Áraba

Áraba[1], segundo outras fontes Araba[2][3] ou Álava[4] (en éuscaro: Araba; en castelán: Álava, as dúas denominacións cooficiais[5]), é unha das tres provincias que conforman a comunidade autónoma do País Vasco (Euskadi en éuscaro), ademais de ser unha das sete provincias da rexión histórica do País Vasco. A súa capital é Vitoria, que é tamén capital da comunidade autónoma.

A provincia ocupa unha área de 2.963 km², nos que vivían en 2007 un total de 305.459 habitantes, o que lle confería unha densidade de 103,09 hab/km². Entre as poboacións máis importantes de Áraba, á parte da capital, cómpre destacar Amurrio, Laudio, Agurain e Aiara.

Provincia de Áraba
Arabako Probintzia
Flag of Alava
Escudo alava
Provincia Araba
Capital Vitoria
Área 2.963 km²
Poboación 317.352 hab. (2010)
Densidade 107,1 hab./km²
Concellos 51
Xentilicio Arabés, -a
Araba Kokapena
Situación en Euskal Herria.

Xeografía

A provincia de Áraba é a única do País Vasco que carece de costa. Ao norte limita con Biscaia e Guipúscoa, ao oeste e suroeste coa provincia de Burgos e tamén co enclave de Orduña (administrativamente de Biscaia), ao sur coa Rioxa, e ao leste con Navarra. No seu interior limita tamén coa provincia de Burgos, xa que esta posúe nela un enclave, o Condado de Treviño.

Sierra salvada
A serra Salvada no noroste de Áraba.

Relevo

O norte de Áraba é unha franxa montañosa con varias serras que se elevan por encima dos 1.000 m de altura, que marcan en boa medida os límites con Biscaia. Están poboadas de bosques, de tipo atlántico. Destacan as serras de Urkilla (con o Aizkorri, 1544 m), Artabán, Gorbeia (1.482 no pico homónimo). Estas serras prolónganse parcialmente cara occidente, nos límites coa provincia de Burgos: (serra Salvada, serra Garobe).

O centro do territorio, chairo, constitúe unha prolongación da Meseta Central, cunha altitude media duns 600 m. No sur sitúase a Rioxa arabesa, na conca do río Ebro, que se abre paso entre os primeiros cordais do Sistema Ibérico (serra de Toloño, serra de Cantabria, serra de Codés), nas lindes coas comunidades da Rioxa e Navarra.

Vitoria desde berrosteguieta
Vista da Llanada de Áraba, con Vitoria no centro.

Hidrografía

A maior parte do territorio arabés está incluído na conca do río Ebro, que polo sur serve, en parte, de límita con a provincia de Burgos, durante uns 100 km. Os ríos Omecillo, Bayas, Zadorra e Ayuda, son os seus principais afluentes, e únense a el pola dereita.

O noroeste da provincia, está drenado polo río Nervión e afluentes, que pertencen á vertente cantábrica.

Clima

Boa parte da provincia recibe a influencia do clima oceánico (800 mm de precipitacións, 12 °C de temperatura media), o que permite que plantas como a faia penetren até o sur. No val do Ebro, porén séntese a infliencia mediterránea.

División administrativa

Artigo principal: Cuadrillas de Áraba.

Áraba está dividida administrativamente en sete cuadrillas (vasco kuadrilak, pl. de kuadrila):

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para arabés.
  2. Editorial Galaxia, ed. (2007). Diciopedia do século 21. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). ISBN 9788482893600.
  3. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). ISBN 84-9749-199-8.
  4. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 102. ISBN 84-8158-266-2.
  5. Lei 19/2011, de 5 de xullo, pola que pasan a denominarse oficialmente "Araba/Álava", "Gipuzkoa" e "Bizkaia" as demarcacións provinciais chamadas anteriormente "Álava", "Guipúzcoa" e "Vizcaya"
Aiara

Aiara (en castelán: Ayala, oficialmente Ayala/Aiara) é un concello de Áraba, no País Vasco. Pertence á cuadrilla de Aiara e tiña en 2014 unha poboación de 2 929 habitantes.

O actual municipio de Aiara comprende a maior parte da antiga Terra de Aiara, unha rexión que abarcaba tamén outros municipios da zona e que administrativamente estaba diferenciada de Áraba e Biscaia, sendo considerada como unha provincia da Coroa de Castela. Ese sistema mantívose ata 1842, cando quedou integrada na provincia de Áraba.

O municipio está formado por 24 localidades. A industria concéntrase principalmente nas proximidades da localidade de Murga, onde se atopa o Polígono Industrial de Aiara. Existe unha importante implantación do sector do moble na zona.

Armiñón

Armiñón (en éuscaro: Armiñon) é un concello de Áraba, no País Vasco. Pertence á cuadrilla de Añana e tiña unha poboación de 250 habitantes en 2014.

O municipio está formado por tres localidades, que a súa vez forman concejos: Armiñón, capital do municipio e principal localidade, Estavillo e Lacorzana, que pola súa escasa poboación extinguiuse como concejo e actualmente é administrada directamente polo municipio.

Biscaia

Biscaia (en éuscaro e oficialmente: Bizkaia; en castelán: Vizcaya) é unha provincia de Euskadi, ademais de ser unha das sete provincias do histórico País Vasco. Dá nome ao Golfo de Biscaia e situase ao norte da Península Ibérica, limitando ao norte co Mar Cantábrico, ao sueste coa provincia de Burgos, ao sur con Áraba, ao leste coa Guipúscoa e ao oeste coa de Cantabria. A súa capital é Bilbao.

A provincia esténdese por unha superficie de 2217 km², e no ano 2006 contaba cunha poboación de 1 139 863 habitantes, polo que ofrecía unha elevada densidade de cerca de 514 hab/km².

Condado de Treviño

Condado de Treviño é un concello español da provincia de Burgos (Castela e León). Xunto co municipio de La Puebla de Arganzón forma o enclave de Treviño, situado dentro da provincia vasca de Áraba. A capital do municipio é a localidade de Treviño.

Donemiliaga

Donemiliaga (en castelán: San Millán e oficialmente San Millán/Donemiliaga) é un concello de Áraba, en Euskadi, que forma parte da cuadrilla de Agurain.

Tiña en 2015 unha poboación de 722 habitantes. Está formado por 15 localidades, que á súa vez forman concejos: Adana, Axpuru, Bikuña, Durruma Donemiliaga, Egilatz, Erdoñana, Galarreta, Luzuriaga, Mezkia, Munain, Narbaxa, Okariz, Txintxetru, Uribarri-Jauregi e Zuhatzu Donemiliaga.

Erriberagoitia

Erriberagoitia (en castelán: Ribera Alta e oficialmente Erriberagoitia/Ribera Alta) é un concello de Áraba, no País Vasco. Pertence á cuadrilla de Añana e tiña en 2015 unha poboación de 773 habitantes.

Está formado por 26 localidades organizadas en 20 concejos: Antezana de la Ribera, Anuntzeta/Anúcita, Arbígano, Arreo, Artaza-Escota/Artatza-Axkoeta, Barrón, Basquiñuelas, Caicedo-Sopeña, Hereña, Lasierra, Leciñana de la Oca, Morillas, Ormijana, Paúl, Pobes (capital), Subijana-Morillas, Tuyo, Villabezana, Villambrosa e Viloria.

Guipúscoa

Guipúscoa (en éuscaro e oficialmente: Gipuzkoa; en castelán: Guipúzcoa) é unha provincia do País Vasco (España), ademais de ser unha das sete provincias (herrialdes) do País Vasco tradicional. Limita ao norte co mar Cantábrico, ao oeste con Biscaia, ao sur con Áraba e ao leste con Navarra e Iparralde (País Vasco francés), parte do departamento dos Pireneos Atlánticos. A súa capital é Donostia.

Guipúscoa é a provincia de menor superficie entre todas as de España, cunha área de 1.909 km². A súa poboación no ano 2007 alcanzaba 694.944 habitantes, o que a converte nunha das máis densamente poboadas de España (360,7 hab/km²).

La Puebla de Arganzón

La Puebla de Arganzón é un concello español da provincia de Burgos (Castela e León). A súa poboación é de 534 habitantes (INE 2012). Forma, xunto ao concello de Condado de Treviño o enclave de Treviño, situado en Áraba.

Labastida

Labastida (en éuscaro Bastida e oficialmente Labastida/Bastida) é un municipio na provincia de Áraba, no País Vasco. Forma parte da comarca da Rioxa Arabesa, situada no sur do territorio histórico de Áraba, e constitúe, despois de Laguardia e Oyón, o terceiro municipio da comarca por poboación, con 1.471 habitantes no ano 2010.

Lagrán

Lagrán (en éuscaro: Lagran) é un concello de Áraba, no País Vasco. Pertence á cuadrilla de Campezo-Montaña Arabesa e tiña en 2015 unha poboación de 163 habitantes.

Atópase no sur da provincia de Áraba, a 756 m de altitude, aínda que a menos de 3 km da vila hai cotas de 1.400 metros. Atópase nun val no que nace o río Ega.

Está formado polas seguintes localidades: Lagrán, Pipaón e Villaverde.

Lantarón

Lantarón (en éuscaro: Lantaron) é un concello de Áraba, no País Vasco. Pertence á cuadrilla de Añana e tiña en 2015 unha poboación de 893 habitantes.

Está formado por 12 localidades: Alcedo, Bergonda, Caicedo de Yuso, Komunioi (capital), Fontecha, Leziñana, Molinilla, Larrazubi, Saratsu, Sobrón, Turiso e Zubillaga.

Laudio

Laudio (en éuscaro) ou Llodio (en castelán; oficialmente Laudio/Llodio) é un municipio de Áraba, no País Vasco (España), situado no val homónimo e na Cuadrilla de Aiara.

Trátase dun importante centro industrial e o segundo municipio máis poboado da provincia de Áraba, logo da capital Vitoria. Actualmente ten 18.276 habitantes (INE 2008).

Legutio

Legutio (antes Legutiano, en castelán: Villarreal de Álava) é un concello de Áraba, no País Vasco. Pertence á cuadrilla de Zuia e tiña en 2015 unha poboación de 1.716 habitantes.

Está formado polas localidades de Elosu, Goiain, Legutio, Nafarrate, Ollerieta, Urbina e Urrunaga.

Oion

Oion (en castelán: Oyón e oficialmente Oyón-Oion) é un concello de Áraba, no País Vasco. Pertence á cuadrilla de Laguardia-Rioxa Arabesa e tiña en 2015 unha poboación de 3.320 habitantes.

Está formado polas localidades de Barriobusto/Gorrebusto, Labraza e Oyón/Oion, a capital.

Orduña

Orduña (en éuscaro: Urduña, oficialmente: Orduña-Urduña) é un concello vasco da provincia de Biscaia que forma un enclave entre as provincias de Burgos e Áraba.

Atópase nunha chaira na beira esquerda do río Nervión. A zona oeste e suroeste do concello son as máis montañosas e chegan a acadar os 1.066 metros en serra Salvada. A súa poboación era de 4.134 habitantes en 2017.

País Vasco

O País Vasco ou Euskadi (en éuscaro: Euskal Herria ou Euskadi, en castelán: País Vasco ou Euskadi), tamén coñecido como Comunidade Autónoma Vasca (en éuscaro: Euskal Autonomia Erkidegoa, en castelán: Comunidad Autónoma Vasca), é unha comunidade autónoma española situada no extremo nororiental da costa cantábrica. Limita con Cantabria e Castela e León (provincia de Burgos) ao oeste, con Navarra ao leste, coa Rioxa ao sur, e co Golfo de Biscaia (mar Cantábrico) e Francia ao norte.

Está formado por tres provincias, tamén coñecidas como territorios históricos, que son Guipúscoa, Biscaia e Áraba. As súas respectivas capitais son Donostia, Bilbao e Vitoria. A capital e sede do Parlamento e Goberno autonómicos é Vitoria, mentres que a cidade máis poboada é Bilbao.

Ten unha historia milenaria de orixes incertas e a súa lingua propia, o éuscaro, é a lingua máis antiga de Europa falada hoxe en día e a única illada do continente. É considerado unha nacionalidade histórica recoñecida na Constitución española con estatuto de comunidade autónoma. A constitución tamén recoñece os seus foros históricos, de orixe medieval. Hai unha forte forza do nacionalismo e independentismo, tanto politicamente de esquerdas (chamado abertzale) como de dereitas.

Urizaharra

Urizaharra (en castelán: Peñacerrada e oficialmente Peñacerrada-Urizaharra) é un concello de Áraba, no País Vasco. Pertence á cuadrilla de Campezo-Montaña Arabesa e tiña en 2015 unha poboación de 270 habitantes.

Atópase no sur da provincia de Áraba, a 752 m de altitude. Está formado polas seguintes localidades: Baroja, Faido/Faidu, Loza, Montoria, Payueta/Pagoeta e Peñacerrada/Urizaharra.

Vitoria

Vitoria ou Gasteiz (en castelán: Vitoria; en éuscaro: Gasteiz; oficialmente Vitoria-Gasteiz) é unha cidade e concello do norte de España, capital da provincia e territorio histórico de Áraba, en Euskadi. É ademais a sede do Parlamento e Goberno autonómicos.

Enclavada nun cruzamento de camiños, foi un importante punto estratéxico tanto no plano militar como no comercial e cultural ó longo da historia. Xa desde tempos romanos, nos que a calzada que unía Astorga e Bordeos pasaba por Áraba, estas terras foron un eixo de comunicacións entre a Meseta Central e Europa.

A actual Vitoria busca un modelo de desenvolvemento urbano de calidade, primando criterios de cohesión social, habitabilidade, respecto ó contorno, accesibilidade, conservación, recuperación do patrimonio e programas de integración e participación social. É unha cidade cunha intensa historia que se manifesta nun valioso patrimonio monumental.

Durante 2012 Vitoria foi Capital Verde Europea.

País Vasco País Vasco  · Concellos de Áraba
Cuadrillas de Áraba

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.