-500

-500
Calendario gregoriano-500
Ab urbe condita253
Calendario armenioN/A
Calendario chinés2196 – 2197
Calendario hebreo3260 – 3261
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat-445 – -444
 ·  Shaka SamvatN/A
 ·  Kali Yuga2601 – 2602
Calendario persa1122 BP – 1121 BP
Calendario musulmán1157 BH – 1156 BH
Calendario rúnico-250
Década de 500 a. C.
504 a. C. 503 a. C. 502 a. C. 501 a. C. 500 a. C. 499 a. C. 498 a. C. 497 a. C. 496 a. C.

Acontecementos

América

  • Os zapotecas fundan a cidade que chamamos Monte Albán, México.
  • Xacigo de Mangueiras, no delta do río Amazonas, con cvidencias de consumo de tabaco en cerimonias rituais (data aproximada).

Europa

Arte e cultura

  • Construción do templo grego de Atenea en Paestum, Campania, na Italia meridional.
  • Apolo de Veies, estatua etrusca de terracota (data aproximada).

Ciencia e tecnoloxía

Nacementos

  • Polignoto, pintor grego (data probábel de nacemento; m. -440).

Mortes

Véxase tamén

Historia ano a ano

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Angola

Angola, oficialmente República de Angola (en portugués: República de Angola; en quicongo, kimbundu, umbundu e chócue: Repubilika ya Ngola), é un país da costa occidental de África, limitado ao norte e ao leste pola República Democrática do Congo, ao leste por Zambia, ao sur por Namibia e ao oeste polo Océano Atlántico. Angola inclúe tamén o turbulento enclave de Cabinda, ao norte, que está constituído como unha das súas 18 provincias. A súa capital é Luanda.

Colonia portuguesa ata 1975, ten recursos naturais considerábeis, entre os que destacan o petróleo e os diamantes. O seu sistema de goberno é a democracia, cun réxime presidencialista e eleccións multipartidistas.

Biblioteca Apostólica Vaticana

A Biblioteca Apostólica Vaticana (en latín: Bibliotheca Apostolica Vaticana), máis comunmente coñecida como Biblioteca Vaticana ou simplemente como Vat, é a biblioteca da Santa Sé, situada na Cidade do Vaticano. Leva o nome de "apostólica", porque é unha institución que dende a súa fundación se considera a "Biblioteca do papa", xa que lle pertence directamente. É unha das máis antigas bibliotecas do mundo e custodia unha moi importante colección de textos históricos. Ten arredor de 75 000 códices de tódalas épocas da historia, así como 1,1 millóns de libros impresos, que inclúen 8 500 incunables.

Biblioteca Real dos Países Baixos

A Biblioteca Nacional dos Países Baixos (en neerlandés: Koninklijke Bibliotheek, tamén coñecida como KB), con sede na Haia, foi fundada en 1798. O rei Lodewijk Napoleón deulle o seu nome actual en 1806. A institución independizouse do Estado en 1996, aínda que está financiada polo Departamento de Educación, Cultura e Ciencia.

Calendario armenio

No Calendario armenio, as datas están marcadas polas letras ԹՎ ou parecidas, habitualmente cunha liña sobre as letras, indicando "t'vin" ("no ano") seguido por unha ou até catro letras, cada unha significa un número baseado na orde do alfabeto. Na Idade Media, os armenios empregaban un calendario que comezaba no ano 552 a.C., como o comezo da era armenia. Para traducir en anos comúns, adicione 551 ao número. Ao ver a inscrición ԹՎ ՈՀԳ, olle na táboa dabaixo e vexa que a suma (600+70+3+551) é igual ao ano 1224.

Cooper Car Company

A Cooper Car Company foi fundada en 1946 por Charles Cooper e o seu fillo John Cooper. Xunto co amigo da infancia de John, Eric Brandon, comezaron a construción de coches de carreiras no pequeno garaxe de Charles en Surbiton, Surrey, Inglaterra en 1946. Nas décadas 1950 e 1960, chegaron aos niveis máis altos cos coches de carreiras con motor traseiro dun só asento, revolucionaron a Fórmula Un e as 500 Millas de Indianápolis, e o seus Mini Cooper dominaron os Rally. Grazas en parte ao legado de Cooper, Gran Bretaña segue sendo a base dunha próspera industria de automóbiles de carreiras, e o nome de Cooper vive nas versións Cooper, do Mini os coches de produción que se seguen construíndo en Inglaterra, pero agora de propiedade e comercializados por BMW.

Cretáceo

Na escala de tempo xeolóxico, o Cretáceo é o período da era Mesozoica do eón Fanerozoico que está comprendido entre 145 millóns e 500 mil e 65 millóns e 500 mil anos atrás, aproximadamente. O período Cretáceo sucede o período Xurásico da súa era e precede o período Paleoxeno da era Cenozoica do seu eón. Divídese nas épocas Cretáceo Inferior e Cretáceo Superior, da máis antiga para a máis recente.

Durante o Cretáceo, os dinosauros alcanzan a seu cumio, mais ao fin do período acaba ocorrendo a extinción dos dinosauros. É no mesmo período cando xorden os mamíferos placentarios primitivos.

Densidade de poboación

A densidade de poboación é a intensidade da poboación, expresada coa relación entre o número de individuos e a superficie do territorio. Xeralmente exprésase en habitantes/km² ou habitantes/m².

Eslovaquia

Eslovaquia ( pronunciación ) (en eslovaco, Slovensko [ˈslovɛnsko] ), oficialmente República Eslovaca ( pronunciación ) (en eslovaco, Slovenská republika [ˈslovɛnskaː ˈrɛpublika] ), é un país do centro de Europa, resultado da división de Checoslovaquia, que orixinou o novo estado e tamén a Chequia. Ten fronteira ó norte con Chequia e Polonia; ó leste con Ucraína; ó sur con Hungría e ó oeste con Austria. A súa capital é Bratislava.

Graham Hill

Norman Graham Hill, OBE nado en Hampstead (Londres) o 15 de febreiro de 1929 e finado preto de Arkley o 29 de novembro de 1975, foi un piloto inglés, dúas veces campión mundial da Fórmula 1 (1962 e 1968).

É o único piloto en gañar a tripla coroa do automobilismo, as 24 Horas de Le Mans, Indianápolis 500 e, ou ben o Gran Premio de Mónaco ou o campionato mundial de pilotos de Fórmula 1. Tamén apareceu na televisión na década de 1970 nunha variedade de programas non deportivos, incluíndo xogos de panel. Gustáballe a pintura no seu tempo libre.

Hill e o seu fillo Damon son a única parella de pai e fillo na que ambos gañaron o Campionato Mundial de fórmula 1. O neto de Hill Josh, fillo de Damon, tamén participou en carreiras ata que se retirou da Fórmula Tres en 2013 á idade de 22 anos.

Liga LEB

A Liga Española de Baloncesto (LEB) é unha competición de baloncesto organizada pola Federación Española de Baloncesto. É a categoría anterior á máxima categoría profesional, a Liga ACB. Disputouse por primeira vez co nome de LEB na tempada 1996-1997. Anteriormente o seu equivalente recibía o nome de Primeira División.

Na actualidade consta de dúas categorías, LEB Ouro e LEB Prata. Os equipos poden contar con dous xogadores extracomunitarios, é dicir, con nacionalidades que non pertenzan a país algún da Unión Europea e con tres "cotonous", xogadores procedentes de países caribeños e africanos cun convenio especial coa UE.

Nixeria

Nixeria ( [n ), oficialmente República Federal de Nixeria, é unha república federal que comprende 36 estados e máis o Territorio da Capital Federal, Abuja. O país está localizado no oeste de África, e comparte fronteiras terrestres coa República de Benín polo oeste, Chad e Camerún polo leste, e Níxer polo norte. No sur está a costa, co golfo da Guinea no océano Atlántico.

Ó longo da historia, a zona veu nacer varios reinos e imperios, mais o moderno estado de Nixeria ten a súa orixe na colonización británica da rexión dende finais do século XIX e comezos do XX. O país xurdiu da combinación de dous protectorados británicos veciños: o Protectorado do Sur de Nixeria e o Protectorado do Norte de Nixeria. Durante a era colonial, os británicos estableceron estruturas legais e administrativas ó tempo que se mantiveron as xefaturas tradicionais. Nixeria conseguiu a independencia en 1960, mais pouco despois sumiuse nunha guerra civil durante varios anos. Dende entón, o seu goberno alternouse entre dirixentes democraticamente elixidos e ditaduras militares, sendo as eleccións presidenciais de 2011 as primeiras realizadas en termos razoables de liberdade e claridade.Nixeria é considerado como o "Xigante de África", por mor da súa gran poboación e economía. Con aproximadamente 174 millóns de habitantes, Nixeria é o país máis populoso de África e o décimo sétimo máis poboado do mundo. O país está habitado por máis de 500 grupos étnicos, sendo os tres máis grandes os hausas, os igbos e os yorubas.

Atendendo á relixión, Nixeria está dividida en dúas metades, entre os cristiáns que viven na parte sur e central do país, e os musulmáns, concentrados nas zonas norte e suroeste. Unha minoría da poboación practica as relixións indíxenas de Nixeria.

No 2014, a economía de Nixeria (PIB) converteuse na máis grande de África, valorada en máis de $500 billóns, e superou a Suráfrica para ser a 26ª economía máis grande do mundo. Ademais, a relación da débeda do seu PIB é de só o 11% (8% menos que a relación de 2012). No 2050, as previsións din que Nixeria será unha das 20 principais economías do mundo. As reservas de petróleo do país xogaron un papel moi importante no crecemento da súa riqueza e influencia. Nixeria é considerado como un mercado emerxente polo Banco Mundial e foi identificado como a potencia rexional de África. Tamén é membro do grupo de países "MINT", que son aqueles identificados como os novos "BRIC"s. Tamén está listada como unha economía dos "Vindeiros once", entre os máis grandes do mundo. Nixeria é membro da Commonwealth de Nacións, da Unión Africana, da OPEC e das Nacións Unidas, entre outras organizacións internacionais.

Paio I, papa

Paio I nado en Roma cara ao ano 500, e finado na mesma cidade o 4 de marzo de 561, foi o papa n.º 60 da Igrexa católica dende o ano 556 ata súa morte.

Provincia de Lugo

Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa.

Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada.

Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 339 386 habitantes en 2015, tras A Coruña e Pontevedra.

Provincia de Ourense

Ourense é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833.

PubMed

PubMed é un motor de busca de libre acceso á base de dados MEDLINE de citacións e resumos de artigos de investigación biomédica. Ofrecido pola Biblioteca Nacional de Medicina dos Estados Unidos como parte de Entrez. MEDLINE ten ó redor de 4.800 revistas publicadas en Estados Unidos e en máis de 70 países de todo o mundo desde 1966 ata a actualidade.

Roma

Roma é unha cidade, capital da Italia e da rexión do Lazio, provincia de Roma, con 2.754.440 habitantes (2010). Esténdese por unha área de 1.285 km², tendo unha densidade de poboación de 2.136,13 hab/km². Ten máis de 3,33 millóns de habitantes na súa zona metropolitana.

A cidade, que xurdiu no século VIII a.C., foi capital do Imperio Romano, e antes dun reino e unha república (ver Roma Antiga).

Roma é unha das cidades con maior importancia na historia mundial, sendo un dos símbolos da civilización europea e centro espiritual do catolicismo. Conserva numerosas ruínas e monumentos de tres milenios na parte da cidade antiga, declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO e que congrega cada ano a millóns de visitantes.

No interior da cidade encóntrase tamén o estado do Vaticano, residencia do Papa desde o século I. Tras o repregamento do dominio de Bizancio no século VII, foi centro dos Estados Pontificios ata a súa anexión en 1870 por parte do Reino de Italia.

Serra Leoa

Serra Leoa é un país da África Occidental. Limita ao nordés con Guinea, ao sueste con Liberia e ao suroeste co océano Atlántico. A súa capital é Freetown.

Século V

século IV < século V > século VI

Período de tempo dende o ano 401 ata o ano 500 da era cristiá.

Acontecementos importantes

400, Macrobio, vigairo de Hispania é multado polo seu uso fraudulento, sen causa xustificada, do cursus publicus.

400, I Concilio de Toledo.

411, establecemento dos Suevos na Gallaecia.

Invasións de pobos xermánicos en todo o Imperio romano de Occidente rematan por desface-la unidade política no 476.Personaxes destacadas

Atila o Huno.

Ricimer, magister militum do Imperio Romano Occidental (456-472).

Século VI

século V < século VI > século VII

O século VI é o período de tempo dende o 501 ata o 600 da era cristiá.

Xene

Un xene é a unidade básica de herdanza dos seres vivos. Dende o punto de vista molecular, un xene é unha secuencia lineal de nucleótidos na molécula de ADN (ou ARN no caso dalgúns virus), que contén a información necesaria para a síntese dunha macromolécula con función celular específica. Por exemplo: Proteínas, ARNm, ARN ribosómico, ARN de transferencia e ARN pequenos. Esta función pode estar vinculada ó desenvolvemento ou funcionamento dunha función fisiolóxica normal. O xene é considerado como a unidade de almacenamento de información e unidade de herdanza ó transmitir esa información á descendencia. Os xenes dispóñense, pois, ao longo de cada un dos cromosomas. Cada xene ocupa no cromosoma unha posición determinada chamada locus. O conxunto de cromosomas dunha especie denomínase xenoma.

Algunhas enfermidades como a anemia drepanocítica (ou anemia falciforme) poden ser ocasionadas por un cambio nun só xene (un dos 30.000 'xenes que constitúen o plano para todo o corpo humano).

Os organismos diploides (entre eles, case todos os animais e plantas) dispón de dous xogos de cromosomas homólogos, cada un deles proveniente dun dos pais. Cada par de cromosomas ten, pois, un par de copias de cada xene, unha procedente da nai e outra do pai.

Os xenes poden aparecer en versións diferentes, con variacións pequenas na súa secuencia, denominadas alelos. Os alelos poden ser dominantes ou recesivos. Cando unha soa copia do alelo fai que se manifeste o trazo fenotípico, o alelo é dominante. Cando son precisas dúas copias do alelo (unha en cada cromosoma do par), o alelo é recesivo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.