Ástor García

Ástor García Suárez, nado en Oviedo en 1978,[1] é un profesor e político comunista español. É o actual secretario xeral do Partido Comunista dos Traballadores de España.

Ástor García

Actualmente no cargo
Dende o 3 de marzo de 2019

Datos persoais
Nacemento 1978
Oviedo
Partido Partido Comunista dos Pobos de España
Partido Comunista dos Traballadores de España
Profesión político, docente
Twitter @garciaastor

Traxectoria

Inicios e PCPE

Licenciouse en Dereito pola Universidade de Oviedo [2] e comezou a súa militancia comunista a principios dos anos 2000, participando nas protestas estudantís contra a LOU.[1] Nas eleccións municipais de 2007 formou parte das listas do Partido Comunista dos Pobos de España á alcaldía de Oviedo.[3] Pouco despois pasou a ser o responsable político do PCPE na Rioxa e membro do Comité Central, e nas eleccións xerais de 2008 foi como cabeza de lista ao Congreso pola provincia da Rioxa.[4] Foi tamén o cabeza de lista do PCPE nas eleccións autonómicas ao Parlamento da Rioxa de 2011[5] e 2015.[6]

Cisma no PCPE

En 2017 produciuse unha división no seo do PCPE, que levou a que unha parte do partido elixise novo secretario xeral a Ástor García, en detrimento de Carmelo Suárez, secretario xeral dende 2002. García contou co apoio da práctica totalidade dos Colectivos da Mocidade Comunista e de parte das organizacións territoriais do partido, pero non co do Comité Central, que apoiou maioritariamente a Carmelo Suárez e denunciou a elección de García como un "acto fraccionario".[7] 220 militantes do PCPE e CJC asinaron un documento que apoiaba as decisións tomadas pola dirección liderada por García, subscribindo un acordo de cinco puntos en defensa do partido,[8] mentres que varias organizacións territoriais emitiron declaracións en defensa da nova dirección, incluíndo as de Euskal Herria,[9] de Asturias,[10] de Cantabria,[11] de Galicia,[12] de Madrid,[13] das Illas Baleares,[14] de Canarias,[15] de Castela e León[16] e parte de Cataluña.[17] A nivel internacional, o Partido Comunista de México,[18] o Partido Comunista de Grecia (KKE),[19] o Partido do Traballo de Austria[20] e o Partido Comunista de Italia[21] apoiaron a Ástor García como secretario xeral do PCPE. Tamén realizaron eventos conxuntos nos que participou o Partido Comunista de Turquía.[22] Mediante a convocatoria dunha Conferencia Central[23] decidiuse celebrar un XI Congreso Extraordinario[24] que se celebrou en novembro de 2017 baixo o lema "Por un país para a clase obreira, fortalezamos o PCPE".[25]

PCTE

Finalmente, o 3 de marzo de 2019 resolveuse pola vía legal a duplicidade de siglas.[26] O sector encabezado por Ástor García adoptou un novo nome, o Partido Comunista dos Traballadores de España (PCTE), segundo o disposto no seu XI Congreso extraordinario.[27] É dende entón o seu secretario xeral.

A mediados de marzo de 2019, foi elixido polo Comité Central do PCTE, por unanimidade, como candidato presidencial para as eleccións xerais de abril dese ano[28] e encabezou a lista ao Congreso pola provincia de Madrid.[29]

Nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2019, encabezou a lista do PCTE,[30] obtendo 19.081 votos (un 0,09%).[31]

Notas

  1. 1,0 1,1 "Nuevo Secretario General del PCPE" (en castelán). Consultado o 10 de xuño de 2019.
  2. ""No aspiro a ser presidente del Gobierno de la Rioja"" (en castelán). 8 de maio de 2015. Consultado o 10 de xuño de 2019.
  3. "Eleccións municipais en Oviedo 2007" (en castelán). Consultado o 10 de xuño de 2019.
  4. "19M.- Astor García, de 29 años, y Juan Carlos Martínez, de 31, cabezas de lista del PCPE al Congreso y Senado" (en castelán). 20 de xaneiro de 2018. Consultado o 10 de xuño de 2019.
  5. "Entrevista a Ástor García, candidato del PCPE al Parlamento de La Rioja" (en castelán). Consultado o 10 de xuño de 2019.
  6. "Ástor García y Carlos Martínez, candidatos del PCPE de La Rioja a las elecciones del 24 de mayo" (en castelán). 28 de marzo de 2015. Consultado o 18 de xuño de 2019.
  7. "Nota informativa del Comité Central del PCPE" (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2019.
  8. "220 cuadros del Partido y la Juventud en defensa del Partido" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2019. Consultado o 6 de xuño de 2019.
  9. "El PCPE Euskal Herria en defensa del partido" (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2019.
  10. "El PCPE Asturies en defensa del partido" (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2019.
  11. "El PCPE Cantabria en defensa del partido" (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2019.
  12. "Comunistas da Galiza-PCPE en defensa del partido" (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2019.
  13. "El PCPE Madrid en defensa del partido" (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2019.
  14. "PCPE Balears en defensa del partido" (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2019.
  15. "El PCPE Canarias en defensa del partido" (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2019.
  16. "El PCPE Castilla y León en defensa del partido" (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2019.
  17. "Comunistes Catalans en defensa del partido" (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2019.
  18. "Entrevista a Pável Blanco, Primer Secretario del PC de México" (en castelán). 27 de abril de 2017. Consultado o 6 de xuño de 2019.
  19. "Posición del PC de Grecia sobre los acontecimientos en el PCPE" (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2019.
  20. "Comunicado del PT de Austria en relación a los acontecimientos en el PCPE" (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2019.
  21. "Reflexiones del Secretario General del Partido Comunista (Italia)" (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2019.
  22. "Acto internacional en Madrid: «Ni tierra, ni mar, ni aire para los imperialistas»" (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2019.
  23. "Convocada la Conferencia Central del PCPE" (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2019.
  24. "Hacia el XI Congreso (Extraordinario) del PCPE" (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2019.
  25. "Paso al frente del comunismo español en el año del centenario" (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2019.
  26. "Declaración de Secretario General del PCPE sobre las siglas del Partido y el fin de la usurpación de las mismas" (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2019.
  27. "Resolución del Comité Central" (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2019.
  28. "El PCTE elige a Ástor García como candidato a la presidencia en las Elecciones Generales" (en castelán). 18 de marzo de 2019. Consultado o 10 de xuño de 2019.
  29. "Candidaturas ás eleccións xerais 2019" (PDF). BOE (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2019.
  30. "Candidaturas no BOE" (PDF) (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2019.
  31. "Resultados eleccións europeas" (en castelán). Consultado o 7 de xuño de 2019.
Carmelo Suárez

Carmelo Antonio Suárez Cabrera, nado nas Palmas de Gran Canaria en 1949, é un arquitecto, político, sindicalista e histórico militante comunista. É o actual secretario xeral do Partido Comunista dos Pobos de España dende 2002.

Colectivos da Mocidade Comunista

Os Colectivos da Mocidade Comunista (CMC) son a organización xuvenil do Partido Comunista dos Traballadores de España (PCTE), aínda que historicamente foi coñecida por estar vinculada ao Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).

O seu órgano de expresión é Tinta Roja, revista que se edita dende o ano 2006 en papel e dende o 2012 en formato dixital.

Os CMC foron creados o 13 de xaneiro de 1985 a iniciativa do recentemente fundado PCPE como a súa organización xuvenil. A principios dos anos 90 un sector dos CMC integrouse na Xuventude Comunista, referente xuvenil do Partido Comunista de España (PCE). En 2017, no marco do cisma xurdido no seo do PCPE, posicionaronse xunto a Ástor García, o que os converteu a partir do 3 de marzo de 2019 na mocidade de facto do PCTE.

Os Congresos celébranse cada tres anos por mandato estatutario. O último foi o X Congreso celebrado en marzo de 2019.O nome en castelán é Colectivos de Jóvenes Comunistas (CJC) e o nome varía segundo o territorio e a lingua local. Por exemplo, en Cataluña son os Joves Comunistes do Poble Català (CJC-JCPC), en Asturias chámanse Coleutivos de Mocedaes Comunistes (CJC-CMC), en Galicia Colectivos da Mocidade Comunista (CMC) e no País Vasco e Navarra Gazte Komunisten Kolektiboak (GKK-CJC).

Os CMC organizan cada ano diversos eventos destinados á formación política dos militantes. Dende fai máis de 20 anos celebran a Escola de Formación "Trifón Medrano", á que acoden militantes de todos os puntos de España, ademais de invitados doutras organizacións xuvenís.

A nivel internacional, os CMC forman parte da Federación Mundial da Mocidade Democrática (FMJD) dende a súa creación.

Eleccións ao Parlamento Europeo de 2019

As eleccións ao Parlamento Europeo de 2019 tiveron lugar entre o 23 e o 26 de maio dese ano, e celebraranse en todos os países que, nesa data, formaban parte da Unión Europea.

En febreiro de 2018, o Parlamento Europeo aprobou reducir o número de escanos de 751 a 705 pola saída do Reino Unido da Unión. Unha vez posposto o chamado Brexit, celebráronse eleccións ao Parlamento tamén no Reino Unido, volvéndose á repartición orixinal de escaños por estado membro na cámara.

Iniciativa de Partidos Comunistas e Obreiros

A Iniciativa de Partidos Comunistas e Obreiros, ou simplemente Iniciativa, é unha internacional leninista europea. A Iniciativa ten 29 partidos membros de toda Europa. O Partido Comunista de Grecia (KKE) é o principal fundador da Iniciativa.

Foi creada o 1 de outubro de 2013 e na reunión fundacional elixiuse que os membros do seu Secretariado serían o Partido Comunista de Eslovaquia, o Partido Comunista dos Pobos de España, o Partido Comunista de Grecia, o Partido Obreiro Húngaro, o Partido dos Traballadores de Irlanda, o Partido Comunista en Italia, o Partido Socialista de Letonia, o Partido Comunista de Suecia e o Partido Comunista de Turquía.O obxectivo da Iniciativa é "contribuír á investigación e o estudo de asuntos relativos a Europa, particularmente relativos á UE, a liña política que se establece no seu marco e ten impacto nas vidas dos traballadores, así como axudar á elaboración de posicións conxuntas dos partidos e a coordinación da súa solidariedade e outras iniciativas".

Partido Comunista de los Pueblos de España

O Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE) é un partido político español marxista-leninista fundado en xaneiro de 1984 tras a unión de varios partidos e organizacións que anteriormente se escindiran do Partido Comunista de España por non estar de acordo coa liña eurocomunista de Santiago Carrillo.

Partido Comunista dos Traballadores de España

O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.