Águeda

Águeda é unha cidade portuguesa pertencente ao Distrito de Aveiro, Rexión Centro e subrexión do Baixo Vouga, con cerca de 14.504 habitantes. Sitúase a 15 m de altitude.

É a capital dun concello con 335,3 km² de área e 49.912 habitantes (2006) (cunha densidade de 148,9 h/km²), subdividido en 20 freguesías. O concello limita ao norte co concello de Sever do Vouga, ao nordeste por Oliveira de Frades e por Vouzela, ao leste por Tondela, ao sur por Mortágua e por Anadia, ao suroeste por Oliveira do Bairro, ao oeste por Aveiro e a noroeste por Albergaria-a-Velha.

Águeda foi elevada á categoría de cidade en 1985. Alén desta cidade, o concello inclúe tres vilas: Aguada de Cima, Fermentelos e Mourisca do Vouga.

As freguesias de Águeda son Agadão, Aguada de Baixo, Aguada de Cima, Águeda, Barrô, Belazaima do Chão, Borralha, Castanheira do Vouga, Espinhel, Fermentelos, Lamas do Vouga, Macieira de Alcoba, Macinhata do Vouga, Óis da Ribeira, Préstimo, Recardães, Segadães, Travassô, Trofa e Valongo do Vouga.

Coordenadas: 40°34′N 8°27′O / 40.567, -8.450

Águeda
Pt-agd3
AGD1
Estação de Águeda, 2009.10.28
Estación de Águeda
Localización
LocalAgueda
PaísFlag of Portugal.svg Portugal
RexiónRexión Centro
SubrexiónBaixo Vouga
DistritoAveiro
Xeografía
Superficie335.28 km²
Demografía
Poboación47.729 hab. (2011)
Densidade142,36 hab/km²
Outros datos
Código postal3750 Águeda
AlcaldeGil Nadais (PS)
cm-agueda.pt

Demografía

Poboación do concello de Águeda (1849 – 2006)
1849 1900 1930 1960 1981 1991 2001 2004 2006
9247 20416 25982 35274 43216 44045 49041 49691 49912

Véxase tamén

Ligazóns externas

5 de febreiro

O 5 de febreiro é o 36º día do ano do calendario gregoriano . Quedan 329 días para finalizar o ano, 330 nos anos bisestos.

Agaña

Agaña (en chamorro Hagåtña), é a capital de Guam, posesión dos Estados Unidos, situada na baía de Apra a carón do Océano Pacífico, ten unha poboación de 20 000 habitantes na súa área de influencia (2000),

En 1998 o Senado de Guam trocou o nome de Agana (pronunciado Agaña) a Hagåtña para axeitala ás normas da lingua chamorra, nesta lingua significa "sangue". O primeiro asentamento data do 500. O Forte de Santa Águeda, construído en 1800, domina a cidade.

Do século XVIII ata mediados do século XX, foi o principal núcleo de poboación de Guam, pero hoxe é o segundo máis pequeno dos 19 da illa, tanto por superficie como por poboación. Non obstante, segue sendo un dos grandes distritos comerciais da illa ademais de ser a sede do goberno.

Aveiro

Aveiro é unha cidade portuguesa, capital do Distrito de Aveiro, na rexión Centro e subrexión do Baixo Vouga, situada a cerca de 58 km ao Norte de Coimbra. A cidade sitúase na desembocadura do río Vouga, que formará pouco despois a ría de Aveiro.

É sede dun concello con 199,58 km² de área, subdividido en 10 freguesías e conta con 78 450 habitantes segundo o censo de 2011; dos cales 37 120 son homes e 41 330 son mulleres. O municipio limita polo norte co concello de Murtosa, ao nordeste co de Albergaria-a-Velha, ao leste con Águeda, ao sur con Oliveira do Bairro, ao sueste con Vagos e con Ílhavo, e cunha faixa relativamente estreita de litoral no Océano Atlántico, polo Oeste.

É un municipio territorialmente descontinuo, visto que comprende algunhas illas na Ría de Aveiro, e unha porción da península costeira con case 25 km de extensión que pecha a ría polo Occidente.

Barakaldo

Barakaldo é unha cidade e concello de Biscaia, no País Vasco (España). Forma parte da comarca do Gran Bilbao, na marxe esquerda de ría do Nervión-Ibaizabal. Con 100 061 habitantes en 2011, é a localidade biscaíña máis habitada logo de Bilbao e a cuarta vasca por detrás das capitais de provincia.

Ciudad Rodrigo

Ciudad Rodrigo é un municipio español na provincia de Salamanca, na Comunidade Autónoma de Castela e León.

Coles

Coles é un concello da provincia de Ourense, pertencente a comarca de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 3.150 habitantes (3.201 en 2003).

Distrito de Aveiro

O Distrito de Aveiro é un distrito portugués que pertence á província tradicional da Beira Litoral, agás os concellos máis ao norte, que pertencerían ao Douro Litoral. Limita ao norte co Distrito do Porto, ao leste co Distrito de Viseu, ao sur co Distrito de Coimbra e ao oeste co océano Atlántico. Comprende unha área de 2808 km² (sendo así o 14º maior distrito portugués) e conta cunha poboación residente de 752.867 habitantes (2006). A capital do distrito é a cidade de Aveiro.

Ferreries

Ferreries é un concello español situado na illa de Menorca, nas Illas Baleares. Esténdese por unha área de 66 km² onde no ano 2007 vivían 4.563 habitantes.

Manuel Alegre

Manuel Alegre de Melo Duarte, nado en Águeda o 12 de maio de 1936, é un poeta e político portugués opositor ao réxime salazarista.

Marisol Bueno

María Soledad Águeda Bueno Berrío-Ategortua, nada en Zaragoza o 30 de novembro de 1948, é unha empresaria e política galega.

Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre

O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR), é un parque dedicado a arte rupestre ao ar libre, situado no concello de Campo Lameiro e pertencente á Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico. Abrangue 22 hectáreas con numerosos petróglifos de gran valor arqueolóxico e histórico, sendo varios deles Ben de Interese Cultural.

Prinsenhof de Delft

Para outros edificios denominados Prinsenhof noutras localidades dos Países Baixos, ver a páxina de homónimos Prinsenhof.Prinsenhof (en galego: "a corte do príncipe") é un pazo urbano de orixe medieval situado na praza de Santa Ádega (en neerlandés: Sint Agathaplein), ao pé da canle Oude Delft, na zona histórica da cidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos.

Orixinariamente tratouse dun convento e desde 1911 utilízase como lugar de exposición da pintura holandesa dos séculos XVI e XVII. É por este motivo polo que tamén se coñece como Museo Prinsenhof.O edificio adquiriu relevancia por ter servido de residencia ao Príncipe Guillerme o Taciturno, onde foi asasinado en 1584.

Río Douro

O río Douro (en castelán: Duero e en portugués: Douro) é un río do centro-norte e oeste da Península Ibérica, da vertente atlántica. O seu nome provén do latín, Durius flumen, e do grego, Δόυριος ποταμού. Cos seus 897 km, é o terceiro río máis longo da Península Ibérica despois do río Texo e do río Ebro, e cos seus 97.290 km², posúe a maior conca hidrográfica peninsular (78.952 km² corresponden a territorio español e o resto a territorio portugués).

Río Águeda

O río Águeda é un curso fluvial do noroeste da Península Ibérica, afluente do río Douro pola súa marxe esquerda. Ten uns 130 km de curso, e flúe de España cara a Portugal.

Villafranca de Duero

Villafranca de Duero é un concello español da provincia de Valladolid, en Castela e León. Como o seu nome indica, o lugar foi repoboado polos francos cara ao século XI.

Atópase na marxe esquerda do río Douro, preto do encoro de San José. Limita ao norte con Toro e ao oeste con Villabuena del Puente, os dous concellos na provincia de Zamora; ao sur con Castronuño e ao leste con San Román de Hornija.

A súa economía baséase nas actividades agrícolas e gandeiras. Produce viños brancos con DO Rueda e viños tintos con DO Toro.

Entre os seus monumentos destaca a Igrexa de Santa María Magdalena. As súas festividades máis importantes son as festas patronais de Santa María Magdalena (22 de xullo), San Isidro Labrador (15 de maio), San José Obrero (1 de maio), Santa Águeda (5 de febreiro), o Carnaval e o Mércores de Cinsa.

Ádega de Catania

Ádega, nada en Catania no 230 e finada na mesma vila no 251, foi unha mártir cristiá siciliana.

Águeda Gómez Suárez

Águeda Gómez Suárez, nada no Rosal o 10 de outubro de 1971, é unha socióloga, escritora e profesora galega especializada na diversidade, a etnicidade e na prostitución.

Águeda de Vianney

María Teresa López González, nada na Coruña o 2 de outubro de 1928 e finada o 16 de agosto de 2003, foi unha escritora galega en lingua castelá, máis coñecida co pseudónimo de Águeda de Vianney.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.