Úrsula Heinze

Úrsula Heinze de Lorenzo, nada en Colonia en 1941, é unha escritora galega de orixe alemá. É autora dunha vasta obra que abrangue a novela, o relato curto, a narrativa infantil e xuvenil e unha destacada produción poética.

Úrsula Heinze
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Úrsula Heinze (cropped)
Nome completoÚrsula Heinze de Lorenzo
Nacemento1941
 Colonia, Alemaña
NacionalidadeAlemaña e España
Ocupaciónescritora, tradutora e escritora de literatura infantil
CónxuxeRamón Lorenzo
XénerosNarrativa e poesía
PremiosMedalla Castelao

Traxectoria

Licenciada en Filoloxía Xermánica. Casou con Ramón Lorenzo en 1968 e dende 1977 reside en Galicia. Foi lectora de alemán na Universidade de Valladolid entre 1973 e 1977 e, posteriormente, catedrática de ensino medio de inglés e alemán. Dende que abandonou o ensino en 1978 adícase en exclusiva á creación literaria e á tradución, colaborando na radio (en particular na Radio Galega), na prensa (en El Correo Gallego e Galicia Hoxe) e en revistas literarias.

Obtivo o Premio Merlín de literatura infantil en 1986 coa obra A casa abandonada. A mesma obra figuraría entre as finalistas do Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España en 1989. Escribe tamén novelas e relatos breves para adultos, polos que recibiu o Premio Blanco Amor (1993) e o Premio Losada Diéguez (1994). Traduciu para o galego obras de Heinrich Böll, Uwe Johnson, Günter Grass, Mira Lobe, Elisabeth Heck e Michael Ende (Premio Ramón Cabanillas 1991 de tradución). Foi fundadora (Maastricht, 1989) e presidenta do PEN Clube de Galicia de 1991 a 1995, e é membro do PEN alemán (1995). En 2013 foille concedida a Medalla Castelao.

A súa obra literaria caracterízase por tratar de maneira directa temas e xéneros marxinais e infrecuentes na literatura galega como o que ocupa os seus libros de madurez: a depresión, o erotismo feminino na vellez. Tal como salienta Ramón Nicolás: "é un trazo singular da súa obra literaria, diante de asuntos considerados tabús en boa medida para tratalos literariamente coa solvencia que exhibe unha narradora contrastada e de inequívoca solidez".[1]

Obra

Úrsula Heinze Praza
Úrsula Heinze nunha entrevista en 2017.

Narrativa

  • O soño perdido de Elvira M., 1982, Xerais (novela). Traducido ao asturiano en 2001.[2]
  • Remuíños en coiro, 1984, Xerais (relatos).
  • Anaiansi, 1989, Xerais (novela).
  • "Ancor", en Catro contos de Reis, 1991 (relatos).[3]
  • Confidencias, 1992 (relatos).
  • Rodolfo, 1992, Contos do Castromil.
  • Culpable de asasinato, 1994 (novela). Traducida ao romanés en 1998. [4]
  • Polas rúas de Padrón, 1994 (relatos).
  • Pon un psiquiatra na túa vida... e xa verás, 2017, Alvarellos.
  • Delirios de pracer, 2018, Aira.

Literatura infanto-xuvenil

  • O buzón dos nenos, 1985.
  • Sempre Cristina, 1986, Xerais.
  • A casa abandonada, 1987, Xerais.
  • Máis alá de Galicia, 1989.
  • A nena de ouro, 1991, Xerais.
  • Nace un campión, 1992.
  • Quérote, 1994.

Ensaio

  • Arredor da muller en 18 mundos, 1985, Xerais.
  • Xente coma min, 1989.
  • As chamadas linguas e literatura minoritarias, 1991.
  • Mulleres, 1991.
  • Fronteiras da alofonía, do alemán ó galego, 1993.
  • Literatura galega contemporánea, 1993.
  • ... e os domingos, un croissant, 2015, Alvarellos.

Poesía

  • Versos de terras distantes, 1995.
  • Credo: Gedichte = Poemas, 1999. Edición bilingüe con tradución ao galego de Ramón Lorenzo.[5]
  • Torso: Gedichte = Poemas, 2002. Edición bilingüe con tradución ao galego de Ramón Lorenzo.[6]
  • Nadir: Gedichte = Poemas, 2005. Edición bilingüe con tradución ao galego de Ramón Lorenzo.[7]
  • Nur meer sein/Solamente sen mar, 2005.
  • Na pel do insomnio, 2008, Follas Novas.
  • Skyline, 2008, Espiral Maior. Edición bilingüe con tradución ao galego da propia autora.[8]
  • Molto amoroso, 2011, Follas Novas. Edición bilingüe.[9]
  • Escolma poética, 1997-2008, 2012, Universidade de Santiago de Compostela.

Tradución

Obras colectivas

Obra en castelán

Tradución

Premios

Notas

  1. Nicolás, Ramón (2018-12-30). "Delirios de pracer, de Ursula Heinze de Lorenzo". Caderno da crítica. Consultado o 2019-01-22.
  2. "El sueñu perdíu d'Elvira M.". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-07-01.
  3. Incluído na Biblioteca 114 (El Correo Gallego).
  4. "Vinovata de Asasinat". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-07-01.
  5. "Credo: Gedichte = Poemas". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-07-01.
  6. "Torso". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-07-01.
  7. "Nadir: Gedichte = poemas". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-07-01.
  8. "Skyline". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-07-01.
  9. "Molto amoroso (poemas/Gedichte)". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-07-01.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

18 de xuño

O 18 de xuño é o 169º día do ano do calendario gregoriano e o 170º nos anos bisestos. Quedan 196 días para finalizar o ano.

Anaiansi

Anaiansi é unha novela de Úrsula Heinze publicada en 1987 por Ir Indo, dirixida principalmente aos públicos xuvenís.

Antonio Pernas

Antonio Pernas Sabio, nado en 1944 na Coruña, é un deseñador de moda galego.

Benedicta Sánchez

Benedicta Sánchez Vila, nada no Corgo en 1935, é unha actriz galega.

Blanca Jiménez Alonso

María Blanca Jiménez Alonso, nada en Ribadeo o 21 de febreiro de 1926 e finada na Coruña o 5 de outubro de 2012, foi unha promotora cultural galega.

Centro PEN Galicia

O Centro PEN Galicia, inicialmente denominado PEN Clube de Galicia, é a sección galega do PEN Internacional composto por escritores en lingua galega. Foi admitido no 53º Congreso que se celebrou en Maastricht en maio de 1989 e foi o organizador, co apoio da Xunta de Galicia, do seu 60º Congreso celebrado en Santiago de Compostela do 6 ao 12 de setembro de 1993. O PEN Centro PEN Galicia entrega os premios Rosalía de Castro a autores en portugués, castelán, catalán e éuscaro.

Feliciano Barrera

Feliciano Barrera Fernández, nado en 1918 en Guláns (Ponteareas) e finado o 9 de febreiro de 2012, foi un empresario galego relacionado coa activade xornalística.

Juan Ramón Díaz

Juan Ramón Díaz García, finado na Coruña o 3 de maio de 2015, foi un xornalista galego.

Literatura infantil

Enténdese por literatura infantil aquela escrita pensando no público infantil como destinatario, máis o conxunto de textos literarios que a sociedade considerou aptos para os máis pequenos, pero que en orixe escribíronse pensando en lectores adultos (por exemplo As viaxes de Gulliver ou Platero e eu).

Noutro sentido do termo, menos habitual, abrangue así mesmo as pezas literarias escritas polos propios nenos. Por outra banda, ás veces considérase que o concepto inclúe a literatura xuvenil, escrita por ou para os adolescentes; pero o máis correcto é denominar ó conxunto literatura infantil e xuvenil.)

María Xosé Cimadevila

María Xosé Cimadevila Cea, nada na Estrada e finada o 8 de xuño de 2005, foi unha política galega do PPdeG.

Medalla Castelao

A Medalla Castelao é un recoñecemento honorífico creado pola Xunta de Galicia para homenaxear a aquelas persoas ou institucións que desenvolveran, dentro ou fóra de Galicia, unha obra artística, literaria, cultural, científica ou en calquera outra liña que o faga merecedor desta distinción.

O ponche dos desexos

O ponche dos desexos: infernalcoholeosatanarqueolóxico (título orixinal en alemán, Der satanarchäolügenialkohöllische Wunschpunsch), é unha novela de Michael Ende publicada orixinalmente en 1989. A novela foi galardoada co premio literario suízo "La vache qui lit" no ano 1990.

Foi traducida ao galego por Ramón Lorenzo e Úrsula Heinze, e publicada en 1990 por S.M. No ano 1990, a tradución gañou o Premio Ramón Cabanillas de Tradución.

Rafael Martínez Cortiña

Rafael Martínez Cortiña, nado en Lugo o 11 de abril de 1937 e finado o 6 de febreiro de 2007, foi un economista e escritor galego.

Ramón García Briones

Ramón García Briones, nado en Vilagarcía de Arousa o 20 de marzo de 1912 e finado no mesmo concello o 11 de maio de 1991, foi un economista galego coñecido por ser o impulsor de distintos proxectos de mellora das instalacións portuarias desta vila.

Ramón Lorenzo

Ramón Lorenzo Vázquez, nado en Eirapedriña (Ames) o 16 de setembro de 1935, é un estudoso da lingua galega e da prosa medieval, catedrático de Lingüística e Literatura galegas na Universidade de Santiago de Compostela dende 1981 e membro da RAG desde 1999.

Roberto Tojeiro Rodríguez

Roberto Tojeiro Rodríguez, nado nas Pontes de García Rodríguez en setembro de 1961, é un empresario galego.

Román García Varela

Román García Varela, nado en Sarria o 23 de decembro de 1940, é un xuíz galego.

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez, nado en Teis (Vigo) o 13 de xuño de 1950, é un político e intelectual galego. En 2004 recibiu a Medalla Castelao.

Érguete

Érguete é unha entidade sen ánimo de lucro con sede na cidade de Vigo, que xurdiu para axudar a persoas drogodependentes. Pretende realizar fins de interese xeral para a comunidade encamiñados a facilitar a incorporación sociolaboral de persoas en risco ou situación de exclusión social, cunha metodoloxía de traballo fundamentada na inserción.

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.