África do Norte

África do Norte é a rexión máis ao norte do continente africano, separada polo deserto do Sáhara da África Subsahariana. Segundo a ONU o norte de África abrangue os territorios seguintes: Alxeria, Exipto, Libia, Marrocos, Sudán, Tunisia e o territorio disputado do Sáhara Occidental. As cidades autónomas españolas de Ceuta e Melilla son xeograficamente parte da África do Norte xunto con enclaves menores como: Perejil, Peñón de Vélez de la Gomera, Illa de Alhucemas e as Chafarinas, así como as illas Canarias, Madeira e Salvaxes, Mauritania, Malí, Níxer e Chad. Máis raramente aparecen formando parte de África do Norte, Etiopía e Eritrea.

LocationNorthernAfrica
En verde escuro África do Norte segundo a ONU, en verde claro África do Norte desde un punto de vista exclusivamente xeográfico.

Clima

A rexión caracterízase polo clima mediterráneo debido á influencia do Mediterráneo e o clima desértico polo Sáhara.

Poboación

No territorio que segundo a ONU constitúe África do Norte a poboación está formada por tres grandes grupos, os bérberes e os tuaregs, os árabes e os pobos nilóticos. Os árabes e os bérberes arabizados falan dialectos árabes, os bérberes falan dialectos bérberes e os pobos nilóticos dialectos bérberes e árabe. O francés, a antiga lingua colonial en Marrocos, Alxeria e Tunisia ten uso entre unha parte das clases medias. A maioría da poboación profesa a relixión islámica, os coptos de Exipto son cristiáns seguidores da Igrexa copta, e unha parte dos pobos nilóticos son cristiáns ou animistas. Tradicionalmente existía unha importante comunidade xudía, aproximadamente 700.000 antes de 1948 pero tras a creación do estado de Israel a maioría emigraron alí e quedan menos de 15.000.

14 de xaneiro

O 14 de xaneiro é o 14º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 351 días para finalizar o ano, 352 nos anos bisestos.

Alxeria

Alxeria (en árabe: الجزائر, al-Jazā’ir, en tamazight: ⴷⵥⴰⵢⴻⵔ, Dzayer), oficialmente República Democrática e Popular de Alxeria (en árabe: الجمهورية الجزائرية الديمقراطية الشعبية en Tamazight: ⵜⴰⴳⴷⵓⴷⴰ ⵜⴰⴷⵣⴰⵢⵔⵉⵜ ⵜⴰⵎⴰⴳⴷⴰⵢⵜ ⵜⴰⵖⴻⵔⴼⴰⵏⵜ ), é un estado situado na África do Norte, formando parte do Magreb. A súa capital, Alxer, está ao norte, á beira da costa mediterránea. Cunha superficie de 2 381 741 km² é o país máis grande da cunca mediterránea, de África e do mundo árabe. Fai fronteira terrestre con Tunisia ao nordés, Libia ao leste, Níxer e Mali ao sur, Mauritania e o territorio en disputa do Sahara Occidental ao suroeste e Marrocos ao oeste.

Despois de 132 anos de colonización francesa, Alxeria obtivo a súa independencia o 5 de xullo de 1962. Alxeria fíxose membro da Organización das Nacións Unidas (ONU), da Unión Africana (UA) e da Liga de Estados Árabes dende practicamente da súa independencia, en 1962. Tamén é integrante da Organización de Países Exportadores de Petróleo (OPEP) dende 1969. En febreiro de 1989 Alxeria participou xunto a outros estados da África magrebí na creación da Unión do Magreb Árabe (UMA), sendo tamén o país membro da Unión para o Mediterráneo dende 2008. A constitución alxeriana define "o islam, o arabismo e o berberismo" como "compoñentes fundamentais" da identidade do pobo alxeriano e ao país como "terra do Islam, parte integrante do Gran Magreb, mediterráneo e africano".

O 2 de abril de 2019, o presidente Abdelaziz Bouteflika abandonou o cargo por mor da presión do exército do país, logo de protestas masivas contra un quinto mandato de Abdelaziz Bouteflika.

Cervo común

O cervo común ou cervo vermello (Cervus elaphus) é unha especie de cérvido amplamente espallada polo Hemisferio Norte. Documentáronse unhas 27 subespecies distintas cunha área de distribución que se estende dende o Magreb, a Península Ibérica e Gran Bretaña ata gran parte de América do Norte, que se diferencian entre si polo tamaño, lonxitude e cor da pelaxe e forma das cornas. As seis subespecies de uapitís norteamericanos, outrora clasificados na especie propia Cervus canadensis, clasifícanse actualmente como subespecies de Cervus elaphus. Os cervos chegan á puberdade ao ano de naceren.

Cirenaica

A Cirenaica (en grego antigo Κυρηναία, en latín Cyrenaica), foi unha provincia romana de África do Norte, situada entre as provincias de Exipto e de Numidia. Actualmente Cirenaica forma parte do moderno estado de Libia. O seu nome provén da antiga cidade de Cirene (latinizado Cyrene).

Dromedario

O dromedario ou camelo arábigo (Camelus dromedarius) é unha especie de mamífero artiodáctilo da familia Camelidae. É similar ao camelo bactriano (coñecido vulgarmente como camelo), do que se diferencia pola súa pelaxe xeralmente máis curta, corpo menos robusto e presenza dunha xiba en lugar de dous.

Década de -20

A década de 20 a.C. abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 29 a.C. e remata o 31 de decembro de 20 a.C..

Furaño común

O furaño común (Crocidura russula) é unha especie de mamífero soricomorfo da familia Soricidae.

Gaivota patiamarela

A gaivota patiamarela (Larus michahellis) é unha gaivota grande de Europa, Oriente Medio e África do norte. Foi considerada por algúns autores a mesma especie que a gaivota do Caspio, coa que formaría a especie Larus cachinnans.

Gamo

O gamo común ou europeo (Dama dama, ás veces chamado Cervus dama) é unha especie de cérvido nativa da área mediterránea. Diferénciase do outro gran cérvido europeo, o cervo común (Cervus elaphus), no seu menor tamaño, o seu manto de pelo pardo-avermellado salpicado de pintas brancas (ocasionalmente cunha banda escura no lombo) e as súas astas palmadas.

Libia

Libia (en árabe: ‏ليبيا‎ Lībiyā, en bérber: Libya), é un país situado na rexión do Magreb no Norte de África. Ás beiras do mar Mediterráneo ao norte, Libia limita con Exipto ao leste, Sudán ao sueste, Chad e Níxer ao sur, e Alxeria e Tunisia ao oeste. Na Grecia antiga, o termo Libia era utilizado nun senso máis amplo, comprendendo toda África do Norte ao oeste de Exipto.

Cunha área de ao redor de 1 800 000 quilómetros cadrados, Libia é o cuarto país máis grande de África por área e o décimo sétimo do mundo. A súa capital, Trípoli, acolle a 1,7 millóns dos 6,4 millón de cidadáns libios. As tres partes tradicionais do país son Tripolitania, Fezzan e a Cirenaica. Libia posúe ademais o moior Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) e o cuarto maior PIB per capita de África en 2009, só detrás das Seychelles, Guinea Ecuatorial e Gabón. Isto é debido principalmente ás súas reservas petrolíferas e á súa baixa poboación. Libia é un dos dez maiores produtores de petróleo mundiais. Conseguindo a súa independencia como Reino de Libia en 1951, o estado estibo gobernado dende 1969 até 2011 por Muammar al-Gaddafi, que chegara ao poder nun golpe militar e instaurara a Jamahiriya, teorizada polo propio Gaddafi.

A mediados de febreiro de 2011, protestas e manifestacións masivas estouparon en Libia contra o goberno de Gaddafi, estourando unha guerra civil. O 26 dese mesmo mes, as forzas Anti-Gaddafi informaron que tiñan baixo o seu control varias vilas costeiras e cidades e o día seguinte, o 27 de febreiro, crearíase un organismo coñecido como Consello Nacional Libio para actuar como o "rostro político da revolución", o cal foi recoñecido o 16 de setembro do mesmo ano como único representante legal do estado.

Magreb

O Magreb, identificado xeralmente coa África do Norte, engloba a rexión deste continente por riba do deserto do Sáhara. Na época do Imperio Romano, era coñecido como África menor. A palabra provén do vocábulo árabe Mahrib que significa "lugar do pór do sol" ou sexa, a rexión que, na altura en que o vocábulo terá nacido, estaba máis a occidente do mundo islámico, opóndose ao Iemen, que significa "dereita".

Ao longo do mar Mediterráneo, inclúe, hoxe en día, Marrocos, Alxeria e Tunicia. Algunhas veces, ao incluírse Mauritania e mais Libia, tamén se chama Maghreb ao que, para ser máis específico, se designa por Grande Magreb.

Melquiades, papa

San Milcíades ou Melquíades, nacido en África, forma parte da categoría de papas africanos. Foi bispo de Roma desde 311 ata súa morte o 10 ou o 11 de xaneiro de 314.

Historicamente, foi o primeiro papa que se beneficiou de favores dun emperador romano : Maxencio, quen levantando as medidas represivas contra os cristiáns, autorizou a súa elección no ano 311, cando o bispado romano levaba xa varios anos vacante.

Despois da eliminación de Maxencio por Constantino I, a nai deste último ofreceulle o pazo de Letrán, que formaba parte das posesións imperiais. Foi así, como o papa organizou o concilio rexional de Letrán no 313, para debater sobre a elección do bispo de Cartago, que fora contestada polos donatistas.

Aínda que semella que morreu de causas naturais, é considerado como mártir. A súa conmemoración é o 10 de decembro.

Mundo árabe

Chámaselle Mundo árabe (en árabe: العالم العربي al-ʿālam al-ʿarabī ) ou países árabes (árabe, البلدان العربية, al-buldān al-`arabiyya) os estados nos que a maiora da poboación son falantes árabes así como as poboacións de África do Norte, Oriente Medio e outros lugares.

A definición estándar do mundo árabe comprende os 22 estados e territorios da Liga Árabe que se estenden dende o Océano Atlántico ao oeste, co Mar Arábigo ao leste, e o Mediterráneo ao norte do Corno de África e do Océano Índico no sueste. Ten unha poboación de preto de 400 millóns de persoas, dos cales máis da metade son menores de 25 anos de idade.

O sentimento nacionalista árabe xurdiu na segunda metade do século XIX, xunto con outros movementos nacionalistas dentro do Imperio Otomán. A Liga Árabe formouse en 1945 para representar os intereses dos árabes e, especialmente, para o exercicio da unificación política dos países árabes, un proxecto coñecido como Panarabismo. As protestas populares no mundo árabe a partir de 2010 están dirixidas contra os gobernos e a corrupción asociada a estes, xunto ca demanda de máis oportunidades económicas.

O termo "mundo árabe" rexeitano normalmente aqueles que viven nesa rexión, xa que non se consideran árabes, como non semitas, berberes e kurdos, xa que implica toda a rexión árabe na súa identidade, poboación, e orixe, mentres que a patria orixinal dos árabes é a Península Arábiga. O termo tamén o rexeitan algunhas minorías indíxenas semitas como os Ashkenazim, sefaradim, Mizrahim, caldeos, asirios e siríacos, xa que son anteriores aos árabes en lugares como Iraq, Palestina e Siria. Coptos e outros exipcios tamén se definen como exipcios e non árabes.

Operación Torch

A Operación Torch (Operación facho) foi a invasión angloestadounidense da África do Norte francesa durante a Segunda Guerra Mundial que se realizou o 8 de novembro de 1942.

A Unión Soviética viña presionando ós Estados Unidos e a Gran Bretaña para comezar as operacións en Europa e abrir unha segunda fronte para reducir a presión do exército alemán sobre as tropas soviéticas. Mentres os xenerais norteamericanos favorecían a Operación Sledgehammer, un desembarco na Europa ocupada o máis axiña posible, os británicos crían que iso podería conducir ó desastre. Entrementres propúxose un ataque á África do norte francesa, o que lle daría o control naval do Mediterráneo ós aliados e prepararía a invasión do sur de Europa que se efectuou en 1943.

A decisión do desembarco tomouse finalmente o 24 de xullo de 1942, escolleuse o nome clave Torch (Facho) e Dwight Eisenhower foi nomeado o 14 de agosto comandante en xefe da operación. Para a posibilidade que España entrase en guerra do lado de Alemaña ou as tropas alemás entrasen en España estaba previsto o Plan Backbone que suporía a ocupación do protectorado español de Marrocos. Os aliados lanzaron unha campaña de desinformación para que o Eixe pensara que a invasión ía ser sobre Dakar.

O mando da frota encargada do desembarco foi encargado a Andrew Cunningham, ó mando das forzas aéreas estaban William Welsh e James Doolite. Finalmente o 8 de novembro produciuse o desembarco en Safi, Casablanca, Port Lyautey, Fedala, Orán, Alxer e Buxía. Supuxo a maior operación anfibia da historia, máis de 500 buques, incluídos 130 de guerra, desembarcaron no Marrocos francés 35.000 homes apoiados por 252 tanques ó mando de George Patton, en Alxeria, 38.500 homes con 300 tanques mando de Kenneth Anderson. Henri Giraud traído desde Francia en submarino púxose á fronte dos soldados da Francia Libre.

As tropas coloniais francesas estaban formadas por 200.000 soldados, con 200 avións e tiñan a orde de resistir. A superioridade aeronaval aliada fixo que os franceses pediran o alto o fogo primeiro en Alxer e logo no resto, algunhas gornicións mantiveron a loita ata o día 11. Morreron 49 militares aliados e 1346 franceses.

A derrota francesa levou á invasión alemá da Francia de Vichy e a que os franceses destruíran a súa frota en Tolón para evitar que caera en mans alemás.

Píllara papuda

A píllara papuda ou píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) é unha pequena ave limícola pertencente á familia Charadriidae.

Atópase amplamente distribuída ocupando extensas áreas da Europa meridional, América, África e sur de Asia, acadando os 40ª de latitude norte e apenas superando o ecuador en África e Asia. En América chega ata a Patagonia.

A nivel galego atópase ameazada de extinción debido á alteración do seu hábitat.Na actualidade existen asociacións coma ANABAM que loitan porque esta ave non desapareza dos areais galegos, levando a cabo proxectos de concienciación e protección dos areais nos que a píllara aniña.

Século II

século I < século II > século III

Este século abrangue o tempo entre o ano 101 e o 200 da era cristiá.

Acontecementos importantes

Será este o verdadeiro século de ouro da historia do Imperio Romano. De 96 a 192 sucédense no trono imperial os cinco bos emperadores (Nerva, Traxano, Hadriano, Antonino Pío e Marco Aurelio). É o tempo da pax romana e do desenvolvemento das cidades máis afastadas da capital. O proceso de sucesión é pacífico.

Tunisia

Tunisia (en árabe : al-Jamhuriya at-Tunisia, الجمهورية التونسية), é un país árabe de África do norte, limitado polo Mediterráneo. É un país do Magreb, coma Marrocos, Mauritania, Alxeria e Libia. Situada no norte do país, a súa capital é Tunes.

Coa independencia o 20 de marzo do 1956, unha asemblea constituínte foi elixida, que aboliu a monarquía bey da dinastía huseinita no poder desde 1705 e proclamou a república o 25 de xullo do 1957 con Habib Bourguiba coma presidente.

Tunisia é un destino popular dos turistas europeos que visitan Hamamato, Monastir, Souse e o Porto El-Kantaoui, o deserto do Sahara no sur, e os sitios arqueolóxicos coma Cartago ou Dougga.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.