Área Central

Área Central é un complexo cívico comercial de Santiago de Compostela, sito no barrio de Fontiñas. Inaugurado o 20 de outubro de 1993, foi o primeiro centro comercial da capital de Galicia.

Coordenadas: 42°52′57″N 08°31′40″O / 42.88250, -8.52778

Santiago nova -Área Central GDFL01
Interior de Área Central.

Descrición

A superficie comercial de Área Central é de 30.500 , en dous andares e un semisoto. O edificio ten planta cadrada, e nel hai unha rúa comercial de 658 metros de longo co teito acristalado, 656 vivendas, 50 oficinas, 160 tendas, un hotel, garderías, bares, e diversos locais de xogo. No centro do edificio hai unha praza central descuberta de 10.000 .

Algúns dos locais que se poden atopar no centro comercial son Alcampo, McDonald's, Pizza Móvil, Gasthof, Cervecería Internacional, Novagalicia Banco, Central Bolera, Ermasa, The Phone House, Movistar, Orange, Yoigo, Alfonso Joyeros, Atempo, Óptica Val, Blu:sens, Game, Don Vaquero, La Caja de Pandora, Purificación García, Roberto Verino, Dayaday, Richard, Seijas, Toxo, Pepe Nieto, Centro Deportivo, Garrote, Fiuncho Floristerías, Clean & Clean, Hiperxel, Foto Sistema, Loterías etc.

Recoñecementos

Galería

Santiago nova -Área Central GDFL04

Exterior de Área Central.

Santiago Área Central

Tellado acristalado.

Gran Nai-Ramón Conde

Escultura Gran Nai de Ramón Conde.

Véxase tamén

Ligazóns externas

As Orfas

O convento, igrexa e colexio das Orfas é un conxunto de edificios de estilo barroco situados en Santiago de Compostela.

Carballeira de San Lourenzo

A carballeira de San Lourenzo é unha carballeira compostelá cunha extensión de 8.000 metros cadrados. Está situada á beira do río Sarela, xusto ao pé do convento franciscano de San Lourenzo de Trasouto, que foi fundado no século XIII.

Por medio desta zona arborada transcorre o Camiño de Santiago, en dirección a Fisterra. No interior da carballeira hai dispostos unha fonte e dous cruceiros de interese.

Trátase dun lugar de reunión ao que Rosalía de Castro cantou na súa obra Follas Novas.

Casa da Conga

A casa da Conga é un edificio de principios do século XVIII sito na praza da Quintana de Santiago de Compostela.

Trátase dun edificio barroco construído para vivenda dos cóengos da catedral. As trazas iniciais débense a Domingo de Andrade, pero quen rematou a construción en 1730 foi Casas e Novoa. Está situada pechando a parte sur da praza da Quintana. Estrutúrase como un bloque de catro casas cun vistoso pórtico corrido que une as catro edificacións. É de estilo moi clasicista en contraste coa Casa da Parra situada na parte superior da praza. Na actualidade a casa da dereita é sede do Colexio de Arquitectos de Galicia e sala de exposicións. O resto está ocupado por comercios, restaurantes, bares e cafeterías.

Casa da Parra

A casa da Parra é un edificio de finais do século XVII situado na praza da Quintana de Santiago de Compostela. Foi deseñado por Domingo de Andrade

Casa do Cabido

A Casa do Cabido é un edificio situado na Praza de Praterías de Santiago de Compostela, construído no século XVIII e concibido para o embelecemento urbano con obxecto de adornar a praza.

Casco Antiguo, Sevilla

Casco Antiguo é un dos once distritos en que está dividida para efectos administrativos a cidade de Sevilla, capital da comunidade autónoma de Andalucía, en España.

Está situado na área central do municipio. Limita ao sur cos distritos Sur e Los Remedios; ao leste cos distritos Nervión e San Pablo-Santa Justa; ao norte co distrito Macarena; e ao oeste co distrito Triana.

Castriño de Conxo

O Castriño de Conxo é un sitio arqueolóxico composto por un castro prerromano (non estudado) e nel unha rocha cuxa superficie contén unhas serie de gravuras coñecidas como petróglifos. Atópase na parroquia de Conxo, no concello de Santiago de Compostela, provincia da Coruña, no lugar coñecido como A Volta do Castro.

Centro Comercial As Cancelas

O Centro Comercial As Cancelas é un recinto de tendas e ocio na cidade de Santiago de Compostela. Foi inaugurado o 15 de novembro de 2012, converténdose no terceiro centro comercial da capital galega, despois de Área Central (1993) e o CC Compostela (1998). O edificio está situado no norte da cidade, na Av. Camiño Francés, a carón da entrada do Camiño de Santiago no núcleo urbano da cidade. Recibe o seu nome por estar construído ó pe do monte das Cancelas.

A superficie comercial total de As Cancelas é de 50.800 metros cadrados, dividida en 3 andares, cun total de 114 locales. No primeiro andar atópase un hipermercado e outros 46 locais de tendas variadas. No segundo andar atópanse principalmente tendas de roupa, calzado e complementos. Pola súa banda, o terceiro andar está enfocado ó ocio e á restauración. No soto hai dous andares de aparcadoiro con capacidade para 2.150 coches.

A construción do recinto foi promovido polas inmobiliarias Carrefour Property España e REALIA ó 50% cada unha, a través da sociedade "As Cancelas Siglo XXI".

Centro Comercial Compostela

O Centro Comercial Compostela é un edificio de tendas de El Corte Inglés, sito en Santiago de Compostela, na saída da cidade cara a Ourense. Inaugurado en 1998, foi o segundo centro comercial que se construíu na capital de Galicia.

Culleredo

Culleredo (AFI: /kuʎeˈɾeðʊ/) é un concello galego da provincia da Coruña. Pertence á comarca da Coruña e está situado na área central da provincia, na comarca da Coruña, no extremo sur da ría do Burgo, no ano 2014 tiña 29.434 habitantes distribuídos en 62,3 km². O seu xentilicio é culleredés ou culleredense.

Neste concello atópase localizado o aeroporto de Alvedro, un dos tres aeroportos de Galicia. E ese mesmo nome, Alvedro, era o que recibía o concello antigamente.

Distrito Nervión

Nervión é un dos once distritos en que está dividida para efectos administrativos a cidade de Sevilla, capital da comunidade autónoma de Andalucía, en España.

Está situado na área central do municipio. Limita o sur co distrito Sur, ao leste co distrito Cerro-Amate, ao norte co distrito de San Pablo-Santa Justa e ao oeste co distrito Casco Antiguo.

El Correo Gallego

El Correo Gallego é un xornal galego que se edita en Santiago de Compostela. Fundouno José Mariano Abizanda na cidade de Ferrol en 1878.

Mannheim

Mannheim é unha cidade de Alemaña. Con 305.780 habitantes é a segunda cidade máis grande no Estado de Baden-Württemberg despois da capital Stuttgart. Atópase na confluencia dos ríos Rin e Neckar, ao nordeste de Baden-Württemberg. O Rin separa Mannheim da vila adxacente de Lugwigshafen en Renania-Palatinado. Tamén se atopa ao norte da cidade a fronteira co estado de Hessen. Mannheim é a cidade máis grande da área do Rin-Neckar, unha área metropolitana con 2.4 millóns de habitantes.

Mannheim é inusitada entre as cidades da área central alemá, xa que está urbanizada en cuadrícula, ao igual que moitas das cidade de América do Norte. A principal vía a través das mazás urbanas conduce a un enorme pazo do século XVIII. Esta antiga residencia dos Electores do Palatinado acolle a día de hoxe a Universidade de Mannheim.

O símbolo da cidade é a Wasserturm (a Torre da Auga), localizada preto da zona centro da cidade, cara ao leste desta. Mannheim é o comezo e o final da Bertha Benz Memorial Route.

Monte do Gozo

O monte do Gozo é unha elevación do terreo próxima á cidade de Santiago de Compostela, no lugar de San Marcos en Bando, chamada así polo sentimento de gozo que desperta nos peregrinos, xa que este monte é o primeiro punto dende o cal a xente que fai o Camiño de Santiago ve as torres da catedral.

Museo Pedagóxico de Galicia

O Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) é un centro dedicado á recuperación, coidado, estudo e mostra do legado pedagóxico de Galiza. Está situado en Santiago de Compostela.

Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego abriu as súas primeiras salas no ano 1977 no antigo Convento de San Domingos de Bonaval, na cidade de Santiago de Compostela, no lugar coñecido comunmente como Porta do Camiño.

Parlamento de Galicia

O Parlamento de Galicia é a institución na que reside o poder lexislativo da Comunidade Autónoma de Galicia e é o máximo órgano representativo do pobo galego. Instaurouse con anterioridade ás primeiras eleccións autonómicas de 1981 formado polos deputados elixidos para o Congreso dos Deputados de España polas circunscricións galegas. Segundo o Estatuto de Autonomía de Galicia debe estar formado por entre 60 e 80 deputados, así e todo desde a primeira lexislatura fixouse o seu número en 75, que se elixen por sufraxio universal, igual, libre, directo e secreto por un prazo de catro anos. Destes 75, son elixidos 25 pola provincia da Coruña, 22 pola de Pontevedra, 14 pola de Lugo e 14 pola de Ourense (Decreto 92/2016).

Polinesia

A Polinesia -do grego moitas (πολυ, poli) illas (νησα, nisa)- é un conxunto de illas que fican no leste e sur do océano Pacífico. Son basicamente as illas Cook, a illa de Pascua, Pitcairn, Samoa, Tahití, Tuvalu e Hawaii.

Tradicionalmente a Polinesia forma un triángulo, con esquinas en Hawaii, Nova Zelandia e a illa de Pascua. As illas Samoa, Tonga e a Polinesia francesa constitúen os outros principais grupos de illas. As Kiribati, nas que a xente é cualificada de micronesios, esténdense igualmente ata a Polinesia (illas da Liña).

Os Polinesianos falan linguas austronesias, coñecidas coma linguas malaio-polinesias. Culturalmente, a Polinesia divídese en dúas partes distintas: a Polinesia do leste e a Polinesia do oeste.

San Pablo-Santa Justa

San Pablo-Santa Justa é un dos once distritos en que está dividida para efectos administrativos a cidade de Sevilla, capital da comunidade autónoma de Andalucía, en España.

Está situado na área central do municipio. Limita ao sur cos distritos Nervión e Cerro-Amate, ao leste co distrito Este-Alcosa-Torreblanca, ao norte cos distritos Norte e Macarena, e ao oeste co distrito Casco Antiguo.

Artigos sobre a cidade de Santiago de Compostela
Edificios institucionais
Edificios relixiosos
Teatros
Museos
Outros edificios
Parques
Centros comerciais
Rueiro
Transporte
Medios de comunicación
Clubs deportivos
Recintos deportivos
Outros recintos
Centros de saúde
Empresas locais
Restos arqueolóxicos
Accidentes xeográficos
Educación
Outros

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.