña directa Capeta, desde 1322 ata a súa morte.

David II de Escocia

David II (gaélico medieval: Daibhidh a Briuis, gaélico moderno: Dàibhidh Bruis) nado en 1324 e finado 1371. Foi rei de Escocia entre 1329 e 1371.

Dinastía Valois

A dinastía de Valois ou casa de Valois é unha rama da dinastía dos Capetos que reinou en Francia entre os anos 1328 e 1589 durante tres períodos distintos:

Os Valois directos (1328-1498).

Os Valois-Orleáns (ou segunda casa de Orleáns) (1498-1515).

Os Valois-Angulema (ou Valois-Orleáns-Angulema) (1515-1589).Sucedeu aos Capetos directos e precedeu aos Borbóns.

Tamén foi a orixe doutras casas como a de Alençon, Borgoña, a segunda casa de Anjou e terceira casa de Anjou.

Dinastía dos Capetos

Este artigo trata sobre a dinastía dos Capetos. Para a súa rama principal, que gobernou Francia entre os anos 987 e 1328, véxase Casa dos Capetos.

A dinastía dos Capetos (en francés: Capétiens) é unha das máis importantes dinastías reais de Europa e, segundo algúns estudosos, a máis antiga, remontándose a súa orixe ao século VII, aínda que con algunha dificultade.

Os Capetos costitúen a terceira dinastía dos reis de Francia, despois dos Merovinxios e os Carolinxios.Inclúe todos os descendentes de Hugo Capeto (938-993), duque de París, rei de Francia e fundador da liñaxe.

Na súa liña directa, a dinastía reinou en Francia desde 987 a 1328, ano da morte de Carlos IV. O trono francés pasou daquela as rama colaterais: a Casa de Valois, a Casa de Borbón e, finalmente, á rama máis nova desta última, a Casa de Orleáns. Outras ramas da familia foron, en ocasións, condes e duques de Borgoña, duques de Bretañaa, de Parma, reis de Navarra, de Sicilia, de Nápoles, das Dúas Sicilias, de Hungría, de Portugal, emperadores latinos de Constantinopla e emperadores do Brasil;así mesmo algúns dos seus membros foron gobernantes do ducado de Lucca e dos reinos de Etruria e de Polonia.

O actual rei de España Filipe VI, así como o gran duque de Luxemburgo Henrique, son os únicos monarcas europeos que pertecen agnaticamente á dinastía, ambos os dous a través da rama borbónica. Todos os demais monarcas europeos reinantes tamén descenden de Hugo Capeto, pero por vía cognaticia.

Década de 1320

A década de 1320 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1320 e remata o 31 de decembro de 1329.

Guerras de independencia de Escocia

As Guerras de independencia de Escocia foron un conxunto de diversas campañas militares que enfrontaron ó Reino de Escocia co Reino de Inglaterra entre finais do século XIII e xa avanzada a segunda metade do século XIV. Ó longo de dito período e das campañas e batallas seguintes, o obxectivo de Inglaterra era a ocupación e anexión do territorio escocés, mentres que Escocia pretendía manter a súa propia independencia fronte ós ingleses.

A Primeira Guerra de Independencia de Escocia (1296-1328) iniciouse cunha invasión inglesa de Escocia, finalizando mediante a firma do Tratado de Edimburgo-Northampton en 1328. A Segunda Guerra de Independencia de Escocia (1332-1357) produciuse con motivo da invasión de Eduardo Balliol, apoiado polos ingleses, en 1332, finalizando á súa vez en 1357 coa firma do Tratado de Berwick.

O período e tódolos conflitos no seu conxunto supuxeron para Escocia unha enorme crise de tipo nacional, sendo unha época decisiva para a posterior historia do país. Unha vez finalizadas ambas guerras, Escocia logrou manter a súa condición de nación libre e independente, o que fora o seu obxectivo durante todo o conflito.

Hai que destacar que estas guerras tamén teñen importancia por motivos alleos á política, relacionados coa historia da tecnoloxía militar, xa que foi durante as mesmas cando fixo a súa aparición o arco longo inglés, que foi un elemento clave do armamento medieval.

Iván I de Rusia

Iván I Danilovich Kalita (en ruso Ива́н I Дани́лович Калита́ ), nado en 1288 e Moscova e finado o 31 de marzo de 1340 na mesma cidade, foi un monarca que reinou no Princpado de Pereslav (desde 1304), no de Vladímir (desde 1328) e no Moscovia (desde 1328), até a data da súa morte, en 1340.Uniu na súa persoa os principados de Moscovia, Vladímir e Nóvgorod.

O seu alcume de Kalit ("da bolsa·) provén da súa capacidade como recadador de tributos para os mongois da Horda de Ouro dirixida por Uzbeg, do cal era vasalo.)

Lista de monarcas de Francia

Os monarcas de Francia gobernaron desde o establecemento do Reino dos Francos no 486 ata a caída do Segundo Imperio Francés en 1870. A primeira dinastía de reis foi a merovinxia, que estivo no poder ata o 751, seguida da dinastía carolinxia, que gobernou ata o 987 (con algunhas interrupcións). A terceira das dinastías gobernantes foi a capetiana, procedente dos descendentes directos por vía masculina de Hugo Capeto, que gobernou entre o 987 ata 1792 e de novo entre 1814 e 1848. As ramas desta dinastía que gobernaron desde 1328, reciben xeralmente nomes específicos, como Valois (ata 1589) e Borbón (ata 1848).

Coa Casa de Bonaparte e a Restauración dos Borbóns no século XIX, o título pasou a ser coñecido como Rei dos Franceses e Emperador dos Franceses, entre 1814 e 1870.

Ademais dos monarcas indicados máis abaixo, a lista de monarcas británicos desde 1340-60 e 1369-1801 tamén foron pretendentes ao trono de Francia.

Durante un breve período de tempo, isto tivo a súa base nos termos do Tratado de Troyes en 1420, cando Carlos VI de Francia recoñeceu ao seu xenro Henrique V de Inglaterra como rexente e herdeiro. Henrique V finou antes que Carlos VI e polo tanto, Henrique VI de Inglaterra, sucedeu ao seu avó Carlos VI como Rei de Francia. A maior parte do norte de Francia estivo en mans inglesas ata 1435, pero en 1453 os ingleses xa foran expulsados de case toda a zona salvo de Calais, que acabaría volvendo a Francia en 1558. Porén, os monarcas ingleses, e máis tarde os británicos, continuaron reclamando o seu dereito ao trono de Francia ata a creación do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda en 1801.

Lista de monarcas de Navarra

Lista dos monarcas do Reino de Navarra.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.