11 de xuño

O 11 de xuño é o 162º día do ano do calendario gregoriano e o 163º nos anos bisestos. Quedan 203 días para finalizar o ano.

<< Xuño >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
2019
Todos os días

Acontecementos

Nacementos

María Magdalena Domínguez Domínguez (AELG)-4
María Magdalena Domínguez

Mortes

Bouza Brey
Fermín Bouza-Brey

Festas e celebracións

  • Día Mundial contra o traballo infantil.

Outros

  • Santoral: San Barnabé.

Os 366 días do ano

1982

1982 foi Ano Santo Xacobeo.

2015

2015 é un ano común do calendario gregoriano, que comeza en xoves.

Alcubilla de Avellaneda

Alcubilla de Avellaneda é un concello español da provincia de Soria (Castela e León). A súa poboación é de 161 habitantes (INE 2012).

Ten 176 habitantes e a súa economía baséase no cultivo de trigo, cebada, centeo, avea e xirasol; o gando lanar e porcino (once naves) e as colmeas e viñas.

Flora: Enciñeira, xenebreiro, carballo e té.

Fauna: Corzo, xabaril, lobo, charrela.Festas principales: 3 de febreiro "As Candelas" e 22 de xullo Santa María Madalena, patroa da vila.

Outras festas e tradicións: 14 de setembro, Exaltación da Santa Cruz.

O 17 de agosto Festa de Verán. O 11 de xuño, San Bernabé. O 13 de setembro, Festa do Prado. O 10 de xullo, San Cristóbal e o 17 de xaneiro, san Antonio. O 25 de abril, San Marcos.

Eos

Na mitoloxía grega, Eos (do grego Ἠώς, ou Ἕως), "amencer", é unha dos titáns e a deusa da alborada, que sae cada mañá do seu fogar na beira do Océano para anunciar ó seu irmán Helios, o Sol.

Eos era filla de Hiperión e Tea (ou Palas e Estixia) e irmá de Helios e Selene (a Lúa), «que brilla sobre todos os que están na Terra e sobre os immortais deuses que viven no amplo ceo», en verbas de Hesíodo (Teogonía 371-374).

A adoración da alborada como deusa foi herdada dos tempos indoeuropeos. O seu equivalente na mitoloxía romana era Aurora («Eos» é un conato do latín «Aurora» e do sánscrito (védico) Ushás ‘Aurora’, sánscrito Uṣánas ‘estela da alba, Venus’), e na mitoloxía etrusca Thesan. A alborada asociouse na relixión romana con Matuta, máis tarde coñecida como Mater Matuta e tamén asociada cos portos marítimos.

Tiña un templo no Foro Boario. O 11 de xuño celébrase a Matralia neste templo na honra de Mater Matuta.

María Victoria Fernández-España

María Victoria Fernández-España y Fernández-Latorre, nada na Coruña o 12 de xuño de 1925 e finada en Madrid o 11 de xuño de 1999, foi unha xornalista, escritora —coñecida nestes ámbitos polo pseudónimo de Victoria Armesto— e política galega, deputada pola provincia da Coruña desde 1977 até 1986.

Xacobe III de Escocia

Xacobe III, nado o 10 de xullo de 1451 ou en maio de 1452, e finado o 11 de xuño de 1488, foi rei de Escocia dende 1460 até 1488. Xacobe foi un moncarca impopular por mor da súa nula vontade de administrar xustiza, a súa política de aliarse co reino de Inglaterra e a súa desastrosa relación coa súa familia. Porén, foi grazas ó seu matrimonio con Margarida de Dinamarca que as illas Orcadas e Shetland pasaron a formar parte de Escocia.

Xacobe IV de Escocia

Xacobe IV, nado o 17 de marzo de 1473, e finado o 9 de setembro de 1513 foi rei de Escocia dende o 11 de xuño de 1488 até a súa morte. Ascendeu ó trono despois da morte do seu pai, Xacobe III, na batalla de Sauchieburn, unha rebelión na que o mozo Xacobe tivo un papel indirecto. É considerado como o máis exitoso dos monarcas estuardos de Escocia, mais o seu reinado rematou nunha desastrosa derrota na batalla de Flodden Field, converténdose no derradeiro, non só de Escocia senón de toda Gran Bretaña, en morrer en batalla.

Yasunari Kawabata

Yasunari Kawabata (川端 康成, かわばた やすなり), nado en Osaca o 11 de xuño de 1899 e finado o 16 de abril de 1972, foi un escritor xaponés, o primeiro dese país en gañar o premio Nobel de Literatura en 1968.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.