1308

1308
Calendario gregoriano1308
MCCCVIII
Ab urbe condita2061
Calendario armenio757
Calendario chinés4004 – 4005
Calendario hebreo5068 – 5069
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1363 – 1364
 ·  Shaka Samvat1230 – 1231
 ·  Kali Yuga4409 – 4410
Calendario persa686 – 687
Calendario musulmán707 – 708
Calendario rúnico1558
Década de 1300
1304 1305 1306 1307 1308 1309 1310 1311 1312

Acontecementos

Nacementos

Mortes

Historia ano a ano

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Divina Comedia

A Divina Comedia, tamén coñecida como Comedia ou Divina Comedia (en italiano Commedia /{komˈmɛdja/ ou Divina Commedia /diˈvina komˈmɛdja/) é un poema de Dante Alighieri escrito en lingua vernácula, o dialecto toscano de Florencia, entre 1308 e a súa morte en 1321. O adxectivo Divina, atribuído a Boccaccio, atópase soamente a partir da edición impresa en 1555 por Ludovico Dolce. A Commedia é a obra de Dante máis coñecida e unha importante testemuña da civilización medieval. Coñecida e estudada en todo o mundo, considérase unha das obras mestras da literatura do mundo de tódolos tempos.

Foi traducida ao galego por Darío Xohán Cabana, publicada en 1990 polo Servizo Central de Publicacións da Consellaría da Presidencia e Administración Pública, e galardoada u ano máis tarde coa Medalla de Ouro de Florencia. Con todo, volvería ser retraducida polo mesmo tradutor e publicada de novo por Edicións da Curuxa en 2014.

A Gudiña

A Gudiña é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Viana. Segundo o IGE en 2018 tiña 1308 habitantes (1625 en 2004, 1651 en 2003).

Década de 1300

A década de 1300 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1300 e remata o 31 de decembro de 1309.

Habsburgo

A casa de Habsburgo (en alemán Hapsburg), tamén chamada casa de Austria, e a súa familia sucesora en Austria, os Habsburgo-Lorena (Habsburg Lothringen), é unha das familias máis importantes da Historia de Europa, que gobernou sobre varios países. A familia tivo a súa orixe no século XII e o nome deriva de Habichtsburg, o castelo do falcón, a súa morada oficial, construído no 1020, na actual Suíza. En tempos actuais, o cabeza da dinastía foi o príncipe Otón de Habsburgo (1912-2011), e o xefe da casa, o seu fillo o arquiduque Carlos de Habsburgo-Lorena, desde 2007.

Os Habsburgo foron:

Soberanos de Austria (como duques 1282-1453, arquiduques 1453-1804 e emperadores 1804-1918),

Soberanos de Alemaña como reis de romanos e emperadores do Sacro Imperio Romano Xermánico (1273-1308 e 1440-1806),

reis de Hungría (1437-1439, 1445-1457, 1526-1918),

reis de Croacia (1437-1439, 1445-1457, 1526-1918),

reis de Bohemia (1306-1307, 1437-1439, 1453-1457, 1526-1918),

reis de España (1516-1700),

reis de Portugal (1580-1640),

reis de Galicia e Lodomeria (1772-1918),

grandes príncipes de Transilvania (1690-1867),

grandes duques de Toscana (1737-1801; 1814-1860).Outras coroas controladas brevemente pola casa foron:

rei de Sardeña (1713-1720),

duque de Parma (1814-1847),

duque de Módena (1814-1859),

emperador de México (1864-1867).

Imperio Latino

En 1204, os cabaleiros da Cuarta Cruzada estableceron un estado cruzado coñecido como Imperio Latino ou Romania, con base en Constantinopla, tras saquear a cidade. Proclamábanse como os sucesores cristiáns do Imperio Bizantino. Balduíno IX, conde de Flandres, foi coroado como o seu primeiro emperador o 16 de maio de 1204.

PROSITE

PROSITE é unha base de datos de proteínas. Consta de entradas que describen as familias proteicas, dominios e sitios funcionais e tamén os patróns de aminoácidos e perfís que hai nelas. Están revisados manualmente por un equipo do Instituto Suízo de Bioinformática e moi integrados coa anotación de proteínas de Swiss-Prot. PROSITE creouna en 1988 Amos Bairoch, que dirixiu este grupo durante máis de 20 anos. Desde xullo de 2009, o director dos grupos PROSITE, Swiss-Prot e Vital-IT é Ioannis Xenarios.

Entre os usos de PROSITE está a identificación de posibles funcións de novas proteínas descubertas e a análise de proteínas coñecidas para examinar actividades previamente indeterminadas. As propiedades de xenes ben estudados poden aplicarse a organismos bioloxicamente relacionados, e para xenes diferentes ou mal colecidos poden predicirse as funcións bioquímicas a partir das semellanzas. PROSITE ofrece ferramentas para a análise de secuencia de proteínas e detección de motivos (motivo de secuencia e patróns PROSITE). Forma parte dos servidores de análise proteómica ExPASy.

A base de datos ProRule constrúe as descricións de dominios proteicos de PROSITE. Proporciona información adicional sobre os aminoácidos funcional ou estruturalmente críticos. As regras conteñen información sobre residuos significativos bioloxicamente, como sitios activos, sitios de unión de substratos ou cofactores, sitios de modificación postraducional ou pontes disulfuro, para axudar a determinar a función da proteína. Estes poden xerar automaticamente a anotación baseada en motivos PROSITE.

En agosto de 2012, a edición 20.85 tiña 1650 entradas de documentación, 1308 patróns, 1039 perfís, e 1041 ProRules.

Perugia

Perugia é unha cidade de Italia de 161.944 habitantes, capital da provincia homónima e da rexión da Umbría. Cidade de arte, Perugia é meta de numerosos turistas e é sede dunha antiga universidade fundada no 1308. O turismo e a actividade arredor da vida académica son os motores da economía local desta cidade italiana.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.