11 de decembro

O 11 de decembro é o 345º día do ano do calendario gregoriano e o 346º nos anos bisestos. Quedan 20 días para finalizar o ano.

<< Decembro >>
Lu Ma Xo Ve Do
1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31
2019
Todos os días

Acontecementos

Nacementos

Berlioz-1
Hector Berlioz.

Mortes

PSM V25 D300 Averroes
Averroes.

Festas e celebracións

Outros

Os 366 días do ano

Carlos Gardel

Carlos Gardel, nado en Tacuarembó ou Tolosa o 11 de decembro de 1890 e finado en Medellín o 24 de xuño de 1935, foi o mais famoso dos cantantes do tango arxentino, país ao cal chegou aos dous anos de idade.

Castro de Viladonga

O castro de Viladonga é un castro galaico-romano pertencente á coñecida como cultura castrexa e situado en Viladonga, no concello de Castro de Rei, na provincia de Lugo. Localízase sobre unha elevación a 535 metros sobre o nivel do mar, lugar desde o que se domina visualmente gran parte da chaira da Terra Chá. O 11 de decembro de 2009 foi declarado Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia.Os traballos arqueolóxicos comezaron en 1971. Trátase dun castro dos máis coñecidos de Galicia, debido en gran medida a que desde o ano 1983 conta cun Museo Monográfico do castro.

Henrique IV de Castela

Henrique IV, nado en Valladolid o 25 de xaneiro de 1425 e falecido en Madrid o 11 de decembro de 1474, foi rei de Castela e de León entre 1454 e 1474, coñecido vulgarmente como Henrique o Impotente.

Indiana

Indiana é un dos estados dos Estados Unidos de América, situada no Medio Oeste.

León X, papa

Giovanni di Lourenzo de Medici, nado en Florencia o 11 de decembro de 1475 e finado en Roma o 1 de decembro de 1521, foi Papa da Igrexa católica romana co nome de León X desde 1513.

Max Born

Max Born, nado en Wrocław (Polonia) o 11 de decembro de 1882 e finado en Göttingen (Alemaña) o 5 de xaneiro de 1970, foi un matemático e físico británico, de orixe alemá, galardoado co Premio Nobel de Física o ano 1954 pola súas investigacións en mecánica cuántica.

Pérez Prado

Dámaso Pérez Prado, nado en Matanzas (Cuba) o 11 de decembro de 1916 e finado na Cidade de México o 14 de setembro de 1989, foi un músico, compositor e actor de orixe cubana. É un dos referentes fundamentais do mambo.

Vincent du Vigneaud

Vincent du Vigneaud, nado o 18 de maio de 1901 en Chicago, Illinois e finado o 11 de decembro de 1978 en Ithaca, Nova York, foi un bioquímico estadounidense. Foi galardoado co Premio Nobel de Química en 1955, polas súas investigacións, sobresae polas hormonas, aminoácidos, as vitaminas e as proteínas. Foi profesor de bioquímica na Universidade de Wáshington desde 1932 ata 1938

Xulio Francisco Ogando

Xulio Francisco Ogando Vázquez, nado en Beariz o 11 de decembro de 1913 e falecido en Ourense o 1 de abril de 2005, foi un escritor, académico e dirixente galego.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.