.gal

O dominio .gal é un dominio de internet de primeiro nivel que forma parte do sistema de dominios de internet patrocinados (sponsored TLD en inglés) para a lingua galega e a súa cultura. Foi aprobado oficialmente pola ICANN o 14 de xuño de 2013. O novo dominio é utilizado para webs en galego fundamentalmente, tal e como está determinado nas normas da ICANN. Entrou en funcionamento o 16 de maio de 2014 coa páxina www.dominio.gal.[1]

.gal
Dominio.gal
Ano de creación2009-2010
En servizo desde12 de abril de 2014
25 de xullo de 2014
TipoDominio de primeiro nivel
EstadoAprobado
RexistradorAsociación Puntogal
PatrocinadorAsociación Puntogal
FinalidadeWebs galegas e en galego
PaísGalicia Galicia
WebDominio.gal

O caso do dominio catalán

A aprobación do dominio catalán, o .cat. Para acadar este dominio foi fundamental a suma de todas as vontades da sociedade civil, empresarial, e política catalá. Unha cantidade de asociacións culturais, empresariais, e fundacións, así como persoas de toda condicións sumáronse a tal proxecto, que contou cun importante apoio institucional, contando co apoio do Estado español, ao ser consultado pola ICANN.

Asociación Puntogal

Praza Publica-punto-gal-pioneiros
Presentación en xullo de 2014 das primeiras 93 webs que empregarán o dominio .gal.

Puntogal (de ".gal") é unha asociación sen ánimo de lucro cuxa finalidade é a creación dun dominio de internet patrocinado específico para a cultura galega. Constituíuse o 10 de xuño de 2006 e está formada por varias institucións e asociacións galegas; propón o uso do dominio de primeiro nivel .gal para as páxinas en galego. Está presidida por Manuel González González (ex-secretario do Instituto da Lingua Galega e ex-secretario e ex-tesoureito da RAG).

O dominio ".gal" correspondería á comunidade galega, nun senso xeral, en función dun criterio de ser unha comunidade con fortes vencellos (lingüísticos, culturais, históricos, sociais), e independentemente de ningún criterio xeográfico. A proposta puntogal non está relacionada coa proposta dun dominio xeográfico de dúas letras (.gz, por exemplo), dominios para os que é necesario ser un estado recoñecido polas Nacións Unidas ou algunha das súas axencias.

En 2007 foi galardoada co Premio Xoán Manuel Pintos do Concello de Pontevedra.

Recoñecementos

O 16 de novembro de 2007 foille entregado o Premio Xoan Manuel Pintos concedido polo Concello de Pontevedra e a Rede de Entidades Amigas da Lingua (REAL).

Historia

Puntogal
Anuncio da aprobación do novo dominio .gal o sábado 15 de xuño de 2013 en Santiago de Compostela.

O dez de xuño de 2006 foron varias as entidades fundadoras da asociación que puxeron en marcha a candidatura. Naquel pequeno acto sentáronse as bases que mantiveron vivo o proxecto durante este sete anos. Entre elas, o propósito firme de que a entidade que xestionará o dominio se autofinancie e reinvista os beneficios obtidos en promover a lingua e a cultura galegas.

O .gal foi apoiado pola Real Academia Galega, o Consello da Cultura, as tres universidades galegas, os distintos gobernos da Xunta de Galicia, centros de investigación, asociacións de empresas de novas tecnoloxías, colexios profesionais, medios de comunicación e por ducias de colectivos de base, a candidatura do dominio sentiuse sempre apoiada pola sociedade con máis de 12 000 apoios. Dentro e fóra. Máis de vinte asociacións de galegos no exterior de países como Estados Unidos, Brasil, Portugal, Francia, Suíza, Alemaña, Bélxica, Arxentina ou Uruguai están tamén detrás do dominio. O 16 de maio de 2014 presentouse a primeira páxina web do dominio .gal, www.dominio.gal, co gallo do Día de Internet e na véspera do Día das letras galegas.[2][3]

O 25 de xullo, Día Nacional de Galicia, entraron en funcionamentos as primeiras webs .gal,[4] entre as que se atopan webs da Xunta de Galicia, múltiples concellos galegos, Compañía de Radio-Televisión de Galicia, partidos políticos, fundacións, equipos deportivos como o Real Club Celta e Deportivo da Coruña e outras varias webs, nun total de 93 dominios "pioneiros" seleccionados de entre unha multitude de peticións.[4]

Cronoloxía

Notas

  1. Fernández, Marcus (7 de maio de 2014). Código Cero, ed. "A primeira páxina web creada baixo o dominio .gal presentarase o vindeiro día 16".
  2. "As páxinas web pioneiras do .gal comezarán a funcionar o 25 de xullo". Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2014. Consultado o 19 de maio de 2014.
  3. Benvido ó dominio .gal
  4. 4,0 4,1 Pérez Pena, Marcos (22 de xullo de 2014). Praza Pública, ed. "Dende o 25 de xullo, Praza.gal".
  5. Galicia xa ten o .gal, nova en Praza Pública
  6. "ICANN delega o dominio .gal". 12 de abril de 2014. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2014. Consultado o 14 de abril de 2014.
  7. dominio.gal (ed.). "Xa somos máis de 4000 dominios .GAL". Consultado o 19 de febreiro de 2018.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Boimorto

Boimorto é un concello da provincia da Coruña pertencente á comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2018 tiña 2022 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é boimortés.

Consello da Cultura Galega

O Consello da Cultura Galega é un organismo oficial independente con personalidade xurídica propia destinado a dinamizar a lingua e a cultura de Galicia na sociedade e asesorar os poderes públicos de Galicia. É un organismo estatutario, previsto no artigo 32 do Estatuto, foi creado o 8 de xullo de 1983. Ten a súa sede no Pazo de Raxoi, en Santiago de Compostela.

A súa presidenta é Rosario Álvarez, ademais o Consello componse de representantes de entidades e personalidades sobranceiras dos diversos campos da cultura galega. Xestiona os seguintes arquivos: Arquivo sonoro de Galicia, Centro de documentación sociolingüística de Galicia, Arquivo da emigración galega e Arquivo de comunicación.

Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña é o órgano institucional propio da provincia da Coruña e engloba os 93 concellos desta, encargándose de ofrecer diversos servizos aos cidadáns ademais de fomentar a colaboración entre os municipios.

Estaquiosa

A estaquiosa é un oligosacárido de catro unidades (tetrasacárido) formado por dúas unidades de α-D-galactosa, unha de α-D-glicosa, e outra de β-D-frutosa unidas secuencialmente polos enlaces O-glicosídicos gal(α1→6)gal(α1→6)glc(α1↔2β)fru. A estaquiosa atópase na natureza en numerosos vexetais, por exemplo, feixóns verdes ou fabas de soia. O nome procede da planta lamiácea Stachys tuberifera, propia de Asia oriental, que contén moita estaquiosa.

A estaquiosa é menos doce ca a sacarosa, aproximadamente o 28% ca esta a igual peso. Úsase principalmente como un edulcorante a granel polas súas propiedades funcionais como oligosacárido. A estaquiosa non é completamente dixerible polos seres humanos e proporciona de 1,5 a 2,4 kcal/g (equivalentes a de 6 a 10 kJ/g); a maior parte chega ao colon, onde é fermentada polas bacterias, polo que pode producir gases.

Lingua aragonesa

O aragonés é unha lingua románica falada nas zonas máis setentrionais da Comunidade autónoma de Aragón, ao nordeste de España, onde ten o rango de lingua propia.

Actualmente fálase nas comarcas da Jacetania, Alto Gállego, Sobrarbe e na parte occidental da Ribagorza, aínda que se fala tamén, algo castelanizado, noutras comarcas do norte de Aragón.

María Xosé Queizán

María Xosé Queizán Vilas, nada en Vigo o 5 de febreiro de 1939, é unha escritora, catedrática de lingua e literatura galega, e figura relevante no movemento feminista na Península Ibérica.

Maside

Maside é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca do Carballiño. Segundo o IGE en 2014 tiña 2.906 habitantes (3.157 en 2003).

Outes

Outes é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Noia. Segundo o IGE en 2018 tiña 6.412 habitantes (7.425 no 2009, 7.751 no 2006, 7.889 no 2005, 8.050 no 2004, 8.243 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «outés» ou «outense» .

Partido Popular de Galicia

O Partido Popular de Galicia (PPdeG) é a rama galega do Partido Popular español. No ano 2015 contaba con 1753 concelleiros, e 15 deputados no Congreso dos Deputados. Ten a maioría absoluta no Parlamento de Galicia, con 41 dos 75 escanos.

Partido dos Socialistas de Galicia

Para a historia do PSOE en Galicia antes da constitución do PSdeG véxase Partido Socialista Obrero Español en Galicia.O Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG) é un partido político galeguista e socialdemócrata de ámbito galego, federación do Partido Socialista Obreiro Español en Galicia.

Conta con 1.181 concelleiros e 111 alcaldías, entre elas as de 5 das 7 cidades galegas. Ademais ten 14 deputados no Parlamento de Galicia, 10 no Congreso dos Deputados e 8 no Senado.

Político

Un político é unha persoa activa na política de partidos, ou unha persoa que ostenta ou busca un cargo nun goberno. Os políticos propoñen, apoian e crean leis ou políticas que rexen un territorio e, por extensión, o seu pobo. En termos xerais, un "político" pode ser calquera que busque o poder político en calquera institución burocrática.

Praza.gal

Praza.gal é un xornal dixital en galego que comezou a editarse o 1 de febreiro de 2012. Actualmente é o segundo diario dixital de información xeral en galego por audiencia, detrás de Galicia Confidencial.

Pseudónimo

Un pseudónimo (do grego "seudonemos", falso nome; de "seudos", mentira, falsedad e "onoma", nome ) é un nome que alguén escolle para substituír o seu propio. É moi común entre escritores, e mais tamén entre outros artistas.

Páxina web

Unha páxina web é un conxunto de ficheiros cun formato HTML, xunto con outros arquivos que conteñen imaxes, vídeos etcétera, todos eles aloxados nun servidor web público que permite acceder os mesmos en calquera momento. Estes arquivos son presentandos e interpretados no ordenador do usuario que os solicite a través dun navegador web. Xeralmente, están todos organizados dentro dun sitio web, ligados entre eles a través de hiperligazóns.

Rafinosa

A rafinosa ou melitosa é un trisacárido composto por galactosa, frutosa, e glicosa . Pode encontrarse en feixóns, repolo, col de Bruxelas, brócoli, espárragos, e outras hortalizas e cereais. A rafinosa pode ser hidrolizada a D-galactosa e sacarosa polo encima α-galactosidase (α-GAL), un encima que non se atopa no tracto dixestivo humano. A α-GAL tamén hidroliza outros α-galactósidos como a estaquiosa, e a verbascosa. O encima non rompe enlaces O-glicosídicos β .

A familia dos oligosacáridos da rafinosa son alfa-galactosil derivados da sacarosa (sacarosa unida a galactosa), e os máis comúns deles son o trisacárido rafinosa, o tetrasacárido estaquiosa, e o pentasacárido verbascosa. Estes oligosacáridos están moi estendidos no reino das plantas, poden atoparse en numerosas familias, e entre os carbohidratos solubles máis abundantes só estarían por detrás da sacrosa. Nas plantas poderían servir de protección contra o estrés oxidativo .

Os humanos e outros animais non ruminantes, como os porcos e polos, non posúen o encima α-GAL que degrada esta familia de oligosacáridos, polo que pasan polo tubo dixestivo sen dixerir, e chegan á metade final do intestino, onde son fermentados polas flora bacteriana intestinal, producindo moitos gases. As bacterias si teñen o encima α-GAL e producen nas súas fermentacións moito dióxido de carbono, metano, e/ou hidróxeno, orixinando a flatulencia típica despois da inxestión de feixóns e outros vexetais que conteñen estes azucres. O encima α-GAL é un compoñente de produtos que axudan á dixestión como certos suplementos dietéticos ou pode utilizarse para o tratamento previo de certos alimentos .

Diversos procedementos de criopreservación utilizan a rafinosa para proporcionar hipertonicidade para facilitar a deshidratación antes do conxelado . A rafinosa e a sacarosa utilízanse como substancias básicas para a produción do edulcorante sucralosa.

Sermos Galiza

Sermos Galiza é un xornal semanario de comunicación xeral e de ámbito galego, publicado en Santiago de Compostela e dirixido por María Obelleiro. O seu primeiro número impreso saíu á rúa o 17 de maio de 2012. As súas linguas de edición son o galego e o portugués. O deseño do seu sitio web corre a cargo da empresa compostelá Sacauntos Cooperativa Gráfica.En novembro de 2017, o xornal anunciou a saída dun diario impreso para 2019, que levará o nome de Nós Diario.

Val do Dubra

Val do Dubra é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago.

Xosé Ramón Pena

Xosé Ramón Pena Sánchez, nado en Betanzos o 27 de setembro de 1956, é un profesor e escritor en lingua galega.

Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia ou simplemente Xunta aparece definida no Estatuto de Autonomía de Galicia coma o órgano colexiado do Goberno de Galicia. Está composta polo Presidente, vicepresidentes e conselleiros. Os vicepresidentes e os conselleiros son nomeados polo presidente. Galicia exerce as súas funcións administrativas a través da Xunta e das consellarías. A Presidencia da Xunta de Galicia ten a sede no Pazo de Raxoi en Santiago de Compostela.

Non patrocinados
Patrocinados
Infraestrutura
En fase inicial
Propostos
Borrados / Retirados
Reservados
Pseudo-Dominios

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.