Ángel Urzáiz

Ángel Urzáiz Cuesta, nado en El Puerto de Santa María (provincia de Cádiz) o 21 de febreiro de 1856 e finado en Madrid o 1 de maio de 1926, foi un avogado, xornalista e político español, foi ministro de Facenda durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena e durante o reinado de Alfonso XIII.

Ángel Urzáiz
Ángel Urzáiz Cuesta
Retrato en Coruña Moderna, 1905.
Nome completoÁngel Urzáiz y Cuesta
Nacemento21 de febreiro de 1856
 El Puerto de Santa María
Falecemento1 de maio de 1926
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidad Central
Ocupaciónpolítico, avogado e xornalista
FillosJoaquín Urzáiz Cadaval

Traxectoria

Fillo de Antonio Urzáiz Castro, brigadier da Armada e secretario do Rei e Mª Dolores de la Cuesta y Nuñez.

Licenciado en Dereito pola Universidade Central de Madrid, colaboraba como xornalista en El Correo, Los Debates e a Revista de España. Inicia a súa carreira política como deputado por Vigo nas eleccións de 1881. Nas eleccións de 1884 non logra o escano por Vigo, pero en 1886 resulta elixido polo distrito de Lalín nunha elección parcial pola renuncia como deputado de Antonio Aguilar Correa, volvendo ser elixido por Lalín en 1888. A partir de 1893 volveu ser deputado polo distrito de Vigo en todas as eleccións celebradas ata 1920. En 1922 accedeu ao Senado como senador vitalicio.

Pazo Urzáiz Cadaval
Pazo Cadaval, Nigrán.

Casou en maio de 1883 con Adela Cadaval Muñoz, señora do pazo de Cadaval de Nigrán, coa que tivo dous fillos: Elodia e Joaquín Urzáiz Cadaval.

Foi Subsecretario de Gobernación en 1887, Gobernador civil de Córdoba e Intendente en Cuba ata a perda da colonia en 1898, logo do seu regreso a España foi ministro de Facenda entre o 6 de marzo de 1901 e o 19 de marzo de 1902 nun gabinete Sagasta. Posteriormente, entre o 23 de xuño e o 18 de xullo de 1905, asumiu novamente a carteira de Facenda nun goberno que presidiu Eugenio Montero Ríos véndose obrigado a dimitir pola concesión duns créditos destinados a paliar a crise económica de Andalucía. Finalmente volveu dirixir o Ministerio de Facenda entre o 9 de decembro de 1915 e o 25 de febreiro de 1916 nun gabinete Romanones.

En 1908 fundou o xornal liberal La Voz de Vigo.

Rueiro co seu nome

Ángel Urzáiz conta cunha céntrica rúa viguesa co seu nome, un dos eixos da cidade. Tamén, cunha praza en Gondomar e con outra rúa en El Puerto de Santa María. Á rúa viguesa déuselle ese nome a finais do século XIX, aínda que entre 1937 e 1979 mudou o nome para rúa de José Antonio.

Predecesor:
Manuel Allendesalazar Muñoz
Antonio García Alix
Gabino Bugallal Araújo
 Ministro de Facenda 
1901 - 1902
1905
1915 - 1916
Sucesor:
Tirso Rodrigáñez Sagasta
José Echegaray Eizaguirre
Miguel Villanueva Gómez

Véxase tamén

Ligazóns externas

1926

1926 foi Ano Santo Xacobeo.

Alcaldes de Vigo

Esta é unha listaxe incompleta dos alcaldes de Vigo. Dúas mulleres están entre eles (1978 e 2003).

Antonio García Alix

Antonio García Alix, nado en Murcia o 28 de agosto de 1852 e finado en Madrid o 29 de novembro de 1911, foi un avogado e político español. Foi ministro deInstrución Pública e Belas artes, durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena e ministro de Facenda e ministro de Gobernación durante o reinado de Afonso XIII.

Bernardo Mateo Sagasta

Bernardo Mateo Sagasta Echeverría, nado en Pontevedra o 21 de setembro de 1866 e finado o 2 de novembro de 1937, foi un enxeñeiro agrónomo e político galego.

Eduardo Iglesias Añino

Eduardo Iglesias Añino, nado en Teis o 14 de outubro de 1850 e finado en Vigo o 18 de xuño de 1916, foi un avogado e político galego.

Eleccións xerais de España de 1899

As Eleccións Xerais de 16 de abril de 1899 en España foron convocadas na minoría de idade de Alfonso XIII, sendo rexente a súa nai María Cristina de Habsburgo-Lorena. A súa base legal foi a Constitución española de 1876, vigente ata 1931 na coñecida como Restauración borbónica en España.

Eleccións xerais de España de 1903

As eleccións xerais de España de 1903 tiveron lugar o 30 de abril baixo o reinado de Afonso XII e por sufraxio universal restrinxido aos varóns.No panorama político da época, creouse o novo Partido Liberal Conservador (froito da unión dos conservadores de Francisco Silvela e dos liberais disidentes dirixidos por Antonio Maura). En total foron elixidos 403 deputados, e obtivo a maioría absoluta o renovado Partido Conservador de Silvela. Os republicanos, agrupados nunha única candidatura, Unión Republicana, obtiveron 30 escanos no Congreso. Unha parte dos votos conservadores se disgregó en pequenas formacións políticas como os denominados Tetuanistas (6 escanos) ou os Tradicionalistas (7 escanos).

Foi elixido Presidente do Congreso o conservador Raimundo Fernández Villaverde, substituído o 23 de outubro polo reformista Francisco Romero Robledo. Elixiuse Presidente do Senado a Marcelo de Azcárraga, a quen substituíu en xaneiro de 1905 Luis Pidal y Mon.

O primeiro Presidente do Consello de Ministros foi Silvela, pero meses máis tarde, en decembro, Antonio Maura retomou o control dos conservadores e o gabinete. En decembro de 1904, Maura dimitiu o substitúe Marcelo de Azcárraga que apenas estivo un mes como xefe de Goberno para dar paso en xaneiro de 1905 a Raimundo Fernández Villaverde, quen convocou eleccións 8 meses máis tarde.

Eleccións xerais de España de 1907

As eleccións xerais de España de 1907 foron convocadas o 21 de abril, trala crise do goberno liberal pola dimisión de Eugenio Montero Ríos debido aos incidentes que se sucederon tralo asalto á revista ¡Cu-Cut! en 1906. As eleccións celebráronse baixo sufraxio universal masculino. En total foron elixidos 404 deputados, e o partido máis votado foi o Partido Conservador, dirixido por Antonio Maura. O partido liberal quedou moi debilitado, e ademais presentouse por separado a sección liberal demócrata de José Canalejas.

Foi elixido presidente do Congreso o conservador Eduardo Dato, e presidente do Senado Marcelo de Azcárraga.

O xefe de goberno foi Antonio Maura, quen debido á Guerra de Marrocos e a durísima represión no que se coñece como a Semana Tráxica (coa condena a matar de Francesc Ferrer i Guàrdia) foi destituído en outubro de 1909. Foi substituído entón polo liberal Segismundo Moret, pero non contaba co apoio do seu propio partido e tivo que dimitir o 9 de febreiro de 1910, de maneira que se convocaron novas eleccións.

Eleccións xerais de España de 1910

As eleccións xerais de España de 1910 foron convocadas o 8 de maio, trala crise do goberno conservador de Antonio Maura por mor da Semana Tráxica de Barcelona en 1909, baixo sufraxio universal masculino. En total foron elixidos 404 deputados, e o partido máis votado foi o Partido Liberal, dirixido por José Canalejas. O Partido Conservador quedou moi debilitado, e en Navarra presentouse en coalición con carlistas e integristas. Tamén se presentou unha Conxunción Republicano-Socialista, dirixida polo escritor canario Benito Pérez Galdós, que reuniu na coalición diversos grupos republicanos, o Partido Socialista Obreiro Español, o Partido Republicano Radical e o Partido Republicano Democrático Federal. A Unión Federal Nacionalista Republicana, unha vez rota a Solidariedade Catalá presentouse en solitario e por primeira vez rompeu a hexemonía da Lliga Regionalista en Cataluña.

Foi elixido Presidente do Congreso o liberal conde de Romanones, que foi substituído en 1912 por Segismundo Moret; á súa morte en 1913 accedeu á Presidencia Miguel Villanueva. O Presidente do Senado foi Eugenio Montero Ríos.

O xefe de goberno foi José Canalejas, que foi asasinado o 12 de novembro de 1912. Substituíuno entón o conde de Romanones que dimitiu o 27 de outubro de 1913 debido á división interna do partido de Manuel García Prieto, fundador do Partido Liberal Demócrata. Ao mesmo tempo, tamén houbo división no Partido Conservador cando Antonio Maura e Juan de la Cierva Peñafiel non aceptaron o liderado de Eduardo Dato. Máis tarde crebou tamén a Conxunción Republicano-Socialista, a pesar do relativo éxito obtido.

Eugenio Montero Ríos

Eugenio Montero Ríos, nado en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1832 e finado en Madrid o 12 de maio de 1914, foi un destacado xurista e político galego, alcumado o "cuco de Lourizán" onde residiu até pouco antes de morrer.Foi partidario da separación entre Igrexa e Estado, e á súa iniciativa débense a Lei do Rexistro Civil e a Lei do Matrimonio Civil.

Francisco Lago Álvarez

Francisco Lago Álvarez, foi un empresario e político galego.

Joaquín Urzáiz Cadaval

Joaquín Urzáiz Cadaval, nado en Nigrán o 15 de setembro de 1887 e finado en Madrid o 11 de outubro de 1957, foi un funcionario, político e diplomático galego.

José Ramón Curbera Fernández

José Ramón Curbera Fernández, nado en Vigo en 1870 e finado na mesma cidade o 15 de xuño de 1937, foi un empresario e industrial conserveiro galego.

Julián Estévez

Julián Estévez, nado en Ames en 1855 e finado en Teis o 24 de xullo de 1928, foi un agrarista e político galego. Foi membro do Directorio Antiforista de Teis e alcalde de Lavadores, o primeiro alcalde agrarista de Galicia.

Ministerio de Economía e Competitividade de España

O Ministerio de Economía e Competitividade de España é o órgano da Administración Xeral do Estado que se encarga da política económica, especialmente dos Presupostos Xerais, do control das Compañías públicas, e de impoñer as taxas.

Luis de Guindos é o ministro de Economía.

Pazo de Cadaval

O Pazo de Cadaval, ou Pazo de Urzáiz-Cadaval ou viceversa, sitúase no lugar de Grolos, Nigrán, provincia de Pontevedra. Xa no século XIV existía esta construción que en diversas partes da casa presenta escudos e brasóns dos Cadaval, Figueroa, Ozores, Montenegro, Ceta, Correa e Urzáiz. Declarado Ben de Interese Cultural en 2006 o seu estado de conservación é moi bo.

Ricardo Senra Fernández

Ricardo Senra Fernández, nado en Tui en 1846 e finado en Vigo o 20 de novembro de 1922, foi un político galego.

Tirso Rodrigáñez y Sagasta

Tirso Timoteo Rodrigáñez y Mateo Sagasta, nado en Logroño o 24 de xaneiro de 1853 e finado en Madrid o 2 de agosto de 1935, foi un avogado, xornalista e político español. Durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena, e durante o reinado de Afonso XIII, foi ministro de Facenda.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.