Álvaro das Casas

Álvaro María Casas Blanco, nado en Ourense o 2 de xullo de 1901 e finado en Barcelona o 8 de marzo de 1950, foi un dinamizador cultural e escritor, en galego e castelán, de poesía, novela, ensaio e, fundamentalmente, de obras de teatro. Asinou as súas publicacións como Álvaro de las Casas ou, cando escribe en galego Álvaro das Casas.

Álvaro das Casas
Álvaro M. de las Casas 1925
Nacemento2 de xullo de 1901
 Ourense
Falecemento8 de marzo de 1950
 Barcelona
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Valladolid
Ocupaciónpolítico
IrmánsAugusto Casas

Traxectoria

Ultreyas na Misión Biolóxica 1932
Grupo dos Ultreyas na Misión Biolóxica de Galicia en 1932.

En Ourense cursou os seus estudos básicos e de bacharelato, trasladándose a Valladolid para cursar a carreira de Filosofía e Letras. Doutorouse en Ciencias Históricas e Xeográficas, feito que talvez inflúa na proposta de teatro histórico deste autor. Exerceu de catedrático e director do Instituto local de Noia, onde fundou os primeiros grupos Ultreya. Foi escritor dramático de renome e tradutor de obras de autores portugueses, alén de militante do Partido Galeguista e membro do Instituto Histórico do Minho aínda que no ano 1933 despois dunha longa polémica co Partido Galeguista funda a Vangarda Nazonalista Galega.

Precisamente nunha comunicación feita ao Instituto Histórico do Minho, na que fala do teatro de Galiza, publica a súa proposta de teatro galego o cal, na súa opinión, debería ser poético, de temática histórica e representábel en calquera punto de Galiza. Todos estes trazos áchanse na súa obra A Morte de Lord Sataüler (1929), onde demostra Álvaro das Casas que o arriba dito pode ser levado á práctica. Dirixiu a revista Alento (1934-1935).

En 1936, con motivo da guerra civil, cae na obriga de se exiliar a Buenos Aires. Alí fundou en 1939 canda a Mariano Medina del Río o proxecto Emecé Editores[1].

En 1950 regresou a España. Asentouse en Barcelona, onde morreu o 8 de marzo dese mesmo ano. Foi irmán do tamén escritor Augusto Casas.

Recoñecemento

A Asociación Álvaro das Casas leva o seu nome.[2]

Obra

Lesteiro, Claudio Losada, Álvaro das Casas e Filgueira Valverde cos Ultreya en Noia 1932
Manuel Lesteiro López, Claudio Losada, Álvaro das Casas e Filgueira Valverde cos Ultreya en Noia, retrato en Vida Gallega, 1932.

Álvaro das Casas foi principalmente un autor dramático, o cal non lle impediu cultivar timidamente outros xéneros. A súa traxectoria como escritor está composta polas seguintes obras:

Teatro

Álvaro María de las Casas e os Ultreyas visitando o dólmen de Oleiros 1933
Álvaro María de las Casas e os Ultreyas visitando o dolmen de Axeitos, Vida Gallega, 1933.
  • O xardín do Castelo de Vidre (1926). Colección Lar.
  • A morte de Lord Sataüler (1929).
  • Pancho de Rábade. Via Crucis en Seis Estaciós (1931).
  • O Tolo da Lastra (contido en Tres Conversas, 1930).
  • A Gavilla (contido en Tres Conversas, 1930).
  • Dente de Ouro (contido en Tres Conversas, 1930).
  • O Outro (1930).
  • Mátria (1935).
  • Teatro dos Nenos (1936).
  • Rechouchío (1936).
  • Mitin (1936).

Poesía

  • Sulco e Vento (1931).
  • Escolma de Cantigas (1934).

Prosa

  • Ladaíña (1927). Colección Lar.
  • Xornadas de Sebastián Albor (1931).

Ensaio

  • A Illa de Ons (1932, Nós).
  • Verbas aos Mozos Galegos (1933).

Galería de imaxes

O xardín do castelo de Vidre
O xardín do castelo de Vidre 
Ladaíña.
Ladaíña

Notas

  1. Fuster García, F. (2016). "La edición iberoamericana (México y Argentina, siglo XX)". Cuadernos Hispanoamericanos (en castelán) (798): 91.
  2. "Premios Bacelos de Prata 2018". CCG. 19 de novembro de 2018. Consultado o 23 de novembro de 2018.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

2 de xullo

O 2 de xullo é o 183º día do ano do calendario gregoriano e o 184º nos anos bisestos. Quedan 182 días para finalizar o ano.

8 de marzo

O 8 de marzo é o 67º día do ano do calendario gregoriano e o 68º nos anos bisestos. Quedan 298 días para finalizar o ano.

A Chaínza, O Obre, Noia

A Chaínza é un lugar da parroquia do Obre no concello coruñés de Noia, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 80 habitantes (34 homes e 46 mulleres).

Asociación de Escritores de Galicia

A Asociación de Escritores de Galicia foi unha asociación constituída en 1936 que representaba aos escritores galegos e que apenas tivo actividade.

Barro, Noia

Santa Cristina de Barro é unha parroquia que se localiza no concello coruñés de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 3 763 habitantes (1 815 homes e 1 948 mulleres).

Boa, Noia

Boa é a parroquia máis occidental do concello coruñés de Noia e constitúe o linde co concello de Porto do Son. Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 410 habitantes (194 homes e 216 mulleres).

Ten unhas fermosas praias e a principal actividade dos seus veciños e o marisqueo de berberecho e ameixa.

Corrubedo, Ribeira

Santa María de Corrubedo é unha parroquia do concello coruñés de Ribeira na comarca do Barbanza. Segundo o IGE no ano 2007 tiña 768 habitantes (388 homes e 380 mulleres), 5 máis que o ano anterior. Até 1928 pertenceu á parroquia de Olveira.

Nela sitúase o cabo de Corrubedo e unha pequena parte do parque natural complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, que inclúe as dunas de Corrubedo e as lagoas de Carregal e Vixán, que comparte coas parroquias estremeiras de Olveira, Artes e Carreira.

Este parque natural é un sistema de praia-barreira. Logo dun extenso areeiro que conforma a praia, sitúanse as dunas e, tras delas, a lagoa de Carregal e marismas.

Illa da Creba

A Illa da Creba é unha illa galega da ría de Muros e Noia, situada a 240 metros da costa da parroquia de Esteiro (Muros). Ten unha característica forma de teta e unha extensión de 7,5 hectáreas. É de propiedade privada, coroada por un caserón, construído sobre as ruínas da antiga capela da nosa Señora da Creba. Posúe dous embarcadoiros que forman unha pequena dársena.

Monte Louro, Louro, Muros

Monte Louro é un lugar situado na parroquia de Louro, no concello coruñés de Muros. O monte está concretamente na parroquia sobre a banda norte da ría de Muros e Noia.

A estrada pasa entre o monte e a praia de Louro, situada entre as puntas Carreiro e Lens. Forma parte do lugar de importancia comunitaria Monte e lagoa de Louro e ten un interese xeolóxico especial por ser un inselberg granítico, ou monte que destaca nunha chaira, rodeado dunha plataforma de abrasión.

Muros

Muros é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Muros. Está situado no extremo norte da ría de Muros e Noia, a máis setentrional das rías Baixas.

Segundo o IGE no 2014 tiña unha poboación de 9.117 habitantes (9.787 no 2009, 9.999 no 2006, 9.995 no 2005, 10.050 no 2004, 10.095 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é muradá para o feminino ou muradán para o masculino.

Noia

Noia é un concello costeiro da provincia da Coruña, capital da comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta con 14.571 habitantes e ten unha extensión de 37,2 km². O seu xentilicio é noiés.

O Obre, Noia

Santa Mariña do Obre é unha parroquia situada no concello coruñés de Noia, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 729 habitantes (348 homes e 381 mulleres), distribuídos en 20 entidades de poboación.

O leite na cultura popular galega

A seguir recóllese a pegada do leite na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral.

O mar na cultura popular galega

A seguir recóllese a presenza do mar na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral.

O tabaco na cultura popular galega

A seguir recóllese a pegada do hábito de fumar tabaco na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral.

Porto do Son

Porto do Son é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Noia. A capital do concello é a vila homónima, situada na parroquia de Noal. O termo municipal ten unha extensión de 94,58 km² e, segundo o padrón municipal (INE 2015), conta cunha poboación de 9.436 habitantes, o que daba, nesa data unha densidade de 99,77 hab./km². O seu xentilicio é sonense.

No concello de Porto do Son están o castro de Baroña e a vila de Portosín.

Vangarda Nazonalista Galega

Vangarda Nazonalista Galega foi un partido independentista galego que actuou no ano 1933.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.