Óxido de ferro

Os óxidos de ferro son compostos químicos formados por ferro e osíxeno. Coñécense 16 óxidos de ferro.

Estes compostos son óxidos (hematita, magnetita, maghemita, β-Fe2O3, ε-Fe2O3, Wüstite), ou hidróxidos e oxihidróxidos (goetita, lepidocrocita, akaganeíta, feroxihita, δ-FeOOH, FeO(OH) de alta presión, ferrihidrita, bernalita, Fe(OH)2).

Algúns destes óxidos son utilizados en cerámica, particularmente en vidrados. Os óxidos de ferro, como os óxidos doutros metais, proveñen a cor dalgúns vidros despois de ser quentados a altas temperaturas. Tamén son usados como pigmento.

IronOxidePigmentUSGOV
Pigmento de óxido de ferro.

Óxidos de ferro

  • Óxido de ferro (II) ou óxido ferroso (FeO). O po de óxido ferroso pode causar explosións xa que literalmente entra en combustión.
  • Óxido de ferro (III) ou óxido férrico (Fe2O3). No seu estado natural é coñecido como hematita. Tamén é purificado para o seu uso como soporte de almacenamento magnético en son e informática. Esta é a forma de óxido comunmente vista en ferros e estruturas de aceiro oxidadas que ataca desde pontes até carrocerías de automóbiles e que é tremendamente destrutiva.
  • Óxido de ferro (II, III) ou óxido ferroso férrico (Fe3O4). No seu estado natural é coñecido como magnetita, un mineral de cor negra que constitúe unha das fontes principais de obtención de ferro. Esta forma de óxido tende a ocorrer cando o ferro se oxida baixo a auga e por iso é frecuente encontralo dentro de tanques ou baixo a liña de flotación dos barcos.

A variedade de cores de óxido de ferro III (azul, verde e violeta) que simula o atardecer, débese principalmente á habilidade do ferro de cambiar os seus electróns no penúltimo nivel de enerxía con modificación no spin. Disto inflúese, que a camuflaxe das iguanas se debe á inclusión deste elemento sobre a súa pel.

Hidróxidos de ferro

  • Hidróxido de ferro (II) Fe (OH)2. É de cor verde.
  • Hidróxido de ferro (III) Fe (OH)3. É de cor marrón escura.
  • Oxihidróxido de ferro (III) FeO (OH). No seu estado natural coñécese como goetita. É de cor rubia marrón. Tamén se atopa conformando os seguintes minerais: sideroxel, limonita e feroxihita; ademais de existir unha variante coñecida como lepidocrocita.
Actinolita

A actinolita (do grego aktis, raio) é un mineral de silicato composto por hidróxido de silicato de ferro, magnesio e calcio, que presenta a fórmula química: Ca2(Mg,Fe)5Si8O22(OH)2

Alto forno

Alto forno é como se chama a construción utilizada na siderurxia, de tamaño variábel, e de forma aproximadamente cilíndrica, feita de aceiro revestido internamente con material refractario, onde é fundido o mineral de ferro a fin de transformalo en ferro-gusa.

Alxibe

Un alxibe (do árabe hispano alǧúbb, algúbb, e este do árabe clásico جب, gubb) é un depósito, polo xeral subterráneo, onde se recolle e se almacena auga xeralmente potábel ou incluso outros líquidos. Podería ser sinónimos con algunhas diferenzas cisterna, pozo ou fosa. Adoita cubrirse cunha bóveda de canón ou lixeiramente apuntada ou en cúpula de casquete, erguida en tixolo. A auga dos alxibes adoita proceder da choiva das cubertas das casas ou de traídas, habitualmente, que se conduce mediante canalizacións. Normalmente é subterráneo, total ou parcialmente, aínda que tamén poden atoparse en construcións escavadas en zonas onde existen grandes moles rochosas. Cómpre non confudir este termo co de talla ou cántaro: depósito destinado a transportar líquidos. En Galicia, por mor da abundancia de precipitacións, non son comúns como en zonas mediterráneas, ou noutros países secos.

Adoita estar construído con tixolos unidos con morteiro. As paredes internas adoitan estar recubertas dunha mestura de cal, area, óxido de ferro, arxila vermella e resina de lentisco, para impedir filtracións e a putrescencia da auga que contén.

Os modernos adoitan estar construídos de formigón e azulexos.

Biotita

A biotita é un tipo de mica de cor negra que fundamentalmente contén silicatos de aluminio e ferro. É un mineral frecuente en moitos tipos de rochas, e por tanto xunto coa moscovita, son as micas máis abundantes da Terra. É moi habitual atopala en moitas rochas graníticas de Galicia.

Caolinita

A caolinita é un mineral da arxila, de uso industrial, que ten a composición química Al2Si2O5(OH)4. É un mineral do grupo dos filosilicatos constituído por capas, formado por unha lámina tetraédrica (t) de sílice (SiO4) que está unida por átomos de oxíxeno a unha lámina octaédrica (o) de alúmina (AlO6). estas capas t-o son neutras electricamente e están unidas ás seguintes por enlaces de Van der Waals.As rochas ou depósitos sedimentarios que son ricos en caolinita denomínanse caolín. No caolín o mineral máis abundante é a caolinita, pero tamén contén menores proporcións doutros minerais da arxila moi similares. O nome caolín considérase que deriva do chinés Kao-Ling (高岭/高嶺, en pinyín Gāolǐng, que significa 'montañas altas'), que é unha vila preto de Jingdezhen, na provincia de Jiangxi, China. O nome kaolin foi publicado en 1727 nos informes de Jingdeshen escritos en francés polo xesuíta Francois Xavier d'Entrecolles, nos que se explicaba a fabricación da porcelana.A caolinita, a diferenza doutros minerais das arxilas, ten unha baixa capacidade de cambiar de volume por inchamento e encollemento e unha baixa capacidade de intercambio de catións (1–15 meq/100 g). É un mineral xeralmente branco, suave, terroso, un filosilicatro da arxila dioctaédrico (cada oxíxeno ou grupo OH está rodeado por só dous catións), producido por alteración química dos minerais de aluminosilicatos como o feldespato. En moitas partes do mundo, ten unha cor entre rosa, laranxa e vermello debido á presenza de óxido de ferro, o que lle dá un claro ton de óxido. En concentracións baixas toma cor branca, amarela ou alaranxada clara. Ás veces aparece con capas alternantes en cor, como no xacemento de Providence Canyon State Park en Xeorxia, Estados Unidos. O caolín comercial subminístrase e transpórtase como po seco, nódulos semisecos ou como líquido de consistencia lodosa. Utilízase na industria do papel, porcelana e cosmética, principalmente.

Cromo

O cromo é un elemento químico de número atómico 24 que se atopa no grupo 6 da táboa periódica dos elementos. O seu símbolo é Cr. É un metal que se emprega especialmente en metalurxia.

Diorita

A diorita é unha rocha ígnea composta de feldespato e un ou varios minerais do grupo da mica, da anfibolita e do piroxeno. Emprégase xeralmente na construción cas mesmas aplicacións que un granito.

Estepa (bioma)

A estepa é un bioma que comprende un territorio chan e extenso, de vexetación herbácea, propio de climas extremos e escasas precipitacións. Tamén se asocia a un deserto frío para establecer unha diferenza cos desertos tórridos. Estas rexións áchanse lonxe do mar, con clima árido continental, unha grande amplitude térmica entre verán e inverno e precipitacións que non chegan ós 500 mm anuais. Predominan as herbas baixas e matogueiras. O solo contén moitos minerais e pouca materia orgánica; tamén hai zonas da estepa cun alto contido en óxido de ferro o que lle outorga unha tonalidade avermellada á terra.

Ferro

O ferro (do latín ferrum) é un elemento químico, símbolo Fe, de número atómico 26 (26 protóns e 26 electróns ) e masa atómica 56 u. A temperatura ambiente, o ferro atópase en estado sólido.

É extraído da natureza baixo a forma de mineral de ferro que, despois de distintos procesos de transformación, é usado na forma de lingotes. Se se engade carbono dáse orixe a varias formas de aceiro.

Este metal de transición atópase no grupo 8B da Clasificación Periódica dos Elementos. É o cuarto elemento máis abundante da codia terrestre (aproximadamente 5%) e, entre os metais, soamente o aluminio é máis abundante. Tamén é un dos elementos máis abundantes do Universo. O núcleo da Terra está formado principalmente por ferro e níquel (NiFe), xerando un campo magnético.O ferro foi historicamente importante, e un período da historia recibiu o nome de Idade de Ferro.

Actualmente é utilizado para a fabricación de ferramentas, máquinas, vehículos de transporte (automóbeis, navios etc.), como elemento estrutural de pontes, edificios, e infinidade doutras aplicacións.

Magnetorrecepción

A magnetorrecepción é a capacidade que teñen algúns seres vivos de detectar a dirección e sentido do campo magnético, obtendo así información sobre o sentido e latitude. Os primeiros animais nos que se descubriu este sentido foron as pombas mensaxeiras, para as cales é un importante (pero non o único) medio de orientación. Descubriuse logo que tamén o tiñan outras aves, algunhas tartarugas e insectos como as abellas, fungos e até certas bacterias.Os seres humanos teñen depósitos de materiais magnéticos no óso etmoide do nariz, e hai indicios dunha certa capacidade de magnetorrecepción.Suponse que tanto nas pombas mensaxeiras como nas troitas, e en certas bacterias, o sensor consiste nuns cristais de magnetita, (óxido de ferro), conectados con outros orgánulos transdutores aínda non ben comprendidos. As bacterias magnetotáticas e os fungos conteñen órganos chamados magnetosomas que conteñen a magnetita. Nas abellas, a magnetita está embutida nas membrana celular de certos grupos de neuronas e crese que cando se reorienta seguindo o campo magnético terrestre induce correntes que modifican a polarización celular. Os únicos magnetorreceptores demostrados atópanse en varias bacterias e fitoplancto, que conteñen cristais, ora de magnetita, ora de greixita, un sulfuro de ferro que tamén é ferrimagnético.Máis aló dos cristais magnéticos, postuláronse outros medios polos que os seres vivos perciben os campos magnéticos. As quenllas e as raias, os chamados elasmobranquios, teñen canles no interior do seu corpo que funcionan a xeito de cables eléctricos, e cuxo movemento en principio podería servir para detectar a orientación do campo magnético. Outro mecanismo proposto máis recentemente baséase en reaccións bioquímicas.

A influencia de campos magnéticos en reaccións químicas habitualmente é extremadamente débil. Porén, en moitas reaccións redox fotoquímicas a velocidade de reacción está determinada por procesos de transferencia electrónica; en certos casos particulares, os electróns implicados interaccionan durante certo tempo cos xiros nucleares, e esta interacción pode ser enormemente sensible á orientación do campo magnético. Propuxéronse reaccións de criptocromos, moléculas que se atopan nos ollos dalgúns paxaros migratorios, que poderían servir para este fin.

Marte

Marte é o cuarto planeta do Sistema Solar pola súa proximidade ao Sol. Chamado así polo deus da guerra da mitoloxía romana Marte, recibe ás veces o alcume de planeta vermello debido á aparencia avermellada que lle confire o óxido de ferro que domina a súa superficie. Ten unha atmosfera delgada formada por dióxido de carbono, e dúas lúas, pequenas e deformadas,: Fobos e Deimos, posibelmente asteroides capturados polo planeta, así mesmo ten apenas un cuarto da superficie da Terra e apenas un décimo da súa masa. Forma parte dos chamados planetas telúricos (de natureza rochosa, como a Terra) e é o planeta interior máis afastado do Sol. É, en moitos aspectos, o máis parecido á Terra.

Aínda que en aparencia podería parecer un planeta morto, non o é. Os seus campos de dunas seguen sendo mecidos polo vento marciano, os seus casquetes polares cambian coas estacións e ata parece que hai algúns pequenos fluxos estacionais de auga.Tycho Brahe mediu con gran precisión o movemento de Marte no ceo. Os datos sobre o movemento retrógrado aparente (os chamados "lazos") permitiron a Kepler achar a natureza elíptica da súa órbita e determinar as leis do movemento planetario coñecidas como leis de Kepler.

Forma parte dos planetas superiores á Terra, que son aqueles que nunca pasan entre o Sol e a Terra. As súas fases (porción iluminada vista desde a Terra) están pouco marcadas, feito que é fácil de demostrar xeométricamente. Considerando o triángulo Sol-Terra-Marte, o ángulo de fase é o que forman o Sol e a Terra vistos desde Marte. Alcanza o seu valor máximo nas cuadraturas cando o triángulo STM é rectángulo na Terra. Para Marte, este ángulo de fase non é nunca maior de 42°, e o seu aspecto de disco giboso é análogo ao que presenta a Lúa 3,5 días antes ou logo da Lúa chea. Esta fase, visible cun telescopio de afeccionado, non logrou ser vista por Galileo, quen só supuxo a súa existencia.

Mármore

O mármore é un tipo de rocha compacta formada a partir de rochas calcarias que, sometidas a elevadas temperaturas e presións, acadan un alto grao de cristalización. O compoñente básico do mármore é o carbonato cálcico, cuxo contido supera o 90%; os demais compoñentes son considerados impurezas, sendo estas as que nos dan a grande variedade de cores nos mármores, e definen as súas características físicas. Tras un proceso de pulido por abrasión o mármore acada un alto nivel de brillo natural, é dicir sen ceras nin compoñentes químicos. O mármore emprégase principalmente na construción, decoración e escultura. Ás veces é translúcido, ou de diferentes cores, entre as que son máis frecuentes atópanse o branco, o marrón, o vermello, o verde, o negro, o gris, o azul e o amarelo. Tamén pode presentar unha coloración uniforme, xaspeada (a salpicaduras), veteada (tramado de liñas) e diversas configuracións ou mesturas entre elas.

Ocre

Ocre (do latín ojra, e este do grego ὤχρα, ojra, de ὠχρός, ojros, ‘amarelo’) é o nome da cor amarela escura ou amarela tirando a vermella típica da arxila da cor do óxido de ferro e de distintas tonalidades que adoita adoita ser amarelada, alaranxada ou avermellada.«Ocre» é tamén a denominación da cor dos minerais terrosos amarelados produto da oxidación de menas metalíferas onde non intervén o ferro, como o ocre de antimonio, de bismuto ou de níquel.O ocre tense empregado tradicionalmente como pigmento para pintura artística e para pintura corporal, e o seu uso remóntase á Prehistoria.

Olivina

A olivina (tamén chamada peridoto) é un mineral da clase dos silicatos cuxa fórmula química é (Mg,Fe,Mn)2·SiO4 (chamada forsterita se é de magnesio, fayalita se é de ferro e tefroíta se é de manganeso).

Oxidorredución

Chámase oxidorredución ou reacción de oxidación-redución ou de redución-oxidación ou reacción redox a toda reacción química na cal os átomos cambien o seu estado de oxidación; en xeral, as reaccións redox implican a transferencia de electróns entre especies químicas.

A reacción pode ser ou ben un proceso redox simple, como a oxidación do carbono para dar dióxido de carbono (CO2) ou a redución do carbono polo hidróxeno para orixinar metano (CH4), ou ben un proceso complexo como a oxidación da glicosa (C6H12O6) no metabolismo humano por medio dunha serie de complexos procesos de transferencia de electróns.

O termo "oxidorredución" ou "redox" procede dos dous conceptos implicados na transferencia de electróns: redución e oxidación, que se poden explicar de maneira simple así:

Oxidación é a perda de electróns ou un incremento no estado de oxidación dunha molécula, átomo, ou ión.

Redución é a ganancia de electróns ou unha diminucuión no estado de oxidación dunha molécula, átomo, ou ión.Aínda que as reaccións de oxidación están xeralmente asociadas coa formación de óxidos ao reaccionar con moléculas de oxíxeno, estes son só exemplos específicos dun concepto máis xeral de reaccións que implican xeralmente a transferencia de electróns.

As reaccións redox teñen varias semellanzas coa reaccións ácido-base. Igual que as reaccións ácido-base, as reaccións redox prodúcense á vez, é dicir, non pode haber unha reacción de oxidación sen que simultaneamente se produza unha reacción de redución. A oxidación por separado e a redución por separado denomínanse cada unha semirreacción, porque as dúas semirreaccións ocorren sempre xuntas para constiruíren a reacción completa redox. Cando se escriben semirreaccións, xeralmente inclúense a ganancia ou perda de electróns explicitamente para que queden equilibradas con respecto á carga eléctrica.

Aínda que estas descricións adoitan ser suficientes para moitos propósitos, non son totalmente precisas. A oxidación e redución realmente refírense a un cambio no estado de oxidación, e pode non haber transferencia real de electróns. Así, a oxidación defínese mellor como un incremento no estado de oxidación, e a redución como unha diminución no estado de oxidación. Na práctica, a transferencia de electróns sempre causa un cambio no estado de oxidación, pero hai moitas reaccións que se clasifican como "redox" e nas que non hai transferencia de electróns (como as que implican a enlaces covalentes).

Os termos oxidante/redutor e oxidado/reducido ás veces orixinan confusión, polo que debe terse en conta o seguinte:

Oxidante ou axente oxidante é (na definición xeral utilizada) o que capta electróns, polo que o seu estado de oxidación diminúe (polo que el se reduce). Pero ao quitarlle electróns a outra substancia, esa outra substancia oxídase (perde electróns).

Redutor ou axente redutor é o que cede electróns, polo que o seu estado de oxidación aumenta (polo que el se oxida). Pero ao ceder electróns a outra substancia, esa outra substancia redúcese (gaña electróns).

Periclasa

A periclasa ou periclasio un mineral da clase 04 (óxidos), segundo a clasificación de Strunz; é unha forma natural do óxido de magnesio (MgO). Antigamente denominada magnesia.Foi descuberto en 1840.A magnesia da rexión de Magnesia en Tesalia contiña tanto óxido de magnesio como carbonato de magnesio hidratado, así como óxido de ferro (como a magnetita). Así as chamadas na antigüidade pedras de Magnesia, coas súas propiedades magnéticas, foron as que deron nome ao magnetismo. Trituradas son un po branco, lixeiro, pouco soluble na auga, inodoro, con lixeiro sabor alcalino, usado en medicina como antiácido. Tamén pode ser utilizado contra o estrinximento.

Pintura

A pintura é a arte da representación gráfica utilizando pigmentos mesturados con outras substancias aglutinantes orgánicas ou sintéticas, en forma líquida a unha superficie bidimensional, co fin de coloreala, atribuíndolle matices, tons e texturas. Nesta arte empréganse técnicas de pintura, coñecementos de teoría da cor e de composición pictórica, e o debuxo. Nun sentido máis específico, a práctica da arte de pintar, consiste en aplicar, nunha superficie determinada -unha folla de papel, un lenzo, un muro (pintura mural ou de frescos), unha madeira, un fragmento de tecido etc.- unha técnica determinada, para obter unha composición de formas, cor, texturas, debuxos etc. dando lugar a unha obra de arte segundo algúns principios estéticos.

O arquitecto e teórico do clasicismo André Félibien, no século XVII, nun prólogo das Conferencias da Academia francesa fixo unha xerarquía dos xéneros da pintura clásica: «a historia, o retrato, a paisaxe, os mares, as flores e os froitos».

A pintura é unha das expresións artísticas máis antigas e unha das sete Belas Artes, e está incluída como materia na maior parte das licenciaturas nesta disciplina. En estética ou teoría da arte modernos a pintura está considerada como unha categoría universal que comprende todas as creacións artísticas feitas sobre superficies. Unha categoría aplicable a calquera técnica ou tipo de soporte físico ou material, incluíndo os soportes ou as técnicas efémeras así como os soportes ou as técnicas dixitais.

A pintura é considerada por moitos como un dos soportes artísticos tradicionais máis importantes; moitas das obras de arte máis importantes do mundo, tales como a Mona Lisa, son pinturas.

Diferénciase do deseño polo uso dos pigmentos líquidos e do uso constante da cor, mentres aquel apropiase principalmente de materiais secos.

Reacción química

Unha reacción química é un proceso no que unha ou máis substancias,os reactivos, se transforman noutras substancias diferentes, os produtos da reacción.

Un exemplo de reacción química é a formación de óxido de ferro producida ó reaccionar o osíxeno do aire co ferro.

Unha reacción química xorde da reordenación dos átomos presentes nos reactivos que ó reagrupárense de distinta maneira darán lugar ós produtos. Nunha reacción química rómpense ou fórmanse enlaces entre os átomos.

Unha reacción química pode representarse pola correspondente ecuación química, na cal se indican as fórmulas químicas dos reactivos e dos produtos. Con frecuencia, indícase tamén o estado dos mesmos mediante abreviaturas como s , estado sólido, l, estado líquido, g , estado gasoso.

Fe (s) + O2 (g) → FeO (s)

Os produtos obtidos a partir de certos tipos de reactivos dependen das condicións baixo as que se dá a reacción química. Pero aínda que os produtos poden variar segundo cambien as condicións, determinadas cantidades permanecen constantes en calquera reacción química. Estas cantidades constantes, as magnitudes conservadas, inclúen o número de cada tipo de átomos presentes, a carga eléctrica e a masa total.

Óxido

Un óxido é un composto químico formado por un ou máis átomos de osíxeno (O) unidos a un ou máis átomos doutro elemento. Exemplos: dióxido de carbono (CO2), monóxido de carbono (CO), óxido de ferro (FeO) etc.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.