Ágar-ágar

O ágar-ágar é unha substancia mucilaxinosa que se obtén de certas algas mariñas do leste de Asia. Utilízase para a elaboración de doces, alimentos, fármacos, fotografías, pinturas etc. En bacterioloxía emprégase como caldo de cultivo logo que Robert Koch fixera público o seu emprego en 1882.[1] É un polisacárido formado por unidades de galactosa.

Agar-agar
Ágar-ágar.

Especies de algas utilizadas para obter o ágar-ágar

  • Sphaerococcus Euchema
  • Gelidium
  • Gracilaria
  • Gelidiella
  • Pterocladia

Notas

  1. Rogério Lacaz- Ruiz Manual práctico de microbiología básica. Editora da Universidade de Sao Paulo, 2008, páxina 54.
Acento prosódico

O acento é unha forma de articulación da voz ao falar mediante a cal se destaca unha sílaba dunha palabra respecto das demais. É importante non confundir o acento que aquí se describe co signo gráfico que se coloca sobre unha letra en moitos idiomas. En realidade estes signos denomínanse acentos gráficos, e colócanse para identificarmos a sílaba que se acentúa, son acentuacións.

Agar

Agar pode referirse a:

o antropónimo feminino Agar;

Agar, escrava exipcia, concubina de Abraham, nai de Ismael, que aparece no libro bíblico do Xénese.

a substancia das algas: Ágar-ágar.

Agar.io

Agar.io é un videoxogo de acción en liña masivo multixogador creado por Matheus Valadares. Cada xogador controla unha célula nun mapa que representa unha placa de Petri, e o obxectivo é gañar a maior candidade de masa absorbendo células máis pequenas e evitando a outras células meirandes. O nome do xogo provén da substancia ágar-ágar, usada en bioloxía para cultivar bacterias.O xogo recibiu críticas xeralmente favorables pola súa sinxeleza, competitividade e mecánicas, mais tamén foi criticado negativamente pola súa repetitividade. Conseguiu un éxito notable principalmente debido á súa expansión boca a boca nas redes sociais, converténdose nun dos xogos de navegador e plataformas móbiles de maior popularidade no seu primeiro ano. O 3 de maio de 2015 anunciouse unha futura versión descargable para Steam, e a versión móbil para iOS e Android foi publicada o 8 de xullo de 2015 por Miniclip.

Algas comestibles

As algas comestibles son algas que se poden comer ou poden ser usadas para a preparación doutros alimentos.

Bdellovibrio

O Bdellovibrio é un xénero de bacterias aerobias obrigadas gramnegativas, que parasitan a outras bacterias. O nome procede de bdellum, que en latín significa samesuga, xa que a bacteria se fixa como unha samesuga a outras bacterias , e de vibrio, pola súa forma de coma, aínda que algo torsionada.

Unha das principais características deste xénero é que os seus membros son parasitos doutras bacterias gramnegativas (as grampositivas son inmunes), xa que entran no seu espazo periplásmico (ou periplasma) e se alimentan dos biopolímeros do citoplasma do seu hóspede, como proteínas ou ácidos nucleicos. Despois de entraren no espazo periplásmico do hóspede (espazo que hai entre a membrana plasmática e a membrana externa da parede celular do hóspede), os Bdellovibrio forman unha estrutura chamada bdelloplasto, que comprende tanto o depredador/parasito coma a presa/hóspede. A célula predadora pode permanecer dormente nesta fase, sen afectar á viabilidade do hóspede. Porén, en moitos casos, Bdellovibrio devora a súa presa e múdase a outra. Debido a isto, Bdellovibrio pode ser considerado como unha bacteria depredadora e non só como un parasito.

As especies de Bdellovibrio encóntranse en augas doces e salgadas ou no solo e viven unha existencia intraperiplásmica (no espazo periplásmico). Para cultivar Bdellovibrio úsase NB/500 (caldo nutritivo a unha dilución de 1:500) e mestúrase con ágar-ágar quente con E. coli (o hóspede) a 30 °C durante unha semana.

Bdellovibrio cultívase principalmente de dous modos: utilizando revestimentos YPSC e lisados de presas.

Visto con microscopio, Bdellovibrio ten a aparencia dun bacilo móbil con forma de coma (vibrión) que ten un tamaño de arredor de 0,3-0,5 µm de largo e 0,5-1,4 de longo cun flaxelo apenas visible. As colonias de Bdellovibrio aparecen como unha placa clara nun cultivo de E. coli. Estas calvas nos cultivos lembran ás que forman os virus bacteriófagos.

Outra característica notable de Bdellovibrio é a presenza dunha vaíña que cobre o seu flaxelo. Esta é unha característica rara entre as bacterias. A mobilidade flaxelar cesa unha vez que Bdellovibrio penetra na súa presa. Nalgúns casos o flaxelo pérdese; noutros fai protrusión desde a membrana externa (da parede gramnegativa) da célula depredada/hóspede.

O xenoma circular de Bdellovibrio ten uns 3,8 magabases.

O Bdellovibrio ataca a bacterias gramnegativas ao chocar con elas a velocidades de 160 µm/s, ou unhas 100 veces a súa lonxitude por segundo. Nada utilizando un único flaxelo polar envaiñado ondulado. Despois da colisión, o Bdellovibrio adhírese á membrana externa da presa e á capa de peptidoglicano cunha especie de gancho, e despois produce un pequeno buraco na membrana externa. A célula de Bdellovibrio entra despois no espazo periplásmico. Permanece adherida reversiblemente a ela durante un curto período de "recoñecemento". Despois deste período, queda irreversiblemente unida pola parte oposta ao flaxelo. Unha vez dentro do espazo periplásmico, o Bdellovibrio sela o buraco da membrana e converte a célula hóspede nun esferoblasto. Aplíca unha mestura de encimas hidrolíticos en puntos localizados que impide un dano excesivo á presa e contrarresta a difusión. Este complexo de dúas células denomínase agora bdelloplasto. O Bdellovibrio utiliza encimas hidrolíticos para degradar moléculas da célula hóspede, as cales usa para alongar e formar unha estrutura filamentosa. Cando os nutrientes da célula hóspede se esgotan, este filamento faise septado para formar a proxenie de Bdellovibrios . A proxenie adquire mobilidade antes de lisar á célula hóspede e é liberada ao medio. O ciclo de vida completo dura entre unha e tres horas, e produce unha media de células fillas de 3-6 por cada célula hóspede de E. coli, ou 20-30 en Spirilum .

Bdellovibrio bacteriovorus foi descrita por primeira vez por Stolp e Starr en 1963. Outras dúas especies que foron descritas, Bdellovibrio starrii e Bdellovibrio stolpii, foron cambiadas agora a outro xénero distinto, o Bacteriovorax.

Á súa vez, a bacteria Bdellovibrio pode ser parasitada por virus bacteriófagos específicos.

Cultivo celular

O cultivo celular é o complexo proceso polo cal se cultivan células en condicións controladas, xeralmente fóra do seu ambiente natural, in vitro. Tamén se lle chama cultivo celular ao conxunto de células resultantes dese proceso. Na práctica, o termo "cultivo celular" actualmente refírese ao cultivo de células derivadas de eucariotas pluricelulares, especialmente células animais. Porén, existen tamén cultivos de cultivos de tecidos de plantas, fungos e microbios, como bacterias, protistas e virus. O desenvolvemento histórico e os métodos do cultivo celular están estreitamente interrelacionados cos do cultivo de tecidos e o cultivo de órganos.

O cultivo de células animais converteuse nunha técnica de laboratorio común na década de 1950 pero o concepto de manter liñas de células vivas separadas do seu tecido orixinal xa se descubrira no século XIX.

Esgallo

Un esgallo, escallo ou tano é un anaco novo dunha planta (xeralmente unha póla) que se introduce na terra para que naza outra nova, logo, cunha finalidade reprodutiva. O termo esgallo refírese tamén ao anaco de póla dunha planta que se introduce noutra para facer un enxerto (puga).

Pódense cortar anacos de talo e introducilos na terra para produciren raíces. As plantas enraizadas deste xeito serán idénticas ás súas proxenitoras, é dicir, formarán con elas un clon. Existen diferentes xeitos de facer esgallos, segundo a fase do período de crecemento en que se corten:

De gromos: estes esgallos córtanse na primavera das puntas de gromos de crecemento rápido.

De pólas tenras: córtanse algo máis tarde que os anteriores, cando o crecemento apical dos gromos se fixo máis amodo, mais aínda fican verdes.

De pólas semilignificadas: estes esgallos córtanse a finais do verán, cando o crecemento diminuíu e os talos son máis grosos e rexos.

De pólas lignificadas: tómanse de árbores e arbustos de folla caduca durante o período de latencia, cando a póla é lígnea. Coñécense tamén co nome de "epeques" ou" tanos".

Kanamicina

A kanamicina ou canamicina é un antibiótico do grupo dos aminoglicósidos producido pola bacteria Streptomyces kanamyceticus. Pode utilizarse por vía oral (sobre todo ), intravenosa ou intramuscular.

Pan

O pan (do latín panis) é un alimento básico que forma parte da dieta tradicional en Europa, Oriente Medio, India, América e Oceanía. Adóitase preparar mediante o enfornado dunha masa, elaborada fundamentalmente con fariña de cereais, sal e auga; en ocasións engádense outros produtos para conferirlle determinadas calidades, como especias, froitos secos, froitas confitadas, mel etc. A mestura, na maioría das ocasións, adoita conter lévedos para que fermente a masa e sexa máis esponxosa e tenra.A adición do lévedo provoca a fermentación da masa antes do enfornado, e como consecuencia, proporciónalle volume e esponxosidade debido á produción de pequenas burbullas de dióxido de carbono (CO2) que quedan inmersas entre a masa húmida da fariña. Ao pan elaborado sen o emprego de levedo chámaselle pan ácimo e, debido a esa falta de lévedo, carece da esponxosidade típica dos pans "inchados" ou "lévedos"; pode ser cocido no forno, asado nunha prancha ou mesmo frito.

É moi posible que as elaboracións máis primitivas de pan non levasen lévedo, e a fariña consistise en grans malamente moídos mesturados con auga que se deixaban secar ao sol ou que acababan entre as cinzas dun lume. Os pans aplanados, moi populares nalgunhas culturas, é moi posible que sexan os de fabricación máis antigos. Unha variante do pan con denominación propia, son as galletas e os pasteis, que posúen diferentes masas azucradas. É moi posible que xurdisen do coñecemento panadeiro como unha necesidade de facer pans "máis manexables" e nutritivos.Á masa pódenselle dar diferentes formas, debido ao emprego de diversos moldes e técnicas de amasado. Desta forma existen: as barras, os moletes, os roscóns, o pan de molde, as roscas etc.

A fariña máis habitual é a de trigo, pero tamén se elabora coa fariña doutros cereais, como o centeo, cebada ou millo (a broa) e mesmo doutros produtos, como o arroz, a pataca e a soia.

As partes principais son a codia (parte exterior, que adoita ser rexa e torrada) e mailo miolo (parte interior branda e esponxosa).

O pan foi tan importante na alimentación humana, que se considera como sinónimo de alimento en moitas culturas. Así mesmo, participa en moitos rituais relixiosos e sociais, como o matzoh, na Pascua xudía, a hostia na eucaristía cristiá, o rito de benvida dos pobos eslavos que involucra o pan e o sal etcétera.

Antigamente nas zonas rurais, o pan era elaborado nos núcleos familiares e os poucos establecementos para dispensar o pan, as panaderías, foron cobrando importancia nas zonas urbanas. Hoxe en día existen electrodomésticos específicos cos que se pode elaborar pan de forma moi sinxela, como por exemplo na máquina panificadora.

Na actualidade o pan é un dos alimentos básicos que pode atoparse en case calquera tenda de alimentación e grandes superficies. O seu valor fai que se poidan calcular índices económicos de referencia, como o índice de prezos ao consumo (IPC), empregado para determinar a evolución do custo de vida nas nacións.

Placa de ágar

Unha placa de ágar é unha placa de Petri que contén un medio de cultivo formado por ágar e nutrientes, que se utiliza para o cultivo de microorganismos, principalmente bacterias, ou de pequenas plantas como certos brións da especie Physcomitrella patens.

Ao medio de cultivo poden engadirse tamén compostos para o crecemento selectivo, como antibióticos.As células de microorganismos forman na placa colonias, que é o que se ve a simple vista na placa. Cada colonia é un clon xenético idéntico ao do organismo inicial que foi sementado nesa zona da placa (agás casos raros de mutacións, que o fagan cambiar). Deste modo a placa pode usarse para estimar a concentración de organismos nun cultivo microbiolóxico líquido ou nunha dilución axeitada dese cultivo usando un contador de colonias, ou tamén para xerar cultivos xeneticamente puros a partir de cultivos mixtos de organismos xeneticamente diferentes, usando unha técnica coñecida como "sementeira por estrías". Nesta técnica, ríscase sobre a superficie do ágar cunha asa de sementeira (ou inoculador) inicialmente estéril, que recolleu unha pinga dun cultivo no seu extremo. Ao facermos este riscado van quedando nas estrías microorganismos, que orixinarán colonias; quedan un gran número de microorganismos nas primeiras estrías e poucos nas últimas. Chegado a certo punto durante unha "sementeira" exitosa, o número de microorganismos depositados será tan pequeno que se formarán colonias individualizadas nesa área, que poden ser despois retiradas para pasalas a outros cultivos usando outra asa de sementeira estéril.

Ponte salina (electroquímica)

En electroquímica, unha ponte salina é un dispositivo de laboratorio usado para conectar as semicelas de oxidación e redución dunha cela galvánica (cela voltaica), un tipo de cela electroquímica. Mantén a neutralidade eléctrica dentro do circuíto interno, impedindo que a cela faga chegar a súa reacción rapidamente ao equilibrio. A función da ponte salina é illar os contidos das dúas partes da cela mentres se mantén o contacto eléctrico entre elas. Cando os electróns saen dunha semicela da pila galvánica e flúen á outra, establécese unha diferenza de potencial entre elas. Se non se utilizase unha ponte salina, esta diferenza de potencial evitaría o fluxo de máis electróns. Unha ponte salina permite o fluxo dos ións para manter un equilibrio na carga entre os recipientes da oxidación e a redución mentres mantén separado o contido de cada un. Coa diferenza de carga equilibrada, os electróns poden fluir unha vez máis, e as reaccións de redución e oxidación poden continuar. Se non estivesen presentes as pontes salinas, a solución dunha semicela acumularía cargas negativas e a solución da outra semicela acumularía cargas positivas a medida que avanzase a reacción, impedindo rapidamente que esta continuase producíndose, e, por tanto, evitando a produción de electricidade.O uso de pontes salinas facilita os experimentos electroquímicos, xa que permite a liberdade de elección dos ións en solución. Por exemplo, unha mestura de dous catións diferentes na solución podería ter como resultado a redución preferencial do non desexado para os fines do experimento. Cunha ponte salina, o catión desexado (átomos positivos) está illado nun recipiente, mentres que o catión no outro recipiente pode ser elixido para facer o experimento máis fácil, por exemplo, utilizando un sal da especie aniónica (negativa) máis soluble ou máis estable.

As pontes salinas xeralmente poden ser de dous tipos: de tubo de vidro e de papel de filtro.

Protistas

O reino Protista (protistas), tamén chamado ás veces Protoctista (ver a sección "clasificación"), é aquel que contén a todos os organismos eucariontes que non poden clasificarse dentro dalgún dos outros tres reinos eucarióticos: Fungi (fungos), Animalia (animais en sentido estrito) ou Plantae (plantas). Na árbore filoxenética dos organismos eucariontes, os protistas forman varios grupos monofiléticos separados, ou inclúen membros que están estreitamente emparentados con algún dos tres reinos citados.

Desígnaselles con nomes que perderon valor na ciencia biolóxica, pero cuxo uso é imposible desterrar, como «algas» ou «protozoos».

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.