Érbedo

O érbedo (Arbutus unedo) é un arbusto da familia das ericáceas, que produce uns froitos esféricos brandos entre vermellos e laranxas (fartabellacos ou morotes). Dáse nos vales interiores dos grandes ríos, onda o clima mediterráneo.

Érbedo
Follas e froito do érbedo

Follas e froito do érbedo
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Ericales
Familia: Ericaceae
Xénero: Arbutus
Especie: A. unedo
Nome binomial
Arbutus unedo
L.
Área de distribución do érbedo en Galicia

Área de distribución do érbedo en Galicia
Sinonimia[Cómpre referencia]
  • Unedo edulis Hoffmanns.
  • Arbutus vulgaris Bubani
Arbouse
Froitos
Arbutusunedo01
Arbusto

Etimoloxía

Das características anteriores vénlle o nome científico, pois en latín:

  • arbutus (lat.) diminutivo de arbor, por ser unha pequena árbore ou de arboix, áspero, polas rugosidades do seu froito;
  • unedo procede de unum (lat.), un + edo (lat.), comer; e dicir, comer un só, en alusión a que comidos en cantidade poden producir borracheira a causa do seu leve contido en alcol cando está sobremadurado.

Nome vulgar

Recibe en galego numerosos nomes comúns como: moragueiro, meroteiro, medroñeiro, madroño, esbedro, érbido, erbideiro, erbedro, érbedo, erbedeiro, érbeda, érbado, erbadeiro, ébedro, cabida, arbideiro, albelo, albeldreiro, albedro e albedredo[1]. A formación de érbedos denomínase erbedal ou erbededo.

Do seu nome parece ser que procede o topónimo Alvedro en Culleredo, lugar onde se instalou o aeroporto da Coruña.

Descrición

Arbusto ou pequena árbore que pode chegar ata 10 m. Sistema radical forte, que forma unha gran cepa. Tronco curto. Cortiza delgada, parda-avermellada, gretada e caediza en pequenas tiras cando vella. Copa baixa, densa e irregularmente ovoide.

Follas persistentes, simples, alternas, algo coriáceas, oblongo-lanceoladas, case enteiras ou serradas, verde escuras e lustrosas na face, verde mate no envés, glabras excepto na base. Flores hermafroditas, corola urceolada, branca tirando de rosa a verdosa; as flores agrúpanse en panículas colgantes situadas ao final das ramas.

Florece en outono ou ao principio do inverno, a polinización é entomógama. O froito é unha baga globosa, verrugosa, pasando de verde, por amarela e escarlata a vermella escura ao final; madura no outono do ano seguinte coincidindo coa nova floración, aparecendo simultaneamente flores do ano e froitos do ano anterior.

Orixinaria do sur de Europa. Habita en matogueiras, bordo de bosques e ladeiras pedregosas de montañas. Espontánea nas zonas cálidas de Galicia (provincia de Ourense e o sur da de Lugo) e nas concas dos ríos.

Usos

Utilizada como ornamental, pois é árbore de aspecto elegante pola beleza da súa follaxe, ao que se engaden as flores e os froitos de cor vermello. Os froitos fermentados úsanse para elaborar licores e, en fresco, para aromatizar augardentes e preparar marmelada.

As follas e a cortiza son adstrinxentes e como tal combaten diarreas e a disentería; as follas tamén teñen propiedades antisépticas. A madeira tense utilizado en tornería; tamén arde moi ben mantendo moito tempo a brasa e dando calor; o carbón obtido é moi bo para as forxas.

Notas

  1. "Érbedo, albedro (Arbutus Unedo L.)". Atlas Lingüístico Galego. Consultado o 9 de setembro de 2016.

Véxase tamén

Bibliografía

Henrique Niño Ricoi, Carlos Silvar: Guía das Árbores de Galicia. Baía Edicións. ISBN 84-89803-75-7. Depósito legal: 1846/01.

Ligazóns externas

A borracheira na cultura popular galega

A acción de emborracharse, como os termos borracheira e borracho, reciben en Galicia numerosas denominacións, descritivas ou eufemísticas. Nesta sinonimia tan ampla inflúen diversos factores, como o rexistro do falante (culto, coloquial, vulgar) ou os distintos graos que se poden presentar, desde o resultante do consumo de pequenas cantidades, que conseguen achispar ou causar contenteira, ata a borracheira absoluta. Inclúense tamén algúns castelanismos que, por razóns eufemísticas, adoitan utilizarse para referirse a determinados feitos como o que nos ocupa, e como tamén acontece con realidades de carácter sexual ou escatolóxico:

Aballoarse, acamballarse, achisparse, afumarse, embebedarse, embriagarse, empiparse, encherse, enchisparse.Do mesmo xeito, son numerosísimas as formas de designar a un borracho (insistimos, nos seus diferentes graos):

Aballoado, achispado, aforador, afumado, alegre, alustrado, bébedo, bebido, borracheiro, borrachel, borrachento, borrachín, caneco, chiquiteiro, chispo, dipsómano, ebrio, embriagado, mamado, peneco, peneque, tomado.E, por outra banda, as formas de referirse á borracheira:

Asturiana, bebedeira, bebedela, borrachea, cagallón, calcada, candonga, candorga, carena, carpanta, carrada, chea, chispa, coello, cogorza, curda, ebriedade, embriaguez, filomena, gaita, galumera, jesusa, larada, lona, lorbaga, lupanda, merda, merluza, mona, pea, pedo, pelica, petenera, raposa, talanguera, talanquera, taranqueira, tallada, temulencia, toalla, tralla, tranca, trompa, trusca, turca.

Algarve

O Algarve é unha rexión administrativa de Portugal, situada no sur do territorio continental, constituída dende 2003 como Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional (CCDR). Ten unha superficie de 5.412 km² e 451.005 habitantes (2011). A actual rexión do Algarve correspóndese na súa totalidade coa antiga provincia do mesmo nome e co distrito de Faro.

O Algarve divídese en 16 concellos, e a súa capital é a localidade de Faro. A principal actividade económica da rexión é o turismo, atraído polas praias e o patrimonio cultural.

Arandeira

A arandeira ou herba dos arandos (Vaccinium myrtillus) é un arbusto da familia das ericáceas de froito comestíbel, o arando ou uva do monte.

Arando

O arando ou uva de monte é o froito das arandeiras, plantas do xénero Vaccinium. É unha baga pequena negro azulada ou vermella nalgunhas especies (arando vermello). Tradicionalmente non foi un froito cultivado comercialmente a grande escala, adoitaba apañarse das arandeiras bravas para ser consumido en fresco ou ben para confeitaría, para preparar zumes, marmeladas ou dar cor aos viños, sobre todo en Escandinavia e Polonia. Hoxe en día o seu consumo está a medrar polo que van sendo comúns as plantacións profesionais de arandeiras.

Ás veces recibe o nome culto de mirtilo.

Utilízase tamén como planta medicinal, de maneira que o arando conservado en augardente emprégase para aliviar as dores de estómago.

En Galiza consumíase no pasado especialmente nas montañas de Lugo e Ourense, onde medran as arandeiras da especie Vaccinium myrtillus. Hoxe en día comeza a se popularizar o seu consumo coma froito do bosque polo seu sabor e as súas propiedades saudábeis.

Arbusto

Un arbusto é un vexetal leñosos de mediano porte, entre as herbáceas e os árbores; é un termo difícil de describir e algunhas especies consideradas arbustos poden acadar tamaño de árbores en boas circunstancias.

A diferenza das árbores, que só teñen un só talo ou toro, considérase que os arbustos ramifican dende o chan, tendo polo tanto varios talos. Os arbustos poden ser miúdos, incluso de tamaños inferiores a moitas herbáceas, tamén son chamados neste caso gamallos (como é o caso das urces); outros poden acadar varios metros de altura, sendo considerados ás veces arboriñas (é o caso da abeleira).

Non todas as plantas lígneas ramificadas dende a base son consideradas arbustos; por exemplo, o tomiño (xénero Thymus) ou o cantroxo (xénero Lavandula) son matos leñosos ou, como tamén se di, subarbustos. Termos coma árbore, arbusto ou gamallo/mato describen biotipos na lingua común e son máis ou menos equivalentes doutros técnicos; os equivalentes botánicos para este concepto son os termos caméfito, nanofanerófito e microfanerófito.

É frecuente que especies que se presentan normalmente coma arbustos crezan coma árbores, ou onde as circunstancias ecolóxicas son distintas, como ocorre co Quercus coccifera no norte de África, ou por un esforzo deliberado no cultivo, como se ve ás veces co loendro (Nerium oleander).

As plantas rubideiras considéranse por algúns coma arbustos gateadores.

Baixa Limia - Serra do Xurés

O Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés é un parque natural e zona especial de conservación (ZEC) que abrangue tres concellos galegos denominado como tal en 1993, con 20 920 hectáreas e que en maio de 2009 foi declarado conxuntamente co parque limítrofe portugués Reserva da Biosfera pola UNESCO . Está situado no Sur da provincia de Ourense, e estende a súa zona de actuación ás montañas dos concellos de Entrimo, Lobios e Muíños, ata a fronteira con Portugal, limitando co Parque Nacional de Peneda-Gerês. Trátase dunha zona de montaña, na que o material xeolóxico predominante é o granito. Dentro dos seus límites están os circos glaciares situados a menor altitude da Península.

Bóveda

Bóveda é un concello galego da provincia de Lugo. Pertence á comarca da Terra de Lemos e ao partido xudicial de Monforte de Lemos. Ten unha poboación de 1.571 habitantes segundo o censo de 2014.O seu xentilicio (véxase no Galizionario) bovedés ou bovedense.

Situado ao sur da provincia linda co concello do Incio e Paradela ó norte, co concello de Monforte de Lemos ó sur, cos concellos da Pobra do Brollón e O Incio ó leste, e co concello do Saviñao ó oeste.

Carballeira

Unha carballeira ou touza é un lugar poboado de carballos (especies do xénero ‘’Quercus sp.’’).

Fraga (botánica)

Unha fraga é unha extensión de monte, polo xeral illado e de difícil acceso, poboado de distintas especies caducifolias, de herbas, mofos, fentos e liques e na que convive así mesmo unha gran diversidade de fauna. Sería polo tanto, un bosque ou unha foresta virxe ou primaria. Adoita referirse ao bosque atlántico, do que hoxe só quedan pequenas manchas por mor da acción do home.

Ás veces o termo fraga refírese simplemente a un bosque mixto ou simplemente unha arboreda brava.

Fragas do Eume

As fragas do Eume é un parque natural galego creado o 30 de xullo de 1997, ademais de ZEC, que abrangue 9.126 hectáreas nas beiras do río Eume. Son as fragas costeiras mellor conservadas de Europa, e un dos poucos bosques do seu tipo que quedan no continente. Esténdese polos concellos de Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez, todos eles da provincia da Coruña, e nel residen 521 persoas[cando?] dos cinco concellos anteriormente nomeados. A área declarada zona especial de conservación (ZEC) coinciden cos límites do parque natural.

O bosque tradicional atlántico conservouse na zona en todo o seu esplendor, sendo consideradas as fragas como un dos mellores bosques atlánticos termófilos do continente europeo. Malia ser a flora a alfaia das fragas, existindo raras especies de felgos que habitaban a terra hai millóns de anos, tamén destacan algunhas especies animais endémicas e en perigo de extinción, dende pequenos anfibios e réptiles, como a saramaganta, ata especies maiores, como o lobo ou diversas aves de rapina.

Froita silvestre

Froita silvestre é a denominación popular e gastronómica coa que se coñece un grupo de froitas miúdas e comestíbeis que tradicionalmente non se cultivaban senón que medraban en gamallos, arbustos e incluso árbores bravas nos bosques e fragas. Adoitan ser bagas doces ou un chisco acedas, zumarentas e intensamente coloreadas. Adoitan empregarse para elaborar zumes, marmeladas ou aromatizar bebidas e pratos, especialmente sobremesas coma tortas, iogures e xeados.

A comercialización en Galiza aínda non está xeralizada, con todo, as froitas bravas forman parte da cultura popular, xa que estes froitos son comúns en valados, bosques e camiños de todo o país: amoras, amorodos bravos, framboesas e arandos principalmente.

Os froitos do bosque son de especial importancia para a fauna salvaxe, e acostuman ser os máis atractivos polas súas cores intensas, que axudan ao espallamento das sementes das plantas. A meirande parte das bagas bravas son froitos do bosque comestíbeis, mais cómpre ter en conta que algúns son velenosos.

As súas fortes cores son pigmentos sintetizados pola planta. Algunhas pescudas descubriron propiedades medicinais dos polifenois pigmentados, coma flavonoide, antocianina, tanino e outros fitoquímicos localizados principalmente na pela e nas sementes. Por isto moirtos froitos silvestres teñen pigmentos antioxidantes e unha alta capacidade de absorción de radicais de osíxeno ("ORAC") entre alimentos vexetais. Son considerados alimentos moi saudábeis.

A nivel comercial e de cultivo coñécense coma froitas vermellas, froitas do bosque e moi comunmente co anglicismo: berries (bagas).

Garriga

En botánica, a garriga designa unha formación vexetal característica das rexións mediterráneas (phrygana en grego) .

Monte Aloia

O monte Aloia é un cumio situado na serra do Galiñeiro, declarado parque natural o 4 de decembro de 1978 e como zona especial de conservación (ZEC). Está situado no concello pontevedrés de Tui e ten unha extensión de 746 hectáreas. A súa vexetación está caracterizada por especies autóctonas acompañadas por especies de repoboación forestal. Posúe restos da cultura castrexa e elementos de interese etnográfico.

Parque Nacional de Peneda-Gerês

O Parque Nacional de Peneda-Gerês atópase no norte de Portugal, xunto a fronteira con Galicia.

Pazo de Hermida

O Pazo de Hermida é unha construción civil situada en Lestrobe, é un dos lugares máis singulares do concello de Dodro. Está declarado Ben de Interese Cultural con categoría de monumento. É coñecido tamén como Torres de Lestrobe, e actualmente é unha casa de turismo rural.

Serra da Enciña da Lastra

O Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra é unha paraxe protexida que comprende a contorna da serra da Enciña da Lastra, unha das serras orientais de Galiza. Está situado na zona nordés da provincia de Ourense, no concello de Rubiá, comarca de Valdeorras, xusto no límite coa comarca do Bierzo. Foi declarado parque natural no ano 2002. Ten unha extensión de 3151,67 ha e unha altitude media de 684 m.

O parque abrangue a serra e un val calcario de pendentes pronunciadas e cantís entre os que destacan a pena Falcoeira, o val do Inferno ou os penedos de Oulego. O río Sil discorre durante uns catro quilómetros polo extremo oriental do parque, remansado nese tramo polo encoro de Penarrubia. O outro curso de auga permanente é o río Galir, alén da existencia doutros regatos estacionais.Os puntos de máxima altitude da serra son O Piornal, con 1529 metros sobre o nivel do mar e a pena Tara, con 1089 metros, nos penedos de Oulego.

Área de especial interese faunístico e florístico pola seu carácter limítrofe entre a rexión mediterránea e a eurosiberiana, o parque abrangue a mellor representación de vexetación mediterránea en Galicia, con números endemismos de ámbito reducido. Posúe tamén destacadas poboacións de aves rapaces, entre as que destaca a presenza do voitre branco, aguia real e falcón peregrino. A menor dureza do solo calizo propiciou a formación de abundantes covas —que aquí se denominan palas— que acubillan importantes colonias de morcegos, das máis importantes de Galicia. Outro punto de interese radica na presenza de pasteiros mediterráneos característicos de zonas rochosas de montaña.

Uceira

Unha uceira ou uzal é un monte ou terreo poboado principalmente de uces (especies dos xéneros Erica e/ou Calluna). Outros nomes destas formacións son breixeira, moural e urceira.Atopamos uceiras en diferentes partes do mundo, sendo moi abundantes na Europa atlántica, como nas Illas Británicas e Galicia.

Árbore froiteira

Unha árbore froiteira é calquera árbore produtora de froitas; as estruturas formadas polo óvulo maduro dunha flor que contén unha ou máis sementes. Porén, xa que todas as plantas con flores producen froitos, o termo empregado na horticultura designa ás árbores que fornecen froitas coma alimento do ser humano. Esta designación inclúe tamén as árbores que producen núculas (noces), os chamados froitos secos. Aínda con ser botanicamente incorrecto, adóitase considerar árbore froiteira a que produce unhas envolturas exteriores carnosas en certas sementes; que son chamadas arilos (falsos froitos).

A disciplina científica e parte da agricultura que se ocupa do estudo dos froitos comestíbeis denomínase pomoloxía. Céntrase no desenvolvemento das técnicas de cultivo e os estudos fisiolóxicos das árbores froiteiras.

A horta onde hai diferentes árbores froiteiras recibe en Galicia o nome de pomar, especialmente cando son maceiras (de aí nome: pomo=mazá). En Galicia as froiteiras tradicionalmente cultivadas son a maceira, a ameixeira, a cerdeira e a pereira. No sur do país inclúense tamén a videira, a figueira, o pexegueiro e incluso o limoeiro e mais a oliveira (hoxe practicamente desaparecida). Recentemente entraron novas especies nas Rías Baixas coma o kiwi ou a feixoa. Nas fragas tamén aparecen árbores foriteiras bravas: a cerdeira brava, a pereira brava, a maceira brava, o abruñeiro, a sorbeira, o sabugueiro e nas zonas más cálidas o érbedo. Tamén son comúns bravos ou cultivados o castiñeiro, a abeleira e a nogueira, coma froitos secos.

Froiteiras de óso: xénero Prunus: pexego, ameixa...

Froiteiras de carabuña: pomos: maceira, pereira...

Cítricos: limeira, laranxeira, limoeiro, pomelo, mandarineira...

Árbores de froitos secos: abeleira, amendoeira, castiñeiro, nogueira...

Froiteiras tropicais: bananeira, mangueira, coco, anacardio etc.

Árbores senlleiras de Galicia

Unha árbore senlleira é unha árbore que, polas súas características extraordinarias ou destacábeis (tamaño, idade, significación histórica ou cultural, rareza, beleza etc.) é considerada reliquia botánica, obxecto de respecto veciñal e con valor científico, cultural, didáctico, paisaxístico ou ornamental. En Galiza aparecen no Catálogo galego de árbores senlleiras elaborado e regulado pola Xunta de Galicia dende o ano 2007 a través do Decreto 67/2007, do 22 de marzo coa finalidade de protexelas de riscos e ameazas, garantindo a súa conservación.

En Galiza salientan os carballos, castiñeiros, teixos e sobreiras como árbores autóctonas. Tamén aparecen moitas especies ornamentais como camelias, sequoias ou alciprestes.

Á hora de seleccionar os exemplares ou formacións senlleiras estúdase a idade dos exemplares, relevancia cultural (criterios históricos e tradicionais), valor estético (criterios estéticos e dendrométricos), rareza (criterios biolóxicos e ecolóxicos) na súa situación ou na súa distribución (criterios de situación) etc.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.