Ángel Amor Ruibal

Ángel María José Amor Ruibal, nado en Porráns (Barro) o 11 de marzo de 1869 e finado o 4 de novembro de 1930, foi un destacado pensador galego.

Malia as múltiplas preocupacións e unha precaria saúde, logrou unha extensa produción apoiada na súa enorme erudición novecentista, abranguendo a lingüística, a historia, a canonística teórica e práctica, a teoloxía e sobre todo a filosofía. Contando cunha prodixiosa memoria, a súa tenacidade superou a dificultade que existía no afastamento de Santiago respecto dos centros culturais e do ambiente cultural en xeral, sobre todo para a xente que rodeaba a Amor Ruibal.

Ángel Amor Ruibal
Angel Amor Ruibal - Vida Gallega
Nacemento11 de marzo de 1869
 Barro
Falecemento4 de novembro de 1930
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónfilósofo, catedrático de universidade e escritor

Traxectoria

Casa Amor Ruibal
Casa natal en Porráns.
Placa Amor Ruibal
Placa.

A pesar dos seus éxitos posteriores, non comezou os estudos con bo pé: suspenso no acceso ó Seminario en xuño e setembro de 1879 e na convocatoria extraordinaria de setembro de 1880, probablemente non se deban en realidade á ignorancia, senón ó desacordo co ambiente intelectual romano e ós ataques contra o cardeal Billot, paladín da restauración escolástica. Iso si, máis logo comezaron os "benemeritus" (notables) entre 1880 e 1882 e sobe ós "meritissimus" a partir de entón (agás o derradeiro suspenso en Dereito romano en 1886). Os seus estudos comezaron en Herbón (tres cursos de 1880 a 1884) e só logo foi ó Seminario central de Santiago: alí permaneceu ata completar Teoloxía, Filosofía e Canons, ben complementado con humanidades e ciencias. O exame de grao para o título de Doutor en Teoloxía tivo por tema "Deus é inmenso e eterno" e realizouno en latín con citas hebreas e gregas. Á parte do currículo oficial sempre cultivou a investigación filolóxica.

Foi decisivo para el o terceiro premio obtido na Altorientalische Geschellschaft en 1893 sendo aínda seminarista, cunha Memoria sobre as orixes e formas do caldeo. O propio Ramón Cabanillas foi quen pasou a limpo o texto latino, cuxa existencia foi por fin confirmada no ano 2004 grazas ó libro de Lemos Montanet. A correspondencia habitual entre Amor Ruibal e Leipzig ou Friburgo de libros tanto mercados coma en empréstito confirma a atención e prestixio que se intercambiaban co estranxeiro: Amor Ruibal recibiu a encarga da tradución e adaptación española do Kirchliches Handlexikon. Máis tarde manifestou o seu desgusto contra o escrito que os seus amigos e inspiradores alemáns (Herder) asinaron contra 1914, o Manifesto dos intelecutuais alemáns en apoio ó Káiser.

Tras optar fallidamente a varias coenxías en Santiago de Compostela, Ourense e Granada, (a onde nin foi), conseguiu a santiaguesa en 1902. En 1916 presentouse sen conseguilo para o Senado español, máis ben como método para prestixiar algunha candidatura. Nunca aceptou ser declarado bispo, sempre preferindo centrarse no seu labor de profesor, de Teoloxía Fundamental e Dereito canónico.

Obra

Foi solicitada a súa axuda para dous proxectos internacionais: o Novo código de Dereito canónico e os traballos de preparación para a posible definición dogmática da Mediación universal de María. Só deste se conserva o texto, latino, da súa primeira parte (publicado por Rey Martínez na revista Compostellanum), pero non da primeira (Hymnologia graecorum pro thesi) nin do Código.

Dende párrocos ata o propio cardeal Tedeschini, fixéronlle consultas sobre problemas canónicos, e xornalistas e institucións pedíanlle informes (entre eles as recensións da Dogmática de P. I. Hermann ou o Dereito penal do seu curmán Amor Neveiro), mesmo algúns deles sobre o que oficialmente non era a súa especialidade: a etimoloxía de "Compostela" ou "Libredón" ou a historia de Santiago, a súa catedral ou o Hospital Xeral. Algunhas das súas obras recentemente reeditadas (no mencionado libro de Lemos) son:

  • Constituciones de la S. A. M. I. Catedral de Santiago adaptadas a la legislación canónica vigente y derecho concordado (procedente dun libreto);
  • Las peregrinaciones a Santiago. Los nombres de Libredón y Compostela;
  • La Capilla del Gran Hospital. Sus privilegios;
  • Una carta del autor de "Ne temere";
  • Rúa del Villar. Examen glotológico de sus denominaciones en el siglo XII;
  • La lengua gallega y su léxico etimológico;
  • Galicia y sus hombres. Una entrevista con el sabio políglota Dr. Amor Ruibal;
  • La cruz svástica en Galicia. La cruz svástica no es celta (procedentes de artigos en xornais);
  • Porén, séguese sen saber nada do proxecto Los problemas fundamentales de la Filosofía y el Dogma, previsto para 17 tomos.

Especial atención merece a súa preocupación filolóxica polo galego, alén da reclusión á lírica: xa daquela afirmaba que "tiña aptitudes para todos os xéneros de forma literaria". Sen perder o tempo en disquisicións terminolóxicas sobre se o galego é lingua ou dialecto, o seu magno proxecto inacabado era un estudo científico do galego cun dicionario etimolóxico mesmo ata o sánscrito, para o que afirmaba "ter recollido bos materiais". Sen caer nos extremos na controversia imperante do celtismo lingüístico e cultural, pon equilibrio na disputa hoxe chamada reintegracionismo: o galego dende a perspectiva da lexicoloxía ten forte preponderancia da asimilación galaico-portuguesa, pero é lexítima se non se cae no abuso debido á singular evolución histórica do galego. Á vista disto pode verse o gran sentido práctico de quen podería ter estado vivindo nun á parte especulativo.

Neste aspecto de coidado ós asuntos máis concretos, o seu labor persoal estendíase mesmo dende á realización e composición material dos libros escritos en alfabetos non latinos na prensa. No ano 1927 cobre a praza de vigairo capitular, publicando 17 circulares, resolvendo preitos xurídicos e administrativos e organizando coma Gobernador eclesial e Provisor do arcebispo, e abordando temas tan dispares coma o precepto pascual ou a casuística das bulas, a formación seminarista, a organización das mocidades, a prensa católica, promulgación e levantamento de excomuñóns para o enterramento dun suicida ou a renovación do edificio do Seminario.

Influencia

Á parte de ser unha das figuras claves da filoloxía e lingüística coas que a Igrexa católica contribuíu ó galeguismo (xunto con Sarmiento, Antonio Noriega Varela e en xeral toda a xeración do seminario de Mondoñedo), a súa posición orixinal na resolución da crise modernista, sen darse ó historicismo relativizador nin á ortodoxia fosilizada nun pensamento ahistórico e inxenuamente realista. En boa parte, hai que interpretalo en relación coa Teoloxía liberal protestante (cuxos maiores exponentes españois son Miguel de Unamuno e mais Amor Ruibal) paralelo ó proxecto de Harnack, independentemente da controversia pro- ou anti-escolasticista. Por moito que esta sexa a súa formación, o seu pensamento renovador e a súa fonda intuición non se restrinxiron a este encadramento.

No ano 2004 instituíuse o Arquivo Amor Ruibal (en formación no Instituto Teológico Compostelano) que conta con correspondencia, escritos menores do autor, anotacións, fotos e noticias xornalísticas.

Véxase tamén

Bibliografía

11 de marzo

O 11 de marzo é o 70º día do ano do calendario gregoriano e o 71º nos anos bisestos. Quedan 295 días para finalizar o ano.

4 de novembro

O 4 de novembro é o 308º día do ano do calendario gregoriano (309º nos anos bisestos). Quedan 57 días para finalizar o ano.

Andrés Torres Queiruga

Andrés Torres Queiruga, nado en Aguiño, Ribeira, o 28 de maio de 1940, é un teólogo e escritor galego.

Antonio Couceiro Freijomil

Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un escritor galego, coñecido polo seu Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores.

Celestino Sánchez Rivera

Celestino Sánchez Rivera, nado en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1870 e finado na mesma cidade o 30 de febreiro de 1948, foi un xornalista e escritor galego.

Emilio Tapia Rivas

Emilio Tapia Rivas, nado en Mondoñedo o 7 de agosto de 1862 e finado en Lugo o 12 de xuño de 1918, foi un avogado, político, xornalista e escritor galego.

Gonzalo Brañas Fernández

Gonzalo Brañas Fernández, nado na Coruña o 17 de decembro de 1866 e finado na mesma cidade o 2 de agosto de 1948, foi un físico e inventor galego.

Indalecio Varela Lenzano

Indalecio Varela Lenzano, nado na Coruña o 10 de abril de 1856 e finado en Ourense o 14 de xuño de 1940, foi un musicólogo e crítico musical galego.

José Luis Bugallal Marchesi

José Luis Bugallal Marchesi, tamén chamado Marathon, nado na Coruña o 18 de setembro de 1899 e falecido na mesma cidade o 26 de decembro de 1989, foi un xornalista e escritor galego.

José Vega Blanco

José Vega Blanco, finado en Lugo o 15 de febreiro de 1933, foi un xornalista e escritor galego.

Julio Rodríguez Yordi

Julio Rodríguez Yordi, nado na Coruña o 7 de novembro de 1894 e finado na mesma cidade o 27 de setembro de 1967, foi un escritor, poeta, ensaísta e xornalista galego.

Manuel Banet

Manuel Banet Fontenla, nado na Coruña o 30 de marzo de 1871 e finado na mesma cidade o 30 de setembro de 1962, foi un avogado e escritor galego.

Marino Dónega

Marino Dónega Rozas, nado en Huelva o 3 de marzo de 1916 e finado na Coruña o 1 de abril de 2001, foi un escritor e político galego.

Pegerto Saavedra

Pegerto Saavedra Fernández, nado en Freixo (A Fonsagrada) o 15 de novembro de 1951, é un historiador galego.

Rafael Pérez Barreiro

Rafael Pérez Barreiro, nado en Madrid en 1862 e finado na Coruña o 29 de abril de 1932, foi un filólogo e profesor.

Ramón Tojo Pérez

Ramón Tojo Pérez, nado en Padrón en 1860 e finado en Pontevedra o 7 de outubro de 1944, foi un escritor e político galego.

Real Academia Galega

A Real Academia Galega (RAG) é unha institución científica, creada en 1906, que ten como obxectivo o estudo da cultura galega, e en especial da lingua galega. Elabora as súas normas ortográficas, gramaticais e léxicas, deféndea e promociónaa. Ademais, decide a personalidade literaria á que se lle dedica o Día das Letras Galegas. Os seus membros son personalidades influentes do mundo da cultura galega, relacionados maioritariamente coa lingua. O seu presidente é Víctor Freixanes, elixido o 28 de marzo de 2017 logo da renuncia de Xesús Alonso Montero tras catro anos no cargo. O seu lema é Colligit. Expurgat. Innovat

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos
Membros de honra da Real Academia Galega

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.