Ángeles Vázquez Mejuto

María Ángeles Vázquez Mejuto, nada en Melide o 3 de abril de 1972[1], é unha política galega do PPdeG. Dende 2015 é a conselleira de Medio Rural .

Ángeles Vázquez Mejuto
Ángeles Vázquez Mejuto, Conselleira de Medio Rural
Nacemento3 de abril de 1972
 Melide
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítica

Traxectoria

Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela na especialidade de Xeografía Aplicada. É profesora e técnica en información e cultura. Traballou na radio municipal de Melide.

Nas eleccións municipais de 2003 presentouse na candidatura do PPdeG en Melide e foi elixida concelleira. Foi deputada provincial. En 2004 foi elixida alcaldesa de Melide logo da dimisión do alcalde Miguel Pampín Rúa para centrarse no Senado. Nas eleccións xerais de 2008 foi candidata a deputada polo PPdeG pola provincia da Coruña, chegando a deputada en 2010 substituíndo a Gerardo Conde Roa[2]. Nas municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG a alcaldía de Melide e foi elixida alcaldesa con maioría absoluta. Nas municipais de 2015 volveu ser elixida alcaldesa con maioría absoluta.

En outubro de 2015 foi nomeada Conselleira de Medio Rural[3]. Foi elixida deputada nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2016. En xaneiro de 2017 renunciou ao seu cargo de deputada no Parlamento de Galicia[4].

Predecesor:
Miguel Pampín Rúa
 Escudo de Melide A Coruña.svg
Alcaldesa de Melide
 
2004 - 2007
Sucesor:
María Socorro Cea Vázquez
Predecesor:
María Socorro Cea Vázquez
 Escudo de Melide A Coruña.svg
Alcaldesa de Melide
 
2011 - 2015
Sucesor:
Dalia García Couso
Predecesor:
Rosa Quintana
 Escudo de Galicia.svg
Conselleira de Medio Rural
 
2015 - 2018
Sucesor:
José González Vázquez
Predecesor:
Beatriz Mato
 Escudo de Galicia.svg
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
 
2018 -
Sucesor:

Notas

  1. "La biografía de la Conselleira de Medio Rural en la Xunta tiene más "trampas" que el máster de Cifuentes, Casado y los lobos de O Caurel. - Xornal Galicia". www.xornalgalicia.com. Consultado o 26 de febreiro de 2019.
  2. "A melidense Ángeles Vázquez substituirá no Congreso ao popular Conde Roa", artigo en El Progreso, 8 de setembro de 2010.
  3. Núñez Feijoo destitúe a Rocío Mosquera nunha ampla reestruturación do seu Goberno, artigo en Praza Pública, 4 de outubro de 2015.
  4. AMP.- Renuncian á súa acta de deputado os conselleiros de Facenda, Infraestruturas, Cultura, Sanidade e Medio Rural

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

3 de abril

O 3 de abril é o 93º día do ano do calendario gregoriano e o 94º nos anos bisestos. Quedan 272 días para finalizar o ano.

Beatriz Mato

Beatriz Mato Otero, nada en Barakaldo en 1965, é unha política galega do PPdeG.

Consellaría

Denomínase consellaría ou consellería a cada unha das carteiras en que se dividen os gobernos das comunidades autónomas de España, incluídas as da Xunta de Galicia. Trátase do equivalente aos ministerios na repartición por funcións dos órganos de goberno estatais. A cabeceira dunha consellaría é rexida por un responsábel máximo, que se coñece como conselleiro. Así mesmo, a dependencia ou sede de cada consellaría recibe a mesma denominación.

Consellería do Medio Rural

A Consellería de Medio Rural é unha consellería da Xunta de Galicia con competencias na xestión e promoción da agricultura, da gandaría, dos produtos con denominación de orixe, e da política forestal. O seu titular actual é Ángeles Vázquez Mejuto.

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2016

As eleccións autonómicas de Galicia de 2016 foron as décimas eleccións ao Parlamento de Galicia dende a súa constitución e celebráronse o 25 de setembro de 2016, data en que se fan catro anos desde a celebración dos comicios anteriores.

Eleccións municipais de 2011 en Galicia

As eleccións municipais de 2011 celebráronse o día 22 de maio de 2011 en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 315 corporacións municipais, así como as catro deputacións provinciais. Ademais en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día cás eleccións municipais.

Eleccións municipais de 2015 en Galicia

As eleccións municipais de 2015 celebráronse o día 24 de maio de 2015 en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 314 corporacións municipais, unha menos que nos comicios precedentes, logo da fusión de Oza-Cesuras, así como as catro deputacións provinciais. Ademais en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día que as eleccións municipais.

Eleccións municipais en Melide

Corporacións democráticas en Melide desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Ulpiano Javier Rodríguez Pampín — UCD

1983 Alcalde: Ulpiano Javier Rodríguez Pampín — CP

1987 Alcalde: Manuel Angel Rey Rodríguez — AP, en coalición con UV.

1991 Alcalde: Miguel Pampín Rúa — PPdeG

1995 Alcalde: Miguel Pampín Rúa — PPdeG

1999 Alcalde: Miguel Pampín Rúa — PPdeG

2003 Alcalde: Miguel Pampín Rúa — PPdeGGañou con 2748 votos e 7 concelleiros (polo tanto maioría absoluta) o Partido Popular, con Miguel Pampín ó seu fronte. Os seguintes partidos tras estes foron o BNG con 1428 votos e 4 concelleiros con Socorro Cea á cabeza e o PSdeG-PSOE con 909 votos e 2 concelleiros, con Manuel Prado Puga á fronte. Miguel Pampín foi substituído en maio de 2004 por Ángeles Vázquez Mejuto.

2007 Alcaldesa: María Socorro Cea Vázquez — BNG, en coalición co PSdeG-PSOE.

2011 Alcaldesa: Ángeles Vázquez Mejuto — PPdeG

2015 Alcaldesa: Ángeles Vázquez Mejuto — PPdeG. En outubro de 2015, Ángeles Vázquez é nomeada Conselleira do Medio Rural, pasando o bastón de mando da alcaldía de Melide á súa compañeira de partido Dalia García Couso.Candidatos: María Ángeles Vázquez Mejuto (PP), Xosé Igrexas García (BNG), José Antonio Prado García (PSdeG-PSOE).

Festa do melindre de Melide

A Festa do melindre e da repostaría tradicional é unha festa gastronómica organizada no concello de Melide, co obxecto de homenaxear a repostaría tradicional da vila. Ten lugar o segundo domingo de maio. En 2013 foi declarada Festa de interese turístico de Galicia.

Gerardo Conde Roa

Gerardo Jesús Conde Roa, nado o 28 de setembro de 1959 en Padrón, é un avogado, empresario e político conservador galego do PPdeG.

Jaime Sousa

Jaime Sousa Seara, é un político galego do PPdeG.

María Socorro Cea Vázquez

María Socorro Cea Vázquez, nada en Melide o 1 de abril de 1970, é unha mestra e política galega vinculada ao BNG.

Miguel Pampín Rúa

Miguel Ramón Pampín Rúa, nado en Melide o 26 de febreiro de 1963, é un político galego do PPdeG.

Rosa Quintana

Rosa Quintana Carballo, nada en San Fernando de Apure (Venezuela) o 29 de maio de 1959, é unha política galega do PPdeG.

Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia ou simplemente Xunta aparece definida no Estatuto de Autonomía de Galicia coma o órgano colexiado do Goberno de Galicia. Está composta polo Presidente, vicepresidentes e conselleiros. Os vicepresidentes e os conselleiros son nomeados polo presidente. Galicia exerce as súas funcións administrativas a través da Xunta e das consellarías. A Presidencia da Xunta de Galicia ten a sede no Pazo de Raxoi en Santiago de Compostela.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.