Íñigo Errejón

Íñigo Errejón Galván, nado en Madrid en 1983, é un politicólogo e político español. É doutor[1] e investigador en Ciencia Política na Universidade Complutense de Madrid,[2] voceiro da Fundación CEPS (Centro de Estudos Políticos e Sociais)[3] e membro do consello editorial da revista de análise política Viento Sur.[4] No 2014, foi o director de campaña do partido político Podemos nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2014. Foi elixido deputado ao Congreso nas Eleccións xerais de decembro de 2015.

Íñigo Errejón
(Íñigo Errejón) El Somriure Dels Pobles III (27041450683) (cropped)
Nacemento14 de decembro de 1983
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónpolítico

Traxectoria

Orixes familiares e mocidade

Íñigo Errejón é fillo de José Antonio Errejón Villacieros, funcionario de carreira e alto cargo na Administración Xeral do Estado que durante a Transición militou no Partido del Trabajo de España,[5] e despois foi un dos asinantes do Manifesto de Tenerife, que marcou o nacemento de Los Verdes en España,[6] e formou parte de Izquierda Anticapitalista.[7] A súa nai, Angy Galván, é bióloga, feminista e activista, e membro de Podemos dende a súa fundación.[8][9]

Durante a súa mocidade, Iñigo Errejón foi scout e estivo achegado ó marxismo libertario.[10][11]

Controversia polo seu contrato coa Universidade de Málaga

O 17 de novembro de 2014, o xornal El Mundo publicou nun artigo o contrato que Errejón tiña dende marzo coa Universidade de Málaga (UMA). O proxecto La vivienda en Andalucía. Diagnóstico, análisis y propuestas de políticas públicas para la desmercantilización de la vivienda estaba dirixido por Alberto Montero, profesor de Economía Aplicada na UMA e vicepresidente da Fundación CEPS, da cal Errejón é voceiro. Errejón foi o único candidato presentado ó posto de investigación.

Podemos considerou o caso unha «campaña de difamación» contra Errejón, por tratarse dunha das facianas máis visibles da formación emerxente.[12][13]

En marzo de 2016, a Universidade de Málaga resolveu nun expediente sancionador que Errejón cometera dúas «faltas disciplinarias» derivadas de: 1. «non ter desenvolvido o seu traballo conforme ós termos e cláusulas» por non realizar o traballo de maneira presencial. 2. «non ter solicitado a compatibilidade para o exercicio de actividades privadas desenvolvidas durante a súa vixencia» por ter compatibilizado o traballo coa remuneración percibida da súa función en Podemos. Isto acarreu a súa inhabilitación para trabajllar na UMA en proxectos de investigación de características semellantes.[14] Finalmente a universidade non sancionou a Errejón.[15]

En xuño de 2016, o xulgado de Instrución número 13 de Málaga acordou arquivar a causa que investigaba supostas irregularidades no contrato laboral de Iñigo Errejón como investigador na Universidade de Málaga presentada por Manos Limpias.[16]

Notas

  1. Tamames, Ramón (15 de xullo de 2015). ¿Podemos?: Un viaje de la nada hacia el poder (en castelán). Kailas Editorial. ISBN 9788416023684.
  2. Instituto Complutense de Estudios Internacionales. "Áreas de investigación: Gobierno, políticas públicas y democracia".
  3. Organigrama de la Fundación CEPS. Consultado o 26 de setembro de 2014.
  4. Sanz, Segundo (16 de xuño de 2014). "Quién es quién en Izquierda Anticapitalista, el partido que mueve los hilos dentro de Podemos". Vozpópuli.
  5. Galán, Lola (14 de abril de 1985). "Un partido sin líderes". Consultado o 26 de xuño de 2014.
  6. Cabal, Esteban. Historia de Los Verdes. Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2014. Consultado o 26 de xuño de 2014.
  7. Sanz, Segundo (19 de xuño de 2014). "El padre de Errejón (Podemos) acusa a Cebrián de impulsar una "operación" para salvar la Corona". vozpópuli. Consultado o 26 de xuño de 2014.
  8. "Angy Galván". www.huffingtonpost.es. Consultado o 16 de xaneiro de 2017.
  9. "El orgullo de Íñigo Errejón por la intervención de su madre en la Universidad de Podemos". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de outubro de 2016. Consultado o 16 de xaneiro de 2017.
  10. "El libertario de Pozuelo". Consultado o 6 de febreiro de 2017.
  11. Pina, Mariana (27 de decembro de 2014). "El pasado scout de Iñigo Errejón (Podemos) acusa a Cebrián de impulsar una "operación" para salvar la Corona". ABC.
  12. F. Manetto (4 de decembro de 2014). "Podemos atribuye el caso a “una campaña de difamación”". EL País.
  13. Publico/Europa Press (4 de decembro de 2014). "Podemos: "Una minoría privilegiada reacciona con furia ante la posibilidad del cambio"". Público. Consultado o 5 de decembro de 2014.
  14. "La UMA cierra el caso Errejón con la inhabilitación del político de Podemos" (en castelán). 4 de marzo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2016. Consultado o 23 de agosto de 2016.
  15. "La Universidad de Málaga no llegó a sancionar a Errejón por su trabajo a distancia".
  16. Europa Press (7 de xuño de 2016). "Un juez archiva la causa contra Errejón por su contrato como investigador con la Universidad de Málaga". eldiario.es.

Véxase tamén

Ligazóns externas

José Manuel Maza

José Manuel Maza Martín, nado en Madrid o 23 de outubro de 1951 e finado en Buenos Aires o 18 de novembro de 2017, foi un maxistrado, criminólogo e escritor español. Foi Fiscal Xeral do Estado desde 2016 até a súa morte.

Máis País

Máis País é un partido político progresista e ecoloxista español, fundado en 2019.

Más Madrid

Máis Madrid (Castelán: Más Madrid) é unha plataforma política madrileña de esquerdas impulsada pola actual alcaldesa da cidade Manuela Carmena.

Podemos

Podemos é un partido político español fundado en xaneiro de 2014, cuxo secretario xeral é Pablo Iglesias Turrión.Catro meses despois da súa formación, Podemos participou nas eleccións europeas de 2014, logrando cinco escanos (de 54) co 7,98 % dos votos, o que o converteu no cuarto partido máis votado de España. No primeiros vinte días que permitiu a inscrición, reuniu máis de 100 000 membros, converténdose no terceiro partido en número de afiliados. En outubro ostentaba xa o segundo lugar, con máis de 200 000. Tamén chegou a aparecer como o primeiro partido do país en intención directa de voto, segundo as enquisas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.