Égloga

A égloga, que vén do grego ἐκλογή extracto, peza escollida, do verbo λέγω escoller e de ἐκ de, desde, orixinada na época helenística, é dicir, no século III a.C., é un poema con extensión, límites temáticos e estruturais escasamente definidos. Polo que respecta ó tema, consiste nun pequeno cadro campestre mediante o cal é se representa a harmónica e paradisíaca relación do home coa natureza.

Na literatura galega encontramos, de Nicomedes Pastor Díaz, o texto Égloga de Belmiro e Benigno, que achega o queixume do labrego Belmiro pola súa amada, afogada, e o conforto que acada co seu amigo Benigno.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Anjo de terra

Anxo de terra (1ª edición, 1950) ou Anjo de terra (edición de 1980) é un libro de poemas de Ricardo Carballo Calero.

Armando Palacio Valdés

Armando Palacio Valdés, nado en Entralgo, Laviana, o 4 de outubro de 1853 e finado en Madrid o 29 de xaneiro de 1938, foi un escritor e crítico literario asturiano, pertencente ao Realismo do século XIX.

Dácil

Dácil ou Dacila é o nome dunha aborixe guanche da illa de Tenerife, filla do rei ou mencey Bencomo durante a conquista europea das illas Canarias no século XX.

Trátase dunha das protagonistas do poema épico Antigüedades de las Islas Afortunadas de Antonio de Viana, publicado en 1604, estando considerada por algúns historiadores modernos como unha personaxe ficticia.Segundo outros investigadores a personaxe existiu pero a lenda é falsa, xa que Dácil, filla de Bencomo e bautizada como Dona Mencia Bencomo, casaría con Adjoña, antigo mencey de Abona bautizado como Gaspar Hernández. Mentres que a outra filla de Bencomo casou con Juan Doramas, fillo do heroe de Gran Canaria Doramas.Algúns autores traducen o nome de Dácil como 'pegada, paso'.

Editorial Monterrey

Editorial Monterrey foi unha editorial galega fundada en Vigo en 1950 por Luís Viñas Cortegoso e Xosé María Álvarez Blázquez.

Garcilaso de la Vega

Garcilaso de la Vega, nado en Toledo contra o 1501 e finado o 14 de outubro de 1536 en Niza, foi un escritor español que desenvolveu a súa obra durante a primeira parte do reinado de Carlos I de España.

Foi defensor da causa do emperador en todo momento, incluso fronte aos comuneiros casteláns. Casou en 1525, pero ao ano seguinte coñeceu a Isabel Freyre, unha das damas portuguesas da emperatriz, da cal se namorou. Mais ela casou en 1529, o que produciu unha grave crise sentimental en Garcilaso. Isabel morreu de sobreparto en 1533. O seu amor imposible e a dor pola morte da dama deixaron un profundo baleiro nos seus poemas. En 1531 foi desterrado a unha illa do Danubio e despois a Nápoles por asistir ao matrimonio secreto, non autorizado polo emperador, dun dos seus sobriños. A súa estancia en Italia foi decisiva, pois alí relacionouse con importantes humanistas, leu e estudou os autores clásicos e escribiu os seus mellores versos. Faleceu en 1536 en Niza, como resultado dunha acción militar na Provenza.

Idade de ouro

A Idade de ouro (en grego antigo ξρυσόν γένος, en latín aurea aetas ou Saturnia regna "reino de Saturno") é o nome dado, na Grecia antiga e no mundo romano, ó mito que define o período seguinte á Creación do home e que se asocia coa inocencia e a felicidade, nunha clase de alegoría coa infancia da humanidade. Para os romanos esta idade estaba marcada tamén pola ausencia de tempo (sempre era primavera), que é quen altera e fai dexenerar as cousas. Por extensión aplícase tamén ó termo "idade de ouro" en períodos de auxe cultural de diferentes nacións. É unha das idades do home segundo Hesíodo.

Esta idade asimílase nun estilo de vida bucólico e pastoral (como a Arcadia mitolóxica), recreado en xéneros como a égloga, lonxe da cidade que é símbolo de pecado (esta asociación campo-virtude oposta a urbe-vicio é recorrente ó longo da historia da cultura); había poucos homes, que vivían sen necesidade de traballar pola abundancia de recursos e nunha igualdade perfecta (unha das metas da utopía política).

La Barraca

La Barraca foi un grupo universitario de teatro dirixido por Federico García Lorca. Tivo o seu nacemento ó pouco de instaurarse a Segunda República Española e dirixiuse a levar o teatro clásico español ás zonas con pouca actividade cultural na península, cousa que se facía nas vacacións universitarias.

A idea de Lorca era facer unha rexeneración do teatro a partir de afeccionados, e lonxe do sistema de produción teatral que se vivía naquel momento en España.

A súa vida estendeuse ata a guerra civil, con oito programas que combinou de diverso xeito, percorrendo España.

Acadou testemuñas exitosas en todos os ambientes, sendo hoxe considerado como un dos proxectos culturais máis interesantes dos que tivo a escena teatral española.

Literatura galega do Prerrexurdimento

Tradicionalmente, denomínase Prerrexurdimento o espazo de tempo transcorrido entre 1808 -ano do comezo da guerra contra o francés (1808-1814)- e 1863 (data da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro).

Lope de Vega

Félix Lope de Vega Carpio, nado en Madrid o 25 de novembro de 1562 e finado o 27 de agosto de 1635, foi un escritor español, considerado un dos máis importantes poetas e dramaturgos do Século de Ouro. Pola extensión da súa obra pódeselle considerar coma un dos autores máis prolíficos da literatura universal.

O chamado Fénix dos enxeños, Poeta do ceo e da terra e Monstro da Natureza (por Miguel de Cervantes) renovou as fórmulas do teatro español nun momento no que o teatro comezaba a ser un fenómeno cultural de masas. Máximo expoñente, xunto a Tirso de Molina e Calderón da Barca, do teatro barroco español, as súas obras seguen representándose na actualidade e constitúen unha das máis altas cotas alcanzadas na literatura e as artes españolas. Foi tamén un dos grandes líricos da lingua castelá e autor de varias novelas e obras narrativas longas en prosa e en verso.

Atribúenselle uns 3000 sonetos, tres novelas, catro novelas curtas, nove epopeas, tres poemas didácticos, e varios centenares de comedias (1800 segundo Juan Pérez de Montalbán). Amigo de Francisco de Quevedo e de Juan Ruiz de Alarcón, posto a mal con Luis de Góngora e en longa rivalidade con Cervantes, a súa vida foi tan extrema como a súa obra. Foi pai da tamén dramaturga sor Marcela de San Félix.

Luis Cernuda

Luis Cernuda Bidón, nado en Sevilla en 1902 e finado en México en 1963, foi un poeta español, membro da xeración do 27.

Luis de León

Luis de León, chamado frei Luis de León, nado en Belmonte (Cuenca) en 1527 ou 1528 e finado en Madrigal de las Altas Torres (Ávila) o 23 de agosto de 1591, foi un poeta, humanista e relixioso agostiño español.

Foi un dos escritores máis destacados da segunda metade do Renacemento español, xunto a Fernando de Herrera, Juan de la Cruz, Tareixa de Xesús, Francisco de Aldana ou Alonso de Ercilla. A súa poesía orixinal trata fundamentalmente de moral cotiá, excepto un número pequeno de odas de temática estritamente relixiosa. Todas elas tratan sobre o que debe facer o home para acadar a harmonía e o xusto medio como fin do individuo, algo que se poderá conseguir coa busca de Deus.

Miguel de Cervantes

Miguel de Cervantes Saavedra, nado en Alcalá de Henares o 29 de setembro de 1547 e finado en Madrid o 23 de abril de 1616, foi un escritor en lingua castelá de novela, poesía e teatro, considerado a máxima figura da literatura castelá. É universalmente coñecido, sobre todo, por ser o autor de Don Quixote da Mancha, que moitos críticos describen como a primeira novela moderna e unha das mellores obras da literatura universal. Iso deulle o sobrenome de "Príncipe dos Enxeños".

Nicomedes Pastor Díaz

Nicomedes Pastor Díaz Corbelle, nado en Viveiro o 15 de setembro de 1811 e finado en Madrid o 22 de marzo de 1863, foi un escritor, xornalista e político galego do Romanticismo.

Ramón Villarino de Sáa

Ramón Villarino de Sáa, nado en Xinzo de Limia en 1890 e finado en Ourense o 27 de marzo de 1959, foi un xurista, escritor, xornalista e político galego.

Teatro xesuíta

Denomínase teatro xesuíta a un xénero dramático representado nos colexios da Compañía de Xesús entre mediados do século XVI deica o XVIII como método pedagóxico que formase os alumnos na retórica ao tempo que instruía na doutrina católica. Inspirábanse nos recitados bíblicos ou haxiográficos cun elemento moralizador moi marcado, ao comezo eran modestas representacións anuais pero ao longo do XVII convertéronse en producións elaboradas, que competían co teatro profano, convertéronse en acontecementos sociais locais ao que asistían as elites das localidades onde se situaba o colexio.

Xosé María Álvarez Blázquez

Xosé María Álvarez Blázquez, nado en Tui o 5 de febreiro de 1915 e finado en Vigo o 2 de marzo de 1985, foi un escritor galego de poesía, narrativa e ensaio, arqueólogo, investigador e editor galeguista. Foi cronista oficial da cidade de Vigo desde 1976. É unha das figuras máis laboriosas da cultura galega, cunha grande actividade que vai dende a literatura (novela, poesía, teatro) ata a investigación como arqueólogo e a súa tarefa como editor e galeguista. Pertence a unha saga de escritores que ten os seus antecedentes no seu avó Emilio Álvarez Giménez, seguiu co seu tío Xerardo Álvarez Limeses e compartiu co seu irmán Emilio. É un dos representantes da poesía neotrobadoresca, vangarda poética xurdida ao redor de 1930 debida á difusión en Galiza da lírica medieval galego-portuguesa. En 2008 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Xoán Manuel Pintos

Xoán Manuel Pintos Villar, nado no Burgo (Pontevedra) o 16 de decembro de 1811 e finado en Vigo o 29 de xuño de 1876, foi un escritor galego. Está considerado un dos precursores do Rexurdimento literario, e dentro deles, pertencente á primeira xeración provincianista. A súa obra, como acontecía por norma xeral na época, está espallada en xornais, revistas e folletos, mais é A Gaita Gallega (1853), a única obra súa publicada en vida, a composición que o sitúa nun lugar importante dentro da literatura galega por ser a primeira escrita en galego moderno. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 1975.

Écfrase

A écfrase é unha figura retórica de pensamento na que se describe unha obra artística por medio da linguaxe. Podemos atopar exemplos deste tipo de figuras na Ilíada (XVIII,403-608), na que hai unha écfrase do escudo de Aquiles; na Égloga II de Garcilaso de la Vega, na que se nos presenta a écfrase dunha urna e o que representan os seus relevos; ou no libro Un home só na néboa (1989), de Miguel González Garcés, no que xuntou case cincuenta poemas que fan referencia explícita no seu título a algunha obra artística das tradicións oriental ou occidental, orixinando así cadansúa écfrase, non todas equiparables na súa respectiva organización interna nin na funcionalidade promovida. Dominan os textos vinculados coa pintura pero hai outros asociados a esculturas, debuxos, miniaturas ou baixorrelevos.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.