Ávila

Ávila é unha cidade española, en Castela e León, capital da provincia homónima. Situada a 1.128 m de altura, nun promontorio rochoso na beira dereita do río Adaja, afluente do Douro, é a capital de provincia sita a máis altitude de España, e a cuarta cidade máis alta de Europa. A súa área municipal acada 231,9 km². A súa poboación alcanzaba 52.612 habitantes en 2005. O xentilicio para se referir aos seus moradores é "abulenses".

Ávila. Murallas 1
Murallas e cidade de Ávila

Ávila de los Caballeros é un título honorífico da cidade. Outro é "Ávila del Rey", e aínda "Ávila de los leales". Entre 1482 e 1807 contou con unha universidade.

A cidade caracterízase, especialmente, por estar arrodeada dunha muralla medieval completa, de orixe románica. Tamén é unha das cidades con maior número de igrexas (románicas e góticas) con relación ao número dos seus habitantes. En 2012 o seu término municipal concentraba o 34% do total de poboación da provincia.

Trala fundación romana e a asimilación da poboación autóctona vetona da zona, pois non existen indicios claros dun asentamento prerromano no casco histórico, a cidade pasaría ao poder visigodo. Ávila caeu, do mesmo xeito que a maior parte do territorio peninsular, baixo dominio musulmá a comezos do século VIII, e non sería reconquistada de forma definitiva polas tropas cristiás ata o século XI. Experimentou un notable auxe durante o século XVI, para verse posteriormente sumida nunha prolongada crise e declive ata o século XIX, no cal a construción do ferrocarril conseguiu dar un empuxe ao desenvolvemento económico.

Ávila posúe os títulos de «Ávila do Rei», outorgado por Afonso VII, «Ávila dos Leais» outorgado por Afonso VIII e «Ávila dos Cabaleiros» outorgado por Afonso XI, todos eles presentes na bandeira da cidade. O aceno de identidade é a súa completa muralla medieval, de estilo románico, destacando tamén outras construcións representativas como a catedral do Salvador, cuxo ciborio móntase sobre a muralla, ou a basílica de San Vicente, foi considerada tradicionalmente como «cidade de cantos e de santos» e o seu casco histórico medieval, en excelente estado de conservación, foi declarado Patrimonio da Humanidade en 1985.

Coordenadas: 40°39′N 4°41′O / 40.650, -4.683

Ávila
Bandera de Ávila
Escudo de Ávila
Panorámica de Ávila
Catedral do Salvador de Ávila
Humilladero dos Catro Postes Porta do Alcázar
Localización
Ávila en España

Ávila
Ávila
Ávila en Provincia de Ávila

Ávila
Ávila
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaCastela e León Castela e León
ProvinciaÁvila
ComarcaÁvila
Xeografía
Altitude1.131 msnm
Superficie231,9 km²
Demografía
Poboación56.144 hab. (INE 2008)
Densidade242,1 hab./km²
Xentilicioabulense, avilés
Outros datos
Código postal05001 - 05006
AlcaldeMiguel Ángel García Nieto (PP)
www.avila.es

Toponimia

Existen diversas teorías relativas á orixe do nome da cidade. Por unha banda hai historiadores que crendo a palabra de orixe púnica asignan a esta o significado de «monte alto e crecido», mentres que outros investigadores concédenlle unha orixe hebrea, dando lugar á idea de «término ou confín». A partir do vasco, derivado, segundo o vasco iberismo, do idioma falado polos antigos pobos iberos, podería facer referencia a «breña, matogueira, monte baixo».[1] Por outra banda o historiador Joan Corominas propuxo unha orixe xermánica derivado do gótico Awilô ou Awila.[2][3] Houbo certa disputa no relativo a se a cidade vetona de Obila, descrita por Tolomeo na súa Geographia, correspóndese con Ávila, con todo esta relación non está clara.[4] A cidade chamouse oficialmente «Ávila dos Cabaleiros» ata o censo de 1877, ano en que perdeu esta designación e pasou a denominarse simplemente «Ávila».[5][6] O xentilicio co que se refire aos seus habitantes é «abulense»[7]

Historia

En tempos preromanos (século V antes de Cristo), Ávila foi habitada polos vetóns, que a chamaron Obila ("Alta Montaña") e construíron aquí unha das súas fortalezas máis fortes. Os vetóns deixaron vestixios do seu poboamento por toda a xeografía da provincia de Ávila, destacando as estatuas de pedra coñecidas xenericamente como verracos (porcos).

Puerta del alcazar
Porta de Alcázar

Ávila pode ser a antiga cidade coñecida como Abula, mencionada por Tolomeo na súa Geographia (II 6, 60) como sendo situado na rexión Ibérica de Bastetania. Abula menciónase como unha das primeiras cidades de Hispania que foi convertido en cristianismo por Segundo de Abula (San Segundo), con todo, Abula alternativamente, pode ser a localidade de Abla.[8]

Algúns historiadores apuntan que a actual cidade de Ávila foi fundada ex-novo polos romanos,[9] que denominárona Abila, Obila, Abyla ou Abela. O plano da cidade segue sendo tipicamente romana; de forma rectangular, coas súas dúas rúas principais (cardo e decumano máximo) que se cortan no foro no centro. Restos de pedras funerarias romanas atópanse incrustadas nas murallas da cidade nas entradas do leste e sur (agora o Alcázar e Porta do Rastro) colocadas como perpiaños.[10]

A tradición di que no século I, San Segundo, logo de viaxar a través da provincia romana de Bética, levou o Evanxeo a Ávila, e creou o seu primeiro bispado.[11]

Despois da caída do Imperio Romano de Occidente, Ávila converteuse nun bastión visigodo. Conquistada polos árabes que chamárona (Abila, آبلة), foi atacada en varias ocasións polos reinos cristiáns do norte ibérico, converténdose nunha terra de ninguén practicamente deshabitada. Foi repoboada aproximadamente no 1088 a raíz da reconquista definitiva da zona por Raimundo de Borgoña, xenro de Afonso VI de León e Castela. Contratouse a dous estranxeiros, Casandro Romano e Florin de Pituenga, para construír unha cidade fronteiriza con murallas de pedra que aínda se conservan.[12]

A cidade alcanzou un período de prosperidade baixo a Reis Católicos a principios do século XVI, e os seus sucesores Carlos V e Felipe II de España, pero comezou unha longa decadencia durante o século XVII, quedando reducida a apenas 4.000 habitantes.

No século XIX, houbo un crecemento da poboación coa construción da liña ferroviaria entre Madrid e a fronteira francesa en Irun e un importante nó preto da cidade. En 1936, co estalido da Guerra Civil española, a cidade converteuse rapidamente en parte ocupada polas tropas rebeldes. O crecemento continuou lentamente de novo baixo Franco, pero Ávila non tivo unha grande influencia na sociedade española da historia recente, agás do inicio da carreira política de Adolfo Suárez, o primeiro primeiro ministro español pos franquista elixido democraticamente, e José María Aznar, primeiro ministro entre 1996 e 2004, que representou a Ávila nas Cortes, pero que non era da cidade.

Clima

A situación da cidade na foxa e val de Amblés comporta unhas precipitacións anuais baixas fronte as zonas lindeiras. Esta sombra pluviométrica implica que o caudal do río Adaja estea practicamente seco durante varios meses do ano e que a cidade teña historicamente problemas de abastecemento de auga.

Arquitectura e monumentos

Ávila, ábside de San Pedro
Igrexa de San Pedro
Cidade vella de Ávila e igrexas de extramuros
Ávila 24-8-2002
Murallas de Ávila
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísEspaña España
Localización40°39′N 4°41′O / 40.650, -4.683
TipoCultural
CriteriosIII, IV
Inscrición1985 (extensión 2007)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador348
Ávila. Murallas 2
Murallas de Ávila
Catedral Ávila.a1
Catedral do Salvador

A cidade está declarada como "Monumento histórico e artístico nacional" desde 1884. Figura tamén na lista do Patrimonio Mundial da UNESCO desde 1985, como "Casco antigo de Ávila e igrexas extramuros".
Entre os seus monumental cabe destacar:

  • A muralla, construída entre os séculos XI a XIV, atinxe un perímetro de 2.500 m. de lonxitude, con 8 portas e 85 torres.
  • Catedral, erguida entre os séculos XII a XV.
  • Igrexa de San Vicente (séculos XII-XIV), pero con estrutura pricipal románica.
  • Igrexa de San Pedro, tamén románica.
  • Mosteiro de San Tomé (Santo Tomás), do século XV, ao tempo antiga residencia estival dos Reis Católicos.
  • Pazo dos Valderrábanos, século XV.
  • Casa dos Deáns, século XVI.
  • Torreón de los Guzmanes.
  • Pazo dos Verdugo, séculos XV-XVI.

Notas

  1. Ballesteros 1896, pp. 4.
  2. Corominas, Joan (1972). Topica Hesperica (primer volumen). pp. 58–59. ISBN 9788424904531.
  3. El Periódico del Tiétar, ed. (marzo de 2011). "El gentilicio de la gente de Ávila" (PDF). Periódico del Tiétar (36). Consultado o 13 de marzo de 2013.[Ligazón morta]
  4. Roldán Hervás 1968, pp. 86, 91-92.
  5. Ruiz-Ayúcar, Juan (20 de maio de 2013). "150 municipios de Ávila modificaron su nombre desde mediados del siglo XIX". Diario de Ávila. Consultado o 22 de xuño de 2013.
  6. Ministerio de Administraciones Públicas (outubro de 2008). Ministerio de Administraciones Públicas. Secretaría General Técnica, ed. "Variacións dos municipios de España desde 1842" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de setembro de 2013. Consultado o 22 de xuño de 2013.
  7. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para abulenses.
  8. Avitiano (23 de decembro de 2008). "Abulenses". Centro de estudios abulenses. Consultado o 20 de febreiro de 2009.
  9. Fabián García 2007, pp. 93.
  10. Almarza, Armando Ríos (2007). Apuntes de Ávila. Ávila: Ayuntamiento de Ávila. ISBN 978-84-606-4259-6. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 05 de marzo de 2016.
  11. Edición electrónica de The Cathedrals of Northern Spain, de acceso libre no Proxecto Gutenberg
  12. Ford, Richard (1855). A handbook for travellers in Spain 2. London: John Murray. p. 744.
  13. "Valores Climatológicos Normales. Ávila". Aemet.es. Consultado o 17 de marzo de 2015.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Adolfo Suárez

Adolfo Suárez González, nado en Cebreros (provincia de Ávila) o 25 de setembro de 1932 e finado en Madrid o 23 de marzo de 2014, foi un político español, presidente do Goberno español entre 1976 e 1981. No ano 1981 o Rei concedeulle o título de Duque de Suárez.

Afonso VIII de Castela

Afonso VIII de Castela, nado en Soria o 11 de novembro de 1155 e finado en Gutierre-Muñoz (Ávila) o 5 de outubro de 1214, foi un nobre castelán, rei de Castela dende 1158. Chamado tamén Afonso VIII de Borgoña, Afonso o das Navas e Afonso o Nobre.

Arévalo

Arévalo é unha localidade española, situada ao norte da provincia de Ávila na Comunidade Autónoma de Castela e León. Esta localidade limita ao norte cos municipios de Palacios de Goda e Donvidas; ao oeste con Aldeaseca e Nava de Arévalo; ao sur con Tiñosillos, Orbita, Gutierre-Muñoz e Espinosa de los Caballeros; e ao leste coa provincia de Segovia. Ten unha poboación de 8.099 habitantes (INE 2011).

Arévalo atópase na comarca de La Moraña a 827 metros de altitude, e é bañado polos ríos Adaja e Arevalillo, afluentes ambos do río Douro. A localidade conta cun municipio cunha extensión de 46,07 km². A comarca onde se sitúa Arévalo é coñecida pola súa produción agrícola de cereais de secaño asociados con leguminosas ademais da abundancia do piñeiro galego e os pastos de inverno.

Caracas

Caracas, cidade fundada o 25 de xullo de 1567 co nome de Santiago León de Caracas polo explorador español Diego de Losada é a capital da República Bolivariana de Venezuela, e o maior centro administrativo, financeiro, político, comercial e cultural desta nación.

A cidade ten 2 073 768 habitantes e, coa súa área metropolitana chega aos 5 000 000.

Localízase na zona costeira centro-norte do país, a uns 15 km da costa do mar Caribe, dentro dun val montañoso situado entre os 760 e os 910 msnm.

O Parque Nacional Waraira Repano, coñecido como El Cerro Ávila, unha parede de montañas que superan os 2130 m, é o accidente xeográfico que separa a cidade do litoral central, co cal se conecta a través da autoestrada Caracas-La Guaira, que conduce ao estado Vargas, así como ao principal aeroporto internacional (Maiquetía) e ao segundo porto do país (La Guaira).

A primeira autoridade civil, política e administrativa é o alcalde maior de Caracas, titular do Distrito Metropolitano de Caracas, unha entidade de coordinación político-administrativa que agrupa o municipio Libertador do Distrito Capital e os municipios de Baruta, Chacao, El Hatillo e Sucre, do estado Miranda, sen menoscabar a integridade territorial nin as competencias de ambas as entidades federais.

Caracas foi considerada como un dos centros culturais, turísticos, industriais e económicos máis importantes de América Latina.

Castela e León

Castela e León (en castelán: Castilla y León, en leonés: Castiella y Llión) é unha comunidade autónoma constituída en 1983, cuxo territorio se sitúa na parte centro-norte do territorio español. Limita ó oeste con Galicia e Portugal; ó norte con Asturias, Cantabria, País Vasco e A Rioxa; ó leste con Aragón; e ó sur con Estremadura, Comunidade de Madrid e Castela-A Mancha.

Forman esta comunidade nove provincias: Ávila, Burgos, León, Palencia, Salamanca, Segovia, Soria, Valladolid e Zamora; sendo a comunidade autónoma española con máis provincias. É a rexión máis extensa de Europa.

Comunidade autónoma

Unha comunidade autónoma é unha entidade territorial que, dentro do ordenamento constitucional do Estado español, está dotada de certa autonomía lexislativa e competencias executivas, así como da facultade de administrarse mediante os seus propios representantes.

Comunidade de Madrid

A Comunidade de Madrid (en español: Comunidad de Madrid) é unha comunidade autónoma de España uniprovincial situada no centro da Península Ibérica, no centro da Meseta Central. Limita coas provincias de Guadalaxara, Cuenca, Toledo, Ávila e Segovia. A súa capital, Madrid, é tamén a capital de España. Non existe a Deputación ao ser uniprovincial.

A súa poboación estimada é de 6 661 949 habitantes (INE 2019) e a maioría concéntrase na área metropolitana da cidade.

Endovelico

Endovelico, tamén chamado Endovélico, Enobólico, Endovelicus, Endovellicus ou Vaelico, é un dos deuses galaicos, lusitanos, vetóns e celtiberos prerromanos da Idade de Ferro. O seu nome é de orixe celta e significa 'deus moi bo'.

Deus da saúde, protector da terra e da natureza, e vinculado ás forestas, aparece asociado ós animais (de feito, outra proposta respecto á etimoloxía do seu nome é que procede de *uailo, 'lobo', co superlativo *andei-, aínda que tamén se lle fai orixinario de *uell, 'bo'). A consideración de Endovélico como céltico ou lusitano non céltico provoca controversia entre os investigadores, como a propia caracterización do pobo lusitano, xa que se venera tamén entre os vettons da provincia de Ávila (en Postoloboso, Candeleda) co nome de Vellicus ou Vaelicus. Logo foi adaptado polos propios romanos, que o asimilaron á Esculapio ou a Serapis pola súa vertente sandadora, que segundo o arqueólogo portugués Vasconcellos era unha característica parcial procedente do seu aspecto ctónico (deus do interior da terra, do subterráneo, do Inframundo, do Hades ou infernal). Este aspecto tamén o relaciona coas minas, sobre todo no santuario de Postoloboso, Ávila, xa que o mesmo santuario era un lugar de extracción de ferro. O monte era o seu lugar de culto, como numen locis ou espírito protector do lugar (similar ás ninfas grecorromanas), relacionándose cons outros numens e divindades ctónicas. Estes santuarios son de difícil acceso, talvez buscando o misticismo e recollemento do oculto entre a frondosidade dos montes e os bosques e dando maior énfase ó carácter sagrado destas divindades, cuxos fieis atoparían nunha especie de peregrinación iniciática moi propia das sociedades teocráticas.

En Rocha da Mina, San Miguel de Mota (Portugal) e nas Minas de Río Tinto (Huelva), debido á poboación lusitana que traballou naquelas minas imperiais. Estes reúnen as características doutros santuarios dedicados a deuses do mundo subterráneo como o santuario de Pánoias en Vila Real (Portugal) dedicado a Serapis e outros deuses e o de Isis en Belo Claudia, Cádiz .

Estación de Madrid-Chamartín

A estación de Madrid-Chamartín é unha das estacións de tren da cidade de Madrid, situada no distrito de Chamartín, ao norte da capital, e nas proximidades do paseo da Castellana.

Centraliza tódalas comunicacións ferroviarias dende Madrid cara ao cuadrante noroeste da Península Ibérica, dende Salamanca ata Irún, a través das tres liñas principais que parten dela: a liña imperial ou liña xeral do norte (de Madrid a Irún pasando por Ávila, Valladolid, Burgos, Miranda de Ebro, Vitoria e Donostia), a directa Madrid - Burgos (directo de Burgos) e a nova L.A.V. Madrid-Valladolid. Tamén ten algúns servizos por vía de largo ibérico cara ao nordeste (Media Distancia e tren Estrella) para o que emprega a circunvalación ferroviaria de Madrid, e cara ao sur (Media Distancia, Altaria e Talgo) grazas ao túnel que a une coa estación de Atocha.

Estación de Ávila

A estación de Ávila é unha estación de tren de Adif situada na cidade de Ávila, en Castela e León. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe. Ten tamén funcións loxísticas.En 2010, os seus servizos de Media Distancia foron usados por máis de 700.000 viaxeiros.

Luís Casado

Luís Casado Fernández, coñecido co nome artístico Ksado, nado en Ávila en 1887 e finado en Santiago de Compostela o 6 de febreiro de 1972, foi un fotógrafo galego.

Provincia de Cáceres

Cáceres (en estremeño: Caçris, na fala de Xálima: Cáciris) é unha provincia de España, na parte norte da comunidade autónoma de Estremadura. Limita coas provincias de Salamanca, Ávila, Toledo, e Badaxoz, e con Portugal.

A súa capital é a cidade de Cáceres.

A provincia de Cáceres ten unha poboación de 412.580 hab. (Padrón INE 2005) dos cales o 21,5% vive na capital.

Provincia de Salamanca

Salamanca é unha provincia española, situada no suroeste da Comunidade Autónoma de Castela e León.

A súa capital é a cidade de Salamanca. Limita ao norte coa provincia de Zamora, ao nordeste coa de Valladolid, ao leste coa provincia de Ávila, ao sur coa de Cáceres e polo oeste confina con Portugal.

A súa supeficie é de 12.336 km², o que a converte na terceira provincia de Castela e León, despois de León e Burgos.

Consonte con datos do (INE 2005), a provincia conta con 352.414 habitantes, dos cales 160.331 (un 45%) vive na capital.

Provincia de Toledo

A provincia de Toledo é unha provincia española, sita na parte occidental de Castela-A Mancha. A súa capital é a cidade de Toledo. Limita coas provincias de Madrid, Cuenca, Cidade Real, Badaxoz, Cáceres, e Ávila. O xentilicio que designa os seus habitantes é toledano.

A provincia conta cunha poboación de 615.618 habitantes (INE 2006), repartidos en 204 concellos, dos cales Talavera de la Reina é o máis poboado con 83.756 hab., o segundo municipio é Toledo (77.601 hab.), mentres que o menos populoso é Illán de Vacas, que, con 6 habitantes, tamén é o de menor poboación de España. A superficie provincial atinxe 15.370 km², sendo a 8ª máis extensa de España. A provincia comparte o Parque Nacional de Cabañeros coa de Cidade Real.

O río Texo é o máis importante da provincia e crúzaa de leste a oeste; pasa polas cidades de Talavera de la Reina e Toledo.

Provincia de Ávila

A provincia de Ávila forma parte da comunidade autónoma de Castela e León. A súa capital é Ávila e conta cunha poboación de 167.032 habitantes e unha superficie de 8.050 km².

Xeograficamente distínguense tres rexións diferenciadas:

A zona norte, continuación da Meseta Norte, caracterizada polas súa paisaxe chá e os seus materiais sedimentarios. É unha zona de clima continental con longos e fríos invernos e veráns curtos pero calorosos. Comprende as comarcas da Moraña e a Terra de Arévalo.

A zona central, onde se localizan as zonas de montaña (Serra de Gredos, Serra da Paramera, Serra de Ávila, Serra de Villafranca) coas súas grandes formacións de granito que alcanzan a súa maior altitude na Praza do Mouro Almanzor, que con 2.596 metros é o cume culminante da Serra de Gredos e a máis elevada de todo o Sistema Central. O seu clima de montaña caracterízase en moitas zonas por temperaturas moi baixas no período invernal e veráns curtos e pouco calorosos.

Para rematar, a zona sur que comprende o Val do Tiétar e o Val do Alberche, caracterizado pola súa baixa altitude e un clima máis benigno. Nesta parte é fácil atopar cultivos de laranxeiras e de oliveiras. As poboacións máis importantes desta zona son Areas de San Pedro e Candeleda.

Provincias de España

A provincia é unha división territorial de España, de acordo coa Constitución española. En España hai 50 provincias, que, xunto coas cidades autónomas de Ceuta e Melilla e algunhas posesións insulares menores -que non están suxeitas á división provincial por depender directamente da administración central-, comprenden a totalidade do territorio español.

Quebradanegra

Quebradanegra é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca, que se atopa na Provincia do Gualivá, a 113 km ó noroeste de Bogotá.

Tareixa de Ávila

Tareixa de Ávila ou Tareixa de Xesús, nada como Teresa de Cepeda y Ahumada en Ávila o 28 de marzo de 1515, e finada en Alba de Tormes o 4 de outubro de 1582, foi unha relixiosa, doutora da Igrexa católica, mística e escritora española. Foi a fundadora da Orde dos Carmelitas Descalzos.

Xunto con san Xoán da Cruz, é considerada o cumio da mística experimental cristiá e unha das grandes mestras da vida espiritual da Igrexa católica.

Trenhotel

O Trenhotel é a marca comercial dos servizos de trens nocturnos de longa distancia e de gama media-alta operados por Renfe Operadora en España. O servizo realízase con trens Talgo e conecta gran parte de España e algunhas cidades de Portugal. No pasado tamén conectaba con cidades de Francia, Italia e Suíza.

Ten asentos en turista e preferente, cabinas de 4 camas en turista e de 1 ou 2 en preferente ou gran clase. O acceso está adaptado a minusválidos e posúe cafetería.

Dende o punto de vista físico, é un tren Talgo das series IV, V, VI ou VII con posible rodadura desprazable que foi reformado por dentro contendo moitos dos coches camas para viaxar de noite.

Datos climáticos para Ávila
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima en °C 19,6 19,8 22,6 26,6 30,6 35,6 37,6 37,4 35,4 29,2 22,4 19,4 37,6
Media máxima en °C 7,6 9,4 12,6 14,3 18,5 24,6 28,5 27,9 23,4 16,9 11,2 8,4 17,0
Media diaria en °C 3,0 4,3 6,7 8,5 12,5 17,4 20,6 20,2 16,5 11,4 6,4 4,0 11,0
Media mínima en °C −1,6 −0,8 0,8 2,7 6,4 10,2 12,6 12,4 9,6 5,9 1,7 −0,4 5,0
Temperatura mínima en °C −16,0 −12,0 −13,2 −8,6 −4,6 −1,0 1,0 1,4 −3,0 −5,4 −14,0 −13,4 −16,0
Precipitación media mm 34 24 23 40 55 33 12 19 30 53 48 42 416
Media de días con precipitacións 6 5 4 8 9 5 2 3 4 8 7 7 67
Media de días con neve 5 4 2 2 0 0 0 0 0 0 2 3 20
Humidade relativa media (%) 78 72 63 63 59 51 43 45 56 69 78 79 63
Media de horas de sol mensuais 133 154 212 223 253 312 353 322 244 182 131 117 2 636
Fonte: Axencia Estatal de Meteoroloxía[13]
Capitais de provincias de España

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.