-2700

-2700
Calendario gregoriano-2700
Ab urbe condita-1947
Calendario armenioN/A
Calendario chinés-4 – -3
Calendario hebreo1060 – 1061
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat-2645 – -2644
 ·  Shaka SamvatN/A
 ·  Kali Yuga401 – 402
Calendario persa3322 BP – 3321 BP
Calendario musulmán3426 BH – 3425 BH
Calendario rúnico-2450
Década de 2700 a. C.
2704 a. C. 2703 a. C. 2702 a. C. 2701 a. C. 2700 a. C. 2699 a. C. 2698 a. C. 2697 a. C. 2696 a. C.

Acontecementos

  • Reinado lendario de Dumuzi, cuarto soberano de Uruk, en Mesopotamia.
  • Inicio do goberno de Enmebarageri (ou Me-Barageri), vicesimosegundo rei de Kish, en Mesopotamia (até -2685 - a cronoloxía é moi insegura)

Arte e cultura

Nacementos

Mortes

Outros

Historia ano a ano

3

Este é o artigo sobre o ano. Para o número, véxase tres

3 foi o terceiro ano da era actual.

4

Este é o artigo sobre o ano. Para o número, véxase catro

4 foi o cuarto ano da era actual.

Amstel Gold Race 2016

A 51ª edición da Amstel Gold Race disputouse o 17 de abril de 2016 na provincia neerlandesa doLimburgo. O percorrido fíxose sobre unha lonxitude de 248,7 quilómetros, que comezou en Maastricht e rematou en Berg en Terblijt nos arredores de Valkenburg, pasando por 34 "muros".

Este foi a primeira das Clásicas das Ardenas da tempada e a décimo primeira carreira do UCI WorldTour 2016.

O gañador foi o italiano do Wanty-Groupe Gobert Enrico Gasparotto que se impuxo no sprint final ao danés Michael Valgren. Un chisco por detrás chegou o terceiro clasificado que gañou no sprint do grupo e foi o italianoSonny Colibrelli que corre no equipo Profesional Continental do Bardiani CSF.

ArXiv

O arXiv (pronunciado como a palabra inglesa "archive" /ˈɑːkaɪv/) é un repositorio de prepublicacións electrónicas, coñecidas como e-prints, de literatura científica nos campos das matemáticas, física, astronomía, ciencias da computación, bioloxía cuantitativa, estatística e finanzas, que poden ser consultadas en liña. En moitos campos das matemáticas e da física, a maioría das publicacións científicas son auto-arquivadas no repositorio de arXiv. Comezou o 14 de agosto de 1991, e arXiv.org superou o medio millón de artigos o 3 de outubro de 2008, e acadou o millón a finais de 2014. No 2014, a media de entradas novas medrou a máis de 8 000 ó mes.

Arte exipcia

Unha das características do Antigo Exipto é a súa senlleira arte, con obras monumentais que xeralmente tiñan carácter simbólico, funerario ou relixioso.

Malia ser moderno o concepto de "arte", é perfectamente utilizable na arquitectura, escultura, pintura e xoiaría exipcias, xa que moitas das súas realizacións son auténticas obras de arte e non sinxelos traballos de artesanía.

Grazas ao seco clima de Exipto e ao ser soterradas pola area do deserto (ou polos seus propietarios, para gozar delas na "outra vida") chegaron ata o día de hoxe en aceptable estado de conservación multitude de auténticas obras de arte, a pesar da utilización dos monumentos como canteiras, as guerras ou os innumerables saqueos de tumbas e templos.

Coiro

O coiro é unha pelella curtida. O uso do coiro provén da antigüidade, no Antigo Exipto e en Mesopotamia os xacementos amosan novas formas de curtir. No sartego de Ti, un rico exipcio que morreu entre o 2850 a.C. e o 2700 a.C., pódense apreciar escenas onde aparecen curtidores entregados ó seu traballo.

Einherjar

Os Einherjers son os guerreiros mortos en batalla que son elixidos por Odín por seren dos máis valentes, e son levados ao Valhalla polas valquirias a ter a súa vida de gozo e de adestramentos, preparándose para o Ragnarok e que axudarán a Odín na súa pelexa contra os xigantes malignos. Están armados con dúas grandes machadas de combate ou espadas, escudo e unha armadura.

Gilgamesh

Gilgamesh ou Gilgameš (ou Bilgameš nos textos máis antigos) foi o quinto rei sumerio da primeira dinastía de Uruk, segundo unha Lista de reis sumerios atopada en Shuruppak (o seu nome está escrito co determinativo dingir, que se lle daba aos deuses). A lista di que gobernou durante 126 anos e que seu pai foi un espírito. Podería corresponder a un rei histórico dos anos -2700, fillo suposto doutro rei chamado Lugalbanda.

Sucedeuno o seu fillo Urnangal. A lenda di que construíu as murallas de Uruk e un templo dedicado a Ninlil en Nippur, e que se enfrontou con Mebaragesi de Kish.

As súas xestas heroicas inspiraron o poema épico coñecido como a Epopea de Gilgamesh xurdido en Babilonia séculos despois, baseado en antigas lendas sumerias. A lenda agrandouse entre os acadios e a versión máis completa que se ten atopado son doce tabelas de arxila do rei asirio Assurbanipal (sobre o -650). As súas representacións na arte sumeria pasan por presentalo como un home musculado con barba e guedellas que sostén un león pequeno e unha honda, nos selos cerámicos aparece nú cunha corda na cintura, barbado e cunha tiara dun só par de cornos(os deuses aparecían con tiaras de tres pares de cornos) .

Granito

O granito é unha rocha ígnea holocristalina , composta esencialmente por seixo, micas e feldespato potásico, tendo como minerais accesorios frecuentes circón, apatita ou anfíbolos. O granito é unha rocha empregada coma pedra ornamental e na construción. A súa densidade é de 2700 kg/m³

Guasca

Guasca é un concello colombiano que se atopa no departamento de Cundinamarca. Conforma a provincia do Guavio, a 50 quilómetros ó nordeste de Bogotá, D. C. Conta cunha poboación de 14 759 habitantes no ano de 2005. Ten unha temperatura media de 15 °C e atópase a unha altitude de 2700 m s. n. m., situándose entre os pisos térmicos frío e páramo.

Historia do antigo Exipto

A historia do antigo Exipto iníciase a finais do IV milenio a.C. e remata cando Exipto é conquistado por Alexandre Magno, momento no que perde definitivamente a independencia.

Os tres milenios que durou esta civilización divídense tradicionalmente de acordo coas dinastías reinantes. As datas son discutidas e pode haber diferenzas de tres séculos. As dinastías agrúpanse en "períodos", se ben existen diferenzas entre os estudosos á hora de asignar algunha dinastía a un período ou a outro.

Período predinástico (antes do 3100 a.C.)

Período protodinástico (dinastías I e II)

Imperio Antigo (dinastías II-VI)

Primeiro Período Intermedio (dinastías VII-XI)

Imperio Medio (dinastías XII-XIII)

Segundo Período Intermedio (dinastías XIV-XVII)

Imperio Novo (dinastías XVIII-XX)

Terceiro Período Intermedio (dinastías XXI-XXV)

Período Tardío (dinastías XXVI-XXI)

Imperio Antigo de Exipto

O Imperio Antigo de Exipto (2700-2134 a.c.), tamén chamado Reino Antigo, é o período no que se construíron as grandes pirámides e durante o que reinaron os faraóns das seguintes dinastías:

Dinastía III.

Dinastía IV.

Dinastía V.

Dinastía VI.

Período tinita

O Período tinita ou protodinástico da Historia do Exipto Antigo vai desde o a unificación dos dous reinos, arredor de -3150, até a creación do Imperio Antigo de Exipto no -2700 coa III Dinastía.

Real Betis Balompié

O Real Betis Balompié é un equipo de fútbol profesional da cidade andaluza de Sevilla, en España. Actualmente milita na Primeira División. Os seus máximos galardóns son un título de Liga na tempada 1934-35 e dúas Copas do Rei. Foi o primeiro equipo andaluz que xogou en Primeira División, que gañou a Copa do Rei no seu actual formato e que gañou a Liga española, ademais de ser o primeiro en xogar na Liga de Campións da UEFA no actual formato.

Está clasificado na 10ª posición na clasificación histórica da liga, con 47 tempadas na máxima categoría. Nos anos 1995, 1997 e 2005 logrou o 20º posto no Top 25 da clasificación de clubs do mundo da IFFHS. É, ademais, o sexto equipo en número de afeccionados en España (3,3%), segundo unha enquisa do CIS de maio de 2007, por detrás de Real Madrid (32,8%), Barcelona (25,7%), Valencia (5,3%), Athletic (5,1%) e Atlético de Madrid (4,3%).Disputa o derbi sevillano contra o Sevilla FC, club co cal mantén unha gran rivalidade histórica.

San Cayetano, Cundinamarca

San Cayetano é un concello do departamento de Cundinamarca (Colombia), que se atopa na Provincia de Rionegro, a 134 km de Bogotá. Inicialmente, a vila chamouse Chinga.

Santa Helena, Ascensión e Tristan da Cunha

Santa Elena, Ascensión e Tristán da Cunha. (en inglés, Saint Helena, Ascension and Tristan da Cunha) é un territorio británico de ultramar, composto por diversas illas situadas no Atlántico sur, entre África e Sudamérica.

Os principais territorios insulares que compoñen esta entidade territorial son a Santa Helena, onde se sitúa Jamestown que é o principal centro poboado e capital do territorio, a Illa de Ascensión e o grupo de illas de Tristan da Cunha. É de destacar a enorme distancia que hai entre as illas: entre Ascensión e Santa Helena hai 1300 quilómetros, e desta última a Tristán da Acunha máis de 2700 quilómetros.

Ata o ano 2009, este territorio foi chamado Santa Helena e Dependencias (Saint Helena and Dependencies en inglés) ou simplemente Santa Helena. Con todo, o 1 de setembro dese mesmo ano, entrou en vixencia unha nova constitución que estableceu o actual nome e entregou igual status a cada territorio insular.

A illa de Santa Elena é mundialmente coñecida por ser o lugar onde foi exiliado e onde morreu Napoleón Bonaparte en 1821.

Solanáceas

As solanáceas (Solanaceae Juss.) é unha familia de plantas herbáceas ou leñosas coas follas alternas, simples e sen estípulas pertencentes á orde Solanales, das dicotiledóneas (Magnoliopsida). Comprende aproximadamente 98 xéneros e unhas 2700 especies, cunha gran diversidade de hábito, morfoloxía e ecoloxía. A familia é cosmopolita, distribuíndose por todo o globo agás na Antártida. A maior diversidade de especies atópase en América do Sur e América Central. Nesta familia incluénse especies alimenticias tan importantes como o pataqueiro (Solanum tuberosum), a tomateira (Solanum lycopersicum), a berinxela (Solanum melongena) e as pementeiras (Capsicum). Moitas plantas ornamentais moi populares pertencen ás solanáceas, como Petunia, Schizanthus, Salpiglossis e Datura. Certas especies son mundialmente coñecidas polos seus usos medicinais, os seus efectos psicotrópicos ou por ser pezoñentas. Finalmente, mais non menos importante, as solanáceas inclúen moitos organismos modelo para a pescuda de cuestións biolóxicas fundamentais a nivel celular, molecular e xenético, tales como o tabaco e a petunia. A familia é representada por aproximadamente 3000 especies distribuídas en 150 xéneros.

Tucson

Tucson é unha cidade situada no condado de Pima, no estado estadounidense de Arizona. É unha das principais cidades do corredor do Sol e a máis poboada ao sur de Arizona. Tamén é a segunda cidade en tamaño despois de Phoenix e a principal dentro da área da Mesilla. É a sede da Universidade de Arizona. No Censo de 2012 tiña unha poboación de 524 295 habitantes e unha densidade de poboación de 1078,8 hab./km². A cidade descansa dentro dun val de case 1300 quilómetros cadrados, rodeada por cinco cordilleiras prominentes, tres con cimas que se aproximan ou superan os 2700 metros de altura. O panorama urbano da cidade de Tucson caracterízase polas serras que rodean a cidade. Moi preto da cidade sitúase a serra de Santa Catalina ao norte, a Serra do Rincón ao leste e a serra de Tucson no lado occidental. Un pouco máis afastada encóntrase a serra de Santa Rita, que domina a vista sur da cidade.

En inglés o nome Tucson deriva do nome español de cidade, Tucsón, que foi collido do nome o'odham Cuk Ṣon, que significa ao pé da montaña do manancial negro.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.