1129

1129
Calendario gregoriano1129
MCXXIX
Ab urbe condita1882
Calendario armenio578
Calendario chinés3825 – 3826
Calendario hebreo4889 – 4890
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1184 – 1185
 ·  Shaka Samvat1051 – 1052
 ·  Kali Yuga4230 – 4231
Calendario persa507 – 508
Calendario musulmán523 – 524
Calendario rúnico1379
Década de 1120
1125 1126 1127 1128 1129 1130 1131 1132 1133

Acontecementos

Galiza

Europa

  • Concilio de Troyes, que aproba a regra dos Templarios.
  • Knud Lavard, jarl dinamarqués de Schleswig, somete aos Obodritas e faise proclamar rei deles, baixo a soberanía do emperador Lotario II.

Asia

  • Os Djürchet rematan a conquista do norte de China e atravesan o Yang-tse-kiang por dous lugares até o Jiangxi e Nakin.

Oriente Próximo

  • O atabek de Damasco, Bouri, fai executar o visir al-Mazdaghani, protector dos asasinos (batinís). Os partidarios da seita son masacrados polo pobo. Os seus xefes son crucificados sobre as ameas das murallas. Segundo o cronista Ali Ibn al-Athîr, al-Mazdaghani e os asasinos pretendíanlle entregar a vila aos francos a cambio de Tiro e foi ao ter noticia do complot que Bouri decidiu actuar. Os poucos batinís supervivintes instálanse en Palestina baixo a protección de Balduíno II de Xerusalén logo de entregarlle a fortaleza de Banias, na ruta entre Xerusalén e Damasco.
Varias semanas máis tarde, un exército de 10 000 cabaleiros e fantasíns francos chegados da Palestina, Antioquía, Edesa e o condado de Trípoli preséntanse fronte a Damasco. Bouri recorre ás presas ás bandas de nómades turcos e a algunhas tribos árabes para rexeitar o ataque. Varios miles de francos, que se dedicaran á pillaxe na chaira da Ghouta, son sorprendidos polo ataque. Balduíno abandona o continxente e reagrupa as súas tropas para unha nova tentativa. Unha tempestade abátese sobre a rexión e transfórmaa nun inmenso lago de lama (comezos de setembro). Non podendo avanzar, Balduíno ordena a retirada.
  • Zanki, amo de Alepo, invita a Bouri de Damasco a participar nunha expedición contra os francos. Sawinj, fillo de Bouri chega a Alepo con 500 cabaleiros. Zanki tómaos como reféns e ameaza con matalos se Bouri o traizoa. Sawinj non é liberado dous anos máis tarde.

Arte e cultura

  • Disólvese a comunidade da abadía de mulleres de Argenteuil. A abadesa, Heloísa, conduce unha parte das monxas a Champaña a un convento fundado por Abelardo baixo a advocación do Paracleto (Santo Espírito consolador).
  • O mestre Raimundo comeza as obras de construción da catedral de Lugo.

Nacementos

  • Henrique XII de Baviera (ou 1131), morto en 1195, duque de Saxonia e de Baviera.

Mortes

Historia ano a ano

Anadón

Anadón é un concello da provincia de Teruel, España. Está situado na comarca de Cuencas Mineras. Conta con 18 habitantes (2003) e ten unha extensión de 24.9 km².

O nome pode provir do ánodo, mais dende 1129 rexístrase o nome Anadón como antropónimo no val do Ebro.

Bion 5

Bion 5, tamén coñecido como Kosmos 1129, foi un satélite artificial non tripulado da Unión Soviética pertencente á serie de satélites Bion para investigacións biolóxicas. Foi lanzado o 25 de setembro de 1979 mediante un foguete Soyuz U desde o cosmódromo de Plesetsk.

Década de 1120

A década de 1120 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1120 e remata o 31 de decembro de 1129.

Século XII

século XI < século XII > século XIII

Tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 1101 e o 31 de decembro de 1200. Marca o inicio da Baixa Idade Media.

Durante este século en toda a Europa occidental tivo lugar un ciclo demográfico expansivo sostido, que se mantivo no século seguinte.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.