1261

1261
Calendario gregoriano1261
MCCLXI
Ab urbe condita2014
Calendario armenio710
Calendario chinés3957 – 3958
Calendario hebreo5021 – 5022
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1316 – 1317
 ·  Shaka Samvat1183 – 1184
 ·  Kali Yuga4362 – 4363
Calendario persa639 – 640
Calendario musulmán659 – 660
Calendario rúnico1511
Década de 1260
1257 1258 1259 1260 1261 1262 1263 1264 1265

Acontecementos

Nacementos

Mortes

  • Rodrigo Gomez de Trastámara, derradeiro membro da casa de Traba.
  • Henrique III de Brabante.

Historia ano a ano

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Alexandre IV, papa

Alexandre IV, nado coma Rinaldo Conti en Anagni (Italia) cara a 1199 e finado en Viterbo o 25 de maio de 1261, foi o 181º Papa da Igrexa católica dende 1254 ata 1261, referido coma Signum ostiense nas profecías de San Malaquías.

Constantinopla

Constantinopla (Nome romano: Constantinopolis; Grego: Konstantinoupolis ou Κωνσταντινούπολις) é o antigo nome da cidade de Istambul, na Turquía. O nome orixinal era Bizancio (Bυζάντιον en grego).

Constantinopla foi a capital do Imperio Bizantino, tamén coñecido como Imperio Romano de Oriente. Foi capturada e saqueada pola Cuarta Cruzada en 1204 e despois recapturada polas forzas de Nicea, baixo as ordes de Miguel VIII Paleólogo en 1261.

"Constantinopla" é unha adaptación de Konstantinoupolis, que significa "Cidade de Constantino". O nome é unha referencia ao emperador romano Constantino I o Grande que converteu esta cidade na capital do imperio romano, o 11 de maio de 330. Constantino chamouna "Nova Roma", pero o nome non prosperou. Posteriormente Constantinopla quedou como capital do Imperio Romano de Oriente e, tras a caída do Imperio Romano de Occidente, como capital do Imperio Bizantino.

Constantinopla e o Imperio Bizantino caeron finalmente ante o Imperio Otomán a 29 de maio de 1453. Nos tempos otománs, ambos os nomes Constantinopla e Istambul foron usados, a pesar dos occidentais invariabelmente usaron o nome Constantinopla. Istambul só se tornou o nome oficial en 1930. Cando a República da Turquía foi fundada en 1923, a capital moveuse de Istambul a Ancara.

En tempos bizantinos, os gregos chamaban Constantinopla "i Poli" (a cidade), unha vez que era o centro do mundo grego e durante a maioría do período bizantino a maior cidade da Europa.

O nome Istambul é unha tradución ao turco de "Constantinopla". A crenza de que vén da frase grega "is tin Poli" (cara a cidade) é apenas unha lenda folclórica.

Dinís de Portugal

Dinís de Portugal, nado o 9 de outubro de 1261 en Lisboa e finado o 7 de xaneiro de 1325 en Santarém, foi rei de Portugal, fillo de Afonso III e da súa segunda esposa, Beatriz de Castela, sendo, por tanto, neto de Afonso X O Sabio. Sucedeu o seu pai no trono de Portugal en 1279.

Intitulábase nos diplomas que outorgou durante o seu reinado como Dom Denis, pella graça de Deus, Rei de Purtugal e do Algarue, e así consta no foro (carta de poboamento) concedido a Rebordãos o 18 de maio de 1285, así como noutros documentos.

Foi o sexto rei de Portugal. Alcumado o Labrador ou o Rei-Agricultor, polo impulso que deu no reino a aquela actividade, e aínda, o Rei-Poeta ou o Rei-Trobador, dado que, grande amante das artes e das letras, foi un famoso trobador que cultivou as cantigas de amigo, de amor e de escarnio e maldicir, contribuíndo no desenvolvemento da poesía trobadoresca na Península Ibérica. Algúns pensan que foi o primeiro monarca portugués verdadeiramente alfabetizado, asinando sempre co nome completo. Impulsou a tradución de moitas obras para o portugués, entre elas os tratados do seu avó Afonso X, o Sabio.

En 1282 casou coa infanta Isabel de Aragón, que sería coñecida como a Raíña Santa. Ao longo dos 46 anos do seu reinado foi un dos principais responsábeis da creación da identidade nacional portuguesa, e o albor da conciencia de Portugal en canto estado nación. En 1297, despois da conclusión da Reconquista polo seu pai, definiu as fronteiras de Portugal no tratado de Alcañices con Castela. Realizou relevantes reformas xudiciais, instituíu a lingua portuguesa como lingua oficial da corte, creou a primeira Universidade portuguesa, liberou as Ordes militares no territorio nacional das influencias estranxeiras e proseguiu o sistemático crecemento do centralismo rexio. A súa política centralizadora foi articulada con importantes accións de fomento económico, como a creación de inumerábeis concellos e feiras. Dinis ordenou a explotación de minas de cobre, prata, estaño e ferro, e organizou a exportación da produción excedente para outros países europeos. En 1308 asinou o primeiro acordo comercial portugués con Inglaterra. En 1312 fundou a Mariña portuguesa, nomeando o primeiro almirante de Portugal, o xenovés Manuel Pessanha (Emanuele Passagno, en italiano), e ordenando a construción de dársenas e molles.

Entre 1320 e 1324 houbo unha guerra civil entre o rei e seu fillo, o futuro Afonso IV de Portugal. Este xulgaba que o pai pretendía legar o trono a Afonso Sanches, o seu irmán bastardo. Nesta guerra, o rei contou con pouco apoio popular, pois nos últimos anos do reinado deu grandes privilexios aos nobres. O infante contou co apoio dos concellos. A pesar dos motivos da revolta, esta guerra foi no fondo un conflito entre grandes e pequenos. Despois da súa morte, en 1325 foi sucedido polo seu fillo lexítimo, Afonso IV, a pesar da oposición do seu favorito, o fillo natural Afonso Sanches.

Década de 1260

A década de 1260 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1260 e remata o 31 de decembro de 1269.

Imperio de Nicea

O Imperio de Nicea foi o maior dos estados fundados polos refuxiados do Imperio bizantino trala conquista de Constantinopla polos occidentais durante a Cuarta Cruzada. Durou de 1204 a 1261.

Nicea

Nicea é unha antiga cidade de Bitinia, en Asia Menor, na beira do lago Iznik, fundada por Antígono Monoftalmo c. -316 co nome de Antigonia. Na época romana converteuse nun dos principais centros culturais da zona. Foi un próspero enclave comercial emprazado no camiño de Constantinopla. En 1078 foi tomada polos turcos selxúcidas e pasou a ser capital do sultanato de Rum. Volveu a mans dos cristiáns en 1097, converténdose en capital do Imperio Bizantino (1204-1261) durante a ocupación de Constantinopla polos cruzados. Desde 1331 é a actual cidade turca de Iznik, provincia de Bursa.

Nela celebráronse dous concilios: Concilio de Nicea I e Concilio de Nicea II

Urbano IV, papa

Jacques Pantaléon baixo o nome Urbano IV, nado en Troyes (Francia) cara o ano 1195 e finado en Perugia (Italia) o 2 de decembro 1264 foi o papa n.º 182 da Igrexa católica de 1261 a 1264.

Durante o seu pontificado, e debido ao conflito secular entre o Sacro Imperio Romano Xermánico e o Pontificado, nunca residiu en Roma, repartindo a súa estanza entre as cidades de Viterbo, Orvieto e Perugia.

No aspecto doutrinal, no ano 1264, instaura a Festa da Igrexa universal ou Corpus Christi mediante a bula Transiturus de hoc mundo.

X
 
XI
 
XII
 
Século XIII
 
XIV
 
XV
 
XVI
Década de 1300
Década de 1290
Década de 1280
Década de 1270
Década de 1260
Década de 1250
Década de 1240
Década de 1230
Década de 1220
Década de 1210
Década de 1200

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.