Árbores senlleiras de Galicia

Unha árbore senlleira é unha árbore que, polas súas características extraordinarias ou destacábeis (tamaño, idade, significación histórica ou cultural, rareza, beleza etc.) é considerada reliquia botánica, obxecto de respecto veciñal e con valor científico, cultural, didáctico, paisaxístico ou ornamental. En Galiza aparecen no Catálogo galego de árbores senlleiras elaborado e regulado pola Xunta de Galicia dende o ano 2007 a través do Decreto 67/2007, do 22 de marzo coa finalidade de protexelas de riscos e ameazas, garantindo a súa conservación.

En Galiza salientan os carballos, castiñeiros, teixos e sobreiras como árbores autóctonas. Tamén aparecen moitas especies ornamentais como camelias, sequoias ou alciprestes.

Á hora de seleccionar os exemplares ou formacións senlleiras estúdase a idade dos exemplares, relevancia cultural (criterios históricos e tradicionais), valor estético (criterios estéticos e dendrométricos), rareza (criterios biolóxicos e ecolóxicos) na súa situación ou na súa distribución (criterios de situación) etc.

Oliveira Vigo Paseo de Alfonso XII-retouched-4
A vella oliveira de Vigo do Paseo de Afonso XII, símbolo da cidade.
CastañodePumbariños
Vista do Castiñeiro de Pumbariños no Souto de Rozavales.
Árbore das bruxas - A Coruña
Árbore das bruxas, Metrosideros excelsa, na policía local da Coruña

Críticas

Algúns critican que a Xunta non teña actualizada a listaxe dende o ano 2011, mentres quince árbores senlleiras teñan desaparecido dende entón e outras se atopen en risco extremo de morte ou desaparición. Entre estes exemplares figuran a magnolia do Pazo de Santa Cruz (Vedra); o piñeiro manso dos Candeiras (en Ponteareas), o piñeiro bravo de Alxén (en Salvaterra de Miño); unha faia do Parque de Castrelos (en Vigo); media ducia de carballos centenarios da Carballeira de Caldas de Reis; un par de alciprestes de California do peirao de Ortigueira; o olmo de Holanda do Pazo de Lourizán (en Pontevedra); o rododendro de Serantellos (en Cambados) e o chopo branco do Balneario de Cuntis (xa desaparecido por mor dun vendaval en 2013). A situación do teixo dos Tenreiro, en Pontedeume, é tamén crítica.[1]

Listaxes

La granda kamelio de Castrelos, Vigo
A camelia do parque de Castrelos, en Vigo, a máis vella de Galiza.
Souto da Retorta
O eucalipto coñecido como "O Avó" do Souto da Retorta. Pódese apreciar o groso do toro.

Algunhas árbores destacadas son:

Listaxe de árbores senlleiras de Galiza

A seguir amósase unha listaxe por provincias[3] das árbores senlleiras en Galiza incluídas no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galicia.[4]

Código Nome Especie Concello Provincia
1A Perona do Paseo da Ferradura Abies nordmanniana Santiago de Compostela A Coruña
2A Pradairo da Igrexa de Vilarpandín Pradairo común Navia de Suarna Lugo
3A Pravia de Vilalba Pradairo común Vilalba Lugo
4A Castiñeiro das Indias do Xardín botánico de Padrón Castiñeiro das bruxas Padrón A Coruña
5A Ameneiro do Pazo de Maside Amieiro Pantón Lugo
6A Araucaria do Brasil do Parque de Caldas de Reis Piñeiro do Paraná Caldas de Reis Pontevedra
7A Araucaria do Castelo de Soutomaior Piñeiro de Chile Soutomaior Pontevedra
8A Piñeiro de Norfolk da Casa de Tenreiro Piñeiro de Norfolk Pontedeume A Coruña
9A Érbedo do Pazo de Mariñán Érbedo Bergondo A Coruña
10A Cedro de California do Pazo de Torrecedeira Cedro de California (Calocedrus decurrens) Redondela Pontevedra
11A Camelia "Pantalóns" do Pazo de Lens Camelia do Xapón Ames A Coruña
12A Camelia do Pazo de Ortigueira Camelia do Xapón Vedra A Coruña
13A Camelias do Pazo de Torres Agrelo Camelia do Xapón Redondela Pontevedra
14A Camelias do Pazo de Castrelos Camelia do Xapón Vigo Pontevedra
15A Camelia reticulada do Pazo de Oca Camellia reticulata A Estrada Pontevedra
16A Camelia 'sasanqua' do Pazo de Torres Agrelo Camellia sasanqua Redondela Pontevedra
17A Nogueira pecán de Illinois do Pazo de Mariñán Carya illinoinensis Bergondo A Coruña
18A Castiñeiro da Capela Castiñeiro común Begonte Lugo
19A Castiñeiro do Val da Fonte Castiñeiro común Folgoso do Courel Lugo
20A Castiñeiro de Pumbariños. Souto de Rozabales Castiñeiro común Manzaneda Ourense
21A Castiñeiro do Mola Castiñeiro común A Mezquita Ourense
22A Castiñeiro da Ribeira Castiñeiro común A Mezquita Ourense
23A Castiñeiro do Souto da Ramigoa. Castiñeiro común Nogueira de Ramuín Ourense
24A Castiñeiro da Regadiña Castiñeiro común A Pobra de Trives Ourense
25A Castiñeiros de Peninvello Castiñeiros comúns Xinzo de Limia Ourense
26A Casuarina da Alameda da Praza de Compostela Piñeiro de Australia Vigo Pontevedra
27A Cedros do Himalaia dos Xardíns de Vincenti Cedros do Himalaia Pontevedra Pontevedra
28A Cedro do Líbano do Pazo de Lourizán Cedro do Líbano Pontevedra Pontevedra
29A Coroa de Cristo Árbore do amor Padrón A Coruña
32A Canforeiras do Pazo de Rubiáns Canforeira Vilagarcía de Arousa Pontevedra
33A Laranxeira obscena do Pazo de Brandariz Laranxeira Ortigueira A Coruña
34A Criptomeria do Pazo de Ortigueira Cryptomeria japonica Vedra A Coruña
35A Criptomeria do Castelo de Soutomaior Cryptomeria japonica Soutomaior Pontevedra
36A Criptomeria elegante do Pazo de Oca Cryptomeria japonica var.elegans A Estrada Pontevedra
37A Cunninghamia do Pazo de Gondomar Cunninghamia lanceolata Gondomar Pontevedra
38A Cunninghamia do Pazo Xardín de Caldas de Reis Cunninghamia lanceolata Caldas de Reis Pontevedra
39A Alcipreste da California da Misericordia Alcipreste da California Viveiro Lugo
40A Alcipreste da California do Pazo de Quintáns Alcipreste da California Meis Pontevedra
41A Alcipreste mediterráneo da Capela do Salvador Alcipreste mediterráneo (Cupressus sempervirens var. fastigiata). Samos Lugo
30A Alcipreste de Lawson da Casa da Pobra Alcipreste de Lawson O Incio Lugo
31A Alcipreste de Lawson do Castelo de Soutomaior Alcipreste de Lawson Soutomaior Pontevedra
42A Eucaliptos do Pazo de Mariñán Eucalipto azul Bergondo A Coruña
43A Eucalipto da Casa de Reimunde Eucalipto azul Foz Lugo
44A O Avó de Chavín, Souto da Retorta Eucalipto azul Viveiro Lugo
45A Eucaliptos do Paseo da Ferradura Eucalipto azul Santiago de Compostela A Coruña
46A Eucaliptos do Pazo de Castrelos Eucalipto azul Vigo Pontevedra
47A Eucalipto do Maná da Casa de Ordax Eucalyptus viminalis Castro de Rei Lugo
48A Faias do Parque de Castrelos Faia europea Vigo Pontevedra
49A Figueira do Meco Figueira común O Grove Pontevedra
50A Figueira de Rosalía Figueira común Padrón A Coruña
51A Freixo de folla estreita de Montepando Freixo de folla estreita Monforte de Lemos Lugo
52A Freixo de Porta Freixo mediterráneo Sobrado dos Monxes A Coruña
53A Xinkgo do Pazo de Fonseca Xinkgo Santiago de Compostela A Coruña
54A Acivro do Pazo de Casanova Acivro O Pino A Coruña
55A Palmeira de Chile do Pazo de Meirás Palmeira de Chile Sada A Coruña
56A Tulipeiro de Virxinia do Pazo de Ortigueira Árbore das tulipas Vedra A Coruña
57A Tulipeiro de Virxinia do Pazo de Castrelos Árbore das tulipas Vigo Pontevedra
58A Magnolio de Santa Rita Magnolio común Narón A Coruña
59A Magnolio do Pazo de Rubiáns Magnolio común Vilagarcía de Arousa Pontevedra
60A Magnolio do Pazo de Ortigueira Magnolio común Vedra A Coruña
61A Sequoia do alba do Pazo de Lourizán Sequoia do alba Pontevedra Pontevedra
62A Árbore do fogo (Metrosideros excelsa) dos Xardíns de Lombardero Árbore do fogo Pontedeume A Coruña
63A Árbore do fogo (Metrosideros excelsa) do Xardín da Policía da Coruña Árbore do fogo A Coruña A Coruña
64A Oliveira do Paseo de Afonso XII Oliveira Vigo Pontevedra
65A Oliveiras do Cemiterio de Adina Oliveira Padrón A Coruña
66A Datileira do Mosteiro de Herbón Datileira Padrón A Coruña
67A Ombú do Centro Cultural de Santa Cruz Ombú Oleiros A Coruña
68A Ombú do Pazo de Ortigueira Ombú Vedra A Coruña
Ombú do Castro de Vigo Ombú Vigo Pontevedra
69A Piñeiro Bravo de Leiro Piñeiro bravo Miño A Coruña
70A Piñeiro manso dos Candeiras Piñeiro manso Ponteareas Pontevedra
71A Piñeiro insigne do Castelo de Santa Cruz Piñeiro insigne Oleiros A Coruña
72A Plátano do Pazo de Dompiñor Plátano común O Incio Lugo
73A Abetos de Douglas do Pazo de Casanova Abeto de Douglas O Pino A Coruña
92A Aciñeira de Covas. Aciñeira Rubiá Ourense
74A Carballo albariño da Praza do Campo de Quindous Carballo albariño Cervantes Lugo
75A Rebolo da Praza do Campo de Quindous Cerquiño Cervantes Lugo
76A Rebolo do Pazo da Pena Cerquiño Manzaneda Ourense
77A Carballo do Pazo de Vilardefrancos carballo común Carballo A Coruña
78A Carballo de Ramos carballo común Taboada Lugo
79A Carballo do Viño ou Carballo do Pelete carballo común A Lama Pontevedra
80A Carballo da Capela de Santa Margarida carballo común Pontevedra Pontevedra
81A Carballa da Rocha carballo común Rairiz de Veiga Ourense
82A Carballo do Pazo de Cartelos carballo común Carballedo Lugo
83A Carballo Grande de Bustelo de Abaixo carballo común Carballedo Lugo
84A Carballo da Casa do Herdeiro carballo común Carballedo Lugo
85A Carballos do Campo de Golf carballo común Lugo Lugo
86A Carballo de Mede carballo común Xermade Lugo
87A Carballo da Casa Grande carballo común Carballedo Lugo
88A Carballo Grande do Mestre carballo común Carballedo Lugo
89A Carballo grande de Reboreda carballo común Porqueira Ourense
90A Carballo fastixiado do Pazo de Ortigueira Quercus robur var. fastigiata Vedra A Coruña
91A Carballo fastixiado do Xardín botánico de Padrón Quercus robur var. fastigiata Padrón A Coruña
93A Sobreira de Balboa Sobreira A Estrada Pontevedra
94A Sobreira do Pazo de Valiñas Sobreira A Estrada Pontevedra
95A Sobreira do Cristo de Arriba Sobreira Redondela Pontevedra
96A Sobreira da Casa do Tristo, ou de Santiorxo Sobreira A Pobra do Brollón Lugo
97A Sequoias do Xardín botánico de Padrón Sequoia común Padrón A Coruña
98A Sequoia do Castelo de Soutomaior Sequoia común Soutomaior Pontevedra
99A Sequoia xigante do Pazo do Casal Sequoia xigante Bergondo A Coruña
100A Alciprestes dos illós do Xardín de Artime Alcipreste dos illós Vilagarcía de Arousa Pontevedra
101A Teixo do Pazo de Baldomir Teixo Bergondo A Coruña
102A Teixo da Igrexa de Córneas Teixo Baleira Lugo
103A Teixo da Casa dos Tenreiro Teixo Pontedeume A Coruña
104A Tuia Xigante do Pazo de Torres Agrelo Tuia xigante Redondela Pontevedra
105A Tileiro Prateado da Alameda do Campo da Estrela Tilia tomentosa Santiago de Compostela A Coruña
106A Palmeiras Washingtonias do Pazo de Ortigueira Washingtonia robusta Vedra A Coruña
107A Abeto branco de Carballal Abeto branco A Estrada Pontevedra
108A Araucaria de Carballeira Araucaria bidwillii Pontevedra Pontevedra
109A Piñeiro de Norfolk do Pazo de Rubiáns Piñeiro de Norfolk Vilagarcía de Arousa Pontevedra
110A Castiñeiro de Pexeiroos Castiñeiro común Os Blancos Ourense
111A Castiñeiro de Cerdedelo Castiñeiro común Laza Ourense
112A Castiñeiro de Trambolosríos Castiñeiro común Parada de Sil Ourense
113A Castiñeiro de Santa Eufemia Castiñeiro común Baños de Molgas Ourense
114A Castiñeiro de Cádavos Castiñeiro común A Mezquita Ourense
115A Castiñeiro do Prado da Ponte Castiñeiro común A Mezquita Ourense
116A Castiñeiro de Placín Castiñeiro común Manzaneda Ourense
117A Abeleira do Pazo de Lourizán Abeleira Pontevedra Pontevedra
118A Criptomeria do Xapón do Pazo de Lourizán Cryptomeria japonica Pontevedra Pontevedra
119A Dicksonia do Pazo de Ortigueira Dicksonia antarctica Vedra A Coruña
120A Freixo de folla estreita de Albarín Freixo de folla estreita O Porriño Pontevedra
121A Xinkgo de Vilaboa Xinkgo Culleredo A Coruña
122A Nogueira de Licín Nogueira europea O Saviñao Lugo
123A Magnolia de Oural Magnolio común Boqueixón A Coruña
124A Metrosídero do Eido de Besada Metrosideros robusta Poio Pontevedra
125A Moreira negra de Cangas de Foz Moreira negra Foz Lugo
126A Piñeiro de Alxén Piñeiro bravo Salvaterra de Miño Pontevedra
127A Chopo branco do balneario de Cuntis Chopo branco Cuntis Pontevedra
128A Carballo da Portela Carballo común Mondariz Pontevedra
129A Carballo de Portacal Carballo común Sobrado A Coruña
130A Carballo de Freán Carballo común Xermade Lugo
131A Carballo de Vilatuxe Carballo común Lalín Pontevedra
132A Carballo de Soutolongo Carballo común Lalín Pontevedra
133A Pai dos Rebolos Carballo común Viana do Bolo Ourense
134A Carballo de Luxís Carballo común Castro de Rei Lugo
135A Carballo de Cabanavella-I Carballo común Cervantes Lugo
136A Carballo de Cabanavella-II Carballo común Cervantes Lugo
137A Sobreira de Loña Sobreira Ourense Ourense
138A Sobreira de Siador Sobreira Silleda Pontevedra
139A Rododendro arbóreo de Serantellos Rhododendron arboreum Cambados Pontevedra
140A Salgueiro da braña de Xafardán Salgueiro bravo Vilanova de Arousa Pontevedra
141A Sequoia vermella do Pazo de Lourizán Sequoia común Pontevedra Pontevedra
142A Sófora xaponesa do Pazo de Lourizán Sophora japonica var. pendula Pontevedra Pontevedra
143A Teixo de Cereixido Teixo Quiroga Lugo
144A Teixo de Carballido Teixo A Fonsagrada Lugo
145A Teixo de Fontaneira Teixo Baleira Lugo
146A Teixo de Balmonte Teixo Castro de Rei Lugo
147A Olmo híbrido do Pazo de Lourizán Ulmus x hollandica Pontevedra Pontevedra

Listaxe de formacións senlleiras de Galiza

Código Nome da formación Especie Concello Provincia
1F Buxal da Casa da Botana Buxo Arzúa A Coruña
2F Buxal do Pazo de Santa Cruz Buxo Vedra A Coruña
3F Buxal do Pazo de Oca Buxo A Estrada Pontevedra
4F Castiñeiros do Xapón e da China do Pazo de Lourizán Castiñeiro do Xapón e castiñeiro da China Pontevedra Pontevedra
5F Fraga de Catasós Castiñeiro europeo e carballo común Lalín Pontevedra
6F Souto de Rozabales Castiñeiro europeo Manzaneda Ourense
7F Carreira de eucaliptos do Pazo de Barrantes Eucalipto azul Ribadumia Pontevedra
8F Eucaliptos do Pazo de Rubiáns Eucalipto azul Vilagarcía de Arousa Pontevedra
9F Souto da Retorta Eucalipto azul principalmente Viveiro Lugo
10F Alciprestes de California do Xardín do Malecón Alcipreste de California Ortigueira A Coruña
11F Mirtos do Pazo de Mariñán Mirto Bergondo A Coruña
12F Retícula de oliveiras do Pazo de Santa Cruz Oliveira Vedra A Coruña
13F Palmeiral canario dos Xardíns de Méndez Núñez Palmeira das Canarias A Coruña A Coruña
14F Palmeiras do Senegal do Xardín botánico de Padrón Palmeira do Senegal Padrón A Coruña
15F Plátanos comúns do Pazo de Mariñán Plátano común Bergondo A Coruña
16F Plátanos comúns do Paseo do Esporón de Padrón Plátano común Padrón A Coruña
17F Carballeira de Caldas de Reis Carballo común Caldas de Reis Pontevedra
18F Carballeira de San Lourenzo de Trasouto Carballo común Santiago de Compostela A Coruña
19F Teixedal de Casaio Teixo común Carballeda de Valdeorras Ourense
20F Carreira dos tileiros do Pazo de Oca Tileiro de folla grande A Estrada Pontevedra
21F Olmos do Xardín de San Carlos Ulmus x hollandica A Coruña A Coruña
22F Carreira de araucarias de Noia Araucaria bidwillii Noia A Coruña
23F Bidueiral de Xares Bidueiro (Betula celtiberica) A Veiga Ourense
24F Carreira de buxos da illa de San Simón Buxo Redondela Pontevedra
25F Buxeda do Pazo de San Lourenzo Buxo Santiago de Compostela A Coruña
26F Castiñeiros dos Blancos Castiñeiro europeo Os Blancos Ourense
27F Devesa de Cartelos Carballo común Carballedo Lugo
28F Carballos da Praza do Campo de Bande Carballo común Bande Ourense
29F Sobreiral de Magán Sobreira Curtis Pontevedra
30F Tileiros prateados da igrexa de San Domingos Tileiro prateado Ribadavia Ourense
31F Tileiros prateados do Mosteiro de Oseira Tileiro prateado San Cristovo de Cea Ourense

Notas

  1. Noticia en El País, de xullo de 2014.
  2. Moya Sánchez, Bernabé (2003). Árboles Monumentales de España (en castelán). Madrid: CLH. p. 397.
  3. "Infografía". www.lavozdegalicia.es. Existen diversos mapas para amosar os exemplares da lista da Xunta. Este é só un exemplo. Consultado o 2019-01-15.
  4. Árbores e formacións senlleiras de Galicia na web da Xunta de Galicia

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Aciñeira de Covas

A aciñeira de Covas é unha aciñeira recoñecida legalmente como árbore senlleira pola Xunta de Galicia. O exemplar, de propiedade privada, localízase na Serra da Enciña da Lastra, na estrada de acceso ao lugar de Covas no concello de Rubiá, a súa altura é de 1 800 centímetros, o toro ten un perímetro na base de 650 cm e del saen tres pólas grosas, estímase a súa idade en 500 anos.

Alcanforeiro

O alcanforeiro, tamén coñecido como alcanforeira ou canforeira (Cinnamomum camphora), é unha árbore da familia das lauráceas que acada dimensións de até vinte e cinco metros de altura, de copa piramidal e follas alternas, orixinaria de Extremo Oriente, da madeira do cal se obtén o alcanfor por destilación.

Os alcanforeiros do Pazo de Rubiáns en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) figuran no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.

Alcipreste común

O alcipreste común (Cupressus sempervirens), é unha especie arbórea de folla perenne da familia das Cupresáceas. Ten gran lonxevidade, existindo exemplares con máis de 1.000 anos. Recibe tamén os nomes de alcipreste italiano (non é orixinario de Italia), alcipreste do Mediterráneo, cedro bastardo, ciprés ou simplemente alcipreste.

En Galiza non aparece de xeito espontáneo, atopándoo coma especie de xardinaxe, coma ocorre co teixo, moi ligada aos cemiterios . Tamén se plantaba en pazos e mosteiros. O alcipreste da Capela do Salvador é un alcipreste común monumental da variedade fastigiata (Cupressus sempervirens var. fastigiata) que se atopa en Samos (Lugo). Aparece no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.

Alcipreste dos illós

O alcipreste dos illós ou alcipreste calvo ou máis formalmente taxodio (Taxodium distichum), é unha árbore conífera de folla caediza da familia das Taxodiáceas orixinaria do sueste dos Estados Unidos de América. É unha especie que se adapta moi ben aos medios húmidos: illós, grotos, brañas, encoros, lamazais etc. En Galiza atopámolo soamente coma especie ornamental nalgúns parques e xardíns públicos, especialmente na auga coma no Parque de Castrelos de Vigo. Os alciprestes dos illós do Xardín de Artime, en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), aparecen no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.

Buciños, Carballedo

San Miguel de Buciños é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo da comarca de Chantada. Segundo o INE en 2016 tiña 163 habitantes (82 mulleres e 81 homes), distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 237 habitantes. En 2018 baixou a 156 (80 mulleres e 76 homes).

Carballa da Rocha

A Carballa da Rocha é un carballo situado na Saínza de Abaixo, en Rairiz de Veiga, no concello de Rairiz de Veiga, Ourense, declarado Monumento natural pola Xunta de Galicia o 1 de marzo do ano 2007, englobando seis leiras lindeiras que suman 0,6429 ha. Tamén foi declarada árbore senlleira o 17 de abril do 2007 .

A Carballa da Rocha atópase dentro da reserva da biosfera Área de Allariz.

Cartelos, Carballedo

Santo Estevo de Cartelos é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo da comarca de Chantada. En 2018, segundo o INE, tiña 60 habitantes (30 homes e 3 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación; en 2017, 66. Segundo o IGE en 2011 tiña 65 e en 1999 91.

Castiñeiro de Pumbariños

O castiñeiro de Pumbariños é un castiñeiro senlleiro da especie Castanea sativa Mill. Forma parte do Souto de Rozabales.. No ano 2000 foi incluído no catálogo de árbores senlleiras. Está dentro da ruta turística ruta Ourense Oriental da Xunta de Galicia.

Cupresáceas

Véxase Pinidae para unha introdución a estes gruposA das cupresáceas (Cupressaceae) é unha familia de coníferas da orde das pinales que inclúe árbores e arbustos sempre verdes, de 1 a 116 m de altura, coma os cipreses, os falsos cipreses, as tuias, os xenebreiros, as sequoias e similares.

A familia está subdividida en sete subfamilias que comprenden uns 27 ou 30 xéneros, segundo os autores, con ao redor de 130 a 140 especies (moitas delas monotípicas, é dicir, que son as únicas do seu respectivo xénero).

En Galiza son moi cultivadas en xardinaría, sendo a única especie autóctona o xenebreiro Juniperus communis L., subespecie nana Syme (=Juniperus nana Willd.), que medra espontaneamente en alturas superiores aos 1700 msnm nos Ancares e en Pena Trevinca.

Fraga de Catasós

A fraga de Catasós é unha fraga declarada monumento natural no ano 2000, situada no lugar de Quintela, Catasós, no concello pontevedrés de Lalín. Tamén se coñece co nome de carballeira de Quiroga, xa que a maior parte dos exemplares dominantes son carballos, aínda que salienta polos seus senlleiros castiñeiros (tamén se lle chamaba souto), algúns de varios centos de anos, 5 metros de circunferencia e máis de 30 metros de altura (os máis altos de Europa).

Galería de imaxes da flora de Galicia

Galería de imaxes da flora de Galicia.

Oliveira de Vigo

A oliveira de Vigo é unha árbore senlleira da especie Olea europaea que se atopa no Paseo de Afonso XII, no centro da cidade de Vigo. A cidade foi coñecida co sobrenome de “Cidade da oliva”, e hoxe en día coñécese coma “Cidade olívica” por mor da monumental oliveira que se atopaba no adro da colexiata de Santa María de Vigo. Esta árbore, símbolo da cidade, figura no escudo de Vigo.

Palmeira do Senegal

A palmeira do Senegal (Phoenix reclinata) é unha palmeira datileira do norte da África, Madagascar e as Illas Comores.

Medra dende o nivel do mar até os 3000 m, en clareiros de bosques tropicais chiviosos e abas rochosas.

As palmeiras do Senegal do xardín botánico de Padrón (en Padrón, A Coruña) atópanse no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.

Plátano común

O plátano común (Platanus × acerifolia ou Platanus × hispanica) é unha árbore do xénero Platanus. É a variedade máis común de plátano na Europa Occidental, especialmente na Península Ibérica, onde tamén se lle coñece coma plátano de sombra. É moi común nos parques e xardíns urbanos de zonas temperadas. En Galicia abunda nos espazos públicos de moitas vilas e cidades, empregado para dar sombra, moitas veces substituíndo os carballos das vellas carballeiras dos campos de feira. Moitas das veces pódase deixando só o toro, outras déixase medrar acadando alturas considerábeis coma no parque de Castrelos en Vigo. Salienta o plátano do Pazo de Dompiñor, no Incio (Lugo), que figura no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.

Tamén se coñece coma plátano híbrido, plátano europeo ou plátano de Londres (especialmente en inglés). A especie ten outras designacións científicas, o máis común é Platanus x hispanica; na literatura anglosaxoa, o nome científico máis común é Platanus × acerifolia, mais tamén son usados Platanus × hybrida, Platanus × acerifolia var. hispanica, Platanus orientalis var. acerifolia, Platanus × acerifolia f. pyramidalis e Platanus × acerifolia var. kelseyana.

Sabaxáns, Mondariz

San Mamede de Sabaxáns é unha parroquia que se localiza no concello de Mondariz. Segundo o IGE en 2013 tiña 344 habitantes (181 mulleres e 163 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 433 habitantes.

No lugar da Portela, desta parroquia de Sabaxáns, levántase o denominado Carballo do Campo, un carballo excepcional, incluído dentro do Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia desde 2011. A árbore ten unha altura de 35,80 m e un diámetro do fuste de 3,75 m (a 1,30 m de altura) .

Non resulta posible confirmar que as seguintes cantigas se refiren a este carballo.

Ó carballo da Portela/ pónselle a folla vermella: foi que veu por riba dil/ o demo dunha centella .

O carballo da Portela/ ten a folla revirada/ que lla revirou o vento/ unha mañán de xiada .

O carballo da Portela/ ten a folla revirada,/ que lla revirou o vento/ nunha mañá de xiada .

O carballo da Portela/ ten tres carros de madeira,/ un é meu e outro é teu,/ outro é de quen o queira .

O carballo da Portela/ xa non ten folla ningunha/ porque llas levou o vento/ seica todas, unha a unha .

Sobreira de Santiorxo

A sobreira de Santiorxo é unha sobreira situada na aldea de Santiorxo, na parroquia pobrense de Liñares.

Este tipo de árbore típica da Ribeira Sacra, crece tamén na zona mediterránea, na zona sur de España na zona cantábrica e as rías galegas.

Esta árbore é varias veces centenaria e ten unhas dimensións moi grandes: case 3 metros de diámetro e 10,8 de perímetro. As abraiantes dimensións do tronco deste exemplar son consecuencia dunha enfermidade que a atinxe, facendo que o tronco se fure polo medio.

Outra sobreira tamén centenaria encóntrase a 70 m ó nacente desta.

Souto da Retorta

O Souto da Retorta está situado na parroquia luguesa de Chavín (Viveiro), na marxe dereita do río Landro e a uns 6 km da capital municipal. Dentro do souto destaca un rodal duns 600 eucaliptos da especie Eucalyptus globulus, algúns deles centenarios e de gran tamaño, ós que debe o sobrenome polo que tamén é coñecido: o eucaliptal de Chavín.O 25 de febreiro de 2000 foi incluído entre os espazos naturais baixo a figura de monumento natural e en 2007 no "catálogo galego de árbores senlleiras" pola idade e grosor das árbores.

O espazo ten unha superficie de 3,19 ha e caracterízase polo seu clima oceánico húmido, cunhas precipitacións anuais medias de 1.412 mm e unha temperatura media de 13 °C. Está situado a unha altitude duns 30 metros sobre o nivel do mar.

Ademais dos eucaliptos centenarios, o espazo presenta, ó longo do curso do río, dúas fervenzas dignas de mención: o Salto do Can e o Pozo da Ferida, este cunha caída en vertical de 30 metros.

Teixedal de Casaio

O teixedal de Casaio, coñecido tamén como O Teixadal, é un pequeno bosque de teixos situado na parroquia de Casaio no municipio de Carballeda de Valdeorras (provincia de Ourense). Forma parte da zona especial de conservación (ZEC) de Pena Trevinca, case no linde coas provincias de León e Zamora. É un bosque de difícil acceso.É un dos poucos bosques naturais de teixos existentes en Europa xa que esta é unha árbore que adoita medrar illada. Ten ó redor de 300 teixos , a maioría deles centenarios, e ocupa unhas 6 hectáreas. Conviven con outras especies como acivros, abeleiras, ou freixos.

Teixo dos Tenreiro

O teixo dos Tenreiro é unha árbore senlleira centenaria que se atopa na casa grande do mesmo nome en Pontedeume. En 2012 o seu estado sanitario calificouse de crítico ; en 2015 considerouse case insalvábel.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.